You are on page 1of 10

Bloque

A Xeografía
e o estudo do espazo xeográfico














Xeografía 2
Depto. Xeografía e Historia

0. Que é a Xeografía

A palabra ‘xeografía’ ten a súa orixe etimolóxica nos termos gregos ge
(Terra) e grapho (representar e describir). É dicir, o obxectivo da Xeografía
é representar e describir a Terra.

O estudo do espazo xeográfico supón analizar todos os elementos naturais
que o compoñen (xeografía física) e, ao mesmo tempo, analizar as
modificacións que o ser humano fixo nel (xeografía humana). Deste xeito,
dicimos que a xeografía localiza estes fenómenos físicos e humanos;
represéntaos; descríbeos, analízaos e explícaos; critica os aspectos
negativos; e formula posibilidades de intervención para transformalos por
medio da planificación territorial.

1. Características do espazo xeográfico

1.1 É localizable
Que sexa localizable é algo tan evidente como que todo o descrito pola
Xeografía podémolo atopar físicamente ou representar dalgún xeito. Máis,
como se realiza esta localización? Do seguinte xeito:
• A rede xeográfica: o conxunto de liñas imaxinarias (paralelos e
meridianos) que serven como referencia para a localización
xeográfica.
o Paralelos: son círculos perpendiculares ao eixe da Terra.
Tómase como referencia o paralelo principal ou paralelo 0°,
que é o Ecuador. Este divide a Terra en dous hemisferios
(hemisferio Norte e hemisferio sur).
o Meridianos: son semicírculos que van de polo a polo da Terra.
O meridiano de referencia e o meridiano de Greenwich, que
toma o seu nome dunha localidade próxima a Londres e en
España pasa, entre outros puntos, pola localidade de Altea, en
Alicante.
• As coordenadas xeográficas: estas toman como referencia a propia
rede xeográfica e, con base nunha numeración, sérvennos para
localizar calquera punto do planeta a partir da latitude e a lonxitude:
o Latitude: é a distancia angular (en graos) dende calquera
punto da Terra ao Ecuador. A letra N (norte) e a letra S (sur)
que siguen á numeración correspondente servirannos para
saber se esa localización está no hemisferio norte ou no
hemisferio sur.
o Lonxitude: é a distancia angular (en graos) dende calquera
punto da Terra ao meridiano de Greenwich. A letra E (este) e
a letra W (west) ou O (oeste) servirannos para determinar se
o punto xeográfico referenciado é oriental ou occidental ao
meridiano de Greenwich.


Xeografía 3
Depto. Xeografía e Historia



1.2 É representable
Como no punto anterior, esta característica pódeche parecer evidente, pero
é necesario ter claro que o estudo do espazo xeográfico ten que ser
representable, é dicir, tense que poder representar dalgún xeito que sexa
interpretable polos xeógrafos. Mais isto que semella unha evidencia, non
sempre resultou tan sinxelo para aqueles interesados en desenvolver unha
representación da Terra. Por que? Pois porque dende que se demostrou que
é redonda todo son problemas para representar unha pelota nun plano. Se
queres inténtao na casa e comprobarás que non é nada sinxelo.
Inicialmente, cando se entendía que a Terra era plana e que nos seus
bordes só existía o abismo, empregáronse os mapas como elemento para a
representación da superficie da terra. Mais o «terrible» descobremento da
súa forma esférica supuxo iniciar métodos para intentar representala sobre
un plano deformándoa o menos posible. E como se fixo? Mediante
diferentes modelos de proxección cartográfica e que aínda se empregan a
día de hoxe:
• Proxección cilíndrica: consiste en trasladar os meridianos e os
paralelos a un cilindro. O resultado é un mapa rectangular no que os
meridianos e paralelos son liñas rectas e perpendiculares entre sí.
Mais esta representación, a máis habitual a día de hoxe, non fai
xustiza coa realidade, pois Groenlandia, por exemplo, semella ter
unha extensión semellante a África cando os datos nos din que a
extensión é de 2.166.086 km² mentres a de África é de 30.221.535
km². É o mellor para representar as latitudes baixas
• Proxección cónica: consiste en trasladar os meridianos e os paralelos
a un cono. O resultado é un mapa semellante a un abano no que os
raios que converxen cara o polo son os meridianos e os paralelos son
arcos semicirculares. Problema deste modelo de representación?
Que deste xeito só se pode un dos hemisferios por cada mapa e canto
máis nos aproximamos ao polo maior distorsión do tamaño real da
Xeografía 4
Depto. Xeografía e Historia

