You are on page 1of 10

UNIVERSIDADE de SANTIAGO DE COMPOSTELA

Facultade de CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS

ESTATÍSTICA EMPRESARIAL II

2º Grao de Administración e Dirección de Empresas

Dpto. de Economía Cuantitativa

Boletín de EXERCICIOS

Tema 1. Probabilidade

CURSO 2022-23

1
1.- Un economista considera que a "mellora" da situación económica é tan probable como o seu "estancamento"
e dúas veces máis probable co "empeoramento".

a) Que conxunto de resultados está implícito nesta afirmación? Como se chama ese conxunto de
resultados?
b) Cal é a probabilidade asociada a cada acontecemento elemental?
c) Que teoría da probabilidade pensas que se está a usar para asignar ditas probabilidades?

2.- A Seguridade Social está interesada en facer previsións a 10 anos dos pensionistas e das pensionistas. A
probabilidade de que unha muller viva 10 anos máis despois da súa xubilación é 1/3 e de que un home o faga é
1/4. Calcula a probabilidade de que:

a) Ambos vivan 10 anos máis. (Sol: 0.083)


b) Cando menos un deles viva 10 anos máis (Sol: 0.5)
c) Ningún viva 10 anos máis. (Sol: 0.5)
d) Só a muller viva 10 anos máis. (Sol: 0.25)
e) Soamente un dos dous sobreviva 10 anos máis (Sol: 0.417)
f) Que unha muller viva 10 anos máis se un home o fai (Sol: 0.33)

3.- Os expertos afirman que a probabilidade de que o índice xeral da bolsa suba é 0.4. Non obstante, se a
cotización do dólar se mantén estable, a probabilidade de que non suba é 0.9. Ademais a probabilidade de que
o dólar se manteña estable é 0.5.

a) Calcula a probabilidade de que o dólar se manteña estable ou suba a bolsa. (Sol: 0.85)
b) Calcula a probabilidade de que o dólar se manteña estable se sube a bolsa. (Sol: 0.125)
c) Son independentes os eventos “subir o índice xeral da bolsa” e “manterse o dólar estable”? E
incompatibles? Que indican estas respostas? (Sol: non, non)

4.- Unha enquisa sobre o equipamento dos fogares dunha cidade permite coñecer, en relación aos
acontecementos: R=“fogar con radio”, T=“fogar con televisión” e V=“fogar con vídeo”, as seguintes
probabilidades:
p(R) = 0.62 p(R  T) = 0.60 p(R  T  V) = 0.06
p(T) = 0.92 p(R  V) = 0.06
p(V) = 0.11 p(T  V) = 0.11

a) Son R, T e V acontecementos independentes? Que indica a túa resposta? (Sol: Non)


b) P (T ) , P(RV), P(R/T), p(R/TV) Fai unha frase coas solucións expresadas en termos porcentuais
(Sol.: 0.08; 0.67; 0.652; 0.545)
c) Cal é a porcentaxe de fogares con televisión ou radio? (Sol: 0.94)
d) Que probabilidade hai de que un fogar teña algún dos aparatos? (Sol: 0.94)
e) P ( R  T ) , P( R  T  V ), P( R T), P( R  T ) Fai unha frase coas solucións expresadas en termos
porcentuais (Sol: 0.06; 0.06; 0.32; 0.40)

5.- Estímase que a probabilidade de que un cliente pague con tarxeta de crédito ao realizar a súa compra é
de 0.1. Cal é a probabilidade de que entre os 13 clientes que hai agora nun establecemento comercial só paguen
dous con tarxeta de crédito? (Sol: 0.245)

Dpto. De Economía Cuantitativa 2


6.- A seguinte táboa relaciona a ideoloxía de 400 persoas maiores de idade coa actitude ante un novo sistema
de impostos previsto nos orzamentos do Estado sobre o patrimonio:

