You are on page 1of 2

Proba de aula: números cuánticos 29/10/2023

Nome e apelidos: Nota:

1.- Xustifica se son posibles as seguintes combinacións de números cuánticos para un


electrón nun átomo:

a) (2,0,0,-1/2)
b) ( 3,1,-2,1/2)

O estado cuántico dos electróns situados nos átomos quedan caracterizados (definidos) en dito átomo polos
valores dos seus catro números cuánticos: (n,l,m,s)

Onde:

• n é o número cuántico principal e toma valores dende 1,2,3,4...ata ∞


Representa o volume efectivo do orbital e o nivel enerxético
• l é o número cuántico secundario ou acimutal e toma valores dende 0, 1,2,3 ... ata (n-1)
Representa a forma dos orbitais atómicos e en átomos polielectrónicos os subniveis de
enerxía que hai nun nivel enerxético n.

Valor de l 0 1 2 3

Tipo orbital atómico s p d f

• m é o número cuántico magnético e toma valores dende -l.....pasando por 0......ata +l


Representa as posibles orientacións espaciais dos orbitais atómicos (OA dexenerados:
mesma enerxía e diferente orientación espacial)
• s é o número cuántico de espín (ou spín) e toma valores de +1/2 ou -1/2
Representa o sentido de xiro do electrón sobre si mesmo en (antihorario ou horario)

Tendo en conta isto resolvo a cuestión:

Para (2,0,0,-1/2)

n=2 polo que l pode valer 0 e 1; se l=0 m so pode tomar o valor de 0 (unha soa posible orientación
espacial) polo que é posible m=0 pero e o número cuántico de spín dos electróns neste orbital atómico pode
valer +1/2 ou -1/2.

Polo que esta combinación de números cuánticos son posibles para un electrón no átomo.

(DEFINEN A UN ELECTRÓN POSIBLE DO ÁTOMO)

Para ( 3,1,-2,1/2)

n=3 polo que l pode valer 0, 1 e 2; se l=1 m pode tomar valores de -1, 0, 1 polo que non é posible m=-
2; o número cuántico de spín pode valer +1/2 ou -1/2.

Polo que esta combinación de números cuánticos non son posibles para un electrón no átomo.

(NON DEFINEN A NINGÚN ELECTRÓN POSIBLE DO ÁTOMO)


1.1) Se algunha combinación é posible describe e debuxa orbital atómico no que se sitúa o
electrón.

A combinación posible é (2,0,0,-1/2) onde o electrón se atopa no orbital atómico con n=2 ( segundo nivel
electrónico); l=0 ortibal atómico tipo s; m=0 cunha soa posible orientación espacial. Atópase no orbital 2s

Este orbital é un orbital esférico.

You might also like