You are on page 1of 4

[Escribir texto]

CONCEPTOS UNIDADE 5.- AS PAISAXES NATURAIS

EFECTO INVERNADOIRO:

1.-Situación que se da no planeta de xeito natural pero que, nas últimas décadas,
acentuouse pola actividade humana. A acumulación de emisións de gases procedentes
da queima de combustibles fósiles xera unha capa que, como no teito dun
invernadoiro, impide saír ao espazo o calor emitido pola terra e os océanos. Este calor
acumúlase e favorece o quecemento global.

2019 – Xullo - A

De xeito máis extenso, recoméndase ler e entender:

O efecto invernadoiro é unha función natural da atmosfera, realizada polo vapor de


auga e gases como o dióxido de carbono (CO2) e o metano (CH4).Estes gases actúan
como o cristal dun invernadoiro: deixan pasar a radiación solar (onda curta), pero
reteñen parte da calor irradiada pola superficie terrestre (onda longa), evitando que
escape ao espazo exterior (disipándose unha parte).Sen este efecto, a tª media do
planeta sería duns -18ºC en lugar dos 15ºC actuais.

Os denominados gases de efecto invernadoiro son: vapor de auga (H2O), dióxido de


carbono (CO2), metano (CH4), óxido de nitróxeno (N2O), ozono (O3) e
clorofluorocarbonos (CFC)

Se ben todos eles (salvo os CFC) son naturais, en tanto que xa existían na atmosfera
antes da aparición do home, desde a Revolución Industrial e debido principalmente ao
uso intensivo de combustibles fósiles nas actividades industriais e no transporte,
producíronse sensibles incrementos nas cantidades de óxido de nitróxeno e dióxido de
carbono emitidas á atmosfera, co agravante de que outras actividades humanas, como
a deforestación, limitaron a capacidade rexenerativa da atmosfera para eliminar o
dióxido de carbono, principal responsable do efecto invernadoiro.

Así, o aumento das emisións de gases con efecto invernadoiro (por queima de
combustibles fósiles, emisións industriais, automóbiles, incendios, deforestación) fan
que a cantidade de calor retida sexa maior.A consecuencia é un cambio climático
consistente en: aumento global da tª da Terra (cifrado entre 1,1ºC e 6,4ºC para o s.
XXI; incremento de fenómenos extremos como secas e grandes inundacións; suba do
nivel do mar (entre 18 e 59 cm) por fusión do xeo polar e unha redución da
[Escribir texto]

biodiversidade por extinción de especies animais e vexetais.Todas estas consecuencias


terán grande incidencia no territorio español, especialmente na área mediterránea.

España aumentou considerablemente a emisión de gases con efecto invernadoiro


debido ao incremento industrial e de uso de automóbiles e á crecente demanda
enerxética, cuberta principalmente por combustibles fósiles.O Protocolo de Kyoto
(1997), acordo internacional subscrito tamén polo estado español, obrigaba, en 2012,
a non aumentar as emisións destes gases máis dun 15% respecto ás de 1990.Sen
embargo España era, en 2007, o país comunitario que máis se afastaba dos obxectivos
de Kyoto.
[Escribir texto]

PAISAXE:
1.-A Convención Europea da Paisaxe a define como calquera parte do territorio, tal e como é
percibida polas poboacións, cuxo carácter resulta da acción de factores naturais ou humanos e
das súas interrelacións. En todo caso, é o aspecto visual que ofrece un territorio. Depende dos
elementos naturais que o integran e das actividades humanas que se desenvolven nel.
Clasifícanse habitualmente en naturais ou humanizadas, aínda que a maioría son mixtas.

2019 - Xuño – A

2.-Calquera parte do territorio tal e como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o
resultado da acción e interacción de factores naturais e/ou humanos.(R)

Definición do "Convenio Europeo da Paisaxe".Florencia, 20-10-2000

Ratificado por España en 2007, entrando en vigor 0 1-3-2008.

O Convenio en: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/planes-y-


estrategias/desarrollo-territorial/090471228005d489_tcm30-421583.pdf

A ratificación de España en:


[Escribir texto]

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/dms/mecd/cultura-mecd/areas-
cultura/patrimonio/Convenio_europeo_paisaje.pdf
É interesante ler o seguinte apartado do libro de texto de Vicens Vives porque mostra as liñas
de interpretación e enfoque actual da paisaxe e por onde van as liñas de actuación
institucionaise en relación coa definición recomendada:

You might also like