You are on page 1of 24

Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
1 / 47

Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
Grupo fundamental 2 / 47
Definición.
Se X é un espazo topolóxico e x0 ∈ X, dirase que o par (X, x0 ) é un
espazo topolóxico con punto (ou espazo punteado) e x0 será o seu
punto base. Unha aplicación continua entre espazos punteados
f : (X, x0 ) → (Y, y0 ) é unha aplicación f ∈ C (X, Y ) tal que f (x0 ) = y0 .

Definición.
Se (X, x0 ) é un espazo punteado e α ∈ C (I, X) verifica α(0) = α(1) = x0
dirase que α é un lazo en (X, x0 ) ou un lazo en X con punto base x0 .
O conxunto dos lazos en (X, x0 ) denótase por Λ(X, x0 ) ⊂ C (I, X).

¿É Λ(X, x0 ) un grupo coa multiplicación de camiños?

Proposición.
O conxunto cociente Λ(X, x0 )/' é un grupo coa multiplicación de clases
de homotopía de camiños.

Grupo fundamental 3 / 47

Definición.
O grupo Λ(X, x0 )/' denomínase grupo fundamental do espazo
punteado (X, x0 ) ou grupo fundamental de X en x0 e denótase por
π1 (X, x0 ).

¿É π1 (X, x0 ) independente do punto base x0 ?

Proposición.
Cada camiño σ ∈ C (I, X) con extremos σ(0) = x0 e σ(1) = x1 define un
isomorfismo de grupos Ψσ : π1 (X, x1 ) → π1 (X, x0 ) que só depende da
clase de homotopía de σ.

Corolario.
Se x, y ∈ X están na mesma compoñente conexa por camiños de X entón
π1 (X, x) e π1 (X, y) son isomorfos.

Grupo fundamental 4 / 47
Proposición.
Para camiños ρ, σ ∈ C (I, X) tales que ρ(0) = σ(0) = x0 e
ρ(1) = σ(1) = x1 , e para cada [α] ∈ π1 (X, x1 ), verifícase
Ψρ ([α]) = [σ · ρ̄]−1 · Ψσ ([α]) · [σ · ρ̄].

Exercicio 45.
Próbese que, se π1 (X, x0 ) é abeliano, para calquera ρ, σ ∈ C (I, X) con
ρ(0) = σ(0) = x0 e ρ(1) = σ(1) = x1 , Ψρ = Ψσ .

Definición.
Sexa f : (X, x0 ) → (Y, y0 ) unha aplicación continua entre espazos
topolóxicos con punto. A restrición de π(f ) a π1 (X, x0 ) denomínase
homomorfismo inducido por f e denótase por
π1 (f ) : π1 (X, x0 ) → π1 (Y, y0 ).

Exercicio 46.
Próbese que π1 (f ) é un homomorfismo de grupos, así como a
funtorialidade de π1 .
Grupo fundamental 5 / 47

¿É o grupo fundamental un invariante topolóxico?


Exercicio 47.
Próbese que, se ι : C ,→ X é a inclusión dunha compoñente conexa por
camiños dun espazo X e x ∈ C, π1 (ι) : π1 (C, x) → π1 (X, x) é un
isomorfismo.
¿Cal é o efecto dunha homotopía no homomorfismo inducido?
Proposición.
Sexan f, g ∈ C (X, Y ), x0 ∈ X, F : f ' g unha homotopía e σ ∈ C (I, Y ) o
camiño en Y definido por σ(s) = F (x0 , s). Verifícase: π1 (f ) = Ψσ ◦ π1 (g).

Corolario.
Se f, g ∈ C (X, Y ) son homótopas entón, para calquera x0 ∈ X, π1 (f ) é
isomorfismo se, e só se, π1 (g) é isomorfismo.

Grupo fundamental 6 / 47
Exercicio 48.
Próbese que, sendo f, g ∈ C (X, Y ) e x0 ∈ X tal que f (x0 ) = g(x0 ), se
existe H : f ' g rel{x0 } entón π1 (f ) = π1 (g).

Teorema. (de invariancia homotópica)


Se f : X → Y é unha equivalencia de homotopía e x0 ∈ X, entón
π1 (f ) : π1 (X, x0 ) → π1 (Y, f (x0 )) é un isomorfismo.

