You are on page 1of 63

A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! !

UXÍA PIÑEIRO BARCIA

A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA,
análise e conversas con quince fotógrafos galegos

Uxía Piñeiro Barcia, maio de 2013


TRABALLO DE FIN DE GRAO
Comunicación Audiovisual
Titor: Jorge Lens Leiva

Universidade de Vigo
Facultade das Ciencias Sociais e da Comunicación

PÁGINA 1 DE 301! ! 1
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

Agradecementos:
A Marcos Ferro polos consellos e os ánimos ante os nervios do principio e
a Carla Avión e Esteban Vilela por aturarme nos altos e baixos destes catro
meses de traballo. En especial tamén a todos os fotógrafos que me axudaron a
compoñer este pequeno achegamento á comprensión da fotografía actual grazas
ás súas opinións e vivencias compartidas. Tampouco quero esquecer a cultura
visual que me aportaron meus pais dende a miña infancia.

Uxía Piñeiro Barcia


Pontevedra, maio de 2013

PÁGINA 2 DE 301! ! 2
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

ÍNDICE
‣ OBXETO DE ESTUDO ……………………………………………………………………………. 4
‣Os cambios na fotografía coa chegada dos sistemas dixitais ….. 4
‣ OBXECTIVOS ………………………………………………………………………………………….. 5
‣HIPÓTESE DE TRABALLO ………………………………………………………………………… 6
‣ESTADO DA CUESTIÓN …………………………………………………………………………… 7
‣METODOLOXÍA ………………………………………………………………………………………… 8
‣Guión de cuestións para as entrevistas ………………………………………. 9
‣As entrevistas ……………………………………………………………………………….. 11

‣BREVE HISTORIA DA FOTOGRAFÍA ………………………………………………………… 15


‣UNHA CONVERSA FICTICIA ……………………………………………………………….…… 18
‣A dixitalización da fotografía ………………………………………………………. 18
‣A fotografía profesional, rutinas laborais …………………………………… 23
‣Fotoxornalismo ……………………………………………………………………. 26
‣A fotografía de estudio ……………………………………………………… 32
‣O mundo da arte ………………………………………………………………. 33
‣A fotografía como documento …………………………………………….……….. 37
‣A sociedade dixital ……………………………………………………………………….. 40
‣A intimidade e a memoria social ………………………………………. 43
‣Os problemas da proliferación de información ………………… 45
‣Coexistencia de ambos sistemas ………………………………………………… 48
‣Apreciacións xerais dos profesionais .………………………………………….. 50
‣A fotografía …………………………………………………………………………. 50
‣Os fotógrafos ……………………………………………………………………… 52
‣A fotografía en Galicia ……………………………………………………….. 53

3
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

‣TRANSCRIPCIÓNS ………………………………………………………..…………………….…… 56
‣Javier Teniente ……………………………………………………………………………... 57
‣ Xurxo Lobato ………………………………………………………………………………. 71
‣Mercedes Moralejo ……………………………………………………………………….. 82
‣Xulio Villarino ………………………………………………………………………………... 97
‣Ricardo Grobas ……………………………………………………………………………. 115
‣Miguel Riopa …………………………………………………………….………………….. 128
‣Carlos Puga …………………………………………………………………………………. 148
‣Andrea Costas ……………………………………………………………………………... 164
‣Juan Pablo Moreiras …………………………………………………………………… 182
‣Manuel Sendón ……………………………………………………….…………………… 189
‣Jose María Santoro………………………………………………………………………. 211
‣Gago Pesqueira ……………………………………………………………………………. 225
‣Vítor Nieves ………………………………………………………………………………….. 253
‣Xulio Correa …………………………………………………………………………………. 269
‣Vari Caramés ………………………………………………………………………………... 279
‣CONCLUSIÓNS ……………………………………………………………………………………….. 296
‣BIBLIOGRAFÍA ………………………………………………………………………………………….. 297
‣Videografía ……………………………………………………………………………………. 298
‣Webgrafía ……………………………………………………………………………………… 298

4
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

OBXECTO++DE++ESTUDO
OS CAMBIOS NA FOTOGRAFÍA
COA CHEGADA DOS SISTEMAS DIXITAIS

A chegada do dixital comezou xerando unha certa desconfianza. A súa


natureza etérea provocou diversos debates cuxos derradeiros sopros seguen
atormentando a unha sociedade xa totalmente dixitalizada.
Un dos maiores cambios é relativo á proliferación cada vez maior de
imaxes de calquera procedencia. Os novos medios de comunicación interpersoal e
informativa introduciron a imaxe en todos os ámbitos e a inmediatez como
premisa principal. A vida nesta parte do planeta industrializado chegou á
hiperrealidade: “Vivir rodeados de pantallas de información e pracer que nos
illa” 1.
A pesar de que esta forma de vida xa está máis que instaurada na
sociedade, as transformacións dos sistemas sempre son dalgunha maneira
conflitivos, tanto individual como colectivamente. O debate e o medo diminuíu
considerablemente pero seguimos a experimentar cambios veloces e as respostas
cara eles son diversas.
A fotografía é unha das disciplinas que máis se viu afectada por todas
estas novas circunstancias. O seu papel na sociedade trocou cada vez máis
comercial e consumista. Deberon de modificarse os parámetros de labor, de
modificación, de difusión e incluso certos oficios quedaron obsoletos. A figura de
fotógrafo de estudio, se quere sobrevivir, debe inclinarse cara a fotografía
comercial. Os fotoxornalistas son menosprezados pola sinxela manipulación que
posúen da opinión pública e pola fraxilidade da súa autoría na infinidade da rede
internauta. O mundo do arte é o que ten maior liberdade de elección de
sistemas, os máis antigos conviven cos recén nacidos, pero a crise económica
mundial e a saturación de imaxes fai que teñan que saír na procura de novos
recursos formais e expresivos, novas hibridacións.
A pesar de todo, o analóxico inda nos acompaña, incluso se imita a súa
estética cos novos sistemas dixitais. Hai vellos profesionais que o defenden e
novos que o recuperan para coñecer dende dentro á fotografía.
Por outra parte, a memoria social sempre estivo ligada á fotografía por
considerarse un espello do instante captado pero incluso esta concepción se está
vendo afectada pola asimilación da cada vez maior distancia entre realidade e a
imaxe.

1 WALKER, Ian, La imagen fotográfica en la cultura digital, Paidós Ibérica, Barcelona, 1997, capítulo 11.
5
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

OBXECTIVOS
O meu obxectivo é recompilar as experiencias dos propios profesionais da
fotografía en Galicia para obter a través da súa opinión respecto ós temas máis
controvertidos, unha idea xeral e máis afín á realidade do que está a supoñer
esta época convulsa de redefinicións apoiadas en sucesos pasados.
Para comprender os cambios actuais témonos que enfrontar a cuestións
relativas ás maneiras de ver o que estamos deixando atrás ou ó grao de ruptura
que todo isto supón. Polo que os asuntos tratados abordan a evolución dende
unha visión histórica, só así poderase aprender dos erros conceptuais e
actitudinais pasados.
Por outra parte, “non se conseguirá entender o significado das novas
tecnoloxías sen relacionalas coa cultura fotográfica”. Partindo desta premisa de
Martin Lister2 , a contextualización da actual situación social no referente ás
imaxes era de vital importancia.
Desta maneira, exporanse as preocupacións relativas á fotografía a cerca
do rumbo que leva social e profesionalmente tras os cambios tecnolóxicos e
conceptuais.
Gardel dicía que “Veinte anos no es nada” e é certo que a imaxe dixital
inda ten moito que evolucionar, pero xa se instaurou o suficiente na sociedade
como para que se poidan ter opinións fundamentadas na experiencia sobre todo
do que supón, o que supuxo e o que suporá. Coa opinión dos profesionais en
activo, que están en contacto con todos eses cambios, que os sofren ou os
gozan, podemos adoptar unha postura crítica máis concreta e sustentada de cara
a estes sucesos.

2 LISTER, Martin, La imagen fotográfica en la cultura digital, Paidós Ibérica, Barcelona, 1997, Introducción.
6
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

HIPÓTESE++DE++TRABALLO
A era dixital relativamente acaba de nacer. Moitas veces dá medo, todo
aquilo que fai uns anos só víamos a través da ciencia e ficción está comezando
a entrar pola porta da casa. Todo se automatiza, a tecnoloxía está ata no último
recuncho das nosas, da ciencia ata o ocio. Isto fixo que tantos os hábitos de
consumo como os laborais sufriran un revés considerable.
Neste caso, a materia en cuestión é a fotografía, actualmente ligada ás
redes sociais e Internet. Os cambios na súa percepción pero sobre todo na súa
presenza levan a restituír a súas funcións. En especial destaca a cada vez maior
desconfianza cara o seu uso e sobre todo a súa veracidade respecto á
tradicional concepción de obxecto de captación da realidade. Os medios de
comunicación son sospeitosos da manipulación ideolóxicas, da opinión pública ou
da historia. As polémicas que concirnen á manipulación da imaxe ás veces
incluso semellan desvinculadas do problema real, pois xa hai bastantes anos que
se asimilou que a obxectividade non é máis que unha idea utópica.
Os medos e mitos creados ó redor do dixital tocan moi preto á fotografía.
A calidade da imaxe persoal tanto de personaxes públicos como civís vese en
perigo pola presenza constante de dispositivos de captura e de transmisión. O
efémero da fluidez e durabilidade dos novos formatos. As novas transaccións
comerciais impersoais...
A fotografía analóxica a penas ten presencia hoxe en día a pesar de que
nos últimos anos se caera nunha moda social de ter relación cos obxectos
antigos, a artesanía está en boga a pesar de que economicamente siga sen ser
rendible. A coexistencia do vello e o novo depende do interese da sociedade
pero este pode estar condicionado polas decisións do mercado polo que é
complicado previlo.
A pesar de que os xéneros se fosen diluíndo, pois unha fotografía
concibida para un uso pode ser empregada para calquera outro dependendo da
súa situación e repercusións que se lle aplique, o impacto nuns traballos
fotográficos foi diferente ós doutros. Os laboratorios e tendas persoais
desaparecen para dar paso a multinacionais con máquinas que non precisan de
expertos, o xornalismo vese ameazado por intereses comerciais e polo traballo
non profesional e na arte a fotografía acompaña a obras de calquera índole.
A popularización da fotografía ten distintas vertentes, boas e malas, lóxicas
e rebatibles. Reflexionar sobre esta situación, como chegamos e cales son as
distintas posturas, axudaranos a asimilala con maior afabilidade e satisfacción.

7
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

ESTADO+DA+CUESTIÓN
A pesar de ser un tema do que moito se fala e se ten falado, que incluso
pode saltar nunha conversación cotiá en calquera momento, non está demasiado
tratado globalmente e moito menos de maneira tan achegada ós profesionais. De
feito, a fotografía en España non foi estudada especificamente ata ben entrados
os anos oitenta, nin a súa labor social, nin artística nin documental. Actualmente
existen moita documentación útil adicada tanto a súa historia como a súa técnica
ou estética, pero a problemática dixital é algo do que só algúns autores falan,
tanto en publicacións editoriais como xornalísticas.
Joan Fontcuberta podería ser algo así como a eminencia española neste
tema. Acuñou o termo de “postfotografía”, referido á fotografía internauta, aquela
que envía e intercambia mensaxes e é realizada polo novo cidadán-fotógrafo.
Publicou diversos libros e segue facéndoo, realizou exposicións e imparte
seminarios internacionalmente abordando o tema de imaxe fotográfica en Internet,
dos seus usos e a súa repercusión. Non é historiador, pero tamén se interesa
pola contextualización das súas teorías. O máis semellante ó presente proxecto
que ten este autor é o libro Joan Fontcuberta habla con Cristina Zelich, onde se
transcribe unha amistosa charla sobre a fotografía tocando diversos temas de
actualidade, pero máis enfocados a problemas conceptuais de índole artística.
Son varios os libros que compilan ensaios de diversos autores acerca da
fotografía e os seus cambios, pero non especificamente sobre a dixitalización da
fotografía. Quen si atendeu ás distintas opinións de profesionais en activo foi
Martin Lister, alá polo ano 1997, cando a imaxe dixital irrompía aínda que de
maneira discreta. No libro La imagen fotográfica en la era digital están impresas
as primeiras preocupacións, a visión dos cambios e un análise do anterior
ademais dunha ampla visión sobre os conceptos tradicionais e novos máis
importantes da fotografía.
A outro nivel, máis práctico no sentido de creativo e con outros obxectivos
totalmente diferentes, está un dos proxectos colectivos editoriais que está a
desenrolar Xulio Villarino pretende “un pouco contar esta sociedade tan
cambiante co tema da crise. Documentar ese proceso cambiante no que está a
sociedade para entender de onde vén a fotografía, a onde vai, onde vamos
nós”3.
Este proxecto está pensado coma unha conversa coral irreal entre
profesionais da fotografía, coma un documental de modalidade expositiva,
ofrecendo ademais unha contextualización histórica e social, polo que só se
parece ós anteriores anecdoticamente.

