You are on page 1of 2

IES AS FONTIÑAS

MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

EXEMPLO DE INVENTARIO
O 30 de marzo de 20X1, don Jesús Soles García creou un negocio de
compravenda de electrodomésticos, con domicilio na rúa dos Olivos nº 5
de Touro, A Coruña, denominou ELECTROJESU, SL.

A 31 de decembro de 20X1 presenta a seguinte información obtida


despois do proceso de comprobación e conteo dos seus elementos
patrimoniais:

 Un local destinado a desenvolvemento do negocio. O valor da


construción estímase que ascende a 75.000 € e o terreo sobre o que está construído, a
25.000 €
 As instalacións están equipadas cos seguintes elementos:
➢ 2 ordenadores para as oficinas por 500,00 € cada un
➢ 10 cadeiras para os clientes por 150,00 € en total
➢ Varias mesas de diverso tipo valoradas en 1.400,00 € en total (non sabemos o
prezo individual de cada unha delas)
 Debe do mobiliario a MOBISA 1.200 €, que deberá pagar en outubro de 20X2..
 Os cartos están depositados nas seguintes entidades financeiras:
➢ Banco de Santander: 1.700,00 €
➢ BBVA: 4.800,00 €
 Ten cartos en efectivo para pequenos pagos por importe de 400,00 €
 Don Fernando Dávila, é un cliente que comprou electrodomésticos diversos e que aínda
debe 2.300,00 €, cartos que deberá pagar dentro de 2 meses.
 Debe tamén a Bankia 26.000,00 € dun préstamo, a 5 anos, que obtivo para comprar o
local (por simplificar, imos supoñer que toda a débeda será pagada nun único pago nese
momento futuro)
 En almacén compróbanse os seguintes datos:
➢ 5 frigoríficos BOX, de 400,00 € cada un.
➢ 7 lavadoras ElectroLux, de 300,00 € cada unha.
➢ 4 lavadoras AEG, de 250,00 € cada unha.
➢ 8 fornos eléctricos BOX, de 350,00 € cada un.
 Cos subministradores de electrodomésticos temos as seguintes contas pendentes:
➢ ElectroLux, SA: debemos 1.500,00 € a pagar en febreiro próximo
➢ BOX, SL: debemos 1.000,00 € a pagar en xaneiro e 1.800,00 € para pagar en
febreiro

Traballo a realizar:
IES AS FONTIÑAS
MÓDULO DE PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

Confecciona o inventario detallado ordenado por masas patrimoniais de ELECTROJESU, SL.

You might also like