Corolario.
Se dous espazos conexos por camiños teñen o mesmo tipo de homotopía,
teñen grupos fundamentais isomorfos.

Exercicio 49.
Próbese que, se A ⊂ X é un retracto por deformación de X e ι : A ,→ X é
a inclusión, para cada x ∈ A, π1 (ι) : π1 (A, x) → π1 (X, x) é un
isomorfismo.

Grupo fundamental 7 / 47

Proposición.
Se A ⊂ X é un retracto de X e ι : A ,→ X é a inclusión, para cada x ∈ A,
π1 (ι) : π1 (A, x) → π1 (X, x) é un homomorfismo inxectivo.

¿É π1 (ι) unha sección?

Proposición.
Sexan X e Y espazos topolóxicos, x ∈ X, y ∈ Y e p : X × Y → X e
q : X × Y → Y as proxeccións. Entón

ϕ = (π1 (p), π1 (q)) : π1 (X × Y, (x, y)) → π1 (X, x) × π1 (Y, y),

definida por ϕ([α]) = (π1 (p)([α]), π1 (q)([α])), é un isomorfismo.

Grupo fundamental 8 / 47
Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
Espazos simplemente conexos 9 / 47

Definición.
Un espazo X é simplemente conexo (ou 1-conexo) se é conexo por
camiños e, para algún x ∈ X, o grupo fundamental de X en x é trivial
(π1 (X, x) = 1).

Exercicio 50.
Próbese que un espazo conexo por camiños X é simplemente conexo se, e
só se, para cada par de camiños α, β ∈ C (I, X) tales que α(0) = β(0) e
α(1) = β(1), α ' β.

Exercicio 51.
Próbese:
a) Se X é simplemente conexo e Y ten o mesmo tipo de homotopía ca
X, Y é simplemente conexo.
b) X × Y é simplemente conexo se, e só se, X e Y son simplemente
conexos.

Espazos simplemente conexos 10 / 47


Exemplos.
Discretos, triviais, contráctiles...

Proposición.
Se X é simplemente conexo e A ⊂ X é un retracto de X, A é
simplemente conexo.

Proposición.
Se X = U ∪ V , sendo U e V abertos conexos por camiños tales que U ∩ V
é conexo por camiños, e i : U ,→ X e j : V ,→ X son as inclusións entón,
para calquera x ∈ U ∩ V , π1 (X, x) está xerado por
π1 (i)(π1 (U, x)) ∪ π1 (j)(π1 (V, x)).

Corolario.
Se X = U ∪ V , sendo U e V abertos simplemente conexos, e U ∩ V é non
baleiro e conexo por camiños entón X é simplemente conexo.

¿É necesario que U e V sexan abertos?


Espazos simplemente conexos 11 / 47

Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
Grupo fundamental das esferas 12 / 47
Proposición.
Se n > 1, a esfera Sn é simplemente conexa.

¿Aplícase o argumento cando n ≤ 1?

Exemplos.
Rn \ {0} para n > 2; unión por un punto de esferas.

Denótase por p : R → S1 ⊂ C á aplicación exponencial,

p(t) = e2πit = cos t + i sen t,

da que se usarán as seguintes propiedades ben coñecidas:

Grupo fundamental das esferas 13 / 47

I É epimorfismo de grupos con núcleo Z e, para cada a ∈ R,


p−1 (p(a)) = a + Z.
I É homeomorfismo local e, polo tanto, identificación aberta; pero non é
pechada.
I En particular, a restrición
 
−1 1
p/( −1 , 1 ) : , → S1 \ {−1}
2 2 2 2

é un homeomorfismo e o seu inverso


 
−1 1
q : S1 \ {−1} → , ⊂R
2 2

verifica q(1) = 0.

Grupo fundamental das esferas 14 / 47


Lema. (Levantamento de camiños)
Dado un camiño α en S1 con α(0) = 1, existe un único camiño α
e en R tal
e(0) = 0 e p ◦ α
que α e = α.

Por verificar p ◦ α
e = α dise que α
e é un levantamento de α.