3 Extraida da conversa mantida con Xulio Villarino o día 27 de marzo de 2013 para a elaboración deste
traballo.
! ! 8
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

METODOLOXÍA
! Para abordar este tema denso de actualidade as fontes de información
debían de ser abundantes. Existen moitas opinións ó respecto e para poder
conformar a miña persoal dunha maneira sólida o mellor camiño é coñecer a
maior cantidade posible. Así pois, o meu titor neste proxecto, Jorge Lens,
ofreceume os seus contactos no eido da fotografía en Galicia para poder
realizarlles entrevistas persoais a profesionais que viviran na súa propia pel todos
eses cambios que o resto dos aficionados vimos dende unha distancia prudencial.
Os autores anteriormente citados, Joan Fontcuberta e Martin Lister, xunto
cos seus coetáneos, foron unha gran base para comezar a sustentar unha liña
argumental definida, como abordar o meu tema. A partir de ler e documentarme,
elaborei unha serie de preguntas guía que levaría ás entrevistas.
Ó principio non tiña moi claro cantos quería que fosen, pero si que
pertenceran a diferentes áreas da fotografía: o fotoxornalismo, a fotografía de
autor e a fotografía de estudio. Quedan moitas máis -a publicitaria, a
experimental, a amateur...-, pero para unha primeira e xeral visión pareceume
suficiente. De todos xeitos, os límites entre xéneros son cada vez máis febles e a
repercusión social da dixitalización da fotografía é visible para calquera fotógrafo
profesional, independentemente do seu campo.
Finalmente o número de participantes quedou en quince. Quince
profesionais galegos reputados que responderon a cuestión relativas ós cambios
na percepción social da fotografía ou da propia figura do fotógrafo profesional,
sobre a memoria e a realidade fotográfica, pero tamén a cerca do seu traballo
persoal, os seus inicios, as rutinas, os seus proxectos ou as súas manías á hora
de disparar o aparello.
Os interrogantes que levei a cada cita foron as indicadas na páxina
seguinte, pero en ningún momento pretendín seguilas ó pé da letra. Concibín as
entrevistas como conversas, unha oportunidade para que soltaran todos os seus
pensamentos ó redor da práctica fotográfica. Segundo o rumbo que fose
tomando a fala, fun empregando unhas ou outras preguntas, eliminando moitas e
improvisando tantas, pretendendo non explicar moito ó que me refería para que
as entendesen segundo a súa experiencia. Non quixen impoñer ningún tipo de
orde para así reflectir os intereses de cada un segundo o que fosen comentando
pero para dar inicio á entrevista propiamente dita, empreguei como comodín o
querer saber cales eran os seus proxectos actuais. Iso facíame situarme no seu
labor dunha maneira máis limpa, xa que aínda que me documentei con
anterioridade sobre a labor de cada un en internet, as páxinas web podían non
estar actualizadas ou non estar o suficiente definido como para difundilo.

9
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

GUIÓN DE CUESTIÓNS PARA AS ENTREVISTAS

PREGUNTAS PERSOAIS
‣ Para situarnos un pouco. Que proxectos estás a desenvolver actualmente? E
que equipo empregas?
‣ Que foi o que te levou a achegarte á fotografía?
‣ Pasácheste definitivamente ó dixital ou segues empregando o analóxico en
algún traballo?
‣ Que é o que che resulta máis difícil de captar nunha fotografía?
‣ Que consideras máis importante: o encadre ou o concepto, a plasmación de
ideas?
‣ Implícaste emocionalmente ou a cámara supón unha barreira illante?
‣ Comprobas constantemente o resultado ou inda tes a costume de agardar a
rematar o traballo para visualizalo?

CAMBIOS NA FOTOGRAFÍA
‣ Hai vinte anos díxose que a dixitalización ía ser un cambio equivalente á
aparición da perspectiva no Renacemento. Secúndalo? No momento fuches
consciente do cambio que ía a supor?
‣ Existía un medo profesional polo “faio ti mesmo”, pola facilidade que ofrecen as
novas tecnoloxías. Segue a existir ou cres que a xente segue valorando as
capacidades dun profesional inda que este non traballe artesanalmente?
‣ A vida moderna está ateigada de imaxes, na súa maioría fotográficas. Esa
sobresaturación fai que os profesionais teñan máis complicado darse a coñecer e
facerse valer? O que gañaron en facilidade de produción perdérono en
recoñecemento ou status social?
‣ A dixitalización da imaxe incluíu na esfera pública a vida privada, o interior do
fogar, as escenas que antes só podían cualificar de interesantes os profesionais.
Periga a visualización da liña entre a naturalidade das representacións e o
escatolóxico?
‣Os fotógrafos modernistas cualificaban de “directa” á fotografía non manipulada.
Cres que de algún xeito existe a fotografía directa?
‣ Estás a favor ou en contra do Photoshop?
‣ Cres que coa dixitalización e a inmediatez que esta leva, as tendencias visuais
cambian cada vez máis rápido ou son máis efémeras?
‣ Que método empregas para protexer as túas fotografías máis valiosas?

10
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

‣ Dado o férreo consumismo que nos rodea, por que cres que triunfou a
fotografía dixital e no seu tempo non tanto as cámaras de usar e tirar?
‣ Notas máis lixeireza cos novos equipos?
‣ O sistema de distribución é máis sinxelo ou máis esixente?
‣ Achégate o dixital ó cliente?
‣ Como cres que afecta a inserción da fotografía dixital nas relacións sociais?
‣ Cres na posibilidade de coexistencia do analóxico e o dixital por moito máis
tempo, inda que sexa en inferioridade de condicións por parte da analóxica, ou
tan só estamos a vivir unha moda froito da nostalxia pola tranquilidade de
tempos pasados non tan remotos?
‣ A xente ten menos pudor a ser fotografada?
‣ Como está actualmente a saúde da fotografía en Galicia respecto ó panorama
español ou europeo?

FOTOXORNALISMO
‣ É máis sinxelo agochar unha tarxeta de memoria que a cámara analóxica
enteira, quero dicir, notaches diferencias á hora de ter liberdade de fotografar o
que non se debe?
‣ A dixitalización levounos á hiperrealidade e esta á insensibilización ante imaxes
cargadas de violencia. Que estado prefires, a insensibilización ou a ignorancia?

FOTÓGRAFOS DE ESTUDO
‣ A fotografía doméstica leva a fabricación ou mantemento dun arquivo
memorístico estable. Sentes esa responsabilidade cando retratas? Esvaeceuse a
parte da presión ó poder elixir os clientes a súa foto favorita?
‣ A era dixital achegou ó fotógrafo a familias alleas?
‣A xente vexe máis relaxada no estudio?

FOTOGRAFÍA DE AUTOR
‣ Cambiou o centro de interese do obxectivo para os profesionais? E para os
analistas de arte?
‣ Supón máis liberdade de expresión o incremento de técnicas ou segues a
preferir o acabado clásico inda que efectivo?

11
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

AS ENTREVISTAS

As entrevistas foron realizadas ó longo do mes de abril do ano 2013-


empezando a finais de marzo e rematando antes de finalizar o mes-. O tempo
empregado nelas non foi ríxido, dependendo da persoa oscilaron entre os
cincuenta minutos e as tres horas. Para elas contactei cos fotógrafos a través do
teléfono e quedamos persoalmente segundo lles fose máis cómodo: unha
cafetería, o seu estudio/despacho ou a súa propia casa, a excepción de Vítor
Nieves, que por distancia e falta de tempo o contacto tivo que ser
exclusivamente telefónico. Desta maneira, a conversa estableceuse informal,
persoal e moito máis didáctica que se todas fosen por medios de comunicación.
Resumidamente estes son os entrevistados e o seu labor máis destacado
para este proxecto. Todos son fotógrafos en activo menos Gago Pesqueira e
Santoro, xubilados pero que seguen a experimentar con procesos analóxicos. Co
primeiro contactei grazas ó segundo, que escollín por intuír unha visión
completamente diferente da entrada do dixital.

FOTOXORNALISMO
‣ Javier Teniente: Comezou en xornais locais e rematou cubrindo grandes
conflitos e desastres naturais. Agora adica o seu traballo a retratar o mundo e a
relación do home con este.
‣ Xurxo Lobato: É un dos referentes en fotografía de Galicia. Sendo xefe de
fotografía da Voz de Galicia impulsou a dixitalización do arquivo. Hai tempo que
traballa pola súa conta, entre outras cousas misturando a labor de
fotodocumentalismo coa súa faceta como autor.
‣ Mercedes Moralejo: Exerce de xefa de fotografía da delegación de Vigo da Voz
de Galicia. Está enamorada do seu traballo e das facilidades do dixital pero na
súa vida persoal non emprega demasiado ningunha das dúas cousas.
‣ Xulio Villarino: É fotoxornalista freelance da Axencia Cover pero cada vez
síntese máis cómodo en colaboracións editoriais ou elaborando os seus proxectos
propios para así poder imprimir a súa persoal mirada nas fotografías.
‣ Ricardo Grobas: O xefe de fotografía do Faro de Vigo tamén publica a súa
visión documental do entorno que o rodea, o mar e os seus traballadores.
‣ Miguel Riopa: Delegado en Galicia da axencia internacional France Press, tivo
traballado xa en outras axencias de renome: EFE e AP. Coa documentación dos
desastres ecolóxicos de Galicia ou a cobertura de eventos deportivos de
importancia acadou un nome propio.
‣ Juan Pablo Moreiras: Este biólogo reconvertido en fotógrafo, especializouse en
grandes reportaxes emotivos en zonas en conflitos pero sobre todo na defensa
da natureza. O seu recoñecemento é a nivel internacional.
12
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

FOTOGRAFÍA DE AUTOR
‣ Andrea Costas: Aínda que persoalmente non se considera fotógrafa nin moito
menos, a súa obra mereceu a atención e o recoñecemento de moitos. Na
actualidade é profesora de historia e técnica de fotografía nunha escola de
deseño.
‣ Manuel Sendón: O profesor de fotografía da Facultade de Belas Artes de
Pontevedra está en constante movemento, sexan proxectos fotográficos propios
ou individuais, emprega neles todos os seus anos de coñecemento, a calidade do
analóxico e as comodidades do dixital.
‣ Carlos Puga: Gana a vida con fotorreportaxes de encargo para grandes
publicacións españolas pero o que de verdade o motiva é madurar proxectos
persoais con calquera tipo de material: analóxico ou dixital.
‣ Vítor Nieves: O máis novo dos participantes é xestor, comisario e organizador
de arte, pero non esquece a súa propia obra que bebe constantemente das
novas tecnoloxías.
‣ Vari Caramés: É un dos máis recoñecidos artistas fotográficos de Galicia a nivel
nacional grazas a súa particular mirada. Di que do erro fixo o seu estilo.

FOTOGRAFÍA DE ESTUDIO
‣ José María Santoro: Acaba de xubilarse pero xunto a súa muller rexentou o
estudio máis coñecido do pobo de Cangas. Por outra parte, el provén do campo
das Belas Artes e traballou con distintos procesos analóxicos para a súa obra.
‣ Gago Pesqueira: Está xubilado pero ganou a vida como fotógrafo de estudio e
empresario de químicos fotográficos, aínda que a súa paixón é a experimentación
con procesos fotográficos. Acompañouno durante a visita Ricardo Alcalde, o seu
alumno e seguidor das súas teorías.
‣ Xulio Correa: Inda que a súa práctica máis reputada é a fotografía artística,
actualmente dirixe a empresa XCA coa que realiza fotografía de estudio para
comercio e publicidade.