Ideoloxía\Actitude Favor En contra Indiferente


Esquerdas 120 20 20
Dereitas 50 60 30
Centro 50 40 10

a) Se se escolle unha persoa ao chou, calcula a probabilidade de que:


i. Estea a favor do novo sistema de impostos
ii. Estea a favor do novo sistema e teña ideoloxía de dereitas
iii. Sexa de dereitas ou estea a favor do novo sistema de impostos
iv. Sendo de dereitas, estea a favor do novo sistema de impostos
v. Estando a favor do novo sistema de impostos, sexa de dereitas.
(Sol: 0.55; 0.125; 0.775; 0.357; 0.227)
b) Son os acontecementos ser de esquerdas e estar a favor do novo sistema de impostos independentes?
(Sol: Non)

7.- Un sistema de alarma funciona en caso de que exista perigo. O perigo existe cunha probabilidade de 0.1.
Se hai perigo, a probabilidade de que a alarma funcione é de 0.95. Ademais, a probabilidade de que a alarma
funcione sen que exista perigo é 0.03. Calcula:

a) A probabilidade de que tendo funcionado a alarma, non haxa perigo. (Sol: 0.221)
b) A probabilidade de que haxa perigo e a alarma funcione. (Sol: 0.095)
c) A probabilidade de que non tendo funcionado a alarma, haxa perigo. (Sol: 0.0057)
d) É útil o sistema de alarma?

8.- Un investidor está a pensar en mercar un número grande de accións dunha empresa. O comportamento da
situación económica do país durante os meses anteriores é de grande interese para o investidor xa que se
observou certa relación entre a cotización dos valores e o PNB.

Se o PNB aumenta, a probabilidade de que suba o valor das accións é de 0.8. Se o PNB permanece constante,
a posibilidade de que aumente o valor das accións é de 0.2 e se o PNB baixa, nun 10% dos casos a cotización
das accións sube.

Para os seis meses seguintes, asígnanse probabilidades respectivas de 0.4, 0.3 e 0.3 aos acontecementos “PNB
sube”, “PNB permanece constante” e “PNB baixa”, determina:

a) Que posibilidades teñen as accións de aumentar a súa cotización? (Sol:0.41)


b) Probabilidade de que o PNB suba se subiron as accións. (Sol: 0.78)
c) Probabilidade de que suba o PNB e non suban as accións. (Sol: 0.08)
d) En situacións de crise económica, que pensas que debería facer o investidor?

Dpto. De Economía Cuantitativa 3


9.- Nunha empresa de transportes a probabilidade de que se accidente un camión é 0.1. Se o accidente se
produce, no 50% das veces pérdese a carga. Por outra banda, a frecuencia con que se perden as cargas sen
que se produza un accidente é do 4 por mil. Determina a probabilidade de que un camión:

a) que perde a carga, non teña accidente. (Sol: 0.067)


b) que non perde a carga, teña accidente. (Sol: 0.052)
c) O custo que ten para a empresa a perda da carga é importante, se desexas coñecer ata que punto a
empresas está a realizar o transporte de forma eficiente, que información empregarías na análise?

10.- Dun conxunto de empresas do sector industrial, o 25% ten inversión en I+D, o 50% ten ganancias e o
20% ten inversión en I+D e ganancias. Para unha empresa escollida aleatoriamente dentro do referido
sector:

a) Cal é a probabilidade de que teña inversión en I+D ou ganancias pero non ambas? (Sol. 0.35)
b) Cal é a probabilidade de que teña ganancias sabendo que ten inversión en I+D? (Sol. 0.8) Indica cal
é o acontecemento complementario.
c) Cal é a probabilidade de que teña ganancias e non teña inversión en I+D? (Sol. 0.3)
d) Pensas que as empresas, en xeral, invisten en I+D ou invisten en I+D porque teñen ganancias?