Se β é outro camiño en S1 con β(0) = 1 e α(1) = β(1), ¿verifícase que


α
e(1) = β(1)?
e

Lema. (Levantamento de homotopías)


Dados dous camiños α e β en S1 con α(0) = β(0) = 1 e unha homotopía
de camiños H : α ' β, existe unha única homotopía de camiños entre os
seus levantamentos H
e: αe ' βe tal que p ◦ H
e = H.

e(1) depende da clase de homotopía de α.


α

Grupo fundamental das esferas 15 / 47

Teorema.
O grupo fundamental π1 (S1 , 1) é isomorfo a Z.

¿Cal é un xerador de π1 (S1 , 1)?

Exercicio 51 21 .
Para k ∈ Z e a aplicación f : S1 → S1 , f (z) = z k , calcúlese π1 (f ).

Exemplos.
Plano furado: R2 \ {0} (ou R2 \ {p} ∀p ∈ R2 ). Círculo (ou disco) furado:
D2 \ {0} (¿ou D2 \ {p} ∀p ∈ D2 ?). Toro: T = S1 × S1 e toro
n-dimensional: Tn = S1 × S1 × ··· × S1 .

Grupo fundamental das esferas 16 / 47


Exercicio 52.
Calcúlese o grupo fundamental dos seguintes espazos:
a) A coroa circular B[0, 2] \ B(0, 1).
b) O cilindro S1 × I.
c) A faixa de Möbius I2 / ∼.
d) O toro macizo S1 × D2 .
e) O produto S1 × Sn con n ≥ 2.
f) S1 ∪ ([1, +∞) × {0}).
g) S1 ∪ {(x, y) ∈ R2 \ {(0, 0)} | xy = 0}.

Grupo fundamental das esferas 17 / 47

Exercicio 53.
Próbense os seguintes “non homeomorfismos” e compróbese se os pares
respectivos teñen tamén distinto tipo de homotopía:
a) S1 6≈ Sn con n 6= 1.
b) R2 \ {0} 6≈ Rn \ {0} con n 6= 2.
c) R2 6≈ Rn con n 6= 2.
d) T 6≈ Sn con n ∈ N.

Exercicio 54.
Próbese que S1 non é un retracto de D2 .

Definición.
Un espazo topolóxico X ten a propiedade de punto fixo se toda
aplicación continua f : X → X ten un punto fixo (∃x ∈ X | f (x) = x).

Grupo fundamental das esferas 18 / 47


Exemplos.
(0, 1); [2, +∞); Sn ; T; S1 × D2 ; [−1, 1].

Exercicio 55.
Próbese que todo retracto dun espazo que ten a propiedade de punto fixo
tamén a ten.

Teorema. (de Brouwer do punto fixo)


D2 ten a propiedade de punto fixo.

Exemplo.
Solución de sistema de ecuacións.

Teorema. (de Perron)


Toda matriz real n × n con entradas non negativas ten un autovalor non
negativo.

Grupo fundamental das esferas 19 / 47

Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
Presentacións de grupos 20 / 47
O grupo libre sobre un conxunto S denotarase por F (S).
Recórdese que F (S) se constrúe como o conxunto das palabras reducidas
en S coa operación de xustaposición-redución e que está caracterizado pola
seguinte propiedade.

Proposición.
F (S) é, salvo isomorfismos, o único grupo tal que existe unha aplicación
ϕ : S → F (S) verificando que, para calquera grupo G e calquera aplicación
ψ : S → G, existe un único homomorfismo de grupos h : F (S) → G tal que
h ◦ ϕ = ψ.

ϕ
S / F (S)
ψ
h
! 
G

Presentacións de grupos 21 / 47

Como consecuencia obtense que todo grupo é isomorfo ó grupo cociente


dalgún grupo libre.

Proposición.
Sexan G un grupo, N un subgrupo normal de G e p : G → G/N o
homomorfismo proxección no grupo cociente. Se f : G → H é un
homomorfismo de grupos tal que f (N ) = 1 ∈ H entón existe un único
homomorfismo de grupos f˜: G/N → H tal que f˜ ◦ p = f .

p
G / G/N
f

! 
H

Presentacións de grupos 22 / 47
Definición.
Unha presentación de grupo é un par (S; R) no que S é un conxunto
arbitrario e R é un subconxunto do grupo libre sobre S (R ⊂ F (S)).
Os elementos de S denomínanse xeradores da presentación e os de R
relatores (ou relacións) da mesma.