superficie xeográfica atopamos. É o mellor para representar as
latitudes medias.
• Proxección acimutal ou polar: traslada os meridianos e paralelos a
un plano que toca a terra nun dos puntos. Con ela obtemos un mapa
redondo no que os meridianos son raios que converxen cara o polo e
os paralelos son círculos. O seu maior problema é que restrinxe a
área representada a unha metade da terra e canto máis nos
alonxamos do punto central maior distorsión da superficie
xeográfica atopamos. Aínda así, é o mellor para representar as
latitudes altas.













Ademais destes modelos de proxección, de seguro lembras que cando
estudabas os mapas en Secundaria ao pé deles había unha barriña con
números que indicaba a escala. Mais, pode ser que non a lembres porque os
teus mapas foran diferentes. Por que? Porque hai distintos tipos de escalas
que se empregan para indicar a que tamaño está representado o espazo
xeográfico que aparece no mapa:
• Escala gráfica: consta dunha liña recta dividida en segmentos que
indica a medida real en quilómetros ou metros. É dicir, se tomamos
unha regra, medimos un centímetro na escala gráfica e esta indica
que cada centímetro son 100 quilómetros, se a distancia entre dous
puntos do mapa soun dous centímetros, na realidade haberá 200
quilómetros.




• Escala numérica: aparece representada como un número seguido de
dous puntos e unha cifra superior. O número inicial fai referencia,
habitualmente, ao número de centímetros no mapa (normalmente
1), o número que o segue indica o número de centímetros na
realidade. É dicir, se o que atopamos é 1: 1000 quere dicir que 1
centímetro do mapa corresponde a 1000 centímetros na realidade
(10 metros).

A todo isto hai que engadirlle algo que, de seguro, tamén lembras: a lenda.
Esta indícanos a que fan referencia os símbolos que aparecen no mapa.
Xeografía 5
Depto. Xeografía e Historia


Actividade I

Partindo da información recollida nos apartados anteriores. Completa a seguinte
actividade:

a) Que tipo de proxección se emprega neste
mapa?
b) Sinala un meridiano e un paralelo do
mesmo.
c) Cal é o problema deste modelo de
proxección cartográfica?




d) Que espazo xeográfico se representa
neste mapa?
e) Sinala a lenda, e a escala indicando se é
gráfica ou numérica.






Mais toda esta análise sobre como se representa o espazo xeográfico é moi
sinxela (se o pensas ben, isto xa o viches en Secundaria). É por iso que
debemos dar un paso máis e comprender que un mapa é algo máis que unha
simple representación do espazo xeográfico. Como seguramente viches
algunha vez, hai mapas físicos, políticos, de análise de densidade de
poboación, de concentración de fenómenos naturais e accións humanas...
Imos agora a ver os tipos de mapas cos que nos podemos atopar para saber
como analizalos correctamente.

1.2.1 Tipos de mapas

Tipo de mapa En que consiste
Aquel que representa mediante liñas, formas xeométricas, símbolos, cores,
Mapa temático etc... informacións variadas sobre un soporte cartográfico; por exemplo a
producción de uva en España, a rede de estradas, o tipo de material
rochoso,...
Mapa Aquel no que a información que se representa é puramente espacial, sen
topográfico engadir máis información que a puramente xeográfica...




Xeografía 6
Depto. Xeografía e Historia

Dentro dos mapas temáticos, que serán os que máis traballaremos, temos:

Criterio Mapa En que consisten
Cando representa un ou
varios elementos xeográficos
Mapa analítico pero sen establecer relación
entre eles: temperatura,
vexetación, producción...
En función do que
Cando se representan datos
representa
de diferentes valores
Mapa sintético establecendo relacións entre
esos datos para aportar unha
nova información
(sintetizando).
Representa valores sen
En función de se Mapa cualitativo precisión numérica.
representa cantidades
ou non Representa cantidades, xa
Mapa cuantitativo sexan en valores absolutos,
proporcionais,...

