You are on page 1of 10

A Revolución Industrial 1

Capitulo 3. REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

Fai cerca de 250 ano, algunhas sociedades pasaron por intensas


transformacións tecnolóxicas. Os talleres de artesáns foron substituídos por fábricas.
Antigas ferramentas manuais foron trocadas por máquinas. No lugar das tradicionais
fontes de enerxía como a auga, vento e a forza muscular, pasouse a empregar o
carbón, a electricidade e o petróleo. Estaba comezando a Revolución Industrial.
O longo deste proceso, innumerables invencións -como a locomotora, o
automóbil, a radio e o cine -provocaran cambios profundos na vida das persoas.
Actualmente, as relacións de traballo e as formas de produción pasan por
grandes cambios. Esas transformacións están ligadas ó desenvolvemento de
tecnoloxías, como a informática, a robótica, a intelixencia artificial e o internet.
Hai quen di que xa estamos a vivir a Terceira Revolución Industrial.

1
A Revolución Industrial 2

Revolución Industrial. Os ingleses pioneiros


Que é unha revolución? Esta palabra tem moitos sentidos. Entre eles,
podemos dicir que revolución é un cambio profundo da sociedade, na economía, na
ciencia, na arte e noutras áreas.
A Revolución Industrial tivo comezo a mediados do século XVIII, en Inglaterra,
xurdiu unha nova forma de produción de mercadorías que utilizaba máquinas e
empregaba traballadores asalariados. Ese proceso, que tivo enormes consecuencias
sociais, económicas e culturais, foi coñecido como Revolución Industrial.
A partir do século XIX, espallouse por outros países. Esas transformacións non
ocorreron en todos os lugares do mundo e o igual que non aconteceran ó mesmo
tempo.
Unha serie de situación posibilitou o inicio da Revolución industrial en
Inglaterra. Entre elas, podemos destacar: a acumulación de capitais que proveñen do
comercio, da agricultura e da navegación; a existencia de ricas minas de carbón e ferro;
a explotación do traballo dos campesiños que migraban cara a cidade.

Escenario propicio.
Una serie de condicións favoreceron o inicio da Revolución Industrial en Inglaterra.
Vexamos algunhas delas.
Concentración de riquezas. Entre os séculos XVI e XVIII, os ingleses acumularon
capital por medio da explotación das colonias británicas e da expansión de produtos
manufactureiros cara a novos mercados en África, Asia e América. Ademais diso, a
burguesía inglesa tivo grandes lucros co tráfico de escravizados.
Abundancia de man de obra. A poboación das cidades creceu debido á migración
de campesiños cara áreas urbanas. As terras de uso común onde os campesiños
producían o seus sustento foron cercadas e transformadas en propiedades privadas,
dirixidas a produción de la e outras mercadorias. Ese proceso, chamado cercamento,
comezou no século XV e, os poucos, intensificouse.

Dispoñibilidade de recursos naturais. Existían ricas minas de ferro e de carbón


mineral en Inglaterra. Eses recursos foron necesarios para a construción e
mantemento das máquinas industriais.
Estabilidade política. A partir da
Revolución Gloriosa (1689), o
desenvolvemento económico pasou
a ser un dos principais obxectivos
do goberno inglés.

Gravado de 1851 que representa unha


fábrica da cidade de Manchester. Grandes
centros industriais, como Manchester,
desenvolvéranse preto de rexións mineiras
de Inglaterra.

Formas de produción.
A Revolución Industrial esta marcada polo desenvolvemento das máquinas en
substitución ó traballo manual, as maquinarias. Antes delas, as principais formas de

2
A Revolución Industrial 3

produción de mercadorias eran o artesanado e a manufactura. Vexamos algúns


aspectos de cada un deses sistemas.

Talleres ou Obradoiros do Artesanado.


Zapateiro, gravado ingles da obra Mundo en
imaxes, do filósofo, educador e teólogo checo Jan
Amos Comenius publicada en 1658. O gravado
representa a produción artesanal de zapatos.

