You are on page 1of 25

TEMA 17: ESPAÑA EN DEMOCRACIA (II)

1. OS GOBERNOS SOCIALISTAS DE FELIPE GONZÁLEZ. 1982 - 1996


1.1. Integración de España na política internacional
1.2. O Estado do benestar
1.3. Axuste e reactivación económica
1.4. Escándalos e desprestixio socialista

2. OS GOBERNOS CONSERVADORES DE XOSÉ MARÍA AZNAR. 1996 -


2004
2.1. Crecemento, privatización e moeda única
2.2. Reformas do programa conservador
2.3. A guerra de Iraq e o terrorismo islamista

3. OS GOBERNOS SOCIACIALISTAS DE XOSÉ LUÍS RODRÍGUEZ


ZAPATERO. 2004 - 2011
3.1. Reformas do programa socialista

4. OS GOBERNOS CONSERVADORES DE MARIANO RAJOY BREY. 2011-


2018
4.1. Medidas contra a crise
4.2. Os problemas de corrupción
4.3. Novas forzas políticas
4.4. Relevo na xefatura do Estado
4.5. O novo mapa político
4.6. O proceso independentista catalán

5. OS GOBERNOS SOCIALISTAS DE PEDRO SÁNCHEZ PÉREZ-


CASTEJÓN. 2018-2023

6. A GALICIA AUTONÓMICA
4.1. Preautonomía e Estatuto
4.2. Os Gobernos Autonómicos
4.3. Desequilibrado desenvolvemento económico

7. TEXTOS

8. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


22. A consolidación da democracia: da crise da UCD aos gobernos do PSOE
1
TEMA 17: ESPAÑA EN DEMOCRACIA (II)

• Triunfo do PSOE en catro eleccións xerais consecutivas


-Permiten ao PSOE gobernar entre 1982 – 1996
-Gobernan en solitario entre 1982 e 1993
-Entre 1993 e 1996 gobernan co apoio dos nacionalistas vascos e
cataláns
-Felipe González ocupa a presidencia de Goberno
-Consolídase a democracia en España
-Caracterizáronse pola moderación política na liña da socialdemocracia
europea

• En 1989 fúndase o Partido Popular


-Créase a partir de Alianza Popular e outros partidos de centrodereita
-Gañan as eleccións de 1996 con maioría simple
-Gobernan co apoio parlamentario de CiU, PNV e Coalición Canaria
-Nas eleccións de 2000 conseguen maioría absoluta
-O seu triunfo significaba a consolidación da alternancia democrática en
España

• Os atentados na estación de Atocha en marzo de 2004 deron un xiro ás


eleccións a Cortes xerais
-O PSOE dirixido por Rodríguez Zapatero volve a ocupar o Goberno

• A partir de 2008 éntrase nunha crise financeira e económica internacional


-Este empeoramento da situación económica obriga a Rodríguez Zapatero a
adiantar as eleccións a novembro de 2011
-O PP dirixido por Mariano Rajoy gaña con maioría absoluta

1. OS GOBERNOS SOCIALISTAS DE FELIPE


GONZÁLEZ. 1982 - 1996

1.1. INTEGRACIÓN DE ESPAÑA NA POLÍTICA INTERNACIONAL

• Durante os Gobernos socialistas → consolidación definitiva da presenza de


España nos organismos internacionais

2
• Entrada na CEE
-1979 → solicítase novamente a entrada de España na CEE
-Negociacións lentas e complexas → conta coa oposición de Francia que
teme a competencia española no sector
agrícola
-1 xaneiro 1986 → España entra na CEE como membro de pleno dereito
-Melloras que supuxo a entrada
-Modernización e estabilidade da economía
-Apertura e expansión cara o exterior das empresas españolas
-Recepción de axudas económicas que permitiron
-Construción de numerosas infraestruturas
-Renovación dos sectores produtivos
-Problemas que supuxo a entrada → afectaron ao sector pesqueiro e
agroalimentario
-Restrición da produción e imposición de cotas
-Limitaron o desenvolvemento temporal dalgúns sectores de gran
potencial económico (viño, pesca, leite, aceite…)

• Entrada na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN/NATO)


-España entra na OTAN durante o Goberno de Calvo Sotelo
-Contou coa oposición do PSOE
-A posición dos socialistas cambia cando ocupan o Goberno
-Referendo respecto da permanencia de España na OTAN (marzo 1986)
-O PSOE pide o Si á permanencia
-Triunfo do Si (52,6%)
-A entrada permitiu a redución de efectivos e instalacións militares
estadounidenses

• O novo exército e as súas misións internacionais


-Lei Orgánica de Defensa (1984)
-Reafirmaba o poder civil sobre o militar (os mandos militares pasan a
depender do Goberno)
-1985 → regulamentación da obxección de conciencia en relación ao servizo
militar
→ entrada da muller no exército
-Participación das tropas españolas coas da ONU en misións de paz
-1993 → incorporación do exército español ao euroexército

3
1.2. O ESTADO DO BENESTAR

• O aumento dos orzamentos dedicados ao gasto social, contribuíron á


consolidación do Estado do benestar
-Extensión das prestacións sociais
-Asistencia sanitaria para todos os cidadáns (Lei de sanidade, 1986)
-Establecemento das pensións non – contributivas (para persoas que
non cotizaron con anterioridade por falta de recursos)
-Revalorización automática das pensións segundo o IPC

• Universalización e democratización da educación


-Gratuidade da ensinanza
-Ampliación da obrigatoriedade da escolarización (dos 14 aos 16 anos)

