You are on page 1of 3

Cultura científica. 1 Introducción.

A ciencia

Nome Eva Nelly Alonso Sande

(Valoración das actividades (1 pto): amosar coñecementos sobre o tema, buscar as informacións
adecuadas, redacción propia, expresar con claridade e corrección as respostas)

1. Define ciencia.
A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis
restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de
estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar, e tamén ao sistema
empregado para adquirir ditos coñecementos.

2. Nomea 10 centros de investigación científica. Indica cales son públicos e cales privados.
Públicos:
-Centro de Investigaciones Energéticas, Medioambientales y Tecnológicas (CIEMAT)
-Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
-Instituto de Salud Carlos III (ISCIII)
-Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC)
-CIS

Privados:
-Centro de Investigaciones Científicas Avanzada -CICA
-Instituto de investigación Biomédica de A Coruña(INIBIC)
-Instituto Tecnológico de Galicia ITG
-Consejo Superior de Investigaciones Científicas
-Centro de Biología Molecular S.L

3. Define: Radiotelescopio, púlsar, supernova, quásar, agujero de gusano, galaxia, espectro


electromagnético, infravermello, relatividade especial, raios gamma, burato negro.

Radiotelescopio-Comparado cun telescopio común, que produce imaxes a través da luz visíbel, un
radiotelescopio "observa" as ondas de radio emitidas por fontes de radio, normalmente a través dunha ou conxunto
de antenas parabólicas de grandes dimensións.

Púlsar-Os púlsares son estrelas de neutróns que, en virtude do seu intenso campo magnético, transforman a
enerxía rotacional en enerxía electromagnética. A medida que o púlsar xira, o seu intenso campo magnético induce
un enorme campo eléctrico na súa superficie.

Supernova-Supernova é o nome dado a diferentes tipos de explosións de estrelas, que producen obxectos
extremadamente brillantes, os cales declinan ata se tornaren invisíbeis pasadas algunhas semanas ou meses.

Quásar-Os quásares son obxectos do universo que se comportan como estrelas de pequeno tamaño. É unha fonte
astronómica de enerxía electromagnética, incluíndo radiofrecuencias e luz visíbel.
Agujero de gusano- É unha hipotética característica topolóxica do espazo-tempo, descrita polas ecuacións da
relatividade xeral, a cal é esencialmente un "atallo" a través do espazo e o tempo.

Galaxia- Unha galaxia é un sistema de estrelas, restos estelares, gases interestelares, po cósmico e materia escura
ligados gravitacionalmente entre si.

Espectro electromagnético- Espectro electromagnético é o intervalo completo da radiación electromagnética,


que contén desde as ondas de radio, pasando polas microondas, o infravermello, a luz visible, os raios ultravioleta,
os raios X, a radiación gamma, ata os raios cósmicos.

Infravermello- Tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior que a da luz visible, pero menor
que a do microondas.

Relatividade especial- A Teoría da Relatividade, publicada pola primeira vez por Albert Einstein en 1905,
describe a física do movemento en ausencia de campos gravitacionais. Estes conceptos foron presentados
anteriormente por Henri Poincaré e Hendrik Lorentz, que tamén son considerados iniciadores da teoría.

Raios gamma- Radiación gamma ou raio gamma é un tipo de radiación electromagnética producida xeralmente
por elementos radioactivos, procesos subatómicos como a aniquilación dun par positrón-electrón. Este tipo de
radiación tan enerxética tamén se produce en fenómenos astrofísicos de gran violencia.

Burato negro- Un buraco negro, furado negro ou burato negro é un obxecto celeste cunha densidade tal que a
curvatura do espazo adxacente está pregada sobre si, polo que están illados do universo exterior e nin sequera a
luz pode fuxir.

4. Como se difunde o coñecemento científico?


Documentais de televisión, revistas de divulgación científica, artículos en periódicos ou páxinas de
Internet.

5. Indica características da ciencia.


Sistemática, acumulativa, metódica, provisional, comprobable, especializada, abierta e producto de
unha investigación científica.

6. Lee o texto: La experimentación en la práctica: el caso de Louis Pasteur. Identifica as diferentes


etapas do método científico e responde:
a) Que observación sugería que podían aparecer seres vivos de la materia inerte? Aparición de
mosquitos e gusanos que aparecían máxicamente en marismas e áreas de pouca profundidade

b) Cal foi a hipótese de Pasteur ante este problema? Que os microorganismos suspendidos no aire,
asentábanse na sopa exposta pero non na sopa precintada

c) Describe o experimento que a demostra?Ferveu caldo e dividiuno en porcións e espuxo estas a


diferentes condicións controladas.

d) Cal é a conclusión? Confirmou a hipótese de que os microorganismos vivos suspendidos no aire


podían asentarse nos frascos abertos grazas a gravidade

e) Das seguintes, cal é a variable independente, e cal a variable dependente?


• Crecemento dos microorganismos. Independente
• Forma do cuello dos frascos de cultivo. Dependente

7. Pasteur foi un gran divulgador científico, busca a súa biografía e redacta un pequeno texto sobre
algúnha das súas aportacións.
Contribuiu coa isomería óptica, a pasteurización, teoria xerminal das enfermidades infecciosas e co
desarrolo da vacunas.

Isomería óptica- Os isómeros ópticos caracterízanse por desviar o plano de luz polarizada da mesma
magnitude, pero en sentidos contrarios. Pasteur atribuiu esta propiedade a diferente disposición
espacial dos átomos dentro das moléculas.

Pasteurización- Louis Pasteur, da nombre á pasterurización, un proceso térmico ao que son


sometidos líquidos. Na leite, na cervexa ou no vino ten obxeto de reducir os axentes patóxenos que
poidan conter como bacterias, protozoos, mohos ou levaduras.

Teorias xerminal das enfermidades infecciosas- Nunha serie de coidadosos experimentos, Pasteur
descubriu que ao calentar o viño a 55º, mataba as bacterias sen arruinar a sabor. Esex proceso, que
depois coñeceuse como pasteurización, salvou a industria vinícola e consilidou a fama de Pasteur.

Desarrolo de vacunas- Louis Pasteur, inxecta unha serie de novas vacunas contra a rabia a un neno
ao que lle mordeu un can con rabia. O neno sobrevive. Esta é a primeira vacuna que protexe as
persoas contra a rabia. Anteriormente calquera persoa que se contaxiase, morría de rabia.

You might also like