Toda presentación de grupo (S; R) define un grupo

hS; Ri = F (S)/hRiN

onde hRiN é o subgrupo normal de F (S) xerado por R.


A clase dun xerador s ∈ S denotarase tamén por s ∈ hS; Ri.
Como a clase dun relator r ∈ R é o neutro de hS; Ri, as relacións
escríbense tamén da forma r = 1 ou r1 = r2 .
Se w ∈ hRiN dirase que w é consecuencia das relacións de R.

Presentacións de grupos 23 / 47

Definición.
Se G é un grupo e (S; R) é unha presentación de grupo tal que G é
isomorfo a hS; Ri dirase que (S; R) é unha presentación de G ou que G
admite a presentación (S; R).

Exercicio 56.
Próbese que todo grupo admite unha presentación. ¿É única?

Cando S e R son finitos dise que (S; R) é unha presentación finita e que
o grupo con presentación (S; R) é finitamente presentado.
Se S = {s1 , s2 , ... , sp } e R = {r1 , r2 , ... , rq }, utilízase a notación

(S; R) = (s1 , s2 , ... , sp ; r1 , r2 , ... , rq ),

hS; Ri = hs1 , s2 , ... , sp ; r1 , r2 , ... , rq i.

Presentacións de grupos 24 / 47
Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
Teorema de Seifert-van Kampen 25 / 47

Sexan U1 e U2 abertos conexos por camiños nun espazo topolóxico X tales


que X = U1 ∪ U2 e U1 ∩ U2 é non baleiro e conexo por camiños.
Para cada i ∈ {1, 2} denótanse por ϕi : U1 ∩ U2 ,→ Ui e ψi : Ui ,→ X as
respectivas inclusións e, fixado un punto x0 ∈ U1 ∩ U2 , por
ϕi∗ : π1 (U1 ∩ U2 , x0 ) → π1 (Ui , x0 ) e ψi∗ : π1 (Ui , x0 ) → π1 (X, x0 ) os
correspondentes homomorfismos de grupos que verifican
ψ1∗ ◦ ϕ1∗ = ψ2∗ ◦ ϕ2∗ :

π1 (U1 , x0 )
6
ϕ1∗ ψ1∗

&
π1 (U1 ∩ U2 , x0 ) π1 (X, x0 )
8
ϕ2∗ ψ2∗

(
π1 (U2 , x0 )

Teorema de Seifert-van Kampen 26 / 47


Supóñase que os grupos π1 (U1 , x0 ), π1 (U2 , x0 ) e π1 (U1 ∩ U2 , x0 ) admiten
as presentacións (S1 ; R1 ), (S2 ; R2 ) e (S; R), respectivamente.
Para cada s ∈ S denotaranse por 0 ϕ1∗ (s)0 e 0 ϕ2∗ (s)0 a palabras nos
xeradores S1 e S2 que representen, respectivamente, ós elementos
ϕ1∗ (s) ∈ π1 (U1 , x0 ) e ϕ2∗ (s) ∈ π1 (U2 , x0 ).

Teorema. (de Seifert-van Kampen)


Nas condicións anteriores, o grupo fundamental π1 (X, x0 ) é isomorfo ó
grupo hS1 ∪ S2 ; R1 ∪ R2 ∪ RS i, onde RS = {0 ϕ1∗ (s)0 = 0 ϕ2∗ (s)0 | s ∈ S}.

Teorema de Seifert-van Kampen 27 / 47

Notas.
a) Será frecuente que π1 (U1 , x0 ) e π1 (U2 , x0 ) sexan libres, obténdose
nese caso que π1 (X, x0 ) é isomorfo a hS1 ∪ S2 ; RS i.
b) O teorema pódese enunciar dicindo que π1 (X, x0 ) é o grupo
caracterizado pola seguinte propiedade universal: para calquera grupo
H e calquera par de homomorfismos h1 : π1 (U1 , x0 ) → H,
h2 : π1 (U2 , x0 ) → H tales que h1 ◦ ϕ1∗ = h2 ◦ ϕ2∗ , existe un único
homomorfismo h : π1 (X, x0 ) → H tal que h ◦ ψ1∗ = h1 e
h ◦ ψ2∗ = h2 .
c) Coa versión anterior é doado formula-lo teorema para descomposicións
de X en máis de dous abertos.