11.- Tres máquinas producen respectivamente nun día, 60, 30 e 10 pezas iguais. As probabilidades
respectivas que teñen de producir pezas defectuosas son 0.10, 0.20 e 0.40. Da produción almacenada e
mesturada ao final dun día escolleuse unha peza aleatoriamente que resulta non ser defectuosa. Ten moitas
posibilidades de ser da primeira máquina? De desexarse prescindir dunha máquina, cal consideras que é
menos eficiente? (Sol: 0.6429)

12.- A probabilidade de que, un día calquera, haxa un accidente automobilístico cando a estrada está mollada
é de 0.08, e cando non está mollada 0.005. Nun determinado mes a estrada estivo 18 días mollada e 12 non
mollada.

a) Calcula a probabilidade de que, un día calquera, estea mollada a estrada e non haxa accidente. (Sol:
0.552)
b) Se un día hai un accidente, cal é a probabilidade de que a estrada estea mollada? (Sol: 0.96)
c) Se foses o dono dunha empresa de seguros de automóbiles, que información consideras máis relevante
para determinar o prezo do seguro?

13.- Un taller dispón de dúas máquinas A e B. A máquina A ten 3 pezas e a B ten 8 que corresponden a
mecanismos de funcionamento independentes. Para que a máquina A funcione é necesario que o fagan as
tres pezas mentres que para que o faga a B chega con que o faga unha das pezas. Calcula:

a) A probabilidade de que funcione a máquina A se a probabilidade de que falle unha peza no seu
funcionamento é de 0.002. (Sol: 0.994)
b) A probabilidade de que non funcione a máquina B se a probabilidade de que falle unha peza de B é
0.10. (Sol: 10-8)
c) Unha mellora na maquinaria vai permitir dispor dunha nova máquina C con 2 pezas que para que funcione
chégalle con que o faga unha das pezas. A empresa estuda substituír as máquinas tipo A polas C. Cal
das dúas funciona mellor?

Nota: Suponse que o funcionamento das pezas das máquinas é independente entre elas.

Dpto. De Economía Cuantitativa 4


14.- O 6.7% das declaracións de IRPF presentan erros numéricos. Esta porcentaxe é do 90% entre as
declaracións fraudulentas e do 5% entre as non fraudulentas.

a) Determina a probabilidade de que unha declaración sexa fraudulenta. (Sol: 0.02)


b) Determina a probabilidade de que unha declaración con erros sexa fraudulenta. (Sol. 0.2687).
c) Que utilidade poden ter todos estes cálculos para o Ministerio de Facenda? Como cres que poder
obter a información?

15.- Interésanos estudar o fenómeno “actividade” da poboación galega (clasificando os resultados como
“persoa en paro” ou “persoa traballando”. A taxa de paro no total da poboación activa galega é do 16%.
Seleccionamos 3 persoas ó azar. Determina:

a) O espazo mostral do fenómeno “actividade”. Cres que é posible asumir o principio de simetría?
b) A probabilidade de que, das tres persoas seleccionadas, exactamente 2 estean paradas (Sol:
6,45%).
c) Que metodoloxía de asignación da probabilidade crees que está detrás do dato que se dá para a
taxa de paro?

16.- Unha determinada compañía pretende sacar ó mercado un novo modelo de ordenador. Segundo o
estudo levado a cabo, a probabilidade de que o produto teña éxito é de 0,8 se a competencia non
comercializa un produto similar, e é de 0,3 se o comercializa. Os expertos da compañía estiman en 0,4 a
probabilidade de que a competencia comercialice o produto. Determina:

a) É posible que o produto teña éxito? (Sol: 60% de posibilidades)


b) Sabendo que o produto tivo éxito, recalcula a probabilidade de que a competencia non comercialice
un produto similar. Que utilidade pode ter esta probabilidade?

