You are on page 1of 5

TEMA 3: VALORACIÓN DE PROXECTOS E CAPTACIÓN DE

RECURSOS
- Guión e produción
- Pitching (os docs que subiu Cibrán son materia de exame)
- O produtor como xestor de dereitos
- Captación de talento

3.1 Contratos
3.1.1 Localización
Diferenciación entre contratos e permisos: o contrato vai conter os permisos. Cómpre chegar
sempre a un acordo por escrito xa que da mais seguridade e evita malentendidos. Nun contrato
dunha localización débese recoller:
o o período de tempo que se vai a usar, de forma moi precisa (que dias e a que
horas cada día);
o as condicións de uso de ese espazo, como vamos a usar esa localización,
localización debe quedar no mesmo estado de orden e limpeza no que a atopamos
e co mesmo mobiliario no mesmo sitio etc;
o prezo a pagar polo uso das instalacións (non hai estándar de prezo)
o cuestións relativas a indemnizacións e contraprestacións (se se rompe algo ou o
que sexa)
o seguros de garantía (por dano físico ou moral)

3.1.2 Equipo Técnico


o Reunión previa do técnico co produtor ou director de produción no que se
recolle nun memorandum, é dicir escrito as condicións básicas e cousas
pactadas: horario, salario, número de días de traballo. Este documento pasa a
la secretaría de produción que o transforma nun contrato con cláusulas que
varían en función da carga de traballo da persoa, da súa experiencia. O contrato
contén:
▪ Obxecto do contrato: para que contratamos á persoa, cal é o seu rol,
Tipo de relación: laboral ou de prestación de servizos (mercantil) (se é
autonomx) e Salario (relación laboral) ou factura expedida polo
contratado (relación mercantil)
▪ Período de vixencia do contrato: tempo no que se vai prestar o servizo.
Hai que ter 3 cousas en conta:
• Posibilidade de que as datas varíen dentro dun período de
tempo razoable
• O ideal é establecer un período de proba dese profesional (de
15 dias) - non na propia rodaxe, senón antes
• Posibilidade de que a rodaxe se extenda no tempo e teñamos
que ofrecer unha prórroga dos servizos

▪ Funcións a desenvolver polo traballador


▪ Contraprestación: salario e como vamos pagar (por días, semanas),
inclúese a cantidade en bruto (sen quitar seguridade social)
▪ Horario de traballo: ten que ser flexible e estar recollido no plan de
traballo. Ten 2 límites: o Convenio Colectivo da Industria (cv) di que hai
que ter en conta: Tempo que pasa entre unha xornada laboral e a
seguinte que non pode ser menor de 12h E que haxa un descanso
semanal de 36h, organizados en lapsus de 12h
▪ Lugar de traballo: o traballador se compromete a ir onde haxa que ir a
traballar, e a produción debe pagar transporte se rodamos fora do
núcleo urbano e a comida
▪ Títulos de crédito: negociar se queremos saír nos créditos e como.
Actores adoitan pedir un tamaño de letra concreto e unha orde
especifica.
▪ Incumprimentos: se algunha das partes (produción ou traballador)
incumpre parte do contrato se especifica aquí: non facer o traballo,
chegar tarde ou en malas condicións// non pagar o pactado ou romper
as condicións do contrato
▪ Elección da xurisdición: elexir o xulgado onde se xulgaría un litixio en
caso de incumprimento do contrato por calquera das partes

3.1.3 EQUIPO ARTÍSTICO


o Moi parecido ao equipo técnico
▪ Obxecto do contrato: debe incluír nome do personaxe, categoría do
personaxe (prota, secundario...), características da obra (titulo
provisional, duración, director e guionista) e declaración do actor de
que coñece o guión e o acepta
▪ Vixencia do contrato: non só a rodaxe, tamén probas de vestiario e
maquillaxe, ensaios...
▪ Servizos que vai prestar: non só facer do personaxe, tamén as probas
de maquillaxe e ensaios, promoción da obra e dobraxe...
▪ Numero de sesións: concretar ben no contrato, inclúen sesións de
ensaios etc, sempre prever q vamos necesitar mais das imprescindibles
(se hai q volver a rodar unha escena...)
▪ Contraprestación: depende do ben coñecido q sexa o actor. Pódese
pagar por sesión ou por tanto alzado (pagar o total, unha cantidade
determinada – so se usa cos protagonistas). Pagar por alzado é útil
porque se teñen que traballar mais sesións non hai q volver a pagarlles.
• Hai 3 conceptos distintos sobre porque pagamos aos actores:
o Pola súa interpretación, ensaios e eses servizos de
promoción etc
o Cesión de dereitos: un interprete cede a súa imaxe, e
cede os seus dereitos de fixación, reprodución e
distribución – dereitos de imaxe
o Indemnización: se hai algún problema na produción
que nos fai incumprir o contrato dalgunha maneira, hai
que indemnizar.
▪ Xornada de traballo: non poden suceder menos de 12h entre xornadas
de traballo, e deben de ser convocados 12h antes da rodaxe
▪ Desprazamentos e dietas: igual q co equipo técnico, pero poden
negociarse unhas dietas mais especificas
▪ Cesión de dereitos: ten que ser unha cesión exclusiva, aos de antes
engadimos comunicación publica e dobraxe e subtitulado
▪ Títulos de crédito
▪ Promoción (que fai o interprete): debemos avisar con antelación dos
eventos de promoción, cantas sesións de promoción mais ou menos vai
ter que facer
▪ Resolución do contrato: por impuntualidade reiterada e inxustificada ou
que chegue o actor en malas condicións; se o actor non se somete ás
instrucións do director e que esto sexa un problema constante; que
haxa un impago ou incumprimento por parte de produción (ou que se
lle pague menos)
▪ Ten que quedar todo por escrito coa maior precisión posible.