Unha vez realizadas as entrevistas, foron transcritas literalmente grazas ás


gravacións sonoras recollidas en cada unha delas exceptuando a de Juan Pablo
Moreiras e unha parte da de Xulio Correa. Tales imprevistos foron solucionados
tomando notas e escribindo os meus recordos nada máis chegar xunto o meu
ordenador. Esa literalidade que me leva ó extremo de plasmar os cambios no
idioma falado polos protagonistas, de galego a castelán, xustifícase por incluír
dunha maneira máis afín a personalidade de cada interlocutor, pois do xeito de
falar pódese intuír o lugar de procedencia, a súa cultura ou o seu carácter. Tan
só foron omitidas certas reiteracións propias da conversa oral ou algún que outro
comentario persoal que non vén ó caso da entrevista. Non fixen o mesmo á hora
de incluír citas ó longo da recompilación de ideas, pois traducinas completamente
13
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

ó galego normativo para darlle unha coherencia e unha unidade dialectal. Tan só
certas palabras da linguaxe coloquial que aínda non están admitidas pola Real
Academia Galega, son complicadas de formalizar polo que moitas das veces
deixeinas tal cal, indicadas con cursiva. Son palabras tales como vintage,
gusanillo, cachondeo... ou o exemplo de ráfaga, que en galego dise refacho, un
golpe de vento, pero en linguaxe fotográfico non considero que sexa esa a
tradución.
Tras este traballo, o seguinte paso foi separar as partes máis importantes
do dito por cada un e separalas polos temas tratados, subliñar as frases máis
significativas e seguir lendo a outros autores para conformar unha idea conxunta.
Isto foi para poder expoñer un discurso a través das citas dos profesionais, como
se fose unha conversa irreal entre eles onde o meu papel é a de directora dos
temas e quen expón os antecedentes e as visións máis comúns. Este formato de
entrevista coral pareceume o máis axeitado para expoñer as súas opinións e
reflexións ordenadamente e dunha forma literal xa que é significativo o seu
pensamento nos temas tratados. Non quixen que se perdera a súa voz para só
aportarme información para eu interpretala.
Así pois, finalmente o groso deste proxecto componse por unha sucinta
visión da evolución da fotografía ó longo da Historia, facendo fincapé nos
cambios tecnolóxicos e formais así como ós transicións conceptuais e
sociolóxicas que estes supuxeron. A partir dela aténdense en concreto a nosa
época, o noso país, os noso entorno a través das citas extraidas das entrevistas,
citadas máis arriba, realizadas expresamente para esta labor. Estes fragmentos da
conversa que mantiven cos fotógrafos profesionais, son impresas entre comiñas,
indicando sempre, dunha maneira ou doutra, de quen provén a voz.
A información sepárase en temas e subtemas. Os temas máis significativos
parecéronme a dixitalización da fotografía, as rutinas laborais, as a fotografía
como documento -que se atende en outros apartados pero que é o aspecto máis
convulso da fotografía ó longo de toda a súa vida-, a sociedade dixital e para
rematar están as conclusións dos fotógrafos sobre o panorama nacional, os
intereses e iniciativas existentes. Para completar a información ofrecida polos
fotógrafos, engádese a transcrición íntegra das entrevistas con hipervínculos que
te remiten ó que se estean a referir para unha mellor e máis rápida comprensión
do contido. Ó remate expoño as miñas conclusións adquiridas tras esta
experiencia, a miña mirada de cara ó panorama fotográfico na sociedade actual.
A bibliografía completará e porá fin a este proxecto.

14
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

15
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

BREVE+HISTORIA+DA+
FOTOGRAFÍA
A fotografía é un arte peculiar. Unha instantánea pode converter o
ordinario en extraordinario. Segundo Vari Caramés é “a auténtica arte da
decisión, da determinación, en un momento tes que decidir unha situación, un
encadre, unha luz, unha velocidade, moi rápido”4 e de aí sacar unha fotografía
que exprese, que faga pensar, que sorprenda os nosos ollos e a nosa cabeza.
Apareceu para mostrarnos o mundo da maneira máis fiel posible. Co paso
dos anos, ese obxectivo principal foise diluíndo ó entrar en escena a conciencia
de que existen infinitos puntos de vista e diferentes usos para a imaxe. Esta
transición viu dada a través de diferentes cambios sociais e tecnolóxicos.
A Segunda Revolución Industrial levou a velocidade á vida moderna pero con
ela tamén apareceu a maneira de conxelar o tempo. A fotografía foi descuberta
por Nicéphore Niepce entre 1816 e 1826. Procuraba un medio para copiar
gravados e con todos os seus experimentos acadou a primeira fotografía
coñecida e conservada: Punto de vista desde a fiestra de Gras (1926) a través da
técnica do fotogravado. O problema era que o tempo de exposición para poder
obter imaxes era demasiado elevado. Sería Louis Daguerre quen anuncia en 1939
o primeiro proceso fotográfico que se podía comercializar, o daguerrotipo, o
“espello con memoria”. Sen embargo, considérase que o inicio da fotografía
propiamente dita, por ese carácter seu multicopista, veu da man de Henry Fox
Talbot. A diferencia temporal respecto á aparición do daguerrotipo foi de escasos
meses, e a pesar de que o primeiro conseguía unhas imaxes de maior calidade,
o talbotipo impúxose pola maior flexibilidade e oportunidades que brindaba, pero
sobre todo pola súa rapidez e economía. Este novo carácter comercial do
negativo de papel a partir do que se obteñen copias sucesivas, afastou á
fotografía da vertente artística a pesar de existir unha corrente de autores que
tomaban a pintura como modelo. Os pictorialistas crían que era a única vía para
conseguir o recoñecemento artístico.
Durante esta época, tal disciplina empregábase cientificamente para clasificar
tanto ós individuos como ás formas das plantas. Sucedéronse diversas
investigacións dirixidas a perfeccionar o medio cara esa verosimilitude requirida
para documentar o mundo. Así nace a mediados do século XIX a fotografía
estereoscópica, co fin de acadar unha visión máis fiel á humana, e por outra
parte aparece o colodión, que reduciu o tempo de exposición grazas ó cal a
cámara puido ser emprazada en novas situacións. Así, chegou o declive do

4 Extraida da conversa mantida con Vari Caramés o día 25 de abirl de 2013 para a elaboración deste
traballo.
16
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

gravado como técnica aplicada para ser un arte de recreo.


A evolución continuou separando a cámara do trípode, facéndoa cada vez
máis discreta. A finais do XIX, George Eastman funda a compañía Kodak coa que
lanzou ó mercado unha cámara portátil con un carrete de película no seu interior
que revolucionou a práctica fotográfica, fíxoa accesible ós aficionados. Coa súa
coñecida campaña “Vostede preme o botón, nós facemos ó resto” logrou que a
sinxeleza e a economía se fixera con esta práctica definitivamente. Moitas outras
compañías a seguiron e a fotografía pasou a estar ó alcance de case todo o
mundo. O cambio foi tan grande que se considera unha revolución, pois tanto os
intereses fotográficos como o comportamento dos fotografados relaxáronse,
trocouse divertida, a xente por fin sorrí ante a óptica. Saíu a relucir a parte máis
irreverente da súa natureza e a vida cotiá da xente.
A Primeira Guerra Mundial levouna a multiplicar os seus usos, converteuse
nun medio expresivo e de comunicación. A fotografía propagandística ou de
denuncia convivían cos experimentos artísticos e o afán puramente documental. O
medio seguiu mellorándose, apareceu o flash e cada vez máis material para
desenrolar distintos estilos estéticos segundo a elección: diversos tipos de
ópticas, películas de varios tamaños… Xa en 1937 o MOMA de Nova York abriuse
cara a fotografía, aínda que noutros países a súa asimilación como arte tardou
moitos máis anos en chegar.
O seguinte paso importante na evolución fotográfica vén da man da xeración
do “Baby boom” estadounidense. Caracterizada polas súas ansias de liberdade e
de coñecer o mundo, os seus viaxes deron lugar a unha nova visión. O
periodismo gráfico comezara a ter foza na Segunda Guerra mundial e
posteriormente ca labor e os momentos decisivos de André Cartier-Bresson feitos
coa práctica cámara Leica. Pero aquel traballo non tería nada que ver co de
persoeiros como Robert Frank ou William Klein. Estes liberaron dos
convencionalismos o fotoxornalismo dos anos sesenta. Retrataron o mundo dende
a súa perspectiva irónica, espontánea, incluso simple e cotiá pero eran unhas
imaxes que nunca antes se viran publicadas. A improvisación vertixinosa que
aportaba a rúa atrapou a esta xeración de fotógrafos. Proliferaron encadres
novidosos e as vistas desenfocadas e deformada.
Nos anos sesenta por fin se popularizou a fotografía en cor. En seguida se
esqueceu o branco e negro, pasando a ser unha técnica case exclusiva da
fotografía artística porque o revelado era máis complicado e debías acudir a un
laboratorio. O argumento máis común para xustificar este rápido grao de
aceptación é que a realidade se nos presenta en cor, pero tamén nos ofrece
máis información. Sen embargo a coexistencia entre ambos tratamentos segue ata
os nosos días, cousa que non sucedeu no cine e moito menos na televisión, pola
capacidade de intervención que ten o branco e negro nunha fotografía así como
pola esixencia deste de abstracción da realidade colorista para atender ás formas
e á composición.

17
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

Ca cor, a cámara entrou nas casas. No anos setenta xa era habitual que en
cada fogar se retrataran os eventos especias, que os seus membros crían
transcendentais: nacementos, aniversarios... todo tipo de celebracións e reunións
familiares. Foron os artistas os que mostraron o seu entorno tan cru como era,
como o sentían. Paralelamente a esa fotografía pura, directa, desenrolábanse
outras correntes como a “Fotografía fantástica” en España.
A imaxe fotográfica seguiu unha traxectoria ascendente ocupando cada vez
máis ámbitos, seducindo ó público coas súas constantes novidades e
adaptacións, polémicas e transgresións.
Dende xa fai uns anos -soe situarase a principios dos noventa- a era dixital
entrou a funcionar activando o consumismo e aumentando a velocidade vital.
Para a fotografía supuxo un gran cambio, a inmediatez e omnipresencia
apoderáronse dela. Os sistemas de traballo, os oficios, incluso o seu significado e
repercusión foron evolucionando sen pausa ó longo dos seus máis de cento
oitenta anos de vida. Non podemos adiviñar como se fará a fotografía no futuro,
pero si elucubrar segundo o que estamos vivindo, o que foi e o que será.

18
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

UNHA+CONVERSA+FICTICIA
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA

Cada paso evolutivo na fotografía supuxo unha grande controversia. Por


poñer un exemplo, Ignacio Barceló expoñía en 1967 que “Agora que a fotografía
en branco e negro parece estanca nos seus último redutos, o tecnicolor
fotográfico esténdese con brío. Si, verdadeiramente chegoulle a hora á cor, e un
non sabe se lamentalo ou non”5. Manuel Sendón está de acordo nisto, en que
“estamos ante un cambio como que de repente entre a cor, representar a
realidade en cor en vez de en branco e negro é un cambio radical tamén (...)
Houbo moitos saltos na fotografía que foron brutais e que se consideran
homologables ó que pode significar a entrada do píxel”.
Como calquera outro momento de cambio, este supuxo unha expansión do
campo fotográfico. Cambios na produción e difusión das imaxes, de
contaminacións e hibridacións con outros medios, de renovación das linguaxes.
Produciron novas formas de entendemento.
Para cada persoa son un ou dous os máis importantes. Para Andrea
Costas o que supuxo o dixital foi unha mirada: “O que para min fixo o dixital foi
acelerar as cousas e que nese cambio na mirada que era máis típico dos
fotógrafos, está máis interiorizado na maneira de entender o mundo porque cada
vez é un mundo máis visual (...) Á xente gústalle moito a fotografía”. Polo seu
lado, Vítor Nieves percibe outro tipo: “Hai un punto de inflexión, na parte
conceptual na aparición da fotografía dixital. Eu os motivos que lle dou son,
primeiro, a despreocupación do fotógrafo porque os custes económicos baixaron
moito (...) xa a fotografía non se concibe como algo que teñas que pensar, (...) á
fotografía como fotografía única se lle dá moi pouco valor. (...) Despois, por outra
parte, está a condición de que moita xente que non é profesional, que antes
tamén irrompía en festivais e publicacións, ou en exposicións, o que pasa é que
antes a posibilidade da fotografía era para uns poucos con diñeiro, hoxe a
posibilidade é simplemente a inversión dunha cámara e non supón ningunha
inversión máis. Co cal pode irromper moita máis xente e a calidade da fotografía
baixou.” ó ver por riba a evolución de calquera tipo de exposición ou colección
ves que “o dixital foi un punto de inflexión e a baixada da calidade, pero non
porque o dixital teña menos calidade senón por todas as cousas que contén”.
Xa ca introdución dos escáners houbera controversia, pero non se concibía
como un cambio tan grande a dixitalización da imaxe, Manuel Sendón recorda o
que se comezou a dicir daquela: “Mentres haxa un dispositivo de captura
estamos ante a fotografía igual que antes”