Tipos de mapas temáticos:

Nome do mapa En que consiste Exemplo
A información se
Mapa de liñas, representa en forma
estáticas ou de de liñas: transportes,
fluxos direccións de
movementos, isolíneas
(presión,
temperatura,...)


Mapa de puntos Represéntase
ou figuras información de tipo
puntual.


Xeografía 7
Depto. Xeografía e Historia

Mapa de Mediante tramas de
coropletas cores diferentes se
representan distintos
valores, xa sexan
cualitativos ou
cuantitativos.


Mapa de datos A información no mapa
porcentuais ou de se relaciona cós
diagramas distintos valores
cuantitativos en
función do tamaño das
figuras, liñas ou puntos
representados.


Mapa anamórfico A superficie do terreno
se modifica (medra ou
diminúe) en función
dos valores
representados.




1.3 É diferenciado, pero con áreas de transición
Isto quere dicir que o espazo xeográfico dispón de áreas diferenciadas que
permiten identificalas, pero ao mesmo tempo agrupalas. Por exemplo: en
España podemos identificar áreas máis verdes e de vexetación máis
frondosa no norte da Península Ibérica que no sur. Isto non implica que
dunha área á outra se produza un salto, senón que, aínda que diferenciado,
o espazo xeográfico peninsular dispón de áreas de transición (como pode
ser a Meseta castelá-leonesa na que o norte dispón de vexetación máis
frondosa que se torna arbustiva conforme nos achegamos ás áreas ao sur da
propia Meseta.

1.4 Evoluciona
O máis claro exemplo témolo nas paisaxes da nosa comarca. Ata hai 200
anos, todo o que vemos na nosa contorna era vexetación con algúns núcleos
dispersos de poboación. Hoxe hai ladeiras que foron recortadas para crear
novas estradas, ríos cuxo curso desviouse ou, sinxelamente, corrementos de
terra naturais que provocaron que a paisaxe cambiase de xeito natural.

Xeografía 8
Depto. Xeografía e Historia


1.5 Pode describirse, analizarse, explicarse e interpretarse a
distintas escalas.
De novo, pode soar evidente, pero o espazo xeográfico pódese describir,
analizar, explicar e interpretar a tendo en conta distintos contextos: local,
rexional, mundial. Estes contextos ou escalas son interdependentes, que
quere dicir isto? Que nos podemos analizar o espazo xeográfico a escala
local, pero para entendelo e interpretalo é preciso observar como
evolucionou a escala mundial. Por exemplo: se analizamos un mapa da
contaminación atmosférica en cada país europeo en setembro de 1816
veremos que os rexistros son moi elevados e, nunha comparativa á mesma
escala con anos anteriores e posteriores a este, comprobaremos que a
fluctuación é notoria. Pois ben, podémonos quedar só con eses datos, pero a
información que teríamos estaría incompleta. Que pasou para que a nese
ano aumentasen os niveis de contaminación atmosférica? Para dar resposta
a esta pregunta teríamos que aumentar a escala e observar o que aconteceu
a nivel mundial. Deste xeito comprobaríamos que hai unha área na que os
índices de contaminación do aire por partículas de pó é a máis elevada de
todo o planeta nese momento. Veríamos así que a erupción do monte
Tambora (Indonesia) en 1815 crea un foco inicial de contaminación que,
por acción da Circulación Xeral Atmosférica vaise desprazando cara Europa
facendo que uns meses despois se dean eses rexistros tan elevados. Fíxate,
imos da escala local (Europa) á global (mundo) para terminar analizando de
novo unha escala local (monte Tambora, Indonesia). É dicir, ningún
fenómeno e describible, analizable, explicable ou interpretable de xeito
illado, precisa sempre de varias escalas.



Como realizar un comentario de mapas?

Á hora de realizar un comentario de mapas debemos seguir estes pasos:

1. Aspectos xerais
1.1. Identificación do tipo de fonte:
No presente exercicio/nesta imaxe atopámonos ante un mapa...

Topográfico
ou básico

Mapa de Corocromático

superficie De coropletas

Anamórfico ou
distorsionado
Analítico Cualitativo Mapa de
Temático ou ou liñas ou
Sintético Cuantitativo de fluxos
Mapa de
figuras
Mapa de
diagramas
Xeografía 9
Depto. Xeografía e Historia


1.2. Fenomeno xeográfico que se representa:
Se é un mapa de relevo, de densidade de poboación, de
situación atmosférica, de precipitacións, de áreas urbanizadas...