• Reformas dos códigos legais para adaptalos aos mandatos da Constitución


-Establecemento do habeas corpus1
-Despenalización do aborto en tres supostos (violación, perigo da nai,
malformación do feto)
-Aprobación dun novo Código Penal que tipificaba novos tipos de delitos
(acoso sexual, agresións ao medioambiente, branqueo de diñeiro,
publicidade enganosa)

1.3. AXUSTE E REACTIVACIÓN ECONÓMICA

• Durante os Gobernos socialistas acadouse un nivel de desenvolvemento


próximo ao dos países de Europa occidental

• Fases da evolución da economía española:


-Política de axuste (1982 - 1985)
-Estivo determinada por → a necesidade de converxencia con Europa
→ crise económica herdada
-Reconversión industrial → afectou ao sector naval, mineiro e siderúrxico
→ supuxo → peche de empresas
→ incremento do desemprego
→ desmantelamento industrial

1 Habeas corpus: garantía da liberdade individual fronte a detencións e arrestos arbitrarios

4
-Prodúcese a expropiación e privatización de RUMASA para evitar a súa
quebra
-Crecemento económico (1985 - 1990)
-España aproveita o contexto internacional de crecemento económico
-Aumentan os ingresos procedentes do turismo
-Crece a produción industrial
-Aspectos negativos → inflación
→ moderación salarial contestada polos sindicatos
-Duro enfrontamento entre o sindicato socialista UXT e PSOE
-Causa → decisión do Goberno de prolongar os anos de cotización e
modificación das condicións para percibir a xubilación
-UXT e CC OO → convocan a primeira folga xeral (14-12-1988)
-Recesión (1991 - 1993)
-Causa → corresponde a un período de recesión internacional
→ problemas internos: balanza comercial deficitaria, elevado
déficit público
-Novo crecemento (1993 - 1996)
-O Tratado de Maastricht (1992) obrigou a España a facer reformas
económicas que permitisen adoptar a moeda única
-Entre estas reformas destaca a privatización de empresas públicas
-Nalgunhas conserváronse paquetes de accións que manteñen a
participación pública (Endesa, Repsol, Telefónica…)
-Os importantes ingresos destas vendas reduciron
considerablemente o déficit público
-Estas empresas iniciaron unha forte expansión internacional
-Reformouse o mercado de traballo
-Aplicáronse medidas liberalizadoras → redución do custo do
despedimento
→ creación de empresas de
traballo temporal
-Estas medidas contaron coa oposición dos sindicatos

1.4. ESCÁNDALOS E DESPRESTIXIO SOCIALISTA

• As maiorías absolutas permitían → alta estabilidade dos Gobernos


→ redución e case desprezo da vida
parlamentaria

5
• No principio dos 90 comezan os problemas e escándalos políticos
-Corrupción de cargos públicos nomeados polo PSOE
-Son acusados de beneficiarse de información privilexiada, malversación
ou apropiación de fondos públicos (caso máis grave: Luís Roldán)
-Financiamento irregular do PSOE → caso Filesa
-En España o financiamento dos partidos → depende de fondos públicos
→ as achegas privadas están
limitadas
-Filesa → trama de empresas que recadaba comisións ilegais para
financiar gastos electorais do PSOE (denunciada en 1991)
-Terrorismo de Estado → GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación)
-Creados por altos cargos políticos e policiais
-Atentaron contra ETA e os seus simpatizantes entre 1983 - 1987

• Reaccións a esta situación


-Intensifícanse as críticas da oposición
-Os nacionalistas cataláns retiran o seu apoio
-As Cortes non aprobaron o orzamento de 1996
-Felipe González adianta as eleccións a marzo de 1996

2. OS GOBERNOS CONSERVADORES DE XOSÉ MARÍA


AZNAR. 1996 - 2004

• 1996 – 2000 → o PP gaña as eleccións


-Xosé María Aznar é nomeado presidente
-Ten que contar co apoio dos nacionalistas vascos, cataláns e canarios
-Entre 2000 – 2004 → a maioría absoluta permítelle gobernar en solitario

2.1. CRECEMENTO, PRIVATIZACIÓN E MOEDA ÚNICA

• Forte crecemento económico


-Causas → contexto internacional de crecemento
→ medidas adoptadas polo PP

• Medidas adoptadas
-Redución do gasto público mediante → austeridade orzamentaria
→ recorte das prestacións sociais
6
-Completa privatización das empresas públicas que daban grandes
beneficios
-Repsol, Argentaria, Endesa, Telefónica
-A recadación reduciu a débeda e o déficit público
-Privou ao Estado do control de empresas estratéxicas e dos beneficios
que xeraban
-No ámbito laboral → moderación salarial
→ flexibilización do mercado de traballo coa redución dos
custos de despedimento
-Diminución dos impostos directos
-Favoreceu o consumo privado xerando forte demanda de vivendas,
vehículos, roupa, calzado…..
-Orixinou problemas → incremento dos prezos
→ endebedamento familiar

• Integración da economía española na mundial


-España incluíuse dentro das dez economías máis desenvolvidas do mundo
-Creación das primeiras multinacionais españolas

2.2. REFORMAS DO PROGRAMA CONSERVADOR

• O PP desenvolveu unha actividade lexislativa de ideoloxía conservadora de


centrodereita
-Deste xeito modificáronse normativas aprobadas polos socialistas

• Código civil
-Incluíronse novos tipos de delitos (informáticos, violencia de xénero)
-Endurécense as penas e limítase a reinserción social

• Exército
-Supresión do servizo militar obrigatorio (2002)
-Significaba a profesionalización do exército