5 Artigo firmado por Ignacio Barceló recuperado no número 632 da revista Arte Fotográfico.
19
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

Andrea Costas, inda que xa vai botando de menos o traballar co analóxico,


evoca a chegada do dixital á súa vida como “Oh, que marabilla! todo moi limpo,
todo cómodo, non teño que meterme aí ás escuras horas e horas”. Pola contra,
Santoro opina que se sofre moito máis “Por moito que teñas un monitor bo e
calibrado a vista sofre. Non é como antes que estabas ca luz vermella nun
laboratorio, pasabas moitas horas pero non había flashs nin unha luz totalmente
de fronte” e por outro lado apunta o problema do sedentarismo, xa que coa
dixitalización o traballo de campo desta disciplina reduciuse: “Dende que saíu o
dixital os fotógrafos teñen barriga, é barriga dixital”. Miguel Riopa tamén está de
acordo neste tema pero apunta outro aspecto: “O tempo que pasamos agora
mesmo diante do ordenador é tempo que perdes de estar relaxado, de estar
lendo, eu que sei, outras historias (...) Ter tempo para ti é importante”. Xurxo
Lobato, pola súa parte, afirma contundentemente: “O vexo tan claro e tan obvio
as vantaxes do dixital, que me parece case obsceno defendelo. O tema do
negativo ou a cámara de placas ou esas historias que houbo tamén no seu
momento, son algo que poden quedar para fins de tipo artístico, para un creador
que considere que é unha maneira de de conseguir un tipo de textura (...) a ese
nivel pode ter interese para a xente que o pense, para min non. Insisto que o
dixital é un gran avance.(...) Permite un maior control por parte do fotógrafo do
que está fotografando, sobre todo pola inmediatez”.
Por outra parte está o tema dos novos sistemas de modificación sinxelos.
Aínda que o traballo de retocar é tan vello como a fotografía mesma, “Hai
moitos fogos de artificio (...) Entón non creo que cambiase tanto, cambiou moito
a técnica e cambiou moito a maneira de conseguilas” e as tendencias “pero iso
é normal que cambie. Son outros tempos, teñen que cambiar porque hai outras
necesidades na sociedade, xa non vale o de sempre” (Javier Teniente). A
modificación pode levar á mentira, algo delicado na fotografía, un debate que vén
de vello. Xulio Villarino comenta a súa visión: “Non fago ningún procesado en ese
sentido. Non é ningún acabado especial a captura que fai un sensor dunha
cámara. O acabado é máis lineal. Despois si, podes buscar ó mellor un contraste
que te identifique máis coa escena pero non trato de imitar un acabado dunha
película. Non boto de menos no dixital nada do analóxico. Non estou co dixital
intentando facer aquel paraíso perdido, para min o analóxico non é un paraíso
perdido. Para min o dixital é un paraíso por vir. Máis ben o analóxico ten unha
carga de obxeto que non ten o dixital. Porque ti co analóxico, é verdade que
agora tes na casa uns queixóns cheos de sobre de negativos e de diapositivas, e
de que che serve? é moitísimo máis fácil acceder ó teu arquivo dixital (...) Non
busco emular nada do pasado”

Cada un adopta os avances tecnolóxicos segundo a súa personalidade e o


seu xeito de traballar. Santoro, por exemplo, defende o uso analóxico sen
embargo dende que apareceu o automático nas cámaras prefire non usar a

20
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

opción manual, “Para que compro senón unha cámara automática? Xa o


fabricante se rompeu os cornos, para que mos vou a romper eu?” inda que di
que depende da cámara e da súa marca, de como mida a luz e tamén “hai
cousas que hai que facelas en manual. Hai que saber utilizar a cámara, non é
comprala e xa está”. Por outra parte, non é amigo do flash, “se ti ves, a cámara
ve”, non é o único que evita empregalo, Miguel Riopa tamén e Juan Pablo
Moreiras emprega outros métodos para a iluminación máis improvisados, como os
focos do coche ou unha lanterna.

Pero a dixitalización da imaxe non é só iso, a ela vai relacionado Internet


e todo o que supón. “Para min o cambio brutal en si é que poidas levar no
móbil e que esteamos todo o día conectados á información e que poidamos ter
calquera dato en calquera momento. Todo iso da inmediatez, das redes sociais e
da información”. Mais esta recente chegada tamén trouxo dores de cabeza, a
normalización aínda está en proceso e a lei non a atende como debería. Para
Xurxo Lobato é un dos problemas máis graves do tema dixital vén precisamente
de Internet: “O que si xera toda a tecnoloxía dixital é un concepto de que todo
é libre, (...) impide a profesionalización.” do xornalismo, a música, o cine... “te
lucres ou non te lucres é un delito”. Mercede Moralejo tamén opina que este é
maior problema, “o libre albedrío. Corren para aquí, para alá... xa non saben nin
de quen son as fotos. Todo o mundo che colle as fotos sen permiso” aínda que
admite que hai certas técnicas para que iso non ocorra, o perigo é constante.

Respecto á calidade as opinións son tan diversas coma persoais. Cada un


percibe un matiz diferente:
“Dá máis calidade o negativo fotográfico escaneado, pasado a dixital, que
quitado directamente coa cámara dixital de vintecatro megapixeles” argumenta
Gago Pesqueira. Manuel Sendón, pola súa parte, debe estar de acordo con isto
porque unha das súas formas de traballar é precisamente esta.
Para Ricardo Grobas acontece todo o contrario: “O cambio que lle vexo é
a rapidez coa que traballamos en prensa e na calidade tamén o noto porque
eliminamos unha parte do proceso da fotografía que é a emulsión” Sabe que
“moitos din que non e hai teorías para todos” pero cre que se mellorou
considerablemente, “simplemente porque eliminamos un filtro que tiñamos, un
filtro non, un engadido que era a película, era o plástico”.
Incluso hai quen se queda nunha postura intermedia: “A calidade é unha
calidade distinta pero non é unha calidade peor. Hai sistemas de captación de
imaxe dixital incluso superiores en moitos aspectos ó que se podía facer con
películas. (...) Non hai argumentos técnicos a favor da cámara de película, pode
habelos de voluntariedade, a autoría que fai que o fotógrafo escolla o xeito de
falar, o xeito de contar a cámara de película porque o prefire, porque é distinto,
pero non é mellor nin peor” (Xulio Correa). De feito Vari Caramés boga polo

21
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

concepto que contén o analóxico, polo seu acabado, polo gran e non polo píxel,
pero tamén gaba ós avances tecnolóxicos e emprega algún: “Hoxe en día fanse
copias marabillosas, moito mellor que antes, con máis afinación. Antes era máis
complexo porque era tan manual todo que en seguida se ía para un lado ou
para outro”.
A diverxencia nas opinións toca todos os puntos: “A captura en dixital
sempre a percibín moito máis limpa en gradacións.” (Xulio Villarino). Sen embargo
para Manuel Sendón “queima as luces, é totalmente distinto, considero que ten
unha calidade totalmente distinta e por iso fago fotografía analóxica, senón,
como comprenderás, é moito máis barato (...) se fixera todos os procesos en
analóxico, o acabado sería distinto e me interesa moito máis o gran, que non
apareza nunca o píxel, pero bueno, iso hoxe en día é imposible. Aquí en Galicia
non tes ningún laboratorio que che traballe en analóxico o que é a copia”. A
Carlos Puga pásalle algo semellante: “Unha cámara dixital cando fai unha foto, a
diferencia dunha analóxica, perde contrastes, perde de todo (...) as tonalidades as
conseguía perfectamente no analóxico, en dixital non as consigo, si que están na
imaxe dixital peor hai que sacalas”.
“Cando aprendín a revelar xa aprendín con película de rollo (...) e daquela
había xente que empregaba placas “Non é que a placa... A calidade que che dá
unha placa!” (Xurxo Lobato)

Ben é certo que nun primeiro momento os equipos eran relativamente


rudimentarios, os fotógrafos sufriron certo sentimento de rexeitamento: “De
entrada eu estaba acostumado á miña Leica, unha cámara pequeniña, discreta, e
de repente poñíanme aquel mamotreto, unha réflex cun cacharrule para abaixo...
encima de que non me gustaba como saían as fotos porque saían moi pixeladas
(...) Pero a partir do 2001 vin claramente que era un carro ó que se había que
subir” (Xulio Villarino). Miguel Riopa deixou xa hai tempo de traballar en analóxico,
pero cando ó principio de traballar con dixital tivo viaxar ó Sahara para unha
importante reportaxe, decidiu volver momentaneamente ó carrete “Ca tecnoloxía
dixital en principio si, tiñas a imaxe pero a veces marchaba, por moitas cousas,
porque non sabías as respostas en certas situacións e porque ó principio as
cámaras tampouco eran o perfectas que podían ser (...) Para certo tipo de
traballo necesitabas facelo en película porque sabías como ía a responder (...)
Custounos adaptarnos ó dixital porque era algo novo, era empezar de cero”.
Outros, coma Mercedes Moraejo, pensan que “as cámaras dixitais aínda
non chegan ó punto de facerche as fotos perfectas. (...) As cámaras dixitais, a
parte de que son moitísimo máis sensibles ós golpes e a todo (...) en seguida
perden o foco. (...) necesitas o traballo de ordenador”.

Xurxo Lobato quixo apuntar “outro aspecto do que nunca se fala, a


fotografía dixital contamina menos. Todo contamina pero contamina menos. A

22
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

fotografía química produce todo o tema dos químicos, reveladores, fixadores...” ó


que Gago Pesqueira contra argumenta que “cada un tira para os tellados do
outro (...) Non hai ningunha grande industria que cando se lles estraga algo non
tiren porque iso non poden gardalo (...) O que tira o fotógrafo pode ser menos
perigoso e menos contaminante que o que tira a súa muller na casa en produtos
como deterxentes, lixivias e todo iso. (...) Nós -os fotógrafos- somos o un por cen
da poboación e cando vamos ó dixital, temos todo o contrario. A industria
electrónica é unha das máis contaminantes que hai en desfeitos. (...) Levan metais
pesado abondo, máis que a prata que se gasta e que se tira.” Pero Xulio
Villarino opina o mesmo que Lobato: “Revelando tirábamos unha pila de química
polos lavabos”.

A modo de conclusión, cabe resumir o pensamento de Juan Pablo


Moreiras: En xeral o dixital aporta tanto complicacións coma virtudes. A
posprodución volveuse moito máis importante, tendo o perigo de que acade máis
tempo que a realización e a procura desas fotografías. Nela hai moita máis
información que se pode sacar ou esconder, moitas cores (as veces cores
imposibles que a el non lle interesan), moitos rangos de negros. O resultado final
debe ser correcto, logo son os mercados os que deciden e fan que haxa menos
bos fotógrafos porque son máis asumibles as fotos dos non profesionais, pero
tamén teñen menos contido. Isto, por outra parte, é pola competencia desleal.

23
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

FOTOGRAFÍA PROFESIONAL
RUTINAS LABORAIS

A fotografía necesita dedicación e tempo independentemente do xénero que


practiques. Para Juan Pablo Moreiras hai que inverter tempo en sentir, cheirar, en
mostrar os cinco sentidos e as catro dimensións nunha imaxe, non en estar
preparándote para as novas tecnoloxías, que están cambiando constantemente,
aínda que as empregues.
En 1994 dicía William J. Mitchaell que “o software para producir
composicións dixitais moitas veces simplifica a labor do artista ata tal punto de
que xa non se precisará moito tempo nin artesanía”, pero os constantes avances
neses programas fan que os profesionais cada vez teñan distintos obxectivos e
queiran aprender novos procedementos, como explica Miguel Riopa: “Un traballo
bo, un traballo limpo, necesitas dedicarlle moito tempo. A edición das fotos,
aínda que cada vez é máis fácil, porque os sistemas que temos, os software que
utilizamos, permiten aforrar traballo e aforrar tempo pero por outro lado cada
vez buscas algo máis para editar ben a túa fotografía”.