Utilizaranse varios casos particulares que agora se enuncian como


corolarios. O primeiro, xa visto anteriormente, foi usado no cálculo do
grupo fundamental das esferas.

Teorema de Seifert-van Kampen 28 / 47


Corolario.
Nas condicións do teorema e sendo π1 (U1 , x0 ) e π1 (U2 , x0 ) libres,
verifícanse:
a) π1 (U1 , x0 ) e π1 (U2 , x0 ) triviais ⇒ π1 (X, x0 ) é trivial.
b) π1 (U1 ∩ U2 , x0 ) trivial ⇒ π1 (X, x0 ) é libre xerado por S1 ∪ S2 .
c) π1 (U1 , x0 ) e π1 (U1 ∩ U2 , x0 ) triviais ⇒ π1 (X, x0 ) é isomorfo a
π1 (U2 , x0 ).
d) π1 (U1 , x0 ) trivial ⇒ o homomorfismo ψ2∗ : π1 (U2 , x0 ) → π1 (X, x0 ) é
un epimorfismo e π1 (X, x0 ) é isomorfo ó grupo
hS2 ; {0 ϕ2∗ (s)0 | s ∈ S}i.

Nota.
O último corolario significa que, para obter unha presentación de π1 (X, x0 )
é suficiente con expresar cada ϕ2∗ (s), con s ∈ S, en termos dos xeradores
S2 de π1 (U2 , x0 ). Tamén se enuncia dicindo que π1 (X, x0 ) é o cociente de
π1 (U2 , x0 ) polo núcleo de ψ2∗ .

Teorema de Seifert-van Kampen 29 / 47

Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
Cálculo do grupo fundamental 30 / 47
A continuación veranse exemplos de cálculo do grupo fundamental.

Exemplo.
A figura oito
X = {(x, y) ∈ R2 | x2 + (y − 1)2 = 1} ∪ {(x, y) ∈ R2 | x2 + (y + 1)2 = 1}.

Exercicio 57.
Calcúlese o grupo fundamental da figura theta Y = S1 ∪ ([−1, 1] × {0}).
¿É homeomorfa á figura oito?

Exemplo.
B[(0, 0), 2] \ {(0, −1), (0, 1)}. ¿Calquera bóla pechada no plano menos
dous puntos?

Cálculo do grupo fundamental 31 / 47

Exercicio 58.
Calcúlese o grupo fundamental dos seguintes espazos:
a) O plano menos dous puntos.
b) Unha bóla aberta do plano menos dous puntos.
c) A esfera S2 menos tres puntos.
d) A unión de dúas circunferencias e un segmento con extremos en cada
unha delas.

¿Pódense quitar bólas en vez de puntos?, ¿en que condicións?

Exemplo.
O toro menos un punto.

Exemplo.
A rosa de n pétalos. O pendente hawaiano.

Cálculo do grupo fundamental 32 / 47


Exercicio 59.
Calcúlese o grupo fundamental dos seguintes espazos:
a) O plano menos n puntos.
b) Unha bóla do plano menos n puntos.
c) A esfera S2 menos n puntos.

Exemplo.
A garrafa de Klein.

Exercicio 60.
Utilícese o método do exemplo anterior para calcula-lo grupo fundamental
do toro.

Cálculo do grupo fundamental 33 / 47

Exemplos.
O plano proxectivo e o sombreiro de burro de n picos.

Exercicio 61.
Próbese que, para todo grupo abeliano finitamente xerado G, existe un
espazo topolóxico con grupo fundamental isomorfo a G.

Exemplo.
Cociente de coroa circular.

Cálculo do grupo fundamental 34 / 47


Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
Grupo fundamental de cocientes de polígonos 35 / 47

Entenderase por polígono calquera polígono convexo P inscrito nunha


circunferencia do plano e dotado da topoloxía usual. P está determinado
por unha sucesión finita de catro ou máis números reais
θ0 < θ1 < ··· < θn = θ0 + 2π e definido como intersección de semiplanos
pechados.
Se a circunferencia ten centro c e raio r, os puntos pi = c + r(cos θi , sen θi )
son os vértices de P e os segmentos L[pi−1 ,pi ] os lados ou arestas de P .

