You are on page 1of 1

EXERCICIOS DE REPASO II FÍSICA 1º BACH

1- O vector posición dunha partícula ven dado pola seguinte expresión:


  
r = 2t i + (3t 2  1) j (m)
a) Calcula a Ec. da traxectoria.
b) O desprazamento entre os instante t=1 e t=2 s.
c) A velocidade da partícula e o seu módulo no instante t = 3 s.
d) A aceleración e o seu módulo no instante t = 4 s.
e) De que tipo de movemento se trata?.

2- O movemento de un vehículo está representado pola


gráfica v–t que se mostra á esquerda. Utilizando os seus
datos determina para cada tramo: a) tipo de movemento
que ten; b) a aceleración; c) a distancia recorrida

3- Lánzase un proxectil desde o


chan formando un ángulo  coa
horizontal. Das 5 gráficas que se
mostran a continuación só dúas
delas representan magnitudes
cinemáticas en función do tempo
correspondentes ao movemento deste proxectil. Cales son? Razoa a resposta

4- Se lanzas unha pelota verticalmente cara arriba estando a túa man a 1,4 m de altura no instante en que a
pelota despega, e cae ao chan ao cabo de 4,5 s.
a) ¿Qué velocidade comunicaches á pelota?
b) ¿Qué altura ascendeu?

5- Os canguros axudándose das súas potentes extremidades traseiras, poden dar saltos de uns 8 m de
alcance horizontal. Supoñendo que o ángulo do salto é o que lle permite un alcance máximo, de 45º,
determina o tempo que dura un salto de 8 m. S: 1,28 s.

6- Pola periferia dunha pista circular parten á vez e do mesmo punto pero en sentidos opostos dous móbiles
con velocidades de 4 r.p.m. e 1,5 r.p.m. respectivamente. ¿En qué punto se encontran de novo e canto tempo
transcurre?. S: cando o primero describe 4,56 rad; 10,83 s.

7- Calcular a velocidade angular, a velocidade lineal e a aceleración centrípeta da Lúa, sabendo que da unha
volta completa arredor da terra en 28 días, e que a distancia do centro da terra ao centro da lúa é de
384000 km.Considerar a traxectoria como circular. S:2,6.10-6 rad/s; 997,3 m/s; 2,59.10-3 m/s2

8- A conductora dun automóbil que circula en líña recta a 108 km/h, pisa o freno e deten o vehículo en 2 s
decelerando de maneira uniforme. Determinar:
a) A distancia que recorre ata pararse. S: 30 m
b) A aceleración angular de frenado das rodas cuxo radio é de 30 cm. S: -50 rad/s2
c) O número de voltas que dan as rodas ata parar. S: 15,9 voltas

9- a) Se se deixan caer dúas pedras, una despois da outra (1 s por exemplo), ¿a súa separación durante a
caída permanece constante?
b) O contakilómetros dun coche sempre marca 80 km/h. ¿Podemos asegurar que non posee aceleración?

You might also like