Para Andrea Costas, a figura do fotógrafo antigamente, o feito de facerse


fotos “era un evento moi particular, moi serio e significativo”. Medio en broma,
falando de Virxilio Vieitez, dixo que é normal que lle gustara ser fotógrafo “movía
os fíos, dicíalle á xente ‘Ponte aí’ e a xente facíalle caso, ata os cans posaban,
todo o mundo. Era unha presencia impoñente. Cando empezou a haber cámaras
para todo o mundo, a traballar en cor, a xente xa non lle facía tanto caso, a
figura do fotógrafo foi perdendo importancia” e posteriormente engade que “os
fotógrafos profesionais séntense ameazados porque agora todo o mundo é
fotógrafo. Evidentemente que si” pero “ser fotógrafo non é saír e facer unhas
fotos caralludas. Todo o que fai falla detrás para vivir da fotografía é como
calquera outro emprego: moita oficina, moitas relacións...” e iso xunto co traballo
de selección é algo que á xente xa non lle gusta tanto, a profesionalidade real.
Non obstante, a maioría dos fotógrafos aseguran que non se senten ameazados.
A Manuel Sendón, por exemplo, parécelle moi ben que se popularizara a
fotografía, “é como se lle preguntas a un escritor que lle parece que aparecera a
imprenta (...) se iso leva a unha recomposición de certos postos laborais é
inevitable, loxicamente. Que a xente saiba escribir me parece estupendo. Que lle
sacas o oficio ó que están por exemplo escribindo cartas polos analfabetos? si,
lle sacas o oficio pero ogallá lle saquemos a todos o oficio porque todo o
mundo saiba escribir”.
Os oficios poden desaparecer pero tamén poden adaptarse ou trocarse por
outros. “Eu cando facía diapositivas para facer unha exposición as levaba a un
laborante. Pois agora o mesmo, levo as miñas fotos a un laborante, neste caso
dixital”. Carlos Puga sabe empregar o básico do Photoshop, pero cando quere un
24
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

rematado perfecto prefire acudir a un profesional no tema. El dirixe as


modificacións, pero realízanos outra persoa.

As novas manías acollidas coas son segundo cada fotógrafo, a súa


experiencia anterior e a súa aprendizaxe. A maioría, por exemplo, procuran non
atender á información que ofrece a pantalla máis que o necesario, sobre todo ó
inicio dunha sesión ou ó rematar. Javier Teniente explica o porque da seguinte
maneira: “O que intento non facer é estar constantemente mirando para a
pantalla da cámara porque iso comprobei que me distrae moito do traballo”. Sen
embargo Mercedes Moralejo fixo dunha costume unha manía: “Eu teño unha
manía que é, antes de irme dun sitio no que estea fotografando, fago unha
comprobación máis ou menos do que fixen para saber se teño todo o que quero
e así me vou con esa seguridade (...) A exploración é unha pasada”.

Outra grande comodidade é o proceso de busca nun arquivo fotográfico.


Cada un ten o seu propio sistema, o de Miguel Riopa, por exemplo, consiste en
engadir a cada carpeta “un tag, unhas palabras clave para o día de mañá utilizar
esas palabras para buscar fotos sobre iso”, é un traballo máis, pero aporta unha
gran comodidade. Na rede o sistema de procura tamén emprega métodos
semellantes e fai que aínda que haxa máis xente en internet, é máis fácil chegarr
á xente e que a xente chegue a ti. Se sabes a quen tes que buscar é moito
máis doado segundo Ricardo Grobas. Pero tamén “se buscas fotografías sen ver
o nome do fotógrafo igual te levas unha sorpresa”. “Tamén se abre o abano da
competencia porque todo o mundo poder ver o de todo o mundo” puntualiza
Xurxo Lobato aínda que está encantado de poder traballar desde Culleredo sen
ter que desprazarse e por outra parte que o mercado sexa universal. “Todas esas
formas de comunicación as temos ó noso dispor. (...) todo isto é a pescadilla que
se morde a cola: podemos chegar a un dominical pero o dominical rouba fotos
en Internet, non as paga e as publica igual” Por outra parte, Vítor Nieves di que
“Sempre foi difícil darse a coñecer. Tampouco creo que o obxectivo dun fotógrafo
sexa darse a coñecer, depende do fotógrafo, claro. O meu obxectivo non era
darme a coñecer, senón comunicar as cousas que comunico ca fotografía”.

A pesar de todo, están de acordo en que o analóxico é un sistema máis


pausado e reflexivo, “O rollo do laboratorio e das cámaras facía que todo fora
máis pensado previamente e que foras comprendendo dende o interior como
funciona o mundo da luz e das imaxes doutra maneira máis pausada (...) Agora é
máis vertixinoso. Se vai máis rápido a resultados máis efectivos e
efectistas” (Andrea Costas)
As novas imaxes fan borrosas as fronteiras e animan á transgresión das
regras polo que, como dixo Xurxo Lobato, “as posibilidades da fotografía dixital
25
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

en expresividade son marabillosas”, non tes que estar pendente de que tipo de
carrete tes cargado para facer un tipo ou outro de fotografías, xa o elixes en
posprodución ou no momento de sacar a fotografía, pero non estás suxeito a
uns parámetros establecidos. Aínda que neste punto cabe recordar o que en
1980 dixo Jonh Berger: “A gama de expresións emocionais posibles a través das
imaxes é tan ampla coma as imaxes”, que grazas á nosa capacidade de
razoamento nos leva a relacionalas con fins creativos, morais e políticos.

26
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

FOTOXORNALISMO
A fotografía documental sempre foi un área polémica dentro fotografía. Os
primeiros fotorreporteiros foron criticados polos xornalistas coetáneos pola
placidez das súas instantáneas, por non reflectir a dureza da realidade. A de´cada
de 1850 era unha época na que a iconoclastia da linguaxe escrita era superior á
da imaxe fotográfica. Pouco a pouco e como consecuencia directa do incremento
expresivo da mesma, desprazando ó debuxo e ó propio texto por considerarse
unha proba ou documento máis obxectivo.
Nos anos sesenta era considerada directa, honrada, nos oitenta volveuse
problemática e nos noventa revitalizouse pola aceptación da ambigüidade
inherente, a ficcionalizacion e a irónica relación coa súa propia historia activada
polo postmodernismo. Os fotorreporteriros deben ser conscientes de que é
posible traballar con feitos, conscientes das poderosas forzas políticas que os
manipulan.
Pero a controversia social aparece de cada pouco, sobre todo cando son
os xornais os que difunden imaxes con detalles clonados ou eliminados sen que
nun primeiro momento se note. A sensación de manipulación é moito maior e
saltan as indignacións sobre a falta de ética deontolóxica de algúns profesionais.
“A raíz de que a xente manipulaba mellor e era practicamente inapreciable, o que
desenrolaron varias axencias de prensa foron softwares propios que detectan se
esa fotografía está manipulada. (...) Cada fotografía sempre leva incrustada a súa
historia informática”. Conta Miguel Riopa, pero Gago Pesqueira arremete ante isto,
aínda que pensando máis en fotografía artística pero tamén en manipulacións
políticas: “Se vamos a facer unha gran falsificación non llo pediríamos ó fotógrafo
da esquina, senón a un programador. (...) Un retocador pode retocar pero non é
capaz de manipular o que non hai como o secreto de datos. Un programador si
porque precisamente iso é un invento dos programadores.” Nesta categoría é
onde ve máis lóxico o emprego do dixital este acérrimo defensor do analóxico,
“considéroo práctico e bo”, pero enseguida engade “o problema é que esa imaxe
pode estar retocada”. Vari Caramés opina dende a súa experiencia artística que
“se eu traballara para un medio como a prensa, loxicamente, nin se me ocorrería
facer con analóxico, sería unha parvada” e suspira aliviado, “como eu podo
permitirme o luxo de facer as miñas propias fotos para o meu propio periódico.
Ese periódico que eu teño distribúese, sae cando lle peta, cando quero eu. Podo
poñer as fotos que a min me gustan, dou as noticias que a min me gustan, ese
é o meu mundo.”
Seguindo ó fío das manipulacións e as filtracións nos medios de fotografías
totalmente modificadas Miguel Riopa explica que “non se filtran todas as
fotografía por rapidez e porque eles -os editores- consideran que o profesional
che está mandando as fotografías ten unha ética e non vai a manipular esas
fotografías (...). Soamente se analizan as que se considera que hai algo raro. Se
algunha fotografía se cola e é unha fotografía manipulada é un erro da persoa
que a enviou e é un erro do editor que a enviou sen terse fixado o suficiente

27
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

nela. (...) O editor é o último responsable da foto antes de chegar ó cliente final.
De feito, cada fotografía que se envía leva a información, onde aparece o nome
do autor pero tamén as iniciais da persoa que validou esa fotografía, o editor.”
Xulio Villarino, pola súa parte, argumenta que dende o seu punto de vista
documentalista non emprega máis que os axustes que podes facerlle a unha
pantalla de televisión, “senón perdes un pouco os principios nos que se sustenta
a túa fotografía”. “Ó final sempre manipulas algo. Sempre queres darlle máis forza
ás fotografías dalgunha maneira, que sexan máis atractivas. O problema é ver
onde está o límite (...) sendo grises serían demasiado planas entón creo que é
cousa de cada un”, di Ricardo Grobas falando do dramatismo dos tapados nas
nubes. Para Merceds Moralejo que unha foto se note que está retocada parécelle
mal “porque estamos nun periódico, e o periódico non é unha sala de
exposicións”.

A instantaniedade en prensa é un dos puntos fortes que aportou a


tecnoloxía dixital e internet, “tan importante é facer as fotografías, para nós,
como envialas instantaneamente, case” di Miguel Riopa, para el isto xunto coa
edición é o que máis cambia dentro do sistema de traballo. Isto incrementa a
cantidade de horas de traballo, ademais “depende un pouco do tema, pero se é
de urxencia estás enviando fotografías desde o primeiro momento. Son as
necesidades que teñen agora os xornais e as páxinas dixitais”. “En prensa estás
permanentemente, as vintecatro horas dispoñible polo que poida suceder, xa vai
con nós”. Para evitar perder por completo a vida persoal, Ricardo Grobas ten un
sistema concreto no seu xornal: “Como xefe de fotografía, o que fago é facer
unhas quendas coa xente que está traballando, cos fotógrafos. (...) Se non
estivese organizado desa maneira, todo o mundo estaría pendente de que o
chamasen por teléfono e dispoñible a calquera hora. Como hai unha organización
que parte de min, está máis ou menos controlado iso”. De todos xeitos afirma
que “para un fotógrafo de prensa o traballo é máis escravo porque antes como
había o proceso de revelado se pedían menos fotografías, o periódico tiña que
saír. Agora como unha fotografía a podes facer a calquera hora e ó instante
enviala, o que fixo foi atarnos máis ó xornal”.
Aparellos como o Telefoto pasaron á historia, unha especie de escáner ou
fax que transmitía a través do sinal telefónico, do son, a información do branco
e o negro da imaxe. A primeira en explicalo é Mercedes Moralejo: “Empezaba a
dar voltas o rodillo e o feixe de luz pitaba super agudo e ó mellor tardaba en
enviar unha foto dez minutos, quince minutos, que estaba aí dando voltas e
pitando”. “Fallaba un huevo -recorda Xulio Villarino- de repente, levabas a
transmisión da foto, ías pola metade e cortábase. A volver a empezar!” Logo
pasouse ós escáner que enviaba a imaxe ó ordenador e o mandaban vía Internet
ou sistemas semellantes.
Respecto á evolución do material físico, os profesionais aseguran que non
hai moita diferencia, “o único que cambiou é que agora levo tarxetas e antes
levaba película” (Ricardo Grobas). Mercedes Moralejo discrepa, asegura que antes
28
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

“ías cargada como unha mula” por ter que levar dous corpos obrigatoriamente,
un con negativo en branco e negro e outro con negativo en cor, por non saber
se a natureza da páxina onde aparecería a noticia. Miguel Riopa opina que “ó
contrario, normalmente tes que contar cunha peza máis que é o ordenador
portátil. Inda que agora para algúns tipos de transmisións incluso podemos
traballar con teléfonos móbiles ou iPad”.
Tanto para Juan Pablo Moreiras como para Xulio Villarino viaxar sen equipo
sería unha marabilla, por exemplo o primeiro carga con tres corpos con cadanseu
obxectivo polo que poida pasar. Para o segundo é cuestión de sentimentos: “A
min non me gusta nada levar unha cámara encima porque cando levo unha
cámara encima todo o tempo vou traducindo en fotos o que vexo e resúltame
incómodo (...) estouno traducindo todo a rectángulos e non me gusta porque
creo que a vida non é unha foto. A vida é a vida. É o que sentes, o que falas...
todo. A foto é moi pouca cousa, realmente unha foto é moi pouca cousa, mal
que lle pese a algúns”.