17.- Unha empresa de traballo temporal realizou un estudo sobre os tipos de emprego que solicitan os
estudantes de bacharelato, formación profesional e universidade. No estudo clasifícanse ós solicitantes
de emprego en ‘cualificados’ ou ‘non cualificados’ para o traballo que solicitan, obtendo os seguintes
resultados: só o 25% están cualificados para o traballo que solicitan, dos cales, un 50% son universitarios,
un 30% de FP e un 20% de bacharelato. Entre os ‘non cualificados’ a situación é diferente: deles o 20%
son universitarios, o 40% de FP e o 40% de bacharelato.

a) Calcula a probabilidade de non estar cualificado para o traballo solicitado se es universitario. (Sol:
0.545)
b) Unha persoa ten os tres tipos de estudos (bacharelato, formación profesional e universitarios).
Que formación sería máis aconsellable que presente para ser considerado “cualificado” e poder
optar aos postos de traballo ofertados? (Sol: Universitarios)

18.- Unha empresa vende o 60% dos seus produtos a clientes antigos e o 40% a clientes novos. Da
información dos seus ficheiros, sábese que o 70% dos clientes antigos pagan con tarxeta de crédito,
mentres que só o 20% dos novos clientes pagan con tarxeta. Seleccionando ao chou un cliente,

a) Cal é a probabilidade de que pague con tarxeta? (Sol: 0.5)


b) Sabendo que pagou con tarxeta, cal é a probabilidade de que o cliente sexa antigo? (Sol: 0.84)
c) Cal é a probabilidade de que pague con tarxeta ou sexa cliente antigo? (Sol: 0.68)
d) Son incompatibles os acontecementos “pagar con tarxeta” e cliente antigo”? Son independentes T
e A? Xustifica e interpreta as respostas. (Sol: Non, non)

Dpto. De Economía Cuantitativa 5


19.- Unha empresa de construción sabe que só o 20% de todos os traballos que realiza os termina no
prazo estipulado. Nos traballos que termina en prazo, no 40% deles o custe é superior ó orzamentado, e
nos que non termina en prazo, o custe é superior ó orzamentado no 80% deles. Elixido un traballo ó chou,
o propietario da empresa quere saber cal é a probabilidade de:

a) Non superar o custe orzamentado (Sol: 0.28)


b) Rematalo en prazo e que non supere o custe orzamentado (Sol: 0.12)
c) Rematalo en prazo ou que non supere o custe orzamentado (Sol: 0.36)
d) Se non supera o presuposto, que porcentaxe de veces da rematado a tempo? (Sol: 0.43)
e) Que pensas da eficiencia da empresa?

20.- O correcto etiquetado dos produtos dunha marca é un sinal de calidade cara aos consumidores pois
estanse a producir devolucións de artigos mal etiquetados. Nunha empresa etiquétanse os produtos en
tres cadeas de montaxe. O 20% da produción embálase na primeira, o 30% na segunda e o resto na terceira.
O departamento de control de calidade determinou que non se etiqueta correctamente un 2% na primeira
cadea, un 1% na segunda e un 1.5% na terceira.

a) Que porcentaxe de produtos etiquétanse defectuosamente? (Sol: 1.45%)


b) No caso de ser devolta un produto etiquetado defectuosamente, de que cadea de montaxe é máis
probable que sexa orixinal? (Sol: Terceira)
c) Que cadea de montaxe é máis eficiente co etiquetado? (Sol: Segunda)

21.- A seguinte información foi elaborada con base nos datos do Sergas sobre Falecementos pola Covid
dende o inicio da pandemia para Galicia (datos a 31/10/2020).

A B C D E F G H
Poboación Nº Poboación por Falecidos Covid Falecidos Covid
Idade por idade falecidos tramos de sobre o total de sobre poboación
(*) Covid idade falecidos (**) en cada idade
tanto tanto tanto tanto
% %
por un por un por mil por un
0-29 737.702 0 26,6 0,266 0 0,000 0,00 0,0000
30-49 861.699 4 31,1 0,311 0,4 0,004 0,00 0,0000
50-59 372.761 26 13,4 0,134 2,9 0,029 0,07 0,0001
60-69 328.729 56 11,9 0,119 6,2 0,062 0,17 0,0002
70-79 270.986 167 9,8 0,098 18,4 0,184 0,62 0,0006
80-89 167.818 412 6,1 0,061 45,3 0,453 2,46 0,0025
90 e máis 33.234 245 1,2 0,012 26,9 0,269 7,37 0,0074
Total 2.772.929 910 100,0 1 100,0 1
Fonte de datos: (*) Poboación: IGE. Elaboración propia a partir do censos de poboación e vivendas
2011 do INE. (**) Falecementos Covid (%): Sergas

