You are on page 1of 2

Apelidos: Nome:

EXAME DE MECANICA CLASICA I


Luns, 20 de Xullo de 2020

1.- Un punto material de masa m móvese sobre o eixo x sometido a unha


forza
2mg
F (x) = x(2x2 − a2 ) (1)
a3
sendo a constante. Inicialmente a masa atópase na orixe con velocidade v0 .
a) Calcular a enerxı́a potencial V (x) e representala gráficamente.
b) Describir o movemento en función do valor de v0 .
c) Cal é o mı́nimo valor de v0 necesario para que a masa chegue a infinito?
d) Calcula a frecuencia das pequenas oscilacións en torno ó mı́nimo do
potencial.

2.- Un péndulo de masa m e lonxitude l está suspendido doutra masa m,


que a súa vez está conectado a un resorte vertical de constante elástica k e
lonxitude en reposo desprezable, en presenza de gravidade g, tal e como se
indica na figura. O resorte só se pode mover na dirección vertical.
a) Escribir a función de Lagrange do sistema.
b) Escribir as ecuacións de movemento do sistema.
c) Identificar as simetrı́as e as cantidades conservadas.
d) Estudar os casos (k = 0, g 6= 0) e (g = 0, k 6= 0).
3.- Un péndulo de lonxitude L e masa m está montado sobre un bloque de
masa M que se pode mover horizontalmente sen rozamento (ver figura).
a) Escribir a Lagranxiana do sistema.
b) Establecer o sistema de ecuacións diferenciais do movemento para
pequenas oscilacións do sistema.
c) Atopar as frecuencias propias e os modos normais no caso de pequenas
oscilacións. Interpretar o resultado indicando o movemento das masas para
cada unha das frecuencias. Discutir o caso M >> m.

4.- Unha onda harmónica propágase por unha corda de tensión τ , que ten o
extremo en x = L amortecido por unha forza de rozamento proporcional á
velocidade (ver figura).
a) Demostra que a condición de contorno en x = L ven dada por

∂u ∂u
τ |x=L = −γ |x=L , (2)
∂x ∂t
sendo γ o coeficiente de rozamento.
b) Calcula o cociente entre a amplitude da onda reflectida e a incidente
(coeficiente de reflexión) no extremo x = L. Interpreta o resultado discutindo
os distintos casos posibles. Formaranse ondas estacionarias?

x=L

You might also like