1.3. Espazo xeográfico ao que se refire e cronoloxía:
Ollo, este espazo xeográfico pode ser físico ou político. Pode ser
un mapa da península Ibérica (no que aparecerá tamén
representado Portugal) ou de España (no que Portugal non
debería aparecer, pero si os territorios insulares e do norte de
África). Hai que fixarse moi ben. Do mesmo xeito que falamos de
España ou a penísula Ibérica, pode ser de calquera outro punto
do mundo.
Tamén hai que referenciar a cronoloxía sempre que sexa
posible concretala. É dicir, busca arredor do mapa a data ou o
período cronolóxico ao que fai referencia. Isto é de especial
importancia nos mapas de situación atmosférica (isobaras) e nos
mapas históricos, pois axúdannos a comprender o que se está
representando aí.

1.4. Fonte de procedendia dos datos, se consta:
Hai que buscar a fonte de procedencia dos datos, que pode ser
moi variada (IGN=Instituto Geográfico Nacional; IGE: Instituto
Galego de Estatística; INE=Instituto Nacional de Estadística;
MTN=Mapa Topográfico Nacional...).
Se non somos capaces de identificar a fonte, si é
interesante que indiquemos o sistema de proxección
cartográfica empregado como base para este mapa.
Habitualmente veremos que é UTM: Universal Transverse
Mercator (proxección cilíndrica).

2. Comentario:
2.1 Definición do fenómeno xeográfico representado:
En que consiste, que está acontecendo aí. É un mapa no que se
recollen as precipitacións? Si? Pois que son as precipitacións?
Por que se producen?
É un mapa de densidade de poboación? Si? Pois que é a
densidade de poboación? Como se mide?
Neste punto hai que explicar que é o que vemos, pero en
rasgos xerais.

2.2. Características da súa localización ou distribución:
Por onde se distribúe o fenómeno? De que xeito? Que é o que
está a acontecer no mapa. Se na anterior pregunta hai que
contestar ao ´Que?’, nesta hai que explicar ao ‘Como?’ e ‘Onde?’.
Ollo, se dispoñemos dun mapa de relevo como base e
atopámonos ante un mapa de precipitacións, debemos localizar
Xeografía 10
Depto. Xeografía e Historia

o fenómeno apoiándonos nese relevo que vemos. Non nos
podemos quedar en: «Ao norte...», «Ao sur...».


2.3. Explicación:
É o momento do explicar o ‘Por que?’. Por que se rexistra unha
cifra máis elevada de precipitacións na área oriental que na
occidental? Por que hai maior densidade de poboación no País
Vasco e Cataluña que na Meseta castelá? Debemos explicar as
causas, pero tamén as consecuencias, do que estamos a ver
sobre o mapa a partir dos nosos coñecementos previos.

2.4. Outros comentarios:
Todo o anterior debemos sabelo si ou si. Sen o anterior o
exercicio estará incompleto, pero é neste último punto no que
podemos demostrar que sabemos moito máis que o elemental e
básico. Neste punto podemos comparar o fenómeno xeográfico
que observamos con outros que coñezamos (se é un mapa de
densidade de fluxos no que vemos que entre os anos 2001 e
2010 se rexistran elevados fluxos migratorios de Suramérica a
Europa e, en concreto, España, podemos dicir que se fose un
mapa dos anos 40 do século XX poderíamos comprobar que eses
fluxos funcionarían á inversa e dirixiríanse tamén cara EE.UU.).
Tamén é o momento de que expliquemos as tendencias
futuras que se prevén a partir do que se observa no mapa e do
que xa sabemos. É dicir, non hai que inventar, se temos unha
idea de cal vai ser a evolución, debemos dicilo, senón non ten
sentido aventurarse a menos que teñamos unha base científica
sólida coa que argumentar a nosa proposición.

Ollo! Como poderás observar, non todos os mapas se prestan a este tipo de
análise. É dicir, esta é unha estrutura que debemos ter moi clara na nosa
cabeza para logo adaptala ao tipo de mapa ante o que nos atopemos.


Actividade II

A partir da estrutura de
comentario de mapas
proposta no punto
anterior, fai un
comentario deste mapa:

Fuente: Ministerio de Agricultura,


Pesca y Alimentación, 2004

You might also like