• Reforma da educación en todos os niveis educativos a partir de dúas leis


-Lei Orgánica de Universidades (2001)
-Lei Orgánica de Calidade do Ensino (2002) → afecta a primaria e
secundaria

7
• Incremento das competencias das Comunidades Autónomas grazas a:
-Cesión do 30% do IRPF ás Comunidades para que o redistribúan de acordo
coas súas necesidades
-Completouse o proceso de transferencia de competencias básicas
(educación, xustiza, e sanidade) igualando a todas as Comunidades

• Problema vasco
-1998 → ETA declara unha tregua
-A falta de entendemento deu lugar ao reinicio das accións terroristas
-2002 → aprobación dunha nova Lei de Partidos Políticos
-Supoñía a ilegalización dos partidos que non condenasen as accións
terroristas (Herri Batasuna)

2.3. A GUERRA DE IRAQ E O TERRORISMO ISLAMISTA

• Atentados terroristas do 11 de setembro de 2001 vinculados a Al Qaeda


(Torres xemelgas de Nova York e Pentágono en Washintong)
-O Goberno Bush responde cunha ofensiva militar contra países
considerados promotores deste terrorismo
-Cumio das Azores (2003) → Goberno Aznar accede a participar na ofensiva
-Masivas manifestacións populares contra a guerra

• Resultado → aumento do perigo de atentados terroristas en España


-11 marzo 2004 → atentado na estación de Atocha (Madrid)
-Ten lugar en plena campaña electoral das eleccións xerais
-Forte rexeitamento da sociedade española ao Goberno Aznar
-Causa → acusación do Goberno responsabilizando a ETA do atentado
→ xestión da crise
-Resultado → o PP perde a maioría absoluta

3. OS GOBERNOS SOCIACIALISTAS DE XOSÉ LUÍS


RODRÍGUEZ ZAPATERO. 2004 - 2011

3.1. REFORMAS DO PROGRAMA SOCIALISTA

• Nova política exterior


8
-Distanciamento coa política do norteamericano Bush
-Seguindo as promesas electorais → as tropas españolas foron retiradas
de Iraq
-Esta decisión causou unha crise nas relacións entre España e EE UU
-Busca dun mellor entendemento con Europa, Latinoamérica e mundo árabe
-Zapatero propuxo crear unha Alianza de Civilizacións
-Obxectivo → superar a incomprensión entre occidente e o islam
-Proposta asumida pola ONU

• Incremento da presenza das mulleres na política


-Os Gobernos de Zapatero apostaron pola plena igualdade entre sexos
-Os ministerios dos seus Gobernos foron asumidos por igual número de
homes que de mulleres

• Novas leis sociais


-Lei contra a violencia de xénero
-Lei do carné por puntos
-Lei anti-tabaco
-Lei do matrimonio homosexual
-Lei de dependencia

• Reforma das institucións


-Apoio a aquelas reformas dos Estatutos de Autonomía que aceptasen os
límites da Constitución
-Rexeitouse a proposta vasca de converter o País Vasco en Estado libre
asociado a España

• Cuestión do terrorismo etarra


-Tratando de solucionar o problema terrorista vasco, o goberno mantivo
negociacións con ETA
-En 2006 ETA anunciou un alto o fogo permanente, que rematou co atentado
no aeroporto de Baraxas
-En outubro de 2011 ETA anuncia o cese definitivo da violencia
-Causas → éxito das operacións coordinadas da policía e da Garda Civil
que debilitaron a organización
→ desexo maioritario da súa militancia

• Da bonanza económica á crise


-Período de crecemento da economía española entre 2004 – 2008

9
-Causa → auxe económico internacional
→ demanda interna
-Entrada en recesión a finais de 2008
-Causa → crise financeira e económica internacional
→ problemas internos derivados da fin do boom inmobiliario

4. OS GOBERNOS CONSERVADORES DE MARIANO


RAJOY BREY. 2011-2018

• Nas eleccións de novembro de 2011 o Partido Popular obtén maioría absoluta


nas Cortes
-Ademais da maioría nas Cortes, o PP dominaba a política española polo
amplo poder que exercía en municipios e Comunidades Autónomas

4.1. MEDIDAS CONTRA A CRISE

• As medidas tomadas para paliar a crise teñen dous obxectivos:


-Paliar o desemprego
-Recortar o déficit público

• Entre as medidas tomadas destacan:


-Aumento dos impostos
-Recorte dos gastos en todos os ministerios
-Redución dos orzamentos en empresas de participación pública (RTVE,
RENFE) e investimento I+D+i (Investigación, Desenvolvemento e
innovación)
-Conxelación do → salario mínimo interprofesional
→ soldos dos empregados públicos
-Aumento da xornada laboral

• Os resultados foron limitados:


-O desemprego apenas se reduciu
-O déficit, a pesar de reducirse seguiu a ser elevado

• Estas medidas provocaron numerosas protestas

10
-Supuxeron a redución de partidas orzamentarias destinadas a servizos
básicos como a sanidade, educación, atención a dependentes

4.2. OS PROBLEMAS DE CORRUPCIÓN

• Considerado como gravísimo problema pola cantidade de casos investigados


e sancionados
-A corrupción → debilita o sistema
→ perverte o sistema democrático
-Xuíces e tribunais atópanse desbordados
-Ao tratarse de casos moi complexos e intrincados
-Por non contar con recursos suficientes
-Por iso os procesos alónganse durante anos

• Entre os casos máis destacados atópanse:


-Caso Bárcenas: financiación irregular do PP a través de cobro de comisións
ilegais
-Tarxetas opacas de Caixa Madrid-Bankia: uso particular de tarxetas da
entidade que non se declaraban a Facenda
-Caso Rato: irregularidades coa creación e saída a Bolsa de Bankia
-Caso Pujol: comisións ilegais da familia do expresidente da Generalitat
-Caso Noos: implicada a infanta María Cristina e o seu marido por comisións
irregulares de diñeiro público
-……..

