You are on page 1of 9

IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

TEMA 2. A TERRA E A LÚA

OS MOVEMENTOS DA TERRA

1. Movemento de translación

É o movemento que a Terra realiza arredor do Sol,


tarda un ano en completalo. Do movemento de translación
e da inclinación do eixe terrestre derivan as estacións.

Por que cada catro anos engádese un día e o


ano pasa a ter 366 días?

A órbita que a Terra describe arredor do Sol non é circular senón


elíptica (ovalada) e terá polo tanto dous eixes, un maior e outro menor.
Identifica eses eixes na figura seguinte:

Eixe maior:

Eixe menor:
B
A Se a Terra está máis preto do Sol o 21 de marzo que o 21 de
xuño, por que fai máis calor en xuño que en marzo?

Eixes da órbita
O eixe de rotación terrestre presenta unha inclinación de 23.5°
respecto ao plano da órbita, isto fai que os raios do Sol cheguen máis
perpendiculares (máis rectos) a un hemisferio que a outro, canto máis
rectos cheguen os raios do Sol, maior será a temperatura.

Na figura superior dereita, explica por que é inverno no hemisferio norte e verán no hemisferio sur.

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 1


IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

Os puntos nos que a distancia da Terra ao Sol son menores (extremos do eixe B na figura "Eixes da órbita")
denomínanse equinoccios e o día ten a mesma duración que a noite (equinoccio de primavera e de outono). Os
solsticios de verán e inverno corresponden aos extremos do eixe A, no solsticio de verán, o día dura máis que a
noite, no de inverno, o día dura menos que a noite.

Se no hemisferio norte estamos no solsticio de verán, que acontecerá no hemisferio sur?

2. Movemento de rotación

Xiro da Terra arredor do seu eixe. A Terra tarda 24 horas en dar unha volta completa arredor do seu eixe. A
Terra, vista dende o polo norte, xira en sentido contrario ás agullas do reloxo (ver figura "inclinación do eixe
terrestre da páxina 1), O Sol sae polo este e ponse polo oeste.

O movemento de rotación é o responsable de que se sucedan os días e as noites.

Define translación. Canto


tarda a Terra en dar unha volta
arredor do Sol?

Por que en verán fai máis calor


que en inverno?

Nomea os equinoccios e
solsticios e indica os días en
que se producen

Que é a rotación? En que


sentido se produce? Que a
ocasiona?

A LÚA

É o satélite da Terra, é inusualmente grande. Existen satélites máis grandes pero son moi pequenos comparados
co planeta ao que están ligados.

A lúa ten dous movementos:

1) Arredor da Terra: tarda 28 días en dar unha volta arredor da Terra.


2) Arredor do seu eixe: tamén tarda 28 días en completar unha volta arredor do seu eixe.

A coincidencia na duración dos movementos de xiro arredor da Terra e do seu eixe é a causa de que dende a
Terra sempre vexamos a mesma cara da Lúa.

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 2


IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

Un compañeiro fará de Terra e outro de Lúa e explicarán en clase por que sempre vemos a mesma
cara da Lúa.

As fases da Lúa

A lúa presenta fases debido ao movemento arredor da Terra que ocasiona que a zona iluminada polo Sol vaia
cambiando orixinando as fases lunares.

Por que na fase de Lúa nova non vemos a Lúa?

AS ECLIPSES

Existen dous tipos de eclipses no sistema Sol, Terra, Lúa:

Eclipses de Sol: a lúa interponse entre o Sol e a Terra, a Terra escurecerase. Poden ser de tres tipos: parciais,
anulares ou totais.

Eclipses de Lúa: a Terra interponse entre o Sol e a Lúa proxectando unha sombra sobre a Lúa.

Eclipse de lúa

Eclipse de sol

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 3


IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

Eclipse solar total


Eclipse solar anular

Fases de un eclipse solar parcial

Nas imaxes poden verse gráficos explicativos das


eclipses de Sol e Lúa e fotografías de diversas eclipses.
Dende o punto de vista científico, os máis interesantes
son os totais porque permiten estudar a cromosfera e a
coroa solar.

Eclipse de lúa

Actividade: debuxa as posicións da Terra, o Sol e a Lúa durante unha eclipse de Sol e durante unha eclipse de Lúa.

MAREAS

A Lúa e o Sol exercen unha atracción gravitatoria sobre a Terra que provoca oscilacións periódicas no nivel do mar,
chamadas mareas.

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 4


IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

Por tanto, existen dous tipos de mareas:

 As mareas solares, influenciadas polo Sol.


 As mareas lunares, provocadas pola Lúa.

Debido á súa proximidade, a Lúa é a principal causante das mareas. Atrae a masa de auga sobre a que se sitúa. No
lado oposto do planeta tamén se produce unha elevación do nivel das augas debido á acción da rotación terrestre.

O Sol está moito máis afastado da Terra que a Lúa, pero é un corpo tan masivo que tamén inflúe nas mareas. Ten un
efecto semellante ao da Lúa aínda que máis feble.