Os obradoiros do artesanado eran locais


onde os traballadores empregaban
ferramentas manuais e producían a
pequena escala. Dun modo xeral, estes
coñecían todas as etapas da
transformación da materia-prima en
mercadoria, e así, podían controlar as diversas fases da produción, administrando o
seu propio tempo.
Segundo o economista Adam Smith, por exemplo, un artesán que facía
alfinetes nun obradoiro executaba diversas tarefas, como endereitar o arame, cortalo,
afiar una das puntas, colocar a cabeza do alfinete na outra punta e dar o polimento
final.
Ademais de coñecer todo o proceso produtivo, moitos artesáns tamén eran
donos das materias-primas, do obradoiro e das ferramentas. Ata o século XVIII, os
artesáns reuníanse en corporacións de oficios. Había corporacións específicas para os
teceláns, ourives, carpinteiros, zapateiros, ferreiros, entre outros.

Manufacturas.
Coa expansión marítima, houbo a conquista de novos mercados en Africa,
Asia e América. Para atender a eses mercados e aumentar a produción, comerciantes
europeos reunían varios artesáns en grandes obradoiros chamados manufacturas.

Unha fábrica de tecidos francesa, representada en pintura por


Joseph Gabriel Rosset feita no século XVIII. Museo Municipal
de Orange, Francia.

Polo tanto, as manufacturas, eran grandes


obradoiros onde os traballadores facían tarefas
baixo o control dos donos ou dos supervisores.
Nestes obradoiros, as diferenzas entre traballadores
e patróns ficaron moi claras. Os patróns tiñan
diñeiro, crédito, inmobles e eran os donos das
máquinas e dos equipamentos.
Nas manufacturas, houbo un aumento do
proceso de división do traballo e de produción en serie. Cada artesán executaba
unha tarefa específica, baixo a supervisión dun xefe.
Volvendo ó exemplo de Adam Smith, nunha manufactura de alfinetes, cada
artesán realizaba unha tarefa: unha persoa cortaba o arame, outra endereitábao,
unha terceira afiaba unha punta...

3
A Revolución Industrial 4

Ó realizar sempre a mesma tarefa, os traballadores convertíanse en


especialistas, o que aumentou a produción. Pero pola contra, a maioría deles deixou
de coñecer o conxunto de proceso produtivo.
Os ingleses dominaran mercados en
varios continentes coa venda os seus
produtos manufacturados. Antes da
Revolución Industrial, os produtos
manufacturados representaban cerca do
50% das exportacións inglesas.

Fábrica téxtil, gravado feito cara o 1840,


representando unha das fábricas-modelo de
Robert Owen (1771-1859). Colección particular.

Fábrica.
Esa forma de produción profundou na división do traballo e a produción en
serie. Na fábrica, predomina o uso de máquinas industriais e nelas traballan
empregados asalariados. O sistema tamén creou un distanciamento entre dous
grupos sociais:
 Burguesía (patróns)- Eran os donos das materias-primas, das máquinas e
das fábricas.
 Proletariado (obreiros)- Vendían a súa forza de traballo a cambio dun
salario.
A invención de novas máquinas industriais foi patrocinada pola burguesía e
por algúns gobernos e aceleraran aínda máis o ritmo da produción.
A pesar deses cambios nas formas de produción, o artesanado continuou a
existir. É o caso de artesanado de obxectos de decoración, algúns tipos de roupa e de
mobles.

Expansión da Revolución Industrial.


Os historiadores apuntan varias diferenzas no proceso da Revolución
Industrial. Polo que é posible identificar nese longo proceso ata tres grandes
momentos, que serán abordados a continuación.

Primeira Revolución Industrial.


