You are on page 1of 6

www.fisicaeingenieria.

es

1.-¿Que gráfica representa correctamente a enerxía potencial eléctrica dunha carga puntual negativa
situada nun campo creado por unha carga puntual positiva, cando varía a distancia que as separa?.

SOL. c.

Trátase dunha situación de tipo atractivo.

Tendo en conta a ecuación que representa a enerxía potencial:

qq '
Ep = −K
r

Resulta unha función na que a enerxía potencial varía de forma inversamente proporcional coa
distancia, pero con carácter negativo. A enerxía potencial representa o traballo por unha forza
exterior para achegar unha carga dende o infinito (valor 0 de EP) ata un punto do campo. A medida
que a distancia diminue, a Enerxía potencial é cada vez menor.

2.- Un positrón de carga 1'6.10-19 C entra nun campo magnético B=0'1 j (T). Se a velocidade do
positrón é v= 105 i (m/s), a forza que sofre, en Newton, é:

a. 1,6. 10-15 i
b. 1,6.10-15j
c. 1,6.10-15k.

SOL. c.

A partir da aplicación da lei de Lorentz: F = q (v x B)

Como resultado de aplica-lo producto vectorial entre os vectores v e B, obténse que a forza
magnética resultante debe ser: 1,6. 10-15 k.

3.- Por dous conductores paralelos e próximos entre si circulan correntes eléctricas do mesmo
sentido. ¿Que lle ocorrerá ós conductores?.

a. Atráense.
b. Repélense.
c. Non exercen forzas mutuas se as correntes son da mesma magnitude.

SOL. a.

Luis Muñoz Mato www.fisicaeingenieria.es


www.fisicaeingenieria.es

A partir da aplicación da 2ª lei de Laplace: F = I (I x B)

e da lei de Biot-Savart:

µ0 I
B=
2π d

poderemos coñece-las características das forzas debidas a acción mutua entre correntes.

F µ0 I1 I 2
=
l 2π d

A partir da aplicación dos correspondentes productos vectoriais de I x B, obténse unha acción mutua
de tipo atractivo entre correntes do mesmo sentido.

4.- Cando unha partícula cargada se move dentro dun campo magnético, a forza magnética que actúa
sobre ela realiza un traballo que sempre é:

a. Positivo, se a carga é positiva.


b. Positivo, sexa como sexa a carga.
c. Cero.

SOL. c.

Unha partícula cargada en movemento dentro dun campo magnético está sometida a acción dunha
forza magnética, que segundo a lei de Lorentz F = q (v x B), resultará perpendicular ó campo e á
velocidade da partícula. Por isto o traballo realizado será nulo: dW= F dr (F e dr son dous vectores
perpendiculares).

5.- Para que unha carga eléctrica non se desvíe ó pasar por unha zona de campo magnético non nulo,
as liñas de campo han ser:

a. Perpendiculares ó desprazamento da carga.


b. Paralelas ó desprazamento da carga.
c. De calquera xeito que sexan, a carga desvíase sempre.

SOL.: b

Luis Muñoz Mato www.fisicaeingenieria.es


www.fisicaeingenieria.es

A forza que sofre unha carga en movemento no seo dun campo magnético é F=q(vxB), polo que, en
caso de haber movemento (v¹ 0) dunha carga (q¹ 0) nun campo magnético (B¹ 0) a forma de que dita
forza sexa nula é que a velocidade e o campo sexan paralelos.

6.- No interior dun conductor cargado, en xeral:

a. O potencial non é nulo.


b. A carga non é nula.
c. O campo non é nulo.

SOL.: a

No interior dun conductor cargado o potencial non é nulo, pois para levar carga ata o seu interior
necesitamos dun traballo. En casos particulares, o potencial pode ser nulo, pero en cambio, se a
carga non fora nula, afastaríase ata a superficie (o que ocorre normalmente) deixando no interior un
campo nulo.

7.- Se un corpo cargado entra perpendicularmente nun campo magnético uniforme, para diminuí-lo
seu radio de xiro, debemos:

a. Aumenta-la súa velocidade.


b. Poñe-lo campo o máis paralelo posible á traxectoria inicial.
c. Aumenta-la carga.

SOL.: c

Xa que a forza de desviación vén dada por F=q(vxB) , e o radio podémolo achar a partir da forza
centrípeta, F=mv2/r, resulta que este é r=mv2/[q(vxB)], polo que poderemos face-lo que se nos pide
(reducir r ) aumentando a carga ou o campo, ou poñendo o campo máis perpendicular á traxectoria.

8.- Un conductor leva unha corrente de 1 A. Produce un campo magnético máis intenso:

a. Canto máis groso sexa o conductor.


b. Canto maior sexa a velocidade de cada electrón individual.
c. Canto máis próximo estea ó punto exterior.