4.3. NOVAS FORZAS POLÍTICAS

• En España, como noutros países europeos, están a aparecer novas forzas


políticas de todos os signos ideolóxicos
-Puntos que propoñen
-Necesidade de rexenerar a democracia para que a cidadanía recupere
a confianza na clase política
-Redución do desemprego
-Recuperación da gratuidade e calidade dos servizos sociais públicos
-Difiren noutros aspectos como é a proposta de celebración dun referendo
respecto da independencia de Cataluña

11
• Entre esas forzas políticas atópanse:
-Ciudadanos
-Nace como partido en 2006 sendo dirixido inicialmente por Albert
Rivera, e nos últimos tempos por Inés Arrimadas
-Presentouse como un partido de centro cun programa económico liberal
-Defendía a unidade nacional de España polo que rexeita a celebración
do referendo en Cataluña
-Rexeitou presentarse ás eleccións xerais de xullo de 2023
-Podemos
-Nace como partido de esquerdas en 2014 momento en que foi dirixido
por Pablo Iglesias, e posteriormente por Ione Belarra
-Principal obxectivo → implantación dunha política social contraria aos
recortes
-Desde 2016 denomínase Unidas Podemos tras a alianza con Esquerda
Unida
-Ambas formacións integráronse na coalición de esquerdas dirixida por
Yolanda Díaz, Sumar, para presentarse ás eleccións de xullo de 2023
-Vox (voz en latín)
-Partido formado en 2013 e dirixido por Santiago Abascal
-Defínese como partido de extrema dereita e ultranacionalista español
-Defende a configuración de España como estado centralista, rematando
para iso co Estado das Autonomías
-No ámbito autonómico xurdiron diferentes coalicións de esquerdas
-Compromís en Valencia (2010), progresista de esquerdas e ecoloxista
-Bildu no País Vasco (2011), defensor do independentismo vasco
-En Cataluña, En Comú Podem (2015), con ideoloxía catalanista e
socialista
-En Galicia, En Marea (2016), formada por distintos partidos de esquerda,
entre eles Podemos Galicia

4.4. O RELEVO NA XEFATURA DO ESTADO

• En xuño de 2014, Juan Carlos I, tras case 40 anos de reinado, anuncia a súa
abdicación
-O anuncio da abdicación precipitouse a causa:
-Problemas de saúde do rei (varias operacións de cadera)
-Escándalos persoais (cacería de elefantes en Bostwana)
-Os problemas coa xustiza da súa filla a infanta Cristina

12
-Sucédelle na Xefatura do Estado, o seu fillo, Felipe VI

4.5. O NOVO MAPA POLÍTICO

• As eleccións de maio de 2015, municipais e autonómicas en distintas


Comunidades Autónomas cambiaron o mapa político español
-Causa: perda de poder do PP debido a:
-Descenso de votos
-Acordos entre o PSOE e distintas forzas políticas (Podemos,
Ciudadanos, En marea)

• Resultado das eleccións xerais de decembro de 2015


-Partidos máis votados → PP
→ PSOE
→ Podemos
→ Ciudadanos
-Ningún conseguiu → maioría absoluta
→ contar con apoios suficientes para poder formar
Goberno
-Podemos e Ciudadanos converténdose en imprescindibles para formar
goberno

• Houbo que repetir as eleccións en xuño de 2016


-Con certas diferencias, volvéronse a reproducir resultados semellantes aos
de 2015
-Mariano Rajoy foi investido presidente grazas a abstención da maioría de
deputados do PSOE
-Algúns analistas consideran que estas eleccións marcan a fin do
bipartidismo

4.6. O PROCESO INDEPENDENTISTA CATALÁN

• En 2012 Artur Mas (presidente de CIU2 e da Generalitat) asina un pacto con


Oriol Junqueras (presidente de ERC3 e líder da oposición), no que se

2 Convergència i Unió, partido de centrodereita e nacionalista catalán.

3 Esquerra Republicana de Catalunya, partido de centroesquerda de ideoloxía independentista.


13
comprometen a celebrar un referendo sobre a autodeterminación de
Cataluña

• En 2017 o novo presidente da Generalitat, Carles Puigdemont celebra o


referendo a pesar da prohibición e do clima de máxima tensión
-Segundo a Generalitat, o 90% dos participantes votaron si á independencia
-A maioría independentista do Parlamento catalán asinou a Declaración
Unilateral de Independencia, non recoñecida por ningún Estado
-O goberno de Rajoy suspendeu a autonomía catalá, destituíu a Puigdemont
e disolveu o Parlamento catalán
-Ditáronse ordes xudiciais contra os líderes independentistas acusados dos
delitos de rebelión, sedición e malversación de caudais públicos pola
organización do referendo
-Uns líderes, incluído Puigdemont, fuxiron de España
-Outros foron detidos, xulgados e condenados a penas de cárcere, entre
eles Oriol Junqueras, sendo indultados en 2021 polo goberno de Pedro
Sánchez