Entre os séculos XVIII e XIX, ocorreu un proceso chamado Primeira
Revolución Industrial. Nese período, a industrialización estivo máis concentrada en
Inglaterra, onde houbo un crecemento acentuado da industria téxtil, da minería e da
metalurxia.
Entre as súas principais invencións, podemos citar:
 O tear hidráulico, creado por Richard Arkwright. Esa máquina era
capaz de producir tecidos de lá e algodón en gran cantidade. Por
depender da auga, moitas fábricas de tecidos eran instaladas á beira dos
ríos. Utilizábase, sobre todo, a lá producida en Inglaterra e o algodón
producido nas colonias británicas de América e de Asia.
 O motor a vapor, creado por James Watt, en 1769. Inicialmente, foi
utilizado para mover os teares, o que permitiu que as fábricas de tecidos

4
A Revolución Industrial 5

se establecesen en calquera lugar, mesmo lonxe dos ríos. Ademais de


usarse nos teares, o motor de vapor provocou gran impacto nos
transportes. Primeiro, ese motos foi utilizado por “cabalo mecánico” para
empuxar os vagóns de carbón das minas. Despois foi usado en barcos e
trens. Os motivos a vapor aumentaron de forma impresionante a
velocidade dos medios de transporte. Por substituír a forza dos cabalos,
decidiu medirse a potencia dos novos motores en HP, abreviación
inglesa de horse power (cabalo de forza)
As máquinas a vapor estaban feitas de ferro e abastecidas de carbón mineral,
o que estimulou o desenvolvemento da metalurxia e da minería.
A comezo do século XIX, foron creados o navío e a locomotora a vapor. Esas
máquinas diminuirán o tempo das viaxes. O percorrido entre as cidades de Londres e
Glasgow, que levaba 12 días a cabalo no século XVIII, pasou a ser feito en dous días e
medio de tren.

Segunda Revolución Industrial.


A partir de mediados do século XIX, ocorreu unha Segunda Revolución
Industrial. Nese momento, a industrialización expandiuse por varios países de
Europa (Bélxica, Francia, Alemaña e Italia) e de outros continentes (como Estados
Unidos e Xapón). Eses países convertéronse en grandes potencias capitalistas e
disputaran o dominio de territorios en África e en Asia e de mercados en América
Latina.

O baile público, pintura feita en 1880 por


Jean Beraud que representa unha das
primeiras rúas iluminadas con lámpadas
eléctricas en Paris, Oleo sobre tela.

En moitos casos, o aceiro é utilizado no lugar do ferro por


ser máis resistente e oxidarse menor. o bravado, feito por
Alfred Waud, en 1876, representa as operacións
realizadas na siderúrxica inglesa Bessemer.

Esa revolución esta caracterizada polo


desenvolvemento de novos materiais, fontes de
enerxía e pola implantación de novos medios de
transporte e de comunicación. Como foron:
 O uso do aceiro na produción de
ferramentas, máquinas, raís de tren,
edificios, pontes

5
A Revolución Industrial 6

 O emprego da enerxía eléctrica en motores industriais, trens


ferroviarios, iluminación.
 Ademais diso, foron producidos derivados do petróleo como o diesel, a
gasolina e o querosen; que se converteron nos principais combustibles
dos novos medios de transporte.
A partir do século XIX, diversos países foron cortados por milleiros de
quilómetros de liñas ferreas, por onde circulaban locomotoras a vapor, a diesel e
eléctricas. Entre os séculos XIX e XX, foron producidos os primeiros avións e
automóbiles modernos. Tamén nesa época foron creados o telégrafo, o telefono,
a radio, o cine e a televisión.

A aviación foi desenvolvida principalmente a partir dos


inventos do brasileiro Alberto Santos e dos estadounidenses
irmáns Wright. Na fotografía Santos Dumont inicia o voo en
Bagatelle, próximo a Paris (1906)

Terceira Revolución Industrial.


Desde mediados do século XX, vense dando a Terceira Revolución
Industrial. Nese período, foron desenvolvidas novas tecnoloxías, como a
informática, a microelectrónica, a robótica e a enxeñería xenética.
A Terceira Revolución esta marcada pola substitución de varios traballos
humanos por robots, por novas formas de división do traballo, pola intensidade da
globalización e pola cultura dixital, entre outros.
No século XXI, os avances tecnolóxicos da biotecnoloxía e da informática
ofrecen solucións para graves problemas, como a fame e varios tipos de doenzas,
que atormentan a humanidade. Porén, o desafío para resolver eses problemas
dependen máis de decisión política e éticas do que de tecnoloxía dispoñibles.

Impactos da Revolución Industrial.