Debido a estas forzas de atracción, o nivel do mar varía periodicamente entre:

 a preamar, a auga do mar acada a altura máxima dentro do ciclo de mareas; e


 a baixamar, cando a auga acada a altura mínima.

Nun día sucédense dúas preamares e dúas


baixamares.

A posición relativa da Terra, o Sol e a Lúa afecta ás


mareas. Deste modo prodúcense:

 Mareas vivas, cando os tres corpos celestes


están aliñados. Os efectos da marea lunar e
da solar súmanse. Neste caso, a diferenza
entre a altura que a auga acada durante a
preamar e a baixamar é máxima.
 Mareas mortas, cando os ditos corpos
forman un ángulo recto. Neste caso ambas
as mareas se contrarrestan. A diferenza
entre a altura que a auga acada durante a
preamar e a baixamar é mínima.

A TERRA É ESFÉRICA

Hoxe non temos ningunha dúbida ao respecto e as fotografías da Terra


tomadas dende o espazo que demostran que a Terra é practicamente esférica.

Os gregos, hai máis de 2000 anos, tamén sabían que a terra era redonda,
deducírano porque se o Sol e a Lúa eran redondos supoñían, acertadamente,
que a Terra tamén debería selo. Ademais baseábanse tamén nas eclipses de
Lúa.

A imaxe da esquerda corresponde a unha eclipse de Lúa, fíxate ben


e responde ás preguntas:

1. Quen proxecta a sombra sobre a Lúa?

2. Como é a sombra, recta ou curva?

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 5


IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

3. Como é a Terra, plana ou redonda? Explica brevemente a túa resposta.

TÉCNICAS DE ORIENTACIÓN

Compás. Ten unha agulla de ferro imantada que pode xirar libremente, esta agulla
oriéntase espontáneamente na dirección Norte - Sur.

Outros instrumentos. Na actualidade, o máis utilizado é o GPS.

Signos naturais. Os mofos crecen nas zonas máis húmidas que, no hemisferio norte,
corresponden á cara norte. Nas abas das montañas, a neve consérvase máis tempo na cara norte.

Orientación co reloxo. En primeiro lugar teremos que poñer o noso reloxo en horario
solar, é dicir, teremos que atrasalo unha hora en inverno e dúas horas en verán, unha vez
feito isto poñemos o noso reloxo en posición horizontal e apuntamos a manecilla
pequena, a das horas, cara ao Sol, a bisectriz que forma a manecilla pequena coa cifra
"12" sinala o sur.

Coa sombra dun pau. Cravamos un pau nun terreo chairo e facemos
unha marca no extremo da sombra que proxecte o pau, deixamos pasar
15 minutos e volvemos marcar o extremo da sombra, a continuación
unimos eses dous puntos, a liña obtida dános a dirección oeste - este, o
primeiro punto corresponde ao oeste e o segundo ao leste. A liña
perpendicular á anterior dános a dirección norte - sur.

Qué movementos ten


a Lúa e cánto duran?

Por que vemos


sempre a mesma cara
da Lúa?

Pon ao lado das


figuras o nome da
fase lunar

Que son as mareas?


Quen son os
responsables das
mareas?

Cando se produce
unha eclipse de Sol?

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 6


IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

E de Lúa?

Por que son máis


interesantes para os
científicos as eclipses
totais?
Como souberon os
gregos que a Terra
era redonda?

Que dirección sinala a


agulla dun compás?
En que cara aparecen
os mofos?
Na imaxe da dereita,
sinala os catro puntos
cardinais

Explica como te
orientarías cun pau

CAPAS DA TERRA

A Terra divídese en catro capas:

1) Atmosfera. É a capa máis externa e está formada por diversos gases.

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 7


IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

A capa da atmosfera máis próxima á Terra


chámase troposfera e ten a seguinte
composición:

 Nitróxeno: 78%
 Osíxeno: 21%
 Dióxido de carbono: 0,03%
 Outros gases: 0,97%

2) Hidrosfera. Mares, ríos, lagos, augas subterráneas. É a capa líquida da Terra.


3) Xeosfera. Capa sólida formada por minerais e rochas, nalgunha zonas do interior terrestre os materiais
atópanse fundidos, é dicir, en estado líquido.

A Terra divídese en tres capas principais:

a) Codia.

b) Manto: divídese en manto superior e manto


inferior.

c) Núcleo: divídese en núcleo externo (líquido) e


núcleo interno (sólido).

4) Biosfera. Capa na que se dá o fenómeno da vida. Algúns seres vivos habitan na auga (peixes, moluscos,
algas), na atmosfera (aves, insectos) e no chan, incluíndo algúns metros baixo a superficie (raíces de plantas,
toupas, serpes, cabalos, humanos, etc.).

Atmósfera

Como se chama a
capa da atmosfera
máis próxima á Terra?
Xeosfera

Nomea as capas da
xeosfera

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 8


IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES - LUGO
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA 1º de ESO

Que capa da xeosfera


se atopa en estado
líquido?
Biosfera

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 9

You might also like