You are on page 1of 13

tema 4

A FASE DE
PRODUCIÓN
GRAO COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL - USC
PROF. RAÚL GARCÍA
O máis importante
da fase de produción
é a fase de
preproducción.
A planificación dun proxecto audiovisual é vital para obter os
obxectivos que se desexan co presuposto que se dispón.

O equipo de produción é o máximo responsable de que todo esté


en orde, que se cumplan os prazos e que non se dispare o
presuposto.

Por iso, unha boa preproducción é a maior garantía para que


todo vaia ben na fase de produción.

O departamento de produción debe procurar especialmente


xerar un ambiente de traballo agradable no set.

E, ao final de cada xornada, é todo un detalle que o produtor


mostre o seu agradecemento ao equipo. Unha rodaxe / gravación
é un traballo esgotador tanto a nivel físico como psicolóxico, e o
seu éxito radica no rendemento do equipo humano.

A FASE DE PRODUCIÓN |
Cine vs Televisión Normalmente, a diferencia do cine, en
televisión os programas e as series
grávanse a MULTICÁMARA.

Básicamente existen tres técnicas:


- Técnica de realización en directo
- Técnica de realización en falso directo
- Técnica de realización por bloques ou
secuencias
ELABORACIÓN PLAN DE RODAXE
Un plan de rodaxe/gravación ben elaborado debería
atender ás variables tempo-espacio-recursos (humanos e
materiais).

Debe estar confeccionado conxuntamente polo equipo


de dirección e o equipo de produción.

Non existe unha fórmula máxica para elaborar un bo

Plan de rodaxe
plan de rodaxe / gravación, pero é importante que
sempre teña como base aos seguintes factores:

1. Disponibilidade dos actores: isto é básico e debe


pecharse con eles por contrato antes do inicio da rodaxe
/ gravación.

2. Disponibilidade das localizacións: non é o mesmo


gravar nun plató alugado mensualmente para a
produción que un alugado por uns días; tampouco é o
mesmo rodar nun exterior do que se conseguiu un
permiso puntual para determinados días que nun paraxe
natural.
ELABORACIÓN PLAN DE RODAXE
A partir destas dúas premisas, o plan de rodaxe debería eleborarse segundo os seguintes criterios:

1. O normal é agrupar as secuencias por decorado, con independencia da orde cronolóxica da aparición no guión. Xeralmente acostúmase
a empezar a gravar en exteriores por se a meteoroloxía non é boa e quedan secuencias por grabar sempre haxa marxe para grabalas máis
adiante, ou mesmo cambialas por outras de estudo.

A orde de grabación pode ser a seguinte:


Primeiro: Ext/Día
Segundo: Ext/Noite
Terceiro: Interiores naturales (localizacións interiores)
Cuarto: Estudo (plató)

2. En cine o máximo que se acostuma a rodar por día son 3 páxinas de guión. En televisión isto pode chegar a superar as 10 por día.

3. O ideal é que non haxa máis dun cambio de localización por día de rodaxe. Canto menos se mova o equpipo mellor, xa que se perden
moitas horas útiles nos traslados.

4. Hai que agrupar, na medida do posible, as xornadas de traballo dos actores. Lembrar que os actores se poden contratar mensualmente
ou por xornada (convocatoria).

5. Continuidade das secuencias: aínda que é moi difícil poder gravar unha peza en orde cronolóxico co guión, o ideal é tratar de seguir
certa continuidade.

6. Unha gravación nunca debe parar e, salvo causas de forza maior.


Aplicacións e tipos de plan de rodaxe
APLICACIÓN MÁIS USADA: M O V IE M A G IC SCHE D UL I NG
OUTROS PROGRAMAS SIMILARES: GORILLA, EASE SCENECHRONIZE, SCENIOS, THE TA K ES, SHOOTIZE…

PLAN VERTICAL PLAN


(STRIPBOARD) HORIZONTAL
É un plan de rodaxe por
É igual que o vertical
columnas. Para elaborar
pero coas secuencias
este plan vaixe enchendo
dipostas como filas, en
cada columna cunha
lugar de como columnas.
secuencia, indicando o
É útil para realizar
nome do ESCENARIO
indicacións de tipo máis
segundo o guión e unha
loxístico, como o total de
breve descripción do que
páxinas de guión por
acontece. O resto da
información engádese xornada, traslados de
por filas horizontais. equipo, viaxes, etc.
PLAN VERTICAL
(STRIPBOARD)
PLAN
HORIZONTAL
ELABORACIÓN ORDE DE RODAXE

Unha rodaxe require dunha sólida


organización. Implica a moitas persoas e
precisa de moitos medios técnicos, e ademáis
está suxeito a datas e horarios concretos, con
cambios de localizacións, con autorizacións...

Por iso é necesario un documento que

Orde de rodaxe funcione como unha folla de ruta para que


todo vaia sen sobresaltos e se poidan grabar
todas as secuencias planificadas: este
documento é a ORDE DE RODAXE.

A orde de rodaxe é un documento que se


entrega diariamente a todos os membros do
equipo. Está elaborada polo/pola 1AD
(Primeiro/a Axudante de Dirección) e polo/a
xefe/a de produción.
Información necesaria nunha orde de rodaxe
- Nome do proxecto
- Día de rodaxe (por exemplo, 3 de 5)
- Data de grabación
- Horario previsto
- Listos: hora na que se empeza a grabar.
- Nomes dos principais xefes de departamento e responsables da produción.
- Contacto de produción e dirección de rodaxe (teléfonos, mails...)
- Localización (dirección exacta, coordenadas...)
- Previsión meteorolóxica para a xornada
- Hora de saida e posta do sol
- Información de seguridade: centro hospitalario de Urxencias máis próximo.
- Secuencias previstas para o día
- Escenario, efecto (p.ex. Int/Día), e sinopse
- Extensión das secuencias (número de páxinas de guión en octavos)
- Actores: nome dos actores e do personaxe que interpretan, así como horarios de recollida, horas de
maquillaxe, peiteado e vestiario, hora que entra no set e hora a que acaba.
- Figuración: Número e tipo de figurantes...
- Avance do día seguinte: un resumo das secuencias que se rodarán a seguinte xornada.
- Sinatura do 1AD e do Xefe/a de Produción
Outros documentos para a rodaxe
- Información de seguridade e riscos laborais
- Caderno ATA para rodaxes no extraxeiro
- Seguros da produción audiovisual:
a) Seguridade social
b) Seguros de responsabilidade civil a terceiros
c) Seguro de accidentes (sobre todo se a grabación se realiza nun país extranxeiro ou se se contrata a
especialistas)
d) Seguro de máster de vídeo. Este seguro cubre o gasto que ocasionaría á produción a pérdida de
material grabado ou a obtención dunha copia de seguridade. Cada vez faise menos xa que os
dispositivos de almacenamento informatico son baratos e fanse moitas copias de seguridade.
e) Seguro meteorolóxico
f) Seguro de interrupción de rodaxe
g) Seguro de garantía de bo fin (completion band). Nas coproducións internacionais esíxese este seguro
cando interveñen inversores privados ou se realizan prevendas a distribuidores ou televisións. Este
seguro garante a execución da obra en tempo e forma acordada e para iso hai unha figura responsable
de contralo: o garante de execución.
h) Seguro de erros e omisións: cubre ao produtor de problemas derivados á adquisición de dereitos e
xestión de dereitos de propiedade intelectual (plaxio, difamación, atentado á imaxe...)
e) Seguro de equipos técnicos, escenografía, vestiario... Todo se pode asegurar. É decisión de produción
decidir o que.

You might also like