Dende a Primeira Revolución Industrial, a vida cotiá das persoas pasou por
transformación, así como as relacións de traballo, a dinámica das cidades e o medio
ambiente. Tales cambios provocaran impactos na poboación e movementos de
pobos, mercadorías e culturas.

No ritmo do reloxo.
Antes da Revolución Industrial, o tempo era basicamente contado e
organizado en función de actividades como a agricultura, a cría de animais, o
comercio e a celebración de festividades relixiosas. Ademais diso, contar o tempo
estaba asociado a fenómenos da natureza (choivas e secas, calor e frío, o día e a
noite).
Coa Revolución Industrial, a relación que as persoas mantiñan co tempo
cambiou profundamente. Nas industrias, os traballadores precisaban adaptarse ó
ritmo do reloxo, da máquina, dos seus xefes e dos donos das fábricas.
A partir dese momento, marcar o tempo de forma precisa converteuse
fundamental, pois difundiuse a idea de que “tempo é diñeiro”. Nas sociedades

6
A Revolución Industrial 7

industriais, xurdiran expresións populares como “perder o tempo”, “gañei tempo” e


“Deus axuda a quen madruga”.

Wentworth Street. Ilustración feita por Gustave


Doré para representar o ambiente dunha rúa no
barrio londinense de Whitechapel en 1872.

Actualmente, as relacións co tempo


pasan por cambios que están asociados ás
novas tecnoloxías da comunicación,
conectividade entre persoas, pola
instantaneidade das informacións e velocidade
dos transportes. Así como noutras épocas, esas
alteracións nas formas de relacionarse co
tempo provocan espanto e admiración.

Traballo nas fábricas.


Durante o proceso de industrialización,
milleiros de traballadores do campo migraran
cara as cidades, onde se converteran en obreiros. Porén, o traballo nas fábricas era
ben diferentes das actividades que facían no campo.
En xeral, as fábricas eran ambientes precarios e insalubres. Moitos edificios
estaban sucios, escuros, cheos de po e pouco ventilados. Nas fábricas de tecidos, con
frecuencia, os obreiros contraían doenzas respiratorias por mor dos fíos de lá ou
algodón que existían no aire.
Co obxectivo de aumentar os beneficios, os donos das fábricas explotaban os
obreiros ó máximo. Os obreiros ingleses, por exemplo, recibían salarios tan baixos
que familias enteiras eran obrigadas a traballar para sobrevivir, incluído os nenos. A
xornada de traballo podía chegar a 15 horas por día.
Todas as tarefas dos obreiros tiñan horarios definidos e a vida destes pasou a
ser controlada pola “tiranía do reloxo”. Ademais diso, pedíaselles os obreiros moita
disciplina e a execución de tarefas bastante repetitivas. Nalgúns casos, os
traballadores sofrían malos tratos e diversos tipos de castigos, que incluían dende
ameazas ata agresión física.

Traballo feminino e infantil.


O traballo feminino e infantil non xurdiu coa Revolución Industrial. Dende os
tempos máis antigos, mulleres e nenos traballaban na agricultura, na cría de animais
e no artesanado. Pero, coa Revolución Industrial, mulleres e nenos pasaran a traballar
en lugares cada vez máis distantes das súas casas, baixo unha disciplina severa,
facendo longas xornadas de traballo e recibindo salarios máis baixos que os dos
homes.
Ó saír da casa para traballar, as mulleres pasaran a acumular o traballo na
fábrica e, logo, o traballo doméstico e o coidado dos fillos. É a chamada dobre ou
tripla xornada de traballo, unha inxustiza que continúa sendo común aínda nos nosos
días.

7
A Revolución Industrial 8

A man de obra infantil foi intensamente empregada nas fábricas. Os nenos


traballaban en condicións semellantes ás dos adultos, o que provocaba serios danos
na súa saúde, como dores no corpo e doenzas crónicas (bronquites e alerxias). Eles
tampouco tiñan acceso a educación.

Gravado do xornal
Harper´s cara o 1868,
representa
traballadores saíndo
dunha fábrica nos
Estados Unidos. É
posible observar a
presenza de persoas
de todas as idades, de
nenos e maiores.