a) Interpreta en termos de probabilidades as columnas C, E e G. Consideras se algunha desas columnas


corresponde a unha partición exhaustiva e excluínte do espazo mostral? Nalgunha desas columnas
se están a dar probabilidades condicionadas?
b) Obter a proporción de falecidos por Covid no total da poboación galega. Interpreta o resultado.
Para realizar este cálculo, utilizaches algún dos teoremas da Tª axiomática da probabilidade? De
ser o caso, comenta a súa aplicación.

Dpto. De Economía Cuantitativa 6


22.- Nun determinado país, o 90% das pequenas empresas, o 40% das medianas e un 60% das demais
están de acordo con que o Goberno aposte por unha produción enerxética máis respectuosa coa natureza
e obrigue a eliminar o uso do plástico dos seus procesos produtivos e comerciais. Segundo o último
directorio de empresas, o 40% das empresas eran medianas e un 45% pequenas.

a) Obter a proporción de electores que se están de acordo con que o Goberno aposte por unha
produción enerxética máis respectuosa coa natureza. (Sol: 0.655)
b) Seleccionado ó chou unha empresa, resultou que non está de acordo con que o Goberno aposte por
unha produción enerxética máis respectuosa coa natureza, cal é a probabilidade de que sexa de
tamaño mediano? Interpretar o resultado. (Sol: 0.6957)

23.- Nunha clase da Facultade de ADE de 60 alumnos hai 35 alumnos que aprobaron estatística, 30 que
aprobaron contabilidade e 10 que non aprobaron ningunha das dúas materias. Elíxese ao chou un alumno da
clase:
a) Probabilidade de que aprobara estatística e contabilidade (sol. 0,25)
b) Sabendo que aprobou a estatística, probabilidade de que aprobara a contabilidade (sol. 0,4286)
c) Son incompatibles os acontecementos aprobar estatística e aprobar contabilidade? (sol. non)
d) Son independentes? (sol. non)

24.- Extraemos ao chou unha carta dunha baralla española de 40 cartas. Sexa A o acontecemento extraer
rei e B=extraer unha copa. Describe textualmente os seguintes acontecementos: a) AB, b) AB, c) A
B , d) A  B , e) A-B, f) A - B , g) (AB)(A B ).

Calcula, ademais, a probabilidade de que a carta extraída sexa: h) un as, i) a sota de copas , k) o tres de bastos
ou o seis de espadas, l) un ouro, m) de calquera pao agás ouros, n) nin un catro nin un basto, ñ) un catro ou un
ouro. (Sol. 1/10; 1/40; 1/20; 1/4; 3/40; 27/40; 13/40)

25.- Un médico posúe un test para diagnosticar o cancro. Tras moitos recoñecementos, comprobouse que o
test resulta positivo para unha persoa que ten cancro nun 95.5% dos casos, aínda que é positivo para unha
persoa sen cancro no 5% dos casos. Se soamente o 1% da poboación ten cancro, cres que é útil o test? (Sol:
non)

26.- Pasada a data dun exame, catro estudantes preséntanse ante o profesor coa escusa de que non
puideron asistir ao exame porque lles rebentara un pneumático do coche no que viaxaban. O profesor
decide poñerlles un novo exame, incluíndo no mesmo unha pregunta na que lles pide que lle indiquen cal dos
catro pneumáticos foi o que rebentou. No caso de que os alumnos lle tiveran contado unha mentira ao
profesor, e supoñendo que non teñen acordada unha resposta común, cal é a probabilidade de que os catro
estudantes coincidan na resposta? (Sol. 4/256)