A ráfaga é outra nova característica técnica que cambiou ó traballar en


dixital, pero tamén ten os seus contras: “Xuntas dúas mil fotos nunha tarde pero
evidentemente non utilizas todas. Hai fotos interesantes e outras que non serven.
(...) Iso obrígate a que uns días despois teñas que facer labor de limpeza. Tirar,
gardar, o que antes era arquivar”. Miguel Riopa pon o exemplo da cobertura dun
partido de fútbol, “Antes era todo máis cuadriculado” entón manipulábanse as
fotos no laboratorio para conseguir a foto do xogador co balón e non pasaba
nada, era o normal. “As cámaras antigamente non tiñan tantas posibilidades. Nós
agora nunha ráfaga facemos doce, trece, quince fotografías seguidas”, é moito
máis fácil conseguir o instante que precisas.

En definitiva, o poder facer máis fotografías e enviar información


constantemente supón máis horas de traballo de dispoñibilidade, de edición e de
limpeza e arquivación. E por outra parte está, segundo Miguel Riopa, o problema
de que “cada vez as esixencias son máis grandes, o que leva consigo iso é certo
nivel de estres para o fotógrafo,(...) estás competindo cos outros colegas das
outras axencias que están ó mesmo ca ti. O que crea é que xúntanse moitas
cousas, en algúns casos non é a mellor foto a que entra no xornal, ás veces a
primeira foto en chegar é a que se publica”

Nun xornal a dinámica de traballo e o ambiente cambiou moito coa


chegada dos sistemas dixitais. Mercedes Moralejo afirma que “era moito máis
divertido que agora. As redaccións eran vivas, a xente berraba, saltaba,
contábamos chistes. (...) Agora estás ti sentada, no teu ordenador, coas túas
historias”.

29
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

Nunha axencia de prensa, en cambio, as tarefas sempre foron individuais.


“Traballamos a partir dunhas previsións que temos semanais, mensuais e anuais.
Ademais disto, desenvolvemos os nosos propios traballos de actualidade que nós
cremos que poden ser interesantes para enviar á axencia”, explica Miguel Riopa
de France Press. Nelas, o tema da manipulación está cada vez máis controlado,
“para a xente que traballa en axencias, temos moi establecido a manipulación de
producións. (...) O arranxo da foto, a edición da foto, soamente se nos permite
pois iso, aclarar, encadrar, ou facer catro ou cinco cousas indispensables, por
cuestións de veracidade da foto.” Cada un ten os límites éticos, pero a axencia
está atenta a que a información sexa verídica, nada se pode modificar, calquera
“tipo de extralimitación sobre eses límites é motivo de despido”. De feito, “na
axencia empregamos un programa propio que o que fai é evitar o Photoshop (...)
rápido, sinxelo e canto antes mellor”, tan só permite facer un corte, un encadre
e engadir o pé de foto.
Para Ricardo Grobas, é un problema que os xornais sigan sen considerar
importantes elementos como a posta en páxina e outros temas de edición gráfica
alleos ó fotógrafo que incrementan o valor e a importancia da imaxe. “Se ti
queres destacar como fotógrafo tes que ir a facer exposicións. Moitos fotógrafos
de prensa teñen ganas de mostrarse en exposicións e facendo libros e cousas
así para matar o gusanillo do que é o traballo diario, que te mina un pouco. Iso
é, en parte, por que sexa tan fácil agora mesmo que calquera poida facer
fotografías.”

Ademais dos cambios tecnolóxicos, inevitablemente o traballo xornalístico


vese afectado polas situacións socioeconómicas imperantes no estado español. “A
crise varreu con todo, está varrendo. Reduces o persoal e os fotógrafos que tes
adícanse a traballos máis concretos e máis periodísticos. É lóxico e normal aínda
que é unha putada.” (Miguel Riopa) “Á costa do noso esforzo, de traballar máis,
con menos xente, as cousas fanse pero empeoran” (Mercedes Moralejo).
A Ricardo Grobas, xefe de fotografía do Faro de Vigo, chéganlle algúns
currículums máis, pero el achácano a que na súa cidade agora está a Escola de
Imaxe e Son. “Antes non se estudaba a fotografía, o fotógrafo era autodidacta” e
“había que buscar á xente que che traballara no periódico porque non había
fotógrafos.” di Mercedes Moralejo. Javier Teniente, autodidacta, pensa que a súa
gran aprendizaxe foi na prensa diaria “aí realmente foi onde comezou o
aprendizaxe. Considero que foi a miña universidade porque tes que resolver todo
tipo de situacións”

Para Juan Moreiras un dos problemas da dixitalización e Internet é que se


perdeu o filtro das publicacións. O fotoxornalismo debe contar unha historia,
senón cáese nos diarios, que non transcenden porque non interesan máis ca no
momento. O que aportaba William J.Mitchaell é que hai que ter coidado: “a
autopista da información traeranos un fluxo crecente de información visual en
30
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

formato dixital, pero debemos ter moito coidado ó peneirar os feitos das
realidades e falsidades”. Santoro quéixase precisamente diso, apoiándose en que
nun libro, nunha enciclopedia, sabes que o que busques está sustentado en
argumentos contrastados, mentres que na rede podes topar de todo e se
procuras algo do que non tes nin idea, como sabes cal ten máis razón?
A popularización da imaxe fixo que os cidadáns e aficionados entrasen a
publicar nos medios por esa facilidade na toma de fotografías. Isto supón unha
certa ameaza para os fotoxornalistas profesionais. “Agora todo o mundo manda
fotografías ó xornal. Iso é bo para el. Olle, se non chegas... non sei, hai outras
seccións ou traballos no periódico que requiren de certa especialización, como é
o deporte, o retrato... Non todo no periódico é esa inmediatez”. (Ricardo Grobas)
Para Mercedes Moralejo depende da situación fotografada “en situacións límite o
primeiro é o momento, é ter unha imaxe na que se vexa o que está pasando”,
ten que estar enfocada pero a calidade non é o primordial. “A verdade é que
non hai un xornalista en cada esquina. (...) O xornalista cidadán é un tipo que
coa súa cámara, co seu teléfono móbil dispara unha fotografía de algo que está
sucedendo e que move pola redes sociais. (...) O traballo do fotoxornalista é
distinto porque a mirada e os valores dos xornalistas, a forma de desenrolar
unha historia, a forma de ver algo está sucedendo. (...) Seguirá coexistindo, aínda
que o xornalismo cidadán, o tema das redes sociais e tal invadirán cada vez
máis os medios de comunicación. (...) Non me preocupa (...) non o considero
xornalismo iso, é algo instantáneo. (...) O xornalista ten que profundar máis nas
historias e iso o que vai levar a cabo será unha limpeza de xente que non é
absolutamente competitiva no seu traballo” Para Miguel Riopa, o fotoxornalista
debe relatar con imaxes e non só ilustrar. O que ilustra, se quere ilustrar
soamente, chega con que sexa o redactor. Vítor Nieves pensa de todos xeitos
que os profesionais teñen medo a esa intrusión laboral, por dicilo dalgunha
maneira, “igual que os xornalistas teñen medo, coa democratización de escribir e
espallar á comunicación e como son todas as plataformas que che ofrecen un
blog gratis (...) todo o mundo se cre xornalista e xerador de opinión”

Para ser fotógrafo de prensa, segundo Mercedes Moralejo “necesitas un


50% de coñecemento e un 50% de cara. Saber conectar e saber meterse, ver
cando te tes que facer a parva e cando te tes que facer a chulita” sen embargo
para Miguel Riopa foi unha forma de deixar a súa timidez atrás, de feito agora
non deixa de falar e sen esconderse “eu o que noto é que a cámara é un
obxecto para entrar en esa situación”. E non é un caso illado, por exemplo, a
estadounidense Nan Goldin tamén era unha rapaza silenciosa que topou na
fotografía unha forma de expresión. A cámara, como material ineludible dun
fotógrafo, en determinadas situación pode exercer protección. A Xulio Villarino
serviulle como escusa para vivir momentos nos que doutra maneira non entraría
pero tamén para poder soportar escenas con demasiadas emocións: “De repente,
nese momento en que a situación é tan dura, colles a cámara e á situación esa
31
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

deixas de traducila con tantas variables e tradúcese simplemente en luces e un


rectángulo”, reparas en cousas nas que antes non polos sentimentos que se
producen a pel descuberta. Para Mercedes Moralejo estas situacións son duras,
por moitos anos de experiencia que teñas, sobre todo a súa sensibilidade
aumentou desde que ten fillos: “Ás veces preferiría non implicarme tanto (...) saes
a facer unha cousa destas dramáticas e non momento estás aí enteira (...) cando
me meto no coche descargo todo”. Ricardo Grobas di que “hai fotógrafos que
son máis artistas e hai fotógrafos que son máis periodistas gráficos. Hai
fotógrafos que son máis sensibles ca outros e iso se nota”, para el, a cámara é
unha barreira no sentido de que “non pensas no que é o drama persoal, do que
realmente está pasando, tes a cámara fotográfica que te está separando da
realidade (...) pero despois queda aí, latente, esperando (...) recordo escenas de
fai moitos anos que non se me van da cabeza”. Para Javier Teniente non ten
nada que ver o papel da cámara: “iso sucede non porque a cámara sexa coma
unha barreira, senón porque ás veces estás tan inmerso no traballo, en conseguir
o que queres que non podes ser consciente do que está sucedendo”.
“Cando traballo estou dentro da situación, non penso no que hai ó meu
redor (...) Pero pásame cunha cámara dixital e me pasaba antes con unha cámara
de negativo, é a profesión a que vives” (Miguel Riopa).

En xeral Xulio Villarino está moi contento ca evolución, “é que é moi


cómodo” “Favorece moitísimo o proceso, dedicas menos tempo a revelar, sobre
todo ó engorroso de revelar” “Cando chegaba de facer unha reportaxe tiña que
levalos á tenda a revelar, recollelos e logo había que escanear. Utilizabas algo
analóxico pero estabas converténdoo en algo dixital”

32
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

A FOTOGRAFÍA DE ESTUDIO
A fotografía de estudio xa ten sufrido moito ó longo das diversas
transicións, como explica Gago Pesqueira: “Por exemplo, durante o auxe da
fotografía de pequeno formato, os estudios fotográficos fóronse ó garete. Onde
se traballaba con placas como mínimo de 9x12”, nos anos setenta, oitenta e
principios dos oitenta. “A nivel técnico evidentemente, para facer un gran traballo
dunha gran marca de coches ou de moda non vale calquera. Pero o traballo dun
fotógrafo de hai anos, que tiña o seu estudio e a xente ía alí ou a facer as
vodas e había máis ou menos poucos, está extinguíndose” (Andrea Costas).
“Antes as vodas para un fotógrafo eran unha fonte de ingresos, agora como hai
tantos!”, asegura Santoro que traballou durante moitos anos cubrindo eventos
deste tipo. Ademais de que parecer que cada vez son máis, ás veces os
organizadores non ven imprescindible tal inversión outorgando a súa función ós
invitados e á cantidade de instantáneas que tiran constantemente. Ultimamente o
normal é contratar unha pequena sesión profesional e o resto dos
acontecementos son capturados por compactas e teléfonos móbiles.
Agora “ós estudios entra pouca xente” asegura Santoro. Ademais, dende
que chegou o dixital deixou de preocuparse polos fondos, pola cor... “non mido
nin a temperatura de cor, vou ó que é a imaxe e sei o que quero facer despois”.
a desgana pola falta de interese da sociedade fíxoo chega a ese punto pero
tamén é grazas ós sistemas de retoque actuais. Por outra parte, como tantos
outros, está a piques de pechar, como explica posteriormente: “Eu agora estou
xubilado, non fago nada de fotografía. Está a miña muller que é a que leva a
tenda, a parte comercial, que practicamente a estamos deixando morrer porque
xa este ano cerramos, os meus fillos ganan máis ca min e non queren saber
nada disto. (...) Os comerciais rómpenche o mercado porque hai xente que ve o
prezo no teu escaparate e vai o do lado e poncho máis barato, o outro máis
barato, o outro... e non se poden facer duros a catro pesetas”. A rendibilidade do
material e o mantemento dos equipos de revelado e impresión é inviable tal e
como está o mercado na actualidade, por esta razón as tendas de fotografía
tradicionais se están a substituír por competitivas multinacionais que che entregan
as fotos instantaneamente.

