You are on page 1of 3

Profesora: Andrea Moreno

BLOQUE 1: PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA

T.1: O NEOLÍTICO: CARACTERÍSTICAS E CAMBIOS CON RESPECTO AO


PALEOLÍTICO (ECONÓMICOS, SOCIAIS E CULTURAIS)

Conceptos relacionados: ECONOMÍA PREDADORA / MEGALITISMO

INTRODUCIÓN: O PALEOLÍTICO
Os primeiros poboadores da Península Ibérica partiron de África, e chegaron a Europa hai
un 1,5 millóns anos, segundo as últimas estimacións. A especie máis antiga que se cre que
chegou á Península é o Homo Antecessor, atopado na Serra de Atapuerca (Burgos), en
torno hai 1 millón de anos, segundo as últimas investigacións.
Os primeiros poboadores peninsulares posuían unha economía predadora1, é dicir,
baseaban a súa supervivencia na caza, pesca e recoleción de froitos. Eran nómades, xa
que se desprazaban seguindo os rabaños de animais ou buscando unhas condicións
climáticas favorables. Presentaban unha organización social colectiva e vivían en pequenos
grupos, sen unha clara xerarquización social. Realizaban utensilios en pedra tallada moi
simples, os bifaces.
Durante o Paleolítico Superior (35000-5000 a.C.) comeza un maior desenvolvemento
tecnolóxico en comparación coas dúas etapas anterior, Paleolítico Inferior e Medio. Iníciase
o uso de novos materiais ademais da pedra, como é o óso, e xorde a arte rupestre e
mobiliar. As pinturas rupestres concéntranse fundamentalmente na cornixa cantábrica,
destacando as Covas de Altamira.
Como fase de transición temos o Mesolítico ou Epipaleolítico, na que conviven tradicións
paleolíticas con distintas innovacións do Neolítico. De esta etapa destaca a pintura
levantina, de trazos esquematizados e protagonizadas por figuras antropocéntricas.

O NEOLÍTICO:

1
Modo de vida característico do Paleolítico (2,5 mill de anos ata o 10.000 a.C), empregando a caza e a
recolección de froitos como base da súa supervivencia. Estas actividade obrigaban ás comunidades humanas a
desenvolver o nomadismo, desprazándose en busca de alimento. Durante esta etapa os instrumentos eran de
pedra tallada (bifaces) e as comunidades eran pequenas e pouco xerarquizadas. Na península, os principais
xacementos paleolíticos son Atapuerca (Burgos), onde destacan os restos do Homo Antecessor, ou as famosas
Covas de Altamira, exemplo de arte rupestre paleolítico.

1
Profesora: Andrea Moreno

Cara o ano 7000/6000 a.C.apareceron as primeiras comunidades neolíticas na Península. O


Neolítico foi un cambio significativo con respecto ao Paleolítico, vendo unha evolución na
economía, na tecnoloxía empregada, e social e culturamente.
● A revolución neolítica consistiu fundamentalmente no paso dunha economía
pedradora a unha economía produtora. Así, desenvólvese a gandaría e a
agricultura.
● Con estas prácticas, propíciase a necesidade de permanecer máis tempo nun lugar,
iniciándose o sedentarismo e a aparición dos primeiros poboados.
● As novas actividades económicas necesitaban ferramentas específicas (foz,
arado…). Xorden novas técnicas e comezan a empregarse novos materiais, como a
cerámica e os tecidos.
● Comezaron entón a aparecer as primeiras especializacións do traballo.
● As novas formas de vida terminaron creando unha maior distinción social entre os
membros das comunidades, iniciándose a xerarquización social.

Na Península, o Neolítico introdúcese pola zona costeira mediterránea da man dos


pobos chegados polo mar que procedían de Oriente. Do Mediterráneo foi introducíndose
despois por Andalucía chegando ao Sur de Portugal e paulatinamente ao interior. Aínda así,
as zonas máis alonxadas da costa mediterránea quedaron algo illadas das novidades.
➢ Nesta etapa de Neolítico antigo (7000-4000 a.C) perviven, polo tanto, rasgos
antigos cos novos, sendo aínda común as vidas nas covas e abrigos, e pervivindo a
caza e a recoleción; os datos apuntan a que era a gandaría a actividade máis
importante deste período. Con respecto aos restos cerámicos atopados,
caracterízanse pola cerámica cardial, cunha decoración feita a base de impresións
de conchas.
➢ A partir do ano 4000 a.C.comeza unha nova fase, entrando no chamado Neolítico
Pleno (4000-2500 a.C). Prodúcese a extensión destas novas formas de vida cara o
interior de xeito máis masivo. A agricultura vai gañando terreo, atopándose restos de
diversos cereais e legumes.
➢ O avance máis espectacular prodúcese ao final desta etapa, entroncando xa coa
Idade dos Metais, que é a aparición da cultura megalítica ou megalitismo2. Esta

2
Expresión cultural que xorde no Neolítico e se prolonga ata a Idade dos Metais, caracterizada polas
construcións arquitectónicas feitas con grandes bloques de pedra (megalitos) en gran parte de Europa
occidental. As principais construcións megalíticas son o dólmen (enterramento colectivo), o menhir (pedra
fincada) e o cromlech (círculos líticos). En Galicia a cultura megalítica ten numerosos exemplos
fundamentalmente de dólmens, formados por un túmulo ou mámoa, cunha cámara sepulcral precedidos ou non
por un corredor, como por exemplo, o Dolmen de Dombate.

2
Profesora: Andrea Moreno

cultura caracterízase polas construcións con grandes bloques de pedra, ás veces de


dimensións espectaculares. Estas construcións soen ter un sentido simbólico,
relixioso e de enterramento, individual ou colectivo. Trátase dun fenómeno a nivel
europeo, dándose en diversos lugares do continente, cada cultura empregando
diversas tipoloxías, como pode ser o dólmen, o cromlech, os menhires…En Galicia,
a cultura megalítica ten numerosos exemplos, destacando os dólmens ou antas, que
son estruturas funerarias sobre as que se constrúe un túmulo ou mámoa, obtendo
este nome pola súa forma cónica. Contan cunha cámara principal e, ás veces, un
corredor, construídos con lascas de pedra. No interior poden aparecer gravados de
carácter simbólico. Crese que eran enterramentos colectivos, e nas excavacións
apareceron xoias, útiles, adornos, que se cre que son restos de enxovais funerarios.
Destacan diversos exemplos, como o Dolmen de Dombate.

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES WEB:


AAVV: HIstoria de España. 2º Bacharelato. Edit. Vicens Vives
LYNCH, J. (Ed.): Historia de España. Historia Antigua. Edit. Crítica.
http://argeohisto.webcindario.com/HISESP/tema01/1_prehistoria.html
http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio/3750/3884/html/index.html
http://www.pangalaica.com/megalitismo/

You might also like