You are on page 1of 7

Dpto de Economía Cuantitativa

ESTATÍSTICA ECONÓMICA II
2º CURSO – Grao en Economía

Boletín de exercicios

Tema 7. Contrastes non paramétricos

Curso 2023-24

Tema 7 Departamento de Economía Cuantitativa 1


1.- Unha multinacional está pensando en pechar unha das 3 naves que ten. As 3 naves teñen
a mesma estrutura e o volume de produción tería que ser semellante. A táboa seguinte
recolle a orixe da produción total do último mes:

Nave
A B C
90 93 117

Cun 5% de significación

a) Pódese considerar que as 3 naves teñen unha produción igual?


b) Pódese considerar que a nave C ten un 20% máis de produción que as outras dúas?

2.- Os datos seguintes corresponden ás 20 observacións dunha mostra aleatoria simple dos
rendementos brutos das pezas producidas. Comproba se pódese aceptar a hipótese de que
proveñen dunha distribución Normal de media 3 e desviación típica 2.

0,181
0,212
0,923
1,904
2,136
2,249
2,777
3,156
3,588
3,877
4,024
4,031
4,216
4,295
4,43
4,477
4,67
5,246
5,47
6,124

Tema 7 Departamento de Economía Cuantitativa 2


3.- O tipo de traballo presenta, á xuízo dos/as responsables de recursos humanos dunha
empresa, relación coa taxa de absentismo laboral por sexos motivado seguramente polo tipo
de actividades a desenvolver. Recolléronse datos relativos ao absentismo laboral dunha
mostra de 200 traballadores/as. Decide sobre esta suposición ao 5% de significación.

Grao de absentismo
Tipo I Tipo II Tipo III Tipo IV
Homes 30 60 25 15 130
Mulleres 40 55 60 15 170
70 115 85 30 300

4.- A seguinte táboa amosa a relación entre produción de mexillón e a posición das bateas
nas rías galegas.

Inferior ao promedio Promedio Superior ao promedio


Cara Norte 50 60 70 180
Centro 40 55 20 115
Cara Sur 40 50 15 105
130 165 105 400

Traballando ao 5% de significación, pódese concluír que hai algunha relación entre a posición
das bateas e a súa produción?

5.- A seguinte información presenta o número de artigos vendidos polos/as 20


traballadores/as dunha tenda. Pódese aceptar que a mediana de artigos vendidos é de 14 ao
5% de significación?

20 25 12 9 14 11 16 15 13 17 10 5 21 7 18 11 22 8 9 19

6.- 3 máquinas iguais producen parafusos sendo a única diferenza entre elas o/a operario/a
que as manexa diariamente. Existen sospeitas de que a produción de parafusos defectuosos
non é semellante nas 3 máquinas. Escolleuse un día unha mostra de 225 unidades de cada
máquina.

Máquina 1 Máquina 2 Máquina 3


Defectuosos 25 20 35 80
Non defectuosos 200 205 190 595
225 225 225 675

a) Determina si la proporción de parafusos defectuosos é semellante nas 3 máquinas


cun nivel de significación de 0.05.
b) De ser igual a proporción de defectuosos, cal sería?

Tema 7 Departamento de Economía Cuantitativa 3


7.- Unha compañía cree que o rendemento profesional dos/as traballadores/as garda relación
co seu nivel académico durante os estudos. Decidiu tomar unha mostra de persoas de cada
nivel académico e comparalo co seu rendemento na empresa.

Sobresaínte Notable Aprobado


Baixo 25 30 50 105
Normal 50 35 40 125
Alto 60 35 20 115
135 100 110 345

Determina ao 5% de significación se a distribución do rendemento profesional é a mesma en


cada nivel académico.

8.- A publicidade dun novo artigo dirixiuse a toda a poboación. Dos/as 30 primeiros/as
compradores/as rexistrouse nun arquivo se eran mulleres ou homes para decidir ser as
seguintes campañas publicitarias deberían focalizarse cara un grupo específico de persoas.
Pensas que as compras dos/as primeiros/as compradores/as foron realizadas aleatoriamente
por ambos sexos?

MHHMMMHHMMHMHHMMHHHMMMMHHMMMHH

9.- Os seguintes datos amosan as cotizacións dun valor na Bolsa durante 24 días consecutivos
dun mes:

14 12 15 18 18 17 13 20 19 17 15 12 15 15 18 15 13 19 20 17 18 18 19 19

Se a cotización media dese valor no mes foi de 16.5 euros, pensas que a oscilación que tivo o
valor en relación á súa media (xi − x̅) foi aleatoria?

10.- Os seguintes datos amosan as cotizacións en euros dun valor na Bolsa durante 24 días
seleccionados ao azar nun semestre:

14 22 15 18 18 17 21 20 19 17 15 12 19 15 18 15 13 19 20 17 18 18 19 19

A entidade está satisfeita co comportamento da empresa nas sesións da Bolsa pois considera
que a cotización mediana durante o semestre foi de 19 euros. Ao 5% de significación,
coincides coa afirmación da entidade?

11.- Das 6 previsións de crecemento económico para España elaboradas por organismos
oficiais, 4 están por riba de 1.5 puntos. A cifra de 1.5 puntos é a mediana das 6 previsións.
Pode o goberno de España aceptar que o crecemento económico será de 1.5 puntos e facer
previsións con base nesa cifra?

12.- A seguinte información presenta as vendas medias (en euros) dos/as 20 traballadores/as
dunha tenda. Pódese aceptar que a mediana das vendas é de 14.5 euros ao 5% de
significación?