33
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

O MUNDO DA ARTE
“Todos somos artistas, o que pasa é que moitas persoas non dan activado
esa tecla”. Di Vari Caramés que para el un artista, citando a Martin Scorsse, “é
aquel que provoca que as súas obsesións lle interesen á xente (...) hai que ter
moito coidado coas obsesión e manexalas ó teu antollo porque senón estás
perdido”.
A fotografía no mundo da arte, como é lóxico, é a que ten un maior
abano de licenzas. “Os límites os pon cada un, non é o mesmo o mundo do
fotoxornalismo, por exemplo, que o da arte. O mundo da arte é completamente
aberto e cada un pon os seus límites”, a Vítor Nieves pareceríalle absurdo que
apareceran límites artísticos agora, pois nunca se puxeron. Andrea Costas
comenta que é moi lícito incluso que da obra o autor só realice a idea: “Ter moi
claro previamente que queres dicir e logo buscarte a vida de como podes facer
as cousas para dicir iso, incluso pedirlle a alguén que o faga por ti é moi lícito
en arte”.
O sistema de traballo é escollido por cada autor segundo a súa
personalidade e como se sinta máis cómodo. Carlos Puga, este peculiar creador,
cre que “as fotos teñen que madurar (...) non é bo se ti chegas de facer un
traballo e xa o ves e xa queres editar, estás co momento que fixeches da foto,
estás con ese recordo demasiado fresco. E pode haber moitas trampas, podes
elixir esa foto por algo que levas no corazón e non por algo que realmente a
foto sexa interesante para o teu proxecto. E despois tamén que non penso igual
sobre o meu proxecto agora que fai catro anos. Tamén hai unha evolución” Pero
é algo independente do sistema, concirne só ó proxecto: “El está madurando no
disco duro e eu estou madurando na miña cabeza. Xa veremos cando saia”.
Puga prefire empregar a imdediatez en socializar o traballo para coñecer
opinións, para ver como chega á xente. Vari Caramés ten un pensamento na
mesma liña: “Todos os proxectos necesitan moito tempo, hai que darlles moito
tempo e cada días máis, non pasa nada, a présa é moi mala, a ansiedade nos
devora”. Este só emprega o analóxico pero di “eu non lle fago ascos, ó contrario,
sempre invito a todos os que utilicen a fotografía a que teñen que utilizar todos
os materiais e todas as mellores cousas que poidan nun momento determinado”
“Eu teño unha páxina web, teño Facebook (...) tamén utilizo ferramentas dixitais
para as fotografías dunha forma híbrida” Pero a el non lle interesa a inmediatez
do dixital “de facer unha foto e vela (...) ese protocolo, e esa liturxia que ten o
quitar unha foto e despois que pasa un tempo, cando a revelas, a ves (...) a min
interésame na miña vida, non quero perdelo (...) vas vendo pouco a pouco e vas
analizando cousas e aparecen outras que non pensabas que ían a aparecer e
son sorpresas marabillosas”. Xulio Correa, referíndose a unha fotografía resultado
dunha revelación, comenta ese sentimento especial: “Ti ves esa copia fotográfica
e tes xa a sensación de collela con guantes porque o ves como un obxecto
valioso en si mesmo, xa non coma unha imaxe, senón coma un obxecto
bidimensional. Ese sentimento, esa parte emocional, non a hai” na fotografía
dixital.
34
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

Xulio Correa ve na fotografía dixital unha oportunidade para compartir


responsabilidades. Unha vez que o proxecto está definido e aceptado, cando xa
comezas a traballar en equipo, o fotógrafo pode ensinar o seu traballo ó resto e
así facilitar o transcurso e mellorar o resultado. “Non só co cliente no sentido de
que me bendiga o traballo e estea alí mirando (...) Non é que veñan a
modificarche o traballo. (...) Antes o único xeito que había de compartir era poñer
na traseira da Hasselblad unha Polaroid. (...) A autoría non ten que ser unha
autoría narcisista. Tamén pode crecer fortemente dentro do traballo cos
compañeiros. Máis fácil no traballo profesional que no persoal, pero aínda así os
grandes autores super persoais tamén lles gusta falar cos seus editores, coas
súas galerías, cos comisarios da mostra...”

Para cada un, a fotografía supón algo diferente, así coma o emprego de
un sistema químico ou tecnolóxico. Andrea Costas, que estudou nunha facultade
de Belas Artes, apunta que “para a xente que vén do mundo do arte, chegar á
fotografía é usar unha cousa máis. (...) A arte contemporánea usa calquera cousa
como material para a creación”. Para Vari Caramés “a fotografía sempre foi coma
un xoguete, un xoguete marabilloso para a imaxinación dos demais”, a súa
elección entre o sistema dixital e o analóxico é “unha maneira de ser”, “O mundo
dixital paréceme estupendo, para quen o queira (...) é unha decisión persoal. Nin
mellor nin peor”. Vítor Nieves, que polo contrario emprega exclusivamente o dixital
porque a el “o único que me fai é que me complica máis o traballo e que
aumentan os custes de produción”, di algo semellante: “A verdade é que non
importa que a fotografía veña do dixital ou do analóxico. Esa brecha que se abre
entre o analóxico e o dixital para min non é unha brecha, non hai ningunha
diferencia en canto o que é ver unha imaxe. Unha imaxe é unha imaxe e me dá
igual co que se faga. (...) Creo que ese discurso está superadísimo cando hai
miles de aparatiños que poidan facer fotos ou imaxes con mellor ou peor
calidade pero que dependendo do proxecto se pode adaptar perfectamente. (...)
Eu elixo a imaxe para formar parte da exposición polo que representa a imaxe,
non por como foi feita”. Carlos Puga no seu traballo persoal emprega
indistintamente analóxico e dixital, “a min non me cambian as actitudes, non me
cambia nada, eu traballo da mesma forma. Para ese proxecto collo o que me
sexa máis cómodo nese momento”. “Eu acomódome rápido a calquera dos dous
formatos”.

A pesar de que a saturación de imaxes sexa algo que ronda a cabeza de


Andrea Costas, recórdase a si mesma que “O arte non é cuestión de dicir algo
novo, é cuestión de dicilo de maneira diferente porque todo está dito, dende hai
moito tempo (...) o que podemos dicir é bastante limitado en realidade. Sempre
estamos redescubrindo as cousas. (...) Fai anos ó mellor crías que eras máis
orixinal porque non sabías todo o que se estaba facendo. Pero hoxe en día,
cando tes acceso a tantas historias e te decatas de todo, esa mínima de ser
alguén orixinal desapareceu”. Vari Caramés atende este tema dun xeito positivo:
35
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

“Todos somos moi parecidos, as persoas, os traballos, as formas de mirar, as


formas de ver... é todo moi parecido. O que nos identifica son pequenos detalles
e eses matices son os que fan que o traballo teña duende, teña maxia e
substancia. (..) Cada un que faga o que lle gusta, iso é o que vale”

A comunicación inmediata grazas a Internet favorece a comunicación dos


artistas de todo o mundo e o recoñecementos dos mesmo. “Hoxe as modas son
globais, o que estamos facendo aquí estano facendo en Tokio ou na India ou en
Bután. (...) A arte é que se está complicado, pero cando non o estivo en Galicia?
É un mundo que non dá arrincado (...) Galicia nunca foi un referente na arte
mundial. Si, temos unha cultura milenaria, temos eses referentes moi importantes,
pero os centros de arte no sentido de mercado e non a calidade da arte, pois
nunca estiveron aquí” comenta Vítor Nieves. Pola súa parte, Manuel Sendón
explica os primeiros pasos da fotografía na nosa península. “Se tiramos trinta
anos para atrás, a maioría dos críticos de arte tiñan un descoñecemento
absoluto da fotografía, de toda a súa problemática estética, non técnica, de toda
a súa Historia estética incluso e hoxe en día non hai un crítico de arte que se
prece que diga “eu son crítico de arte, iso non vai comigo” e iso é unha cousa
que nos anos oitenta dicían a maioría dos críticos do estado español. Era unha
cousa allea ó arte” “A nivel mundial non é o mesmo, en Estados Unidos a
presencia da fotografía foi moi anterior entre outras cousas tecnoloxicamente
estaban máis avanzados, que inflúe pero ó mesmo tempo non tiñan un pasado
pictórico tan forte” Para o seu recoñecemento foi importante a chegada da
Facultade de Belas Artes a Pontevedra, que os xéneros artísticos se diluíran sobre
todo en cada persoa, os artistas usan varias disciplinas.

Santoro prevé que se volverá ó analóxico, en parte, pola durabilidade do


traballo, porque se sabe con precisión. Xulio Correa coñece o procedemento de
arquivo e conservación das obras fotográficas, “hai mitos que convén atendelos.
Insisto que o importante non é o procedemento”. “Os negativos non son eternos,
as diapositivas non son eternas, as copias en papel non son eternas. Poden estar
realizadas en materiais de mellor calidade e poden estar arquivadas de mellor
xeito (...) hai tintas e soportes de diferentes calidades -para a impresión de
fotografía dixital-. (...) Os autores debemos saber sobre que superficie positivamos,
imprimimos e con que tintas para que un conservador poda darlle o tratamento
adecuado.” “Están definidas cales son as características para que unha copia
sexa de tipo A, tipo B ou tipo C.” Debe haber honradez na clasificación se unha
galería ou un autor non quere perder o seu crédito pois un conservador xefe de
calquera museo sabe perfectamente e en seguida cando unha copia e dun tipo e
lle é doutro.
“A fotografía dixital, en plan pictórico como digo eu, crear obra para que
sexa un valor indestrutible, a fotografía dixital matouna. Agora, crear imaxes? Si,
claro, é máis fácil que antes” sentencia Santoro. Raymond Williams falaba de que

36
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

o futuro das imaxes non está determinado, median entre realidades interiores e
exteriores. Todo depende do que vaiamos querendo delas.
Sexa como fose, o importante é que seguirá existindo a fotografía,
seguirase creado, impactando, provocando, falando a través dela e con ela,
expresando tanto os sentimentos individuais como colectivos.

37
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

A FOTOGRAFÍA COMO DOCUMENTO

O debate que atende o tema da fotografía como espello do real comezou


dende o seu nacemento e segue a ter peso social e profesionalmente hoxe en
día. A pesar de toda a controversia que engloba este pensamento, o máis común
é considerar que é a máis perfecta das imitacións da realidade.
André Bazin, no seu texto de 1945 “A ontoloxía da imaxe fotográfica”,
expón que “A fotografía (...) liberou ás artes plásticas da súa obsesión pola
semellanza. Pois a pintura bosquexábase en van por crear unha ilusión e esta
ilusión bastaba ó arte, mentres que a fotografía e o cine son descubrimentos que
satisfán definitivamente e na súa esencia mesma a obsesión do realismo (...)
Liberado do complexo da semellanza, o pintor moderno -cuxo mito actual é
Picasso- o abandona ó pobo, que o identifica dende agora por unha parte ca
fotografía e por outra só coa pintura que se adica a tal cousa”. A función da
fotografía quedaba así establecida na documentación, no referencial, mentres que
a pintura se podía por fin adicar á arte, ó imaxinario e á investigación formal.
Pero en seguida esa concepción se foi esvaecendo e a súa función acadou todos
os ámbitos da imaxe, sobre todo conseguiu un status coma arte ou proba.
A fotografía evoca unha verdade ambigua e unha realidade ilusoria.
“Pensamos que o mundo era así, agora dámonos conta de que houbo moitos
mitos. En fin, foi un erro ter confiando na fotografía” di un dos colaboradores no
reportaxe “Los genios de la fotografía” falando do fotoxornalismo da Segunda
Guerra Mundial. Sen embargo, Gago Pesqueira defende cientificamente o valor
documental da fotografía química xa que non se intervir a información do
negativo sen que baixo un microscopios se note: “Podes cambiar certas
circunstancias dunha imaxe se usas un papel máis duro, un papel máis brando,
pero non estás falseando nada. O único que estás falseando é o que falsearía a
luz cando é un día de sol ou cando é un día de sombra quitando a mesma
paisaxe, (...) o que é a atmosfera aérea, pero non estás cambiando o valor
documental da obra. (...) A fotografía analóxica ganouse un prestixio e a xente
confía nela. O dixital aínda non se ganou ese prestixio e copiando non o vai
gañar”. Manuel Sendón sabe da existencia deste último pensamento pero non o
considera importante nin está de acordo con el: “O que pasa é que iso tamén é
un pouco un mito. O que a fotografía analóxica non manipula non é certo, a
fotografía analóxica manipula. Hai que ver o significado que ten a palabra
manipular. Porque leva como unha connotación negativa, envelenada, pero
coidado, iso é un pouco... O que só pode ser cuestionable e criticable é o uso
que se fai desa foto. Que se pretende suxerir con esa foto? E aí si que pode
haber manipulación ideolóxica (...) A manipulación en fotografía é tan antiga como
a propia fotografía. E na modernidade? Pois hai determinada xente que fala da
obxectividade na fotografía, pero en ningún lado hai iso. De feito a
posmodernidade o que fai é cuestionar ese verismo fotográfico. Moitos artistas o
que fan é desmontar ese verismo, mostrar que o verismo é unha impostura”. A

38
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

manipulación pódese empregar a distintos niveis e con distintas ferramentas, o


caso é que hai certas manipulacións que pasan máis desapercibidas ca outras. É
dicir, o fotomontaxe, máis alá da vertente artística, está totalmente condenado,
sen embargo tamén se pode manipular a realidade xogando coa escala,
eliminando calquera tipo de cousa que remita ó tamaño do obxecto fotografado,
o que fai suxerir cousas ó espectador irreais ó obxecto. A utilización dunha ou
outra lente tamén evoca sensacións distintas que quedan implantadas no
subconsciente, o que pode chegar a ser máis perigoso ideoloxicamente. Outra
cousa é que “a imaxe en principio é polisémica, entón en función de que coloque
un pé ou outro, a imaxe vai a suxerir un significado ou outro” segue explicando
Manuel Sendón. Pódese manipular co celuloide e se pode facer co pé de foto,
contextualizando mal. Pablo Moreiras sábeno ben porque certas fotografías súas
poden ser ambiguas se non coñeces o que sucede ó seu redor.