• O novo presidente da Generalitat, Pere Aragonés, impuxo unha política de


negociación co Estado

5. OS GOBERNOS SOCIALISTAS DE PEDRO SÁNCHEZ


PÉREZ-CASTEJÓN. 2018-2023

• A moción de censura contra Rajoy e o primeiro goberno de Pedro


Sánchez. Xuño de 2018 – xaneiro de 2020
-En xuño de 2018, Pedro Sánchez, líder do PSOE, presentou unha moción
de censura contra Rajoy
-A súa aprobación provocou a dimisión de Rajoy e o nomeamento de
Sánchez como novo presidente
-Foi un goberno de curta duración ao non contar con apoios parlamentarios,
convocando eleccións anticipadas para abril de 2019 que houberon de ser
repetidas en novembro de 2019 poñendo de manifesto
-A incapacidade dos dous grandes partidos, PSOE e PP, de conseguir
maiorías absolutas
-Importante porcentaxe de votos conseguidos por Ciudadanos en abril e
forte caída en novembro pola errática política do seu líder, Albert Rivera
-Retroceso de Unidas Podemos
14
-Importante presenza da ultradereita Vox
- En novembro de 2020, PSOE e Unidas Podemos acordan formar o
primeiro goberno de coalición da democracia

• Durante o goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos (xaneiro


2020 - xullo 2023) destacaron como acontecementos principais:
-A pandemia de COVID-19
-Reconfiguración do goberno destacando
-Dimisión do vicepresidente e líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias,
para presentarse ás eleccións autonómicas da Comunidade de Madrid de
2021
-Abandona a política oficial tras os malos resultados obtidos
-Renuncia da vicepresidenta Carmen Calvo por diferencias coa ministra
de igualdade, Irene Montero, respecto da chamada Lei Trans e o debate
ideolóxico entre sexo e xénero
-Fortalecemento de Yolanda Díaz, ata entón ministra de traballo, pola súa
boa xestión (aumento do salario mínimo, reforma laboral)
-En maio de 2022 creou a plataforma política Sumar, que pretende
unir aos partidos á esquerda do PSOE, presentándose ás eleccións
de xullo de 2023 obtendo representación parlamentaria
-O impacto da Guerra de Ucrania
-O conflito comezou en 2014 cando Rusia anexiona Crimea e recoñece a
autoproclamación de independencia da zona do Dombás
-En 2022 Putin invade Ucraína co obxectivo de tomar kiev
-Causa → temor de que Ucraína entrara na OTAN e na UE colocando
un goberno afín a estas organizacións
-A tenaz resistencia dos ucraínos axudados por EE UU e a UE fixo
mudar os plans de Putin que renuncia a toma da capital para
centrarse en asegurarse o Dombás e Crimea
-A consecuencia foi o desencadeamento dunha crise ante a alza do prezo
da enerxía, moi dependente do gas e petróleo ruso, e a posterior inflación
-O Cumio da OTAN celebrado en Madrid en xuño de 2022
-Toman medidas ante a ameaza que supoñen Rusia e China coas súas
políticas de expansión militar e económica
-Iníciase o proceso de adhesión de Finlandia e Suecia
-Increméntase a cooperación coa Unión Europea ante as amezas
externas que supuxeron o COVID, a invasión de Ucraína, as tensións
político-económicas con China e Rusia, o cambio climático.....

15
6. A GALICIA AUTONÓMICA

6.1. PREAUTONOMÍA E ESTATUTO

• A principal forza política nacionalista da Transición foi o Bloque Nacional


Popular Galego (BN-PG)

• Proceso preautonómico
-A diferenza de País Vasco e Cataluña → Galicia non contou con políticos
exiliados retornados
-A figura destacada foi Antón Rosón Pérez, falanxista renovado
-Xullo 1976 → nun discurso pronunciado ante os reis de visita por
Galicia, pide a autonomía para Galicia
-Iníciase o proceso de Autonomía

• 25 xullo 1977 → constitúese en Santiago a Asemblea de Parlamentarios de


Galicia
-Presidida por Rosón
-Elaboran un proxecto de Estatuto que é presentado nas Cortes
-O proceso paralizábase por falta de vontade política
-En Galicia celebrouse unha masiva manifestación convocada polas
principais forzas políticas

• 16 marzo 1978 → creación da Xunta Preautonómica


-Fixo un chamamento a todas as forzas políticas, sindicais e culturais para
colaborar na redacción do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía
-Foi aprobado en referendo polos galegos → aínda que houbo baixa
participación (28% do
electorado)

6.2. OS GOBERNOS AUTONÓMICOS

• Nas 7 convocatorias electorais realizadas entre 1981 e 2009 triunfaron as


forzas conservadoras → non sempre formaron goberno

• Entre 1981 e 1987 preside o goberno → Xerardo Fernández Albor


-Gobernan en coalición → AP e Coalición Popular
-Iníciase o proceso autonómico → co desenvolvemento do Estatuto
16
→ coa creación de institucións propias
(Valedor do Pobo, Tribunal de Xustiza de
Galicia…..)

