You are on page 1of 2

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS Teorı́a Global de Superficies

FACULTADE DE MATEMÁTICAS 2022-2023


Universidade de Santiago de Compostela

Exercicios 04

1. Sexa S a superficie dada pola gráfica da función f (x, y) = xy, e parametrizada por x(u, v) = (u, v, u v).

Consideramos a curva parametrizada γ(t) = (t, −t, −t2 ) (debuxada en


vermello sobre a superficie).

(a) É γ xeodésica parametrizada?

(b) Son xeodésicas as curvas paramétricas de S?

2. Consideremos a superficie z = x y, e sobre ela a curva parametrizada α(t) = (t, t2 , t3 ).

(a) Calculade a curvatura xeodésica de α (debuxada en azul no debuxo do Problema 1).


~
(b) Sexa X(x, ~ un campo de vectores tanxente á
y, z) = (x, −y, 0) un campo de vectores en R3 . É X
superficie e paralelo ao longo de α(t)?

3. Considérase a superficie regrada S dada por x(s, t) = α(s) + √t2 (~v1 (s) + ~v3 (s)) , sendo α(s) unha curva
regular parametrizada por arco e ~v1 (s) e ~v3 (s) os vectores tanxente e binormal a α(s).

(a) É α unha xeodésica de S?


(b) É √1 (~
v + ~v3 ) un campo de vectores tanxente ao longo de α? É paralelo ao longo de α?
2 1

~ (s) un campo de vectores diferenciable


4. Sexa α(s) unha curva xeodésica sobre unha superficie S, e sexa W
tanxente a S ao longo de α(s).

(a) Proba que W ~ (s) é paralelo se e somentes se kW


~ (s)k = cte e o ángulo que forman os vectores W
~ (s) e
0
α (s) é constante.
(b) Se α non é unha curva xeodésica, verifı́case algunha das dúas implicacións anteriores?

5. Sexa S a superficie xerada polas rectas binormais dunha curva regular α(s). Probade que a curva α(s) é
unha xeodésica da superficie S.

6. Sexan S1 e S2 dúas superficies regulares que intersecan ao longo dunha curva α(t). Sexa V (t) un campo de
vectores ao longo de α(t) tanxente a ambas superficies. Mostra que V (t) pode ser paralelo ao longo de α(t)
na superficie S1 e non selo como campo na superficie S2 .

7. Se unha superficie é tanxente a un plano ao longo dunha curva α, entón α é unha xeodésica?

8. Calcula a curvatura xeodésica das hélices u = constante, que están contidas no helicoide recto definido por

x = u cos v,
y = u sin v,
z = av.
9. Consideremos a superficie (conoide recto) dada por

x = r cos ϕ, y = r sin ϕ, z = f (ϕ) , 0 < r < c, 0 < ϕ < 2π .

(a) Calcula a curvatura xeodésica das curvas ϕ = constante.


(b) Se f (ϕ) = a ϕ + b, cando son xeodésicas as curvas r = constante?

10. Sexa S a superficie parametrizada por x(u, v) e con primeira forma fundamental

g11 (u, v) = 1, g12 (u, v) = 0, g22 (u, v) = f (u, v) ,

sendo f (u, v) unha función diferenciable. Probade que as curvas paramétricas v = constante son curvas
xeodésicas da superficie.

11. Considéranse dúas esferas concéntricas de raios r e R (r < R), e sexa ϕ a proxección da esfera menor
na esfera maior dende o centro común das dúas esferas. É esta aplicación unha isometrı́a? Transforma
xeodésicas en xeodésicas?

12. Sobre a esfera x(θ, ϕ) = (r cos θ cos ϕ, r cos θ sin ϕ, r sin θ), parametrizada en termos de latitude (θ) e lonx-
itude (ϕ) considérase a circunferencia θ = θ0 .

(a) Calculade a curvatura xeodésica desa circunferencia nun punto arbitrario.


(b) Comprobade se o campo de vectores tanxentes a esa circunferencia é paralelo o longo da mesma.
(c) En caso negativo, se consideramos o vector tanxente á circunferencia nun punto p e o trasladamos
paralelamente ao longo da mesma, obterase de novo un vector en p que formará un ángulo φ co vector
de partida. Cal será ese ángulo φ?

13. Sexa α(s) unha curva regular parametrizada polo parámetro lonxitude de arco e tal que a súa curvatura
verifica χ(s) cos θ 6= 1, para calquera θ ∈ (0, 2π). Sexa S a superficie tubular ao redor de α(s) parametrizada
por
x(s, θ) = α(s) + cos θ ~v2 (s) + sin θ ~v3 (s) , θ ∈ (0, 2π) .

Que condicións ten que verificar a curva α(s) para que a curva s–paramétrica β(s) = x(s, π) sexa unha
xeodésica parametrizada da superficie? Son xeodésicas de S as curvas θ-paramétricas?

z2
14. Sexa S o elipsoide de ecuación x2 + y 2 + 4 = 1.


Sexan C e C̃ as curvas sobre S dadas por z = 2 e z = 0, respectivamente.
Parametriza as curvas C e C̃. Son C ou C̃ xeodésicas?

You might also like