3.1.4 Adaptación De Obra Literaria


o Implica un contrato distinto. Falaremos de novelas porque é o mais típico. Para
que unha produtora poda facer unha peli baseada nun libro, necesita os
dereitos de reprodución, que terán que estenderse durante bastante tempo,
polo que produtor debe garantir que os dereitos van ser para eles. Hai un tipo
de contrato de adaptación literaria que se chama contrato de opción. Antes
disto a produtora debe descubrir se o guion é unha obra orixinal ou unha
adaptación, deben asegurarse de que o dereitos de adaptación da obra estean
libres e, nese caso, vai ter que negociar ara adquirilos. O conveniente, por tanto,
é reservar os dereitos, sobre todo se somos unha produtor grande e o libro é
unha obra popular. Neste caso é cando se fai o contrato de opción, na que se
reservan os dereitos durante 2 anos, durante os que facemos a preprodución.
O prezo desta reserva depende do autor da obra (do famoso que é), o titulo da
obra (se o libro ou autor teñen premios), a editorial (que forza ten), a produtora
(se ten poder etc) e das condicións da produción (director, orzamento,
interpretes...).
o Unha vez xa reservados os dereitos, pasamos a facer un contrato de adaptación
ao uso: que tipo de adaptación, que será a única, tempo e territorio de
adaptación (canto tempo nos vai levar, dentro de que territorio se vai a
inscribir). Incluso se non se chega a facer a adaptación, hai que pagar o contrato
de opción.
o O contrato de adaptación é unha cesión de dereitos: debe ter as seguinte
cláusulas:
▪ Dereito de transformación: de que formato a que formato se adapta
▪ Adquirirse os dereitos de explotación sobre a produción audiovisual:
reprodución, distribución, comunicación publica e posta a disposición
do publico, dereito de dobraxe e subtitulación
▪ Duración, exclusividade, prezo, ámbito xeográfico etc
▪ Garantías: cláusulas segundo as cales, se se incumpre unha das
cláusulas haberá que resolvelo

3.1.5 Dereitos De Autor Ou Propiedade Intelectual


Conxunto de normas xurídicas que regulan os dereitos morais e patrimoniais que a lei concede
a autores polo feito de crer unha obra artística. Hai 2 tipos de dereitos, morais e patrimoniais.
Estes dereitos están recollidos na declaración universal dos dereitos humanos, non se poden
quitar.

A palabra copyright aparece por primeira vez en 1710.

- Dereitos morais: son irrenunciables e inalienables: pa ti pa sempre e non caducan nunca.


Sempre serás a autora, pero eso non te da dereito a todo. Estes dante dereito a: divulgar
a miña obra; ao recoñecemento da autoría intelectual; dereito a respeto e integridade
da obra; dereito a retractarnos/arrepentirnos desa obra e a sacala da circulación
publica. En principio son individuais
- Dereitos patrimoniais: ou de explotación; permiten recibir un beneficio económico –
estes si se poden vender ou ceder, e é o que fai u autor cando vende o seu contrato a
un director para que faga unha peli – mantés os dereitos de morais pero cede os de
explotación.

Estes dereitos veñen na lei de propiedade intelectual: lei 23/2006. Ademais da propiedade,
regula tamén o rexistro de propiedade intelectual, no que se inscriben as obras. Ao inscribilas é
cando se recoñece que a obra é nosa. Tamén se fixa o paso da obra ao dominio publico, que é
70 anos dende a morte do autor. A partir de ahi cada persoa pode usar a obra, pero sempre
respetando os dereitos morais – pero podes explotala.

No caso do cine, o dereito de autoría teno o guionista, director, autores de composicións


musicais. Pode haber divisións e rexistrarse distintas cousas. O guionista sola rexistrar o guion
completo, ou a idea orixinal, pero tamén pode rexistrar so os diálogos. Os compositores poden
rexistrar a banda sonora, un tema concreto ou as partituras.

Ao non haber unha cuota de reparto fixa, cada un recibirá un porcentaxe distinto cada vez. A
cuota de reparto esta recollida na SGAE no artigo 142 - é unha guía, non unha lei. SGAE sinala
que: 25% dirección 25%banda musical e 50% guion (25% argumento/idea orixinal e 25% guion
desenvolvido).

Quen xestiona os dereitos de autor normalmente son entidades que recollen os beneficios das
obras e logo os reparten. Estas entidades deben estar rexistradas no ministerio de cultura, e
debe de pagar unha cuota.

As sociedades de dereitos mas coñecidas son: a SGAE, pero hainas de artistas e interpretes,
ALMA (outra opción para SGAE), de produtoras (AGAPI)

A SGAE xestiona: os dereitos patrimoniais ou de explotación, os que se ceden a quen produce


son:

- De reprodución
- Distribución
- Comunicación publica
- Transformación

You might also like