• Fernando González Laxe do PS de G - PSOE (1987 - 1989)


-Forma goberno tripartito con Coalición Galega e Partido Nacionalista
Galego
-Tiveron que facer fronte ao impacto que supuxo a entrada na CEE
-Creáronse as Universidades de Vigo e A Coruña

• Manuel Fraga Iribarne do PP (1989 - 2005)


-Complétase o traspaso de competencias
-Galicia foi unha das comunidades máis favorecidas polos Fondos Europeos
-Permitiu unha importante renovación de infraestruturas
-Reconversión do sector gandeiro, pesqueiro e da construción naval

• Emilio Pérez Touriño do PS de G – PSOE (2005 - 2009)


-Goberna en coalición co BNG

• Alberte Núñez Feijoo do PP


-Consegue a maioría absoluta nas eleccións do 2009

6.3. DESEQUILIBRADO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

• Galicia está cualificada como rexión periférica da UE


-Significa → menor desenvolvemento económico
→ subordinación aos espazos centrais

• Sector agrario
-Segue sendo un sector con certos desequilibrios
-Conserva aínda moitas áreas de policultivo e minifundio
-Dende finais dos 80 → modernización e mecanización das explotacións
-Gran importancia da produción de leite e carne de vacún → dificultades
coas cotas da
UE
-Importancia → da industria agroalimentaria → supón o 20% do total da
produción industrial
→ da transformación da madeira

17
• Sector industrial
-Feble e moi dependente do sector público e de multinacionais que non
pechan os ciclos produtivos en Galicia
-Construción naval → localizado en Ferrol e Vigo
→duramente afectado → polas políticas de reconversión
→ pola competencia dos países
asiáticos
→ boa conxuntura actual pola reorientación da súa
produción á reparación de barcos e construción de
plataformas petrolíferas
-Importante industria do automóbil → centrada na multinacional Citroën-
Hispania de Vigo
-Industrias transformadoras dos produtos da pesca e da acuicultura →
Pescanova, Calvo
-Espectacular auxe do sector téxtil → Inditex, Adolfo Domínguez, Roberto
Verino, Caramelo

• Sector enerxético
-Destaca a produción de enerxía eléctrica
-Hidroeléctrica → grandes encoros do Miño e do Sil
-Térmica → central de As Pontes, Meirama
-Eólica
-A maior parte desta enerxía está explotada por empresas sen vinculación a
Galicia

• Sector servizos
-Experimentou un extraordinario crecemento → pero sen alcanzar o nivel
europeo
-Gran número de pequenos negocios familiares → ameazados pola
introdución de grandes
superficies comerciais
-Sector máis dinámico → turismo (cultural, gastronómico ou rural)

• Infraestruturas
-Un dos factores máis negativos no desenvolvemento de Galicia a pesar do
considerable avance e mellora realizados
-A construción das autoestradas, vías rápidas e ferrocarril foi serodia

18
-Contribuíu a manter a Galicia afastada dos centros de gravidade
económica
-A potenciación dos portos de Vigo, A Coruña e Ferrol, trata de paliar
esta situación

19
7. TEXTOS

Doc.1. Leopoldo CALVO-SOTELO. Discurso tras a adhesión á OTAN. 10-6-


1982
Este acto de hoxe ten para o meu país unha dimensión profunda. É o final dun
longo período secular de illamento (...).
Durante moitos anos de réxime autoritario, Occidente e Europa foron para os
españois sinónimos de liberdade e de democracia, como está escrito nas
primeiras liñas do Tratado do Atlántico Norte, ao que acabamos de adherirnos.
(...)
Porque, fronte aos que non queren ver na Alianza máis que unha organización
militar para o enfrontamento entre bloques de países, o meu goberno entende
a Alianza como comunidade de pobos libres unidos na defensa duns valores
esenciais e ameazados, que son tamén os valores da democracia española.
A nosa vocación europea, que nos empuxa ao mesmo tempo cara ao Mercado
Común con idéntico impulso de restitución histórica, perfecciónase e
complétase coa nosa vocación iberoamericana, da que queremos deixar
constancia clara desde este momento inicial. (...)

Doc.2. Francisco Fernandez Ordóñez. Discurso


Se tivésemos que resumir brevemente os beneficios da incorporación de
España á Comunidade Europea, poderiamos afirmar que contribuíu á
modernización do noso tecido social e produtivo, á intensificación do noso
papel dentro do concerto continental, mediante a participación activa nas
distintas instancias europeas.
a) Consolidación dun sistema democrático e unha economía de corte
occidental, o que beneficiou non só á estabilidade política e económica interna,
senón á europea en xeral. (...)
b) Recuperación do noso papel como potencia media europea, con posibilidade
de expresar a nosa voz “desde dentro” nos distintos foros e, incluso, poder
influenciar en determinadas decisións que terían sido contrarias ás nosas
necesidades ou intereses vitais.
c) Actualización acelerada da lexislación interna en aspectos importantes para
a modernización do sistema financeiro e produtivo, a articulación do tecido
social e a calidade de vida dos consumidores.
(...)

20
Doc.3. Xesús RODRÍGUEZ Os fillos da crise, artigo de El País Semanal. 1-
5-1994 [castelán]
Son máis de seis millóns de españois: as promocións de mozas e mozos máis
numerosas da historia. Teñen entre 19 e trinta e poucos anos; 7 de cada 10
viven na casa dos seus pais; casan máis tarde e ven nos fillos un sacrificio sen
contrapartidas. Moitos non coñeceron outro réxime que a democracia
parlamentaria nin outro xefe que Filipe González. Non se cuestionan a
liberdade: a diferenza dos seus pais, coñécena desde nenos; non conciben
unha sociedade na que estivese vedada. Non están marcados por feitos
históricos. Non arrastran rémoras de “vermellos e azuis”; de guerras civís; de
bos e malos. A crise económica é o seu único patrimonio. (...)
Esta xeración, á que o escritor norteamericano Douglas Coupland bautizou X,
ten tres sinais de identidade básicas: o desemprego, a permanencia indefinida
no fogar paterno e, como consecuencia do anterior, a enorme redución do
número de nacementos.

