You are on page 1of 5

Tema 2.

As fases do proxecto cinematográfico


Preproducion, producion, potproducion

Jacoste Quesada – ver o seu texto en CV

É un proceso moito mais longo do que a xente sole pensar. En España sole durar 2 anos, e vai
dende o desenvolvemento da ide ata que acaba de comercializarse (que nunca acaba pero
contamos con que a comercializacion dure polo menos 2 anos). Isto é variable, e coas novas
plataformas está cambiando.

Desde o POV do produtor : Cecil B. DeMille produciu 88 películas, e é o gran produtor das
películas épicas dos anos 30s e 40s (as que poñen en semana santa) - dicía que había que
manexar imprevisto (enfermidade, se poden solucionar) e imponderables (que non podemos
evitar, como o tempo atmosferico) que se poden evitar rodando noutros lugares... - para evitalo
debemos ter un plan sen fisuras, porque as fisuras van aparecer solas.

Proceso de produción típico: hai unha serie de fases de forma estandarizada antes de poder ter
o noso produto.

Baixo rozamento: menos de 750.000 - menos recursos – ver video baixo orzamento CV

- Reprodución: é o proceso previo á rodaxe. O produtor vai xerar desde unha idea (propia
ou axea) todo un proceso, no que hai 2 problemas aos que o produtor debe enfrontarse:

1) problema financeiro (consiste na búsqueda de recursos económicos para facer a


película).
2) problema económico (recuperación do invertido, necesita un guión definitivo no que
o produtor ten que facer cálculos e ter os valores cinematográficos )

Teñen que abordarse conxuntamente, xa que debes saber canto podes gañar para saber cano
podes gastar. Buscase solucións desde a súa empresa, e ten que pensalo xa dende a concepción
da idea (hai ideas mais caras que outras). Traballar coa idea é traballar no reino da máxima
aleatoriedade. Para isto axuda ter un guión, así pode calcular os prezos, debe poder detectar os
valores cinematográficos tamén (creativo, comercial...)

Se cita a Irwing Thalberg, que di que un bo guión pode dar unha película boa, media ou mala
pero un mal guión só pode dar unha mala película.

2 docs fundamentais: plan de traballo e plan de rodaxe. O produtor xa está presente nestes
momentos, dende o principio.

Pode existir o produtor creativo, que é quen ten a idea. Pode ser que a idea orixinal sexa de
quen produce q que este escriba un primeiro guión, e logo contratar a un equipo de guionistas
que desenvolvan o guión definitivo.

Elias Querejeta, Luis Miñarro son exemplo disto. Paula Cons en lobos sucios tamén.

Quesada di que aquí o conflito director – produtor non xurde tanto


Temos a idea, temos o guión mais ou menos pechado, o seguinte paso é comprometer a un
equipo artístico (intérpretes). Escóllense os protagonistas (ou os seus perfís). A actores/actrices
non profesionais pódenselles pagar polo convenio, pero aqueles con premios etc hai que
negociar. Hai que facer xa un primeiro calendario para cadrar fechas e hai que saber xa o equipo
de produción.

Participación do produtor na idea – hai varios modelos de produción

Un perfil que se encarga unicamente da parte da financiamento e outro perfil “o produtor


creativo” que é de quen xurde a idea. A idea orixinal sexa de quen produce e escriba unha
primeira versión de guión (produtor guionista – posteriormente contrata a un equipo de
guionistas que o desenvolva).

En españa tradición de produción creativa comoo E. Querijeta, Luis Miñarro(encargado de


producir peliculas de Carlos Vermut), en galicia Paula Cons (la isla de las mentiras dirixiuna pero
produciu lobos sucios e tamén aparece en guión)

Jacoste quesada fala dese conflito entre produción e dirección xa no se manifesta da mesma
forma.

Pasos que se darían neste proceso de preprodución:

Unha vez elaborado mais ou menos o guión o que vai facer é comprometer a un equipo artístico
(intérpretes). Escoller aos protagonistas ou perfil dos protagonistas.

Dentro de concretar o proxecto, comezar a resolver a cuestión económica. Alguén que ten cache
e gañou premios haberá que negociar.

Sen ter os cartos na man hai que contratar a parte do equipo de produción – dirección de
produción

Preguntase tamén que a hora de pensar en resolver este aspecto económico hai que pensar en
expectativas – como predicir que vai pasar coa nosa película?