Combinando homeomorfismos lineais positivos entre segmentos orientados


obtense un homeomorfismo entre as fronteiras de dous polígonos co mesmo
número de lados e, fixando puntos interiores nos dous polígonos, exténdese
por linealidade a un homeomorfismo entre os polígonos.

Definición.
Se P é un polígono con vértices p0 , p1 , ... , pn = p0 , un etiquetado das
arestas de P é unha aplicación do conxunto de arestas
{L[pi−1 ,pi ] | 1 ≤ i ≤ n} nun conxunto finito E = {e1 , e2 , ... , em }
denominado conxunto de etiquetas.
Grupo fundamental de cocientes de polígonos 36 / 47
Sexa P un polígono con vértices p0 , p1 , ... , pn = p0 e un etiquetado das
súas arestas tal que, para cada k ∈ {1, 2, ... , n}, eik é a etiqueta
correspondente á aresta L[pk−1 ,pk ] . Se cada aresta L[pk−1 ,pk ] ten asignada
unha orientación, defínese εk = +1 cando dita orientación coincide coa
determinada pola orde dos vértices (que se está collendo antihoraria) e
εk = −1 en caso contrario.

Definición.
Nas condicións anteriores dirase que a palabra

w = (ei1 )ε1 (ei2 )ε2 ... (ein )εn

é un esquema de lonxitude n das arestas de P .


Se cada etiqueta do conxunto de etiquetas aparece no esquema
exactamente dúas veces, dirase que o esquema é propio.

Na escrita dos esquemas omítense os parénteses e os expoñentes positivos.

Grupo fundamental de cocientes de polígonos 37 / 47

Se P é un polígono e w un esquema das súas arestas, defínese unha


relación de equivalencia en P como segue: se dúas arestas teñen a mesma
etiqueta e h é o homeomorfismo lineal positivo entre elas (con respecto ás
orientacións dadas polo esquema), para cada punto x da primeira,
x ∼ h(x); o resto dos puntos están só relacionados consigo mesmos.

Exercicio 62.
Próbese que a anterior é unha relación de equivalencia en P .

Definición.
O espazo cociente de P pola anterior relación denomínase cociente de P
determinado polo esquema w e o par (E; w) é un modelo plano do
cociente.

Exemplos.
Círculo; esfera; toro; garrafa de Klein; plano proxectivo.

Grupo fundamental de cocientes de polígonos 38 / 47


Exercicio 63.
Esténdase a definición do cociente ó caso de varios polígonos (un número
finito) cos seus correspondentes esquemas.

Proposición.
Todo cociente dun polígono determinado por un esquema é un espazo T4 .

Corolario.
Todo cociente dun polígono determinado por un esquema é compacto,
Hausdorff e conexo por camiños.

¿Sucede o mesmo para cocientes de varios polígonos?

Proposición.
Todo cociente dun polígono determinado por un esquema é segundo
numerable.

Grupo fundamental de cocientes de polígonos 39 / 47

Teorema.
Sexa X o espazo cociente dun polígono con modelo plano
({a1 , a2 , ... , an }; w) sendo w un esquema propio. Se tódolos vértices do
polígono se identifican nun só punto de X entón o grupo fundamental de
X é isomorfo a ha1 , a2 , ... , an ; wi.

Exercicio 64.
Compróbese se o teorema anterior permite obte-lo grupo fundamental da
esfera, do toro, da garrafa de Klein e do plano proxectivo.

Definición.
O espazo obtido como cociente dun polígono de 4n lados polo esquema

(a1 b1 a−1 −1 −1 −1 −1 −1
1 b1 )(a2 b2 a2 b2 ) ... (an bn an bn )

denomínase n-toro e denótase por nT.

Grupo fundamental de cocientes de polígonos 40 / 47


Exercicio 65.
Visualícese o n-toro para 1 ≤ n ≤ 3.

Definición.
Se m > 1 o espazo obtido como cociente dun polígono de 2m lados polo
esquema
(a1 a1 )(a2 a2 ) ... (am am )
denomínase m-plano proxectivo e denótase por mP.