Gravado retratando traballadores dunha mina de carbón en 1842. Nesa época, mulleres e
nenos traballaban en lugares como ese arrastrándose por pequenos túneles para transportar
carbón.

Movementos obreiros.
En Inglaterra, a finais do século XVIII, comezaran a xurdir os primeiros
movementos de obreiros que reivindicaban mellores condicións de traballo.
En 1791, foi inaugurada a Albión Mills, primeira fábrica londiniense que usou
a enerxía a vapor. Non mesmo ano, a fábrica foi incendiada por obreiros anónimos
que resistían o que chamaban “os muíños satánicos”.
Entre 1811 e 1812, grupos de obreiros invadirán fábricas e destruíran
máquinas por consideralas símbolos de opresión. Ese movemento obreiro foi
coñecido como Ludismo, nome que se refire a Ned Ludd, un obreiro que rompeu
máquinas no seu lugar de traballo. Como consecuencia deses actos, os luditas foron
severamente castigados polo goberno inglés
A comezo do século XIX, os traballadores organizáranse para defender os
seus dereitos e crearan os primeiros sindicatos. Co obxectivo d negociar mellores
condicións de traballo, os sindicatos lideraban folgas e piquetes nas fábricas. De

8
A Revolución Industrial 9

modo xeral, as folgas eran violentamente reprimidas pola policia. A forza dos
sindicatos era tan grande que, en Inglaterra, estes chegaran a ser prohibidos entre
1799 e 1824.
Despois de anos de
loitas e dificultades, os
obreiros ingleses conquistaran
dereitos, como a redución das
xornadas de traballo e a
prohibición do traballo
infantil.

Luditas quebrando máquinas


durante as protestas. Deseño
feito no século XIX.

Industrialización e
urbanización.
Un dos efectos da
Revolución Industrial foi o
aumento da poboación e o
crecemento das cidades. En Europa, esa situación foi moi visible, especialmente ó
longo do século XIX.
De acordo co historiadores francés Rene Rémond, en 1801 existían apenas 23
cidades europeas con máis de 100 mil habitantes. En 1900, eran 135 cidades.
A comezo do século XIX, apenas Londres e París tiñan unha poboación que
sobrepasaba 500 mil habitantes. O final desde século xa había 19 cidades con máis
de medio millóns de habitantes.
Actualmente, máis da metade da poboación mundial vive no medio urbano.
Hai centros que superan os 10 millóns de habitantes, como Sao Paulo, Xangai
(China), Mumbai (India), Toquio (Xapón), Nova York (Estados Unidos) e Cidade de
México (México).

Industrialización e medio ambiente.


Durante a Revolución Industrial, foron creadas máquinas impresionantes
como o avión, o telefono, o cine. Ó mesmo tempo, a expansión das fábricas e o
aumento do consumo de produtos provocou graves danos ó medio ambiente.
Nas sociedades industriais, o carbón mineral (a partir de 1760) e os derivados
do petróleo (a partir do século XIX) convertéronse en importantes fontes de enerxía.
A queima deses combustibles libera substancias tóxicas que contaminan o aire, o
chan e as augas.
Ata mediados do século XX, na maioría dos países industrializados, non era
obrigatorio o uso de filtros nas chemineas das fábricas e os escapes dos autos,
tampouco houbo tratamento axeitado para a contaminación das cidades. A polución
impactou na vida de milleiros de persoas, causando doenzas e mortes en razón, por
exemplo, de problemas respiratorios.

9
A Revolución Industrial 10

A maioría das persoas non tiñan consciencia de que os recursos naturais eran
limitados e de que as accións humanas causan fortes impactos no medio ambiente.
Actualmente, iso está mudando.
A preservación do medio ambiente é unha das principais cuestións do mundo
contemporáneo. Cada vez máis, cidadáns e institucións preocuparanse pola ecoloxías
e o desenvolvemento sustentable. É urxente a concienciación de que os recursos
naturais poder acabar e que o medio ambiente non soporta un crecemento
económicos irresponsable. Así, multiplícanse iniciativas que vixían a redución da
produción de residuos, o uso responsable da auga, a implantación do uso de
enerxías limpas, entre outras.

10

You might also like