20.5 24.5 16 6.5 11.5 17.6 14.5 11 10.3 19 9.5 9 13.9 8.4 17.1 8.2 22 21 5 12.3

Tema 7 Departamento de Economía Cuantitativa 4


13.- O tempo en horas semanal de uso da rede informática dunha mostra de 22 persoas do
persoal de servizos dunha empresa é:

18,0 17,9 20,2 19,0 17,5 20,9 17,0 16,4 16,0 19,0 15,1
15,0 14,5 24,0 13,0 12,9 26,0 27,0 11,0 10,0 9,0 8,0

Pódese aceptar que a mediana do tempo de uso é de 19 horas semanais ao 5% de significación?

14.- Unha mostra 14 persoas foron entrevistadas sobre as súas preferencias en relación a 2
produtos A e B á venda valorando a calidade do produto coa mesma escala de gradación. Na
análise da información, observouse que 11 dos/as entrevistados preferiron o produto A
valorándoo con máis alta puntuación. Pódese concluír, ao 5% de significación, que o produto
A ten distinta valoración que o B?

15.- Unha entidade financeira estuda cambiar o sistema de valoración de risco dos/as
clientes para a concesión de liñas de crédito financeiro. O sistema de valoración dos dous
sistemas corresponde cunha escala 0-10 na que o 10 amosa un alto nivel de risco e
desaconsella outorgar a liña de crédito. A valoración coas dúas ferramentas dispoñibles de
21 clientes foron as recollidas nas seguintes táboas:

Risco 1 3,5 3,7 4,2 3,1 3,3 4,7 5,2 5,0 6,0 3,9 4,3
Risco 2 5,0 7,0 4,4 6,0 8,0 4,8 5,7 1,6 2,3 7,0 5,3

Risco 1 3,4 3,4 4,1 4,9 4,0 3,4 5,7 5,3 3,2 4,5
Risco 2 4,0 5,0 5,1 5,0 1,4 2,0 6,1 2,8 6,3 7,9

Traballando ao 5% de significación, cres que as dúas plataformas realizan unha valoración


semellante do o risco outorgado aos/ás clientes?

16.- As condicións e o ambiente do espazo de traballo suponse que inflúe no rendemento


das/os traballadoras/es. O persoal dunha empresa realiza as mesmas funcións en 2 oficinas
distintas. Seleccionouse unha mostra de 15 traballadoras/es e rexistrouse o nivel de vendas
realizado por cada unha/un delas/es en 2 oficinas (A e B). Os datos obtidos (centos de euros)
recóllense na seguinte táboa. Cun 5% de significación, pódense considerar distintas as vendas
nos dous locais?

Traballadora/or
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15
A 20,1 24,9 22,3 27,4 24,6 20,2 23,9 21,4 25,7 28,9 15,1 20,4 31,1 24,4 35,8
B 22,2 28,9 25,1 29,4 25,2 22,8 27,4 22,5 27,3 33,3 24,1 27,5 16,7 28,6 26,6

Tema 7 Departamento de Economía Cuantitativa 5


17.- Existe a crenza xeneralizada de que os propietarios de pisos escrituran ante notario por
un valor inferior distinto ao custe real da vivenda. Unha inspección pericial levada a cabo en 14
pisos tomados ao chou ofreceu os seguintes resultados:

Valor escriturado Valor real


190 235
260 270
160 195
280 220
400 370
250 300
360 470
300 315
150 205
390 700
430 400
340 410
170 225
410 510

Que conclusión sobre a crenza poderíamos extraer da mostra, operando a un nivel de


significación do 5%?

18.- O rendemento nos coches eléctricos de dous cargadores distintos que se basean en enerxía
eólica e solar é unha cuestión de debate entre os/as usuarios/as deste tipo de automóbiles.
Nunha mostra de 16 coches, determinouse o número de km que pode recorrer cada un nun
circuíto pechado cunha carga temporal semellante empregando os dous tipos de cargadores.
Pódese considerar semellante o rendemento dos coches?

Eólico Solar
201 185
236 218
220 226
192 171
212 213
248 237
162 171
186 150
219 200
242 211
232 228
250 237
150 170
222 175
173 180
180 190

Tema 7 Departamento de Economía Cuantitativa 6


19.- Cos datos do exercicio 18. Pódese considerar que os rendemento dos cargadores teñen
relación?

20.- As diferenzas salariais entre homes e mulleres no sector da construción seguen estando a
debate entre a poboación pois considérase que as mulleres seguen a ter salarios distintos. Os
salarios anuais de 2 mostras de homes e mulleres da mesma categoría e ocupación recóllense na
táboa. Pódese considerar certa a afirmación sobre as diferenzas entre homes e mulleres?

Homes Mulleres
20,1 18,5
24,0 15,2
22,0 17,9
19,2 17,1
21,2 21,3
24,8 23,7
16,2 17,0
18,6 16,0
21,9 20,0
24,2 21,1
23,2 16,7
25,0 21,0
15,0
22,2
17,3
18,0

21.- O nivel da formación na poboación é un factor relevante para o acceso ao mercado de


traballo. Nunha cidade seleccionáronse 2 mostras de habitantes, unha nos barrios céntricos
e outra nos periféricos. As persoas seleccionadas fixeron unha proba dirixida a determinar
o seu nivel de formación profesional cara ás actividades laborais máis demandadas nesa
cidade. Os resultados obtidos recóllense na seguinte táboa :

Centro Periferia
25,0 22,2
24,9 15,0
29,0 25,1
27,0 16,0
24,6 20,0
20,2 14,3
26,2 22,4
21,4 22,5
25,7 27,3
33,0 15,9
15,1 24,1
23,0 27,5
31,1 16,7

Cun 5% de significación, pódense considerar diferentes os niveis de formación entre os dous


barrios?

Tema 7 Departamento de Economía Cuantitativa 7

You might also like