Fernandez pirla fala de varios tipos de predición (pensar o proxecto desde distintas ópticas)

- Por persistencia: todo o que pasou nun pasado inmediato vai volver suceder un
futuro inmediato: se funcionou unha peli de zombis hai 2 anos vai volver
funcionar o ano q ven. Non sempre funciona esta técnica. - este é o mais
habitual
- Por traxectoria: se os actores etc son famosos e teñen traxectoria esto pode
axudar a que a nosa peli teña éxito
- Ciclica: ciclos dentro do mercado hai ciclos: se hai un ciclo de películas intimistas
que están de moda podemos sacar unha peli similar e vai funcionar, pero pode
acabarse o ciclo. Dentro do propio ano hai ciclos (spooky season – terror, nadal
– fantasía xa que os nenos están en casa), aínda que se solen falar de ciclos por
temporadas, Parasite abriu un ciclo que permitiu a obras coreanas achegarse ao
mercado internacional
- Por asociación: “se funciona isto funcionara tamen x”
- Por analoxía: similar ao anterior, se triunfa parasitos triunfara unha película
social española.
Jacoste quesada di que os produtores se deixan levar moito pola intuición (Depende moito do
seu contexto audiovisual- ten que estar moi actualizado no seu panorama tanto no seu entorno
como internacional).

Posteriormente pensar estratexicamente como conseguir diñeiro liquido (non promesas senón
que poidamos usar) Hai dúas fontes para unha película que dan diñeiro no momento:

- As televisións: se compra os dereitos de explotación


- Conseguir o contrato cunha distribuidora (daranos un adianto)

Comezará a contratar ese persoal, facer unha estimación da produción e teremos entón director
de produción e produción executiva (Segundo Jacoste cando o contrata e porque o problema
financeiro vai adiante) e o produtor delega. O director vai facer o plan de traballo de produción
e un orzamento estimado

COMO FACER UN CALCULO DE ORZAMENTO?


Facendo un desglose de guión (o fará dirección de produción) para ver canto custa cada cousa,
análise pormenorizado.

En base a capítulos COMO PLANIDICAR DENDE O DESGLOSE:

- orzamento e presuposto de produción


- documentos de planificación de rodaxe

ELEMENTOS DE ORZAMENTO QUE SE CONTEMPLAN

(orzamento preventivo nesta fase da produción pero haberá mais documentos de cálculos
económicos). Unha produción de baixo orzamento é de baixo de 750000 euros.

A cada estrutura do orzamento do ICAA chamáselle capítulos

• CAPITULO 1 – guión y musica: Pagar primeiro a guionista e compositor, os dereitos de


autor (os anteriores ostentan estes dereitos). Hai que pagalas no inicio polo menos o
guión
• CAPITULO 2 – persoal artístico: Un capítulo caro, un réxime fiscal distinto e o salario
distinto (traballo irregular e interrompido). Pagar a interpretes, dobradores, dobres de
acción, dobres de luces, especialistas de acción...
• CAPITULO 3 – equipo técnico: Incorporar a todos os roles de todas a produción dos
distintos equipos (produción, son, postprodución...). O mellor e un mellor tempo de
rodaxe para abaratar os custes. Organizar eficazmente significa que o noso plan de
traballo comprimilo contemplando todas as casuísticas (clima, permisos, horarios...)
*Con interpretes e directores se negocia en base ao caché.
• CAPÍTULO 4 – Escenografía (comprende diferentes aspectos). Decorados atrezzo ou
utilería, xastrería, maquillaxe e perruquería + contratos que estaban nos dous capítulos
anteriores. Construción de decorados
• CAPÍTULO 5 – Estudos e varios de produción. Estudos de rodaxe, fluído eléctrico do
estudo (Electricidade equipo montaxe, sala de efectos sonoros, gravación de mezclas de
soundtrack, sala gravación música
• CAPÍTULO 6- Maquinaria de rodaxe e transportes. Aluguer de material: cámara/s,
obxectivos, filtros, material de iluminación, para maquinistas (Gruas, railes para
trabelling, soporte para steady cam, dolly), grupo electróxeno, garburante do grupo
electróxeno, equipo de son e fluidos electricos ... (detallar cada elemento canto custa)
• CAPITULO 7 – Exteriores. En concreto viaxes aloxamentos e comidas (Depende da
magnitude da producion gastarase mais ou menos). Ter en conta a sustentabilidade
(Evitar os vasos e pratos de papel)
• CAPITULO 8 – Película Virgen. (gastos en dixital, comprar almacenamento forter:
tarxetas para pasar a información de todas as tarxetas, DCP, material fotográfico
Fotografo en set)
• CAPITULO 9 – Laboratorio. (trucaxes, animación)
• CAPITULO 10 – Seguros e impostos. Importante seguro de bo fin que ten que contratar
toda a produción, que é o de que cando non entregas as cousas en prazo. Seguro de
responsabilidade civil, de accidentes, seguro para as copias dixitais, seguridade social
• CAPITULO 11 – Gastos xerais (Resumo de todos os gastos); auga limpeza e gastos de
xestoría.

Tamén hai que facer un calendario de preprodución, para saber cal é o fluxo de traballo. Todo
se fi por semanas (salarios etc), e se fai en conta atrás ata a rodaxe. Nos faremos 9 semanas de
preproducion. O tempo medio según Fernandez Diaz é de arredor de 2 anos, dende a idea ata o
estreo. (falamos sempre de ficción, os documentais varían moito). A preproducion non ten unha
duración estándar, senón que dependen do tipo de proxecto e do orzamento que teñamos, a
media está entre 2 e 3 meses.