27.- Un individuo regresa á súa casa ás 7 da mañá. Soamente pode abrir a porta cunha das 5 chaves que ten
no peto. O portal da súa casa está escuro e non pode distingui-las chaves entre si. Só se lle ocorren dous
métodos para abrir a porta. O mellor método (método 1) sería tentar coas chaves dunha nunha e ir separando
as que non abran a porta. O método 2 consiste en probar ao chou as chaves sen separalas ata abrir a porta.
Estímase que a probabilidade de empregar o método 1 é do 10%.

a) Cal é a probabilidade de abrir a porta ao terceiro tento? (Sol: 0.1352)


b) Se abre a porta o terceiro tento, que xeito de facelo é máis probable que teña empregado? (Sol:
método 2)

Dpto. De Economía Cuantitativa 7


28.- Que é máis probable: sacar cando menos un seis en 4 tiradas cun só dado, ou sacar cando menos un
dobre seis en 24 tiradas con dous dados? (Pregunta do Cabaleiro de Mere). Sol. o primeiro (prob=0.518) é
máis probable có segundo (prob=0.491)

29.- Cal é a probabilidade de ter 6 acertos na lotería primitiva cunha aposta simple. (solución 7,15*10-08).

Nota: Para a resolver o problema hai que determinar cantas agrupacións de 6 números distintos pódense
obter cos 49 números dispoñibles sen que importe a orde na que saian no sorteo. Se se empregan técnicas
de combinatoria corresponde coas combinacións de n elementos sen repetición tomados de r en r que se
𝑛 𝑛!
obtén como o número combinatorio ( ) = .
𝑟 𝑟!(𝑛−𝑟)!

30.- Realizada a proba de embarazo a un grupo de 100 mulleres obtéñense os seguintes resultados:

Resultado positivo Resultado negativo


Muller embarazada 80 5
Muller non embarazada 3 12

a) Seleccionando ao chou unha muller:


i. cal é a probabilidade de que o resultado sexa negativo ou que a muller non estea
embarazada? (Sol. 0.2)
ii. se a muller seleccionada está realmente embarazada, cal é a probabilidade de que a proba
dea positiva? (Sol. 0.94)
b) Seleccionando ao chou dúas mulleres:
i. cal é a probabilidade de que ambas probas dean resultado positivo? (Sol.0.6875)
ii. cal é a probabilidade de que ambas estean embarazadas? (Sol. 0.72)
c) Seleccionando ao chou tres mulleres, cal é a probabilidade de que as tres obtiveran un resultado
negativo? (Sol. 0.0042)

31.- Sexa o experimento consistente en tirar conxuntamente un dado e unha moeda.

a) Define o espazo mostral asociado a este experimento


b) Asigna probabilidades ós acontecementos do espazo mostral.
c) Que metodoloxía para a asignación de probabilidade empregas?

32.- Supoñendo que é igualmente posible ter un neno que unha nena e que o xénero de calquera fillo non
inflúe no de calquera outro, para unha parella con 3 fillos, determina:

a) Os posibles resultados do fenómeno (espazo mostral)? Cres que é posible asumir o principio de
simetría ou equiprobabilidade?
b) Probabilidade de que exactamente 2 sexan nenos (Sol: 0.375)
c) Probabilidade de que cando menos 1 sexa nena (recoméndase traballar co acontecemento
complementario) (Sol: 0.875)
d) Que metodoloxía de asignación de probabilidade estás a usar?

Nota: O nº de posibles resultados se pode calcular como n r sendo n o nº de resultados que pode tomar o
fenómeno (sexo nun fillo) e r o nº de observacións do fenómeno realizadas. Con técnicas de combinatoria
corresponde coas variacións con repetición de n elementos tomados de r en r.