21
8. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO
22. A CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA: DA CRISE DA UCD AOS
GOBERNOS DO PSOE
A partir dos seguintes documentos debes elaborar unha composición sobre a consolidación da
democracia. Comezada cos problemas que conducen á dimisión de Suárez e o intento golpista,
debes referirte ao paso á figura de Calvo Sotelo e a posterior de Felipe González, á integración
de España no ámbito internacional, a inversión no Estado do benestar, a política económica e
as circunstancias que levan á fin dos gobernos socialistas.

Doc.1: Discurso televisado de Adolfo Suárez anunciando a súa dimisión (29-1-1981)


Hoxe teño a responsabilidade de explicarlles, desde a confianza e desde a lexitimidade coa
que me investiron como presidente constitucional, as razóns polas que presento
irrevogablemente a miña dimisión como presidente de Goberno e a miña decisión de deixar a
Presidencia da Unión de Centro Democrático (...).
Sufrín un importante desgaste durante os case cinco anos de presidente. Ningunha outra
persoa ao longo dos último cento cincuenta anos permaneceu tanto tempo gobernando
democraticamente en España (...).

Doc.2: Resultados das eleccións xerais de 1982:

Doc.3: Manuel VICENT, artigo publicado en El País (27-10-2002)


Cos socialistas este país adquiriu unha estética á altura dos tempos e perdeu dunha vez o pelo
da devesa. Tres feitos fundamentais contribuíron a este cambio: o exército deixou de ser
protagonista da vida nacional e a pantasma do golpismo foi desactivada definitivamente;
España entrou no Mercado Común, de modo que os nosos problemas seculares comezaron a
disolverse en Europa; os españois foron obrigados a tomar consciencia da necesidade e o
deber de pagar impostos. (...) Uniformes militares, sotanas e hábitos de monxas desapareceron
das rúas. (...) Non crean os mozos e mozas que isto é pouco, se por riba conseguimos que a
sanidade gratuíta chegue ata o último cidadán, que o ensino sexa obrigatorio e que se fixese a
reconversión económica soportando dúas folgas xerais.

22
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO. A CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA: DA
CRISE DA UCD AOS GOBERNOS DO PSOE
Trala aprobación da Constitución, novas eleccións xerais en marzo de 1979 manteñen a UCD
de Adolfo Suárez no goberno, sendo sucedido por Leopoldo Calvo Sotelo tras o fracasado
golpe de Estado, e por Felipe González nas eleccións de 1982.
A Unión de Centro Democrático, era un partido fundado por Adolfo Suárez que aglutinaba a
distintas forzas políticas de centro. A pesar das diferenzas ideolóxicas, Suárez consegue liderar
a formación nun primeiro momento pero as tensións internas acabaron por facela desaparecer
en 1983.
Ante o desgaste que sufre como presidente de Goberno dende o seu nomeamento por Juan
Carlos I en 1976, “sufrín un importante desgaste durante os case cinco anos de presidente”,
presenta “a miña dimisión como presidente de Goberno e a miña decisión de deixar a
Presidencia da Unión de Centro Democrático”. Así o relata o propio Suárez no discurso
televisado que corresponde o documento 1, deixando atrás unha xestión que hoxe é valorada
como altamente positiva para o proceso de democratización da vida española.
Leopoldo Calvo Sotelo asume a presidencia, e durante a votación para ser elixido polas Cortes,
ten lugar o intento de golpe de Estado do 23 de Febreiro. Constituíu o máis grave dos
problemas da xove democracia española. Antonio Tejero, tenente coronel da garda civil,
apoiado por 400 gardas civís asalta o Congreso mantendo reféns ao Goberno e aos
parlamentarios. Sen embargo, non lograron que o resto de xefes militares secundaran o golpe.
No fracaso do golpe considérase clave a actuación do rei, que mediante vía telefónica esixiu a
lealdade dos xefes militares. Vestido co uniforme de capitán xeneral, grava a mensaxe que
será emitida por televisión na madrugada do 24 de febreiro. Tras esta mensaxe a situación
quedou controlada. Igualmente fundamental no fracaso, foi a actitude dos mandos militares,
que demostrou a eficacia das reformas que previamente levara a cabo Suárez co apoio de
Gutiérrez Mellado. Unha reforma que supuxo a progresiva modernización do exército e a
substitución dos antigos mandos militares por persoas máis novas e preparadas. As
manifestación populares de apoio á democracia foron multitudinarias nos días seguintes.
O Goberno de Calvo Sotelo suporá unha breve etapa na que continúan as medidas tomadas
por Suárez. Baixo o seu mandato, España entra na OTAN en xuño de 1982, apróbanse a Lei
de divorcio, do Defensor do Pobo, varios Estatutos de Autonomía, e a LOAPA, pola que se
ralentiza a concesión de autonomías ás comunidades non históricas.
As dificultades fan imposible a continuación do goberno de Calvo Sotelo que convoca eleccións
anticipadas para outubro de 1982. Os resultados das eleccións anticipadas de 1982 aparecen
recollidos no documento 2, evidenciando a vitoria do PSOE de Felipe González cunha
importante maioría absoluta. Esta maioría será revalidada nas dúas lexislaturas seguintes,
permitíndolle gobernar en solitario ata 1993, momento en que deberán contar co apoio do PNV
e CIU.
Tal e como reflexa o citado documento, a segunda forza máis votada será Alianza Popular que
continua a ser liderada por Manuel Fraga, perfilándose xa como a principal forza da oposición.
O Partido Comunista de España perde votos ao igual que a Unión de Centro Democrático que
reduce drasticamente o número de escanos, acabando por desaparecer en 1983. O Partido
Nacionalista Vasco e Convergència i Unió manteñen sen embargo a súa representación
parlamentaria.
Durante os gobernos socialistas, España consolida a súa presencia nos organismos
internacionais. En 1979, o goberno de Suárez solicitara a entrada na CEE, e o 1 de xaneiro de
1986, España é recoñecido como membro de pleno dereito, a pesar das reticencias de Francia