• SEMANA -9 : O produtor segue moi activo porque vai seguir traballando elementos do
guión co guionista para que se axuste a produción. Incorpóranse director da película e
director de produción. Quen dirixe a película vai facer o guión técnico (tiros de cámara
permite visualizar que tipo de película queremos facer), storyboard (dependendo da peli
pode facerse de toda ou de esceas de certas escenas de alto nivel de complexidade),
tamén ten que acordar o conceto estético da película – MOODBOARD (Deixase ver o
tipo de ambientación, de posta en escena dende o punto de vista técnico: o tipo de
iluminación, cámaras e ópticas e tipos de ecadres e movementos de cámara, paleta de
cores) Tamén se ocupa do ambiente de son

• SEMANA -8 : Entre a 9 e 8 se selecciona o equipo artístico e técnico. Este equipo xa se


tiña pensado (unicamente executámolo).

• SEMANA -7: Incorpóranse o primeiro axudante de dirección, xefe de produción e


localizador (scout). Fernandez díaz en España o plan de traballo é común que o faga o
1AD e que neste momento da preprodución se encargue dese documento (o equipo de
produción non se desvincula pero a primeira versión vaina facer el). Traduce o guión
técnico do director no plan de traballo e noutro documento máis, o plan de rodaxe.
Un plan de rodaxe consiste en traducir a tempo, medición temporal do plan de traballo.
Vai organizarse en torno a 2 variables fundamentais: Interpretes (dispoñibilidade de
actores e actrices) e localizacións (Aluguer das localizacións). Intentar combinar na
menor cantidade de tempo.
O 1AD vai ter que facer antes un documento previo, o desglose. Pero o desglose o fai
dirección (1ad) e o fai Produción. Cada equipo fai o seu propio desglose para identificar
distintas necesidades. Debido a súa importancia a partir de aí ambos teñen que traballar
de forma conxunta.
O desglose + plan de traballo xa teremos o ORZAMENTO DEFINITIVO que teriamos que
ter xa esta semanas para poder encargar as cousas. O xefe de produción encargarase de
loxística (contactar provedores, solicita orzamento e comeza a obter permisos para a
rodaxe).
O localizador é unha figura para producións grandes en medianas faino o axudante de
produción (xa mais ou menos decididas e conseguirá o acceso, fotografías ou vídeos,
obter os permisos e saber o custe de cada localización, fará un dossier de cada
localización: grupo electróxeno, ruídos, exterior ou interior, as horas de luz)

• SEMANA -6: incorpóranse o director de arte, secretario de produción e rexedor. O


director de arte vai deseñar o aspecto visual da película baixo as ordes do director:
estilo, cor, forma. Selección de escenarios inflúe tamén no estilo da película. Os
escenarios poden ser tamén en plató, que nos permite ter mais control e liberdade, pero
é moito mais caro. Fernández falan de escenarios dixitais, que son un gasto económico
pero ás veces compensa (reproducir 4 persoas 500 veces para ter un exército vs
contratar a 500 figurantes). A secretaría de rodaxe vai traballar coa loxística contractual
(xestión de contratos de persoal, contratos de localizacións, xestionar altas e baixas na
seguridade social) e xestión de manutención, aloxamento e desprazamentos.
Normalmente se aloxan a actores e actrices mellor que ao resto do equipo.
O rexedor vai organizar todo o que é o que fai a persoa de produción dentro do
departamento de arte: organiza a cuestión económica do departamento de arte e fai as
compras de todo o necesario
• SEMANA -5: Incorporanse o 2AD, 1Axudante de produción.
Fanse as localizacións técnicas. Co dosier das localizacións visitaranse as localizacións
(director, director artístico, 1AD, director de produción, director de fotografía e
responsable de son en directo). Buscaran se hai algún problema para algún dos
departamentos ademais de decidir onde se colocara o material de apoio.
Outra tarefa lectura de guión que estarán as xefaturas de cada equipo. Se incorporan
tamén atrecista, xefe de produción e aqueles roles que o equipo considera oportuno.
• SEMANA -4: Entra o equipo de vestiario (parte do departamento de arte). Busca ou
elaboración do vestiario que van levar os actores en función de cada personaxe. (en
producións pequenas mais que repositorio van buscar moito en tendas de segunda man)
Dependendo do tipo de produción poden alterar as entradas dos diferentes membros
do equipo
• SEMANA -3: Incorporase o 2A de produción e os construtores do set (igual que o
vestiario depende da produción e as necesidades).
O segundo axudante de produción xestiona os papeis co material burocrático.
• SEMANA -2: Ensaios + probas de vestiario e maquillaxe/perruquería. Incorporarase o
script, un papel importantísimo durante a rodaxe ten en conta o racord. Asistirá a
reunións para ver se hai cambios de guión.
• SEMANA -1: Todos os profesionais pechan o que hai nos seus departamentos para que
estea preparado para rodar.
http://ayudantededireccion.blogspot.com/
https://cuentosdeunascript.wordpress.com/

You might also like