Exercicio 66.
Analícese a posibilidade de que m = 1 e visualícese 2P.

Grupo fundamental de cocientes de polígonos 41 / 47

Proposición.
Tanto no caso do n-toro como do m-plano proxectivo, cos modelos planos
dados nas definicións, tódolos vértices do correspondente polígono están
relacionados entre sí e dan lugar a un único punto de nT ou,
respectivamente, de mP.

¿Verifícase a propiedade para outros modelos planos dos mesmos espazos?

Corolario.
Os grupos fundamentais do n-toro e do m-plano proxectivo admiten,
respectivamente, as seguintes presentacións:

(β1 , γ1 , β2 , γ2 , ... , βn , γn ; β1 γ1 β1−1 γ1−1 β2 γ2 β2−1 γ2−1 ... βn γn βn−1 γn−1 ),


2
(β1 , β2 , ... , βm ; β12 β22 ... βm ).

¿Corresponden tales presentacións a grupos isomorfos?


Grupo fundamental de cocientes de polígonos 42 / 47
Tema 4: O grupo fundamental

Grupo fundamental
Espazos simplemente conexos
Grupo fundamental das esferas
Presentacións de grupos
Teorema de Seifert-van Kampen
Cálculo do grupo fundamental
Grupo fundamental de cocientes de polígonos
Primeiro grupo de homoloxía
Primeiro grupo de homoloxía 43 / 47

Se G é un grupo, denotarase por Ab(G) á abelianización (ou


abelianizado) de G, é dicir ó grupo cociente G/[G, G], sendo [G, G] o
subgrupo conmutador de G.

Proposición.
Se p : G → Ab(G) é o homomorfismo proxección e H é un grupo abeliano,
para cada homomorfismo f : G → H existe un único homomorfismo
f˜: Ab(G) → H tal que f˜ ◦ p = f .

Proposición.
Ab(F (S)) é un grupo abeliano libre sobre S.

Corolario.
Ab(F (S)) é un grupo abeliano libre con base {[s] | s ∈ S} e, polo tanto,
isomorfo a A(S).

Primeiro grupo de homoloxía 44 / 47


Proposición.
Sexan G un grupo con presentación (S; R) e R0 = {r0 | r ∈ R}, sendo
cada r0 ∈ R0 a versión aditiva do correspondente r ∈ R. Entón, Ab(G) é
isomorfo a A(S)/hR0 i.

Dise que (S; R0 ) é unha presentación abeliana de Ab(G). ¿É unha


presentación de Ab(G)?

Exercicio 67.
Próbese que, se σ é un camiño nun espazo X entre dous puntos x e y, o
isomorfismo inducido entre os abelianizados dos grupos fundamentais non
depende de σ.

Primeiro grupo de homoloxía 45 / 47

Definición.
Se X é un espazo conexo por camiños denomínase primeiro grupo de
homoloxía de X ó abelianizado do grupo fundamental

H1 (X) = Ab(π1 (X, x0 )),

sendo x0 calquera punto de X.

Exemplo.
H1 (S2 ).

Corolario.
H1 (nT) e H1 (mP) admiten, respectivamente, as seguintes presentacións
abelianas:

(β1 , γ1 , β2 , γ2 , ... , βn , γn ; β1 + γ1 − β1 − γ1 + ··· + βn + γn − βn − γn ),

(β1 , β2 , ... , βm ; 2β1 + 2β2 + ··· + 2βm ).


Primeiro grupo de homoloxía 46 / 47
Proposición.
H1 (nT) é isomorfo a Z2n e H1 (mP) é isomorfo a Z2 × Zm−1 .

Recórdese que o teorema de clasificación de grupos abelianos finitamente


xerados permite afirmar que os grupos

0, Z2 , Z4 , Z6 , ... , Z2 , Z2 × Z, Z2 × Z2 , Z2 × Z3 , ...

non son isomorfos entre si.

Corolario.
Os grupos fundamentais dos espazos S2 , T, 2T, 3T, ... , P, 2P, 3P, ... non son
isomorfos entre si e, como consecuencia, os espazos non son homeomorfos
entre si e teñen distinto tipo de homotopía.

Primeiro grupo de homoloxía 47 / 47

You might also like