SOL.: c

µ0 I
Tendo en conta B = , canto menor sexa r, maior será o campo magnético.
2π d

9.- Nunha habitación existe un campo magnético que apunta verticalmente para abaixo. De pronto
lánzanse dous electróns coa mesma velocidade en dirección perpendicular ó campo, pero en sentidos
contrarios. ¿Como se moverán?

a. En círculos tanxentes e sentido horario


b. No mesmo círculo
c. En círculos tanxentes e sentido antihorario

Luis Muñoz Mato www.fisicaeingenieria.es


www.fisicaeingenieria.es

SOL.: a

De acordo coa lei de Lorentz : F=qvxB, que vai orixinar un movemento circular no electrón (carga q
negativa), resultará:

F=(-e) vxB

Móvense en sentido horario describindo círculos tanxentes.

10.- ¿Que conclusións se poden sacar do feito de que o fluxo neto a través dunha superficie
gaussiana sexa cero?,

a. O campo eléctrico é cero en culquera punto da superficie.


b. Non hai cargas eléctricas no interior.
c. A suma alxebraica das cargas (carga neta) no interior é cero.

SOL.: c

A partir do teorema de Gauss, o fluxo neto implica o fluxo de entrada e o fluxo de saída, de aí que se
o fluxo é 0, non deba haber carga neta no interior da superficie.

11.- As interaccións entre correntes maniféstanse porque dous conductores rectilíneos e indefinidos,
paralelos, polos que circulan correntes eléctricas no mesmo sentido:

a. Repélense.
b. Atráense.
c. Xiran ata poñerse perpendiculares.

SOL.: b

Facendo a representación gráfica correspondente obsérvase que dous conductores rectilíneos


indefinidos e paralelos polos que circulan correntes eléctricas do mesmo sentido producen forzas de
tipo atractivo entre si.

14.- Se se move unha espira paralelamente ó seu eixe na mesma dirección dun campo magnético
uniforme, indica-lo que é correcto:

a. Prodúcese corrente inducida ó empeza-lo movemiento.


b. Non se produce ningunha corrente inducida.

Luis Muñoz Mato www.fisicaeingenieria.es


www.fisicaeingenieria.es

c. Aparece unha corrente inducida no sentido antihorario.

SOL.: b

A aparición dunha corrrente inducida, de acordo coa lei de Lenz implica a existencia dun fluxo
magnético variable, algo que non ocorre se a espira non modifica a súa dirección de movemento no
seo do campo magnético.

12.-As liñas de campo eléctrico:

a. Nacen e cargas positivas e morren en cargas negativas.


b. Nacen en morren en cargas negativas.
c. Son pechadas sobre si mesmas.

SOL.: a

As liñas de campo electrostático nacen en cargas positivas (fontes) e morren en cargas negativas
(sumidoiros).

13.-Unha esfera conductora de radio R e carga de Q Culombios en equilibrio electrostático.

a. O potencial exterior é nulo e o interior constante.


b. O campo exterior e función inversa do cadrado da distancia e o interior nulo.
c. O potencial exterior é constante e o interior nulo.

SOL.:b

Aplicando o teorema de Gauss obténse ó campo exterior e interior : Eext= KQur/r2; Eint= 0

A partir do campo obtense o potencial función inversa da distancia no exterior e constante (e igual o
da superficie) no interior.

14.- Os campos magnétostáticos son creados por:

a. Cargas eléctricas en repouso.


b. Por correntes eléctricas estacionarias.
c. Por cargas magnéticas.

SOL.:b

Os campos magnetostáticos son creados por cargas eléctricas en movemento. Non son creados por
cargas en repouso nin por cargas magnéticas que non existen.

15.- O campo magnético creado por un fio infinito e recto con corrente de I A en sentido ascendente
nun punto a distancia de r m do fio.

a. Depende da inversa do cuadrado da distancia.


b. Ten a dirección de liñas solenoidais.

Luis Muñoz Mato www.fisicaeingenieria.es


www.fisicaeingenieria.es

c. Depende do cadrado da Intensidade de corrrente.

SOL.: b

Este tipo de campo magnético vén dado por B=4π.10-7.I/(2 π r)

E función inversa da distancia ó fio e función directa da intensidade. As súas liñas son solenoidais
entorno ó fío seguindo a regra da man dereita.

16.-O fluxo do campo magnético creado por unha bobina a través de si mesma:

a. Depende do número de espiras.


b. Depende da inversa do coeficiente de autoinducción.
c. É función inversa da intensidade de corrente.

SOL.:a

O Fluxo magnético a través dunha bobina debido a súa propia corrente vén dado por Fluxo= NSB e o
campo B depende do número de espiras e da corrente.

17.- O coeficiente de autoinducción dunha bobina toroidal é a relación:

a. Entre o fluxo e a intensidade.


b. Entre a intensidade e o campo magnético.
c. Entre o campo eléctrico e o campo magnético.

SOL.: a

O coeficiente de autoinducción dunha bobina é unha característica xeométrica que se pode obter
como relación entre o fluxo e a intensidade, e mídese en Henrios.

Luis Muñoz Mato www.fisicaeingenieria.es

You might also like