Dpto. De Economía Cuantitativa 8


33.- Nunha cidade lense 3 xornais A, B e C. O 30% da poboación le o xornal A, o 20% o B e o 15% o C. Ademais,
o 12% da poboación le o A e B, o 9% o A e C e o 6% o B e C. Finalmente, o 3% le os tres xornais. Pídese:

a) A porcentaxe de xente que le polo menos un dos tres xornais. (Sol: 0.41)
b) A porcentaxe de xente que só le A. (Sol: 0.12)
c) A porcentaxe de xente que le B ou C pero non A. (Sol: 0.11)
d) A porcentaxe de xente que non le ningún xornal. (Sol: 0.59)

34.- Dúas empresas (Ferrovias e ACH) especializadas na realización de obra pública compiten dende hai
tempo na obtención de contratos da Administración. ACH desexa valorar se debe continuar a presentarse
ás ofertas de contratación pública xa que o esforzo de elaboración da oferta consume moitos recursos
humanos e económicos. No caso de que Ferrovias se presente, ACH ten obtido a adxudicación nun 30% das
ocasións e se Ferrovias non se presenta, nun 60%. Do pasado coñécese que Ferrovias se presenta ao 80%
das obras.

a) Ten ACH moitas posibilidades de adxudicación das obras? (Sol: 0.36)


b) Nas obras que ten realizado para a Administración ACH, realmente ten sido Ferrovias
competencia? (Sol: 0.67)

35.- Nos últimos tempos hai un interese crecente sobre as macro-explotacións gandeiras na opinión
pública polas condicións e tratamento no coidado do gando. Nunha determinada Comunidade Autónoma, o
20% das explotacións gandeiras teñen máis de 1 hectárea. Os/As propietarios/as do 60% das explotacións
da Comunidade son persoas envellecidas. Ademais o 55% das explotacións gandeiras que superan a
hectárea teñen como titular unha persoa envellecida.

a) Cal é a probabilidade de que unha explotación desa Comunidade Autónoma escollida aleatoriamente
teña máis dunha hectárea e o/a seu/súa dono/a sexa envellecido/a? (Sol:0.11)
b) Cal é a porcentaxe de ocasións nas que unha explotación desta Comunidade cun/unha dono/a
envellecido/a ten máis dunha hectárea? (Sol: 18.33)
c) Son independentes estatisticamente o tamaño da explotación e a idade dos/as titulares? (Sol:
Non)
d) Son incompatibles o tamaño da explotación e a idade dos/as seus/súas titulares? (Sol: Non)

36.- Un estudo sobre a incorporación de traballadores e traballadoras ao emprego revela que o 65% das
empresas contratan a persoas sen experiencia profesional, o 50% contratan a persoas con experiencia
profesional e o 20% soamente a persoas sen experiencia profesional.

a) Que porcentaxe de empresas contrata aos dous tipos de persoas?


b) Se eliximos unha empresa ao chou, cal é a probabilidade de que contrate a algún dos dous tipos de
traballadores/as?
c) Se eliximos unha empresa ao azar que contrata a persoas sen experiencia profesional, cal é a
probabilidade de que tamén contrate a persoas con experiencia?
d) Que porcentaxe de empresas soamente contrata a un dos dous tipos de persoas?

Dpto. De Economía Cuantitativa 9


37.- O datos publicados amosan que 8 de cada 20 contratos realizados foron indefinidos, o 24% das
persoas contratadas son menores de 25 anos e o 23% das/os contratadas/os son menores de 25 anos e
tiveron un contrato indefinido.

a) Que porcentaxe dos/as contratados/as nin é menor de 25 anos nin tivo un contrato indefinido?
b) Cal é a probabilidade de que unha persoa contratada que non teña menos de 25 anos teña sido
contratada como indefinida?
c) Son independentes os sucesos ser menor de 25 anos e ter un contrato indefinido?
d) Que porcentaxe dos contratos foron indefinidos e para persoas non menores de 25 anos?
e) Que parte dos contratos indefinidos realizados son para menores de 25 anos?

Dpto. De Economía Cuantitativa 10

You might also like