23
respecto do sector agrícola. Esta entrada supuxo unha serie de melloras, tal e como indica o
documento 3 “España entrou no Mercado Común, de modo que os nosos problemas seculares
comezaron a disolverse en Europa”. Entre elas atópase a modernización e estabilidade da
nosa economía, a expansión cara Europa das empresas españolas, ou a recepción de axudas
económicas, pero tamén supuxo problemas, como foi a restrición da produción en sectores
como o pesqueiro e o agroalimentario.
Á entrada na CEE súmase o referendo respecto a permanencia de España na OTAN. A
entrada neste organismo producírase en 1982 durante o goberno da UCD de Calvo Sotelo,
contando coa oposición manifesta do PSOE quen no seu programa electoral recollera como
promesa, a realización dun referendo respecto da permanencia ou non no citado organismo.
Durante o proceso o PSOE cambiou radicalmente de postura, pedindo aos electores o Si á
permanencia, conseguindo unha maioría axustada, o 52%.
No relativo ao mundo militar, continúase na liña trazada por Suárez de separar ao exército da
vida política, como así reflexa o documento 3, “o exército deixou de ser protagonista da vida
nacional e a pantasma do golpismo foi desactivada definitivamente”. A esta idea responde a
aprobación da Lei Orgánica de Defensa de 1984 pola que se reafirmaba o poder civil sobre o
militar, ao pasar os mandos militares a depender do Goberno. Nos anos seguintes
regulamentase a obxección de conciencia, a entrada da muller no exército, ou a incorporación
ao euroexército.
Consolídase o Estado do Benestar ao aumentar o orzamento dedicado ao gasto social,
establecendo as pensións non contributivas, a súa revalorización segundo o IPC, unha
sanidade pública, a gratuidade da ensinanza, a ampliación da súa obrigatoriedade ata os 16
anos. O artigo recollido no documento 3, sinala a estes últimos como algúns dos cambios
conseguidos polos gobernos socialistas, “conseguimos que a sanidade gratuíta chegue ata o
último cidadán, que o ensino sexa obrigatorio”.
Ao anterior súmase a despenalización do aborto en tres supostos, o establecemento do
“Habeas Corpus” ou a aprobación dun novo código penal que tipificaba delitos novos como o
acoso sexual, as agresións ao medioambiente ou a publicidade enganosa.
No ámbito económico os socialistas herdan unha situación de crise que se ven arrastrando
dende 1973. Nun primeiro momento (1982-1985) toman medidas que se precisan para
converxer con Europa, polo que leva a cabo o proceso de “reconversión económica” ao que se
refire a última liña do documento, concretamente no sector naval, mineiro e siderúrxico, que
tivo como consecuencias o peche de empresas, o paro, e o desmantelamento industrial. Entre
1985 e 1990 éntrase nunha fase de crecemento económico internacional que a súa vez
favorece o crecemento da economía española, destacando o aumento da produción industrial e
os ingresos procedentes do turismo. Sen embargo houbo aspectos negativos tales como a
inflación e a moderación salarial que foi contestada polos sindicatos. A decisión do goberno de
prolongar os anos de cotización para percibir a xubilación, rematou co enfrontamento entre
PSOE e o sindicato socialista UXT, e coa convocatoria da primeira folga xeral en 1988, que
igualmente menciona a última liña do documento.
Entre 1991 e 1993 vívese un proceso de recesión internacional que pon de relevo os
problemas da economía española, como é a balanza comercial deficitaria ou o elevado déficit
público. Esta fase é continuada dunha nova etapa de crecemento (1993-1996) que ven
determinada polo firma do Tratado de Maastricht e as reformas que necesita a adopción da
moeda única. Entre estas reformas destacou a privatización de empresas públicas, venda que
aliviou o déficit público e permitiu a súa expansión internacional. Ao anterior súmase a reforma
do mercado de traballo, con medidas liberalizadoras que facilitaron os despedimentos, e a
creación de empresas de traballo temporal, e que contaron coas protestas dos sindicatos.

24
A medida que se suceden as lexislaturas, as maiorías absolutas concederon unha alta
estabilidade aos gobernos pero tamén a redución ou case desprezo pola vida parlamentaria.
Nos comezos dos anos 90 comezan os problemas e escándalos políticos. Entre eles atópanse
as acusacións de corrupción de altos cargos nomeados polo PSOE, como o de Luís Roldán, de
financiamento irregular do partido, como o chamado caso Filesa, ou o terrorismo de estado
presente a través dos GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación), creados por altos cargos
políticos e policiais co cometido de atentar contra ÉTA.
Ante esta situación intensificáronse as críticas da oposición, o PSOE perde o apoio
parlamentario dos nacionalistas cataláns e as Cortes non aprobaron o orzamento de 1996. O
resultado foi a necesidade de adiantar as eleccións a marzo de 1996.
A fin dos gobernos de Felipe González ten lugar nas citadas eleccións, nas que o Partido
Popular de José María Aznar gaña con maioría simple, permitíndolle formar goberno o apoio de
nacionalistas vascos, cataláns e canarios, conseguindo gobernar en solitario na segunda
lexislatura.

25

You might also like