Santoro confirma que “Eu nunca entreguei unha foto de estudio, que non
tivera que retocar algo” Pero é que agora a xente pídelle que lle saque grans,
engurras... el non quere mentir. Retoque si, o que non podes é sacalo todo.
Ademais indígnase: “É que agora xa non son técnicas, son filtros prefabricados”.
Mercedes Moralejo tampouco concibe “unha foto saída dunha cámara dixital sen
pasar polo Photoshop” pero antes xa dixera que “é unha boa ferramenta para
darlle máis forza ou para darlle máis contraste, para arranxar a foto” xa que “En
prensa non debes mentir. Podes tocas unha foto pero non debes cambiala”.

! O Photoshop, ou calquera outro tipo de software de procesado de imaxe,


non deixa de ser unha ferramenta máis, aínda que hai que ter en conta que tipo
de fotografía se estea realizando, “depende ó que te adiques. Se es
fotorreporteiro ou un fotógrafo documentalista non te podes permitir manipulación
porque non é eticamente correcto. Pero se te dedicas á publicidade, á moda
porque non? Tes que aproveitarte de todo o que tes a man” (Javier Teniente). O
habitual é empregalo para revelar como se facía antes no laboratorio. En
publicidade todo é lícito, pero cando traballas coa realidade hai un límite moi
marcado, que é a mentira. Ó resto interiorízano cada profesional. “O Photoshop é
un instrumento para revelar pero obviamente non é o revelado clásico químico.
Permíteche unha infinidade de posibilidades fantásticas (...) outra cousa é se as
sabes utilizar. Iso é como todo, o coitelo pode servir para cortar xamón pero
tamén pode servir para matar a alguén” (Xurxo Lobato).

Falando do caso do concurso “Landscape Photographer of the Year”6 de


finais de 2012 que como en moitos outros descualificaron ó principal ganador
por exceso de técnicas de manipulación dixital, as cales neste caso pasan por
clonar algunhas zonas e engadir unhas nubes, Javier Teniente entende a decisión
do xurado e explica que inda que non se cambie o significado da imaxe o que
estás mostrando non é o que alí había: “Non é asunto das súas nubes, é
manipulación, unha cousa pode levar a outra, acaba transformándose todo. Eu

6 http://www.quesabesde.com/noticias/landscape-photographer-of-the-year-descalificado-retoque,1_9258
39
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

creo que non é necesario ademais para facer boas fotografías” Por outra parte
engade “É que se estás dando información que non é certa, de que serve?”

Xulio Correa pensa que ese uso masivo de ferramentas de edición non é
tan amplo, “a gran maioría das fotografías que se toman no planeta nunca van a
ser procesadas, son utilizadas así porque directamente se arquivan no ordenador,
a xente as sobe ó Facebook e se lle dá o diferente uso que se lle poda dar.
Somos os profesionais da imaxe que queremos concretar o discurso e que
queremos utilizar as ferramentas da posprodución para conseguir afinar a imaxe,
para poder contar o que queremos contar, exactamente igual que antes
utilizábamos o laboratorio”

Parafraseando a Joan Fontcuberta Manuel Sendón recalca a súa principal


visión: “Encadrar é manipular, escoller o instante é manipular, escoller tal é
manipular, o diafragma, a velocidade, calquera opción é manipulación (...) o que si
pode estar sometido a criterio ético ou moral no é o feito de manipular, senón o
uso ou a finalidade con que iso se fai, pero nunca o propio proceso”. Para
resumir, Vítor Nieves recorda a unha situación vivida na súa época
xornalística:“‘Vaite a unha manifestación e sácame catro, non me saques ós tres
mil?’ Iso xa é mentir. Entón, que manipulación é peor?”

A maior parte das cousas que se din e se dixeron sobre a imaxe dixital
parece centrarse sobre a idea de perda do real, o medo a que o espectador
perda a habilidade de distinguir entre o mundo simulado e o real. Pero é que
conforme avanza a tecnoloxía avanza a sociedade, cambia a súa percepción e a
súa conciencia. Vemos o mundo dunha forma diferente, pero o mundo tampouco
é o mesmo.

Por outra parte, cabe destacar o pensamento de Nan Goldin acerca da


verdade: “O único que podes captar de verdade é a túa propia tribo”. Por moito
que fales, que te integres nun espacio, nunha sociedade, non a vas a chegar a
entendela nunca como o fan os que naceron ou chegaron de forma natural a
ela. Pode acadarse un entendemento maior ou menor segundo o tempo e a
conexión mantida pero a verdade absoluta é individual.

“A realidade non existe realmente, cal é a realidade? (...) é algo así como
un concepto moi abstracto. Hai millóns de realidades” (Vari Caramés)

40
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

A SOCIEDADE DIXITAL
Dun xeito xeneralizado, alá polo ano 1997, Martin Lister expuxo que “as
imaxes deron sentido á experiencia moderna. Determinaron a nosa demanda da
realidade, substituto da experiencias, indispensable para a economía, a política e
a procura da felicidade persoal”.
Durante os máis de cento oitenta anos de Historia da fotografía, as imaxes
contribuíron a entender como vemos e como pensamos sobre o mundo, sobre
nós mesmos e sobre os demais. Os diferentes usos da fotografía levan implícitos
os cambios na sociedade e a súa forma de vida. A chegada da tecnoloxía dixital
supuxo unha euforia consumista ata o punto que en poucos anos a cantidade de
aparellos cos que fotografar multiplicouse. Cada día a cantidade de imaxes que
se fan aumenta e agora é unha ferramenta de comunicación máis empregada
comunmente.

Miguel Riopa recorda así a chegada do dixital: “A fotografía dixital xurdiu


como unha forma de que o profesional tivera máis rápido a foto na súa cámara
e no seu ordenador. O que pasa é que despois se estendeu ó consumo, ó
consumismo da rúa, como todo”. Non era algo fácil de prever, a fotografía levaba
anos instalada nas casas pero tan só se empregaba nas ocasións especiais. O
abaratamento dos equipos foi o que activou esa popularización. “Coa fotografía
dixital todo dios ten unha cámara, todo dios imprime unhas fotos na súa casa e
tal, non hai gasto. Antes a fotografía era para a xente que tiña pasta” (Mercedes
Moralejo). No momento “non se me ocorreu que a fotografía dixital puidera
chegar á xente da rúa ou incluso a un móbil (...) en principio as cámaras eran
absolutamente prohibitivas, soamente unha gran empresa ou un gran profesional
podían acceder a esa tecnoloxía. Agora comprar tecnoloxías se democratiza e
evidentemente chega a todas partes”. “Hoxe en día en cada casa hai máis
cámaras ca persoas”, apuntan Manuel Sendón ou Xulio Correa. O primeiro segue:
“Agora a xente está fotografando constantemente e logo as redes socias o que
fan é que esas fotografías flúan, circulen, que non se queden na casa (...) Ten
unha funcionalidade comunicativa, se non estiveran nas redes pois ó mellor
tampouco fotografías tanto, porque para que as queres?”

Andrea Costas fala de que en consecuencia do mínimo gasto por toma,


impulsouse unha mirada máis vangardista, o que nos anos trinta era sorprendente
captar nunha imaxe (unha corda, un plano cenital de calquera cousa...) agora
está interiorizado pola xente. “Antes tiñamos unha cámara analóxica, co carrete
facíanse as fotos moito máis contadas, nas ocasións especiais e xa. Isto que se
fai agora dende que son cativos a xogar directamente coa imaxe unicamente se
facía cando querías rematar un carrete. Non merecía gastar os cartos en fotos
chorra entón a maioría das fotos eran moi estandarizadas”

As prácticas de ocio contemporáneas máis importantes baséanse nas


imaxes, desprazando a outras como podía ser a lectura ou ó deporte e
establecen o ordenador como a ferramenta da cultura postmoderna, sendo agora
41
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

ampliables a outros sistemas portátiles como as tabletas e os móbiles. Propician


unha sociedade potencialmente sedentaria, pasiva e conformista pero depende
das actitudes individuais. As opinións conforme a aparición das novas tecnoloxías,
as redes sociais e os hábitos adquiridos con eles son de diversa índole:

“O respecto que había antes á fotografía porque a xente non sabía


revelalas e todo iso, perdeuse (...) Popularizouse demasiado e parece que todo o
mundo sabe facer fotos” (Ricardo Grobas)

“Eu dou talleres gracias a que a xente fai máis fotografías que antes”
ademais decátase da súa existencia xente de todo o mundo gracias ás redes
sociais. (Carlos Puga)

“Eu creo que a popularización foi unha das cousas positivas (...) a medida
que se abriu esa tecnoloxía, cada vez tómanse máis fotos, o cal a priori podía
levar a pensar que ó tomarse máis fotos, a xente fora evolucionando a súa
linguaxe, que cada vez aprendera a ler mellor as fotos (...) Pero a realidade
demóstrate que esa evolución non é tan rápida como crías, non por tomar máis
fotos son mellores. Moitas veces tómanse fotos sen nada de reflexión sobre elas.
Como é gratis e non che custa nada” (Vítor Nieves) “Á maioría da xente o que
lle interesa é facer fotos chulas pero ó mellor non profundar moito no que
significa en si unha imaxe ou cal é a historia das imaxes”. (Andrea Costas)

Por outra parte falando de redes sociais, Vítor Nieves denuncia que ó
publicar nelas “estás poñendo todas as imaxes que fai a xente ó servizo de catro
empresas, que son as que as xestionan ó final”.

“Eu debo ser unha excepción nisto das redes sociais. A min non me gustan
nada, a min gústame falar, gústame quedar coa xente. Paréceme unha ferramenta
de puta madre para contactar coa xente que non podes contactar con eles
doutra maneira” (Mercedes Moralejo)

“Estamos empobrecendo ó ser humano. O que avanzan uns cuantos...


porque claro, os que son sabios son os capaces de facelo. Ti no momento en
que deixes de imaxinarte cousas, estás perdendo unha capacidade humana” Di
Ricardo Alcalde referíndose ós libros dixitais interactivos. O seu instrutor aclara as
dúas vertentes do dixital: “Unha é positiva porque as redes sociais permiten
comunicación co mundo e estamos máis informados, pero por outro lado fainos
máis parvos e fainos quitar a atención do principal para metelo no superfluo”.
Vari Caramés está de acordo pero dino doutro xeito: “Estamos idiotizados. Eu
non entendo como a xente pode ir pola vida mirando para o móbil sen ver os
edificios que hai na rúa, sen ver o tempo que fai, sen ver o paisaxe que os
rodea, sen decatarse de nada! (...) Vivimos metido nunha trampa, un trampantojo,
é un decorado artificial (...) hoxe na contemporaneidade as emocións están
substituídas pola tecnoloxía”

“Estase chegando a un momento en que non hai seriedade en nada. Agora


coa foto dixital, que calquera che pode sacar unha foto, cólgana na rede e aí te
42
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

quedas”, Santoro considérase progresista, admite que “a rede é un adianto, como


o dixital (...) pero hai cousas que, non é que me asusten, téñolles respecto.” Pola
inseguridade comercial, por exemplo.

Non convén esquecer que a maioría dos fotógrafos profesionais para a súa
vida persoal empregan o equipo de consumo masivo. Disfrutan ca fotografía pero
é o seu traballo. Sobre todo os fotodocumentalistas pero tamén os da fotografía
de autor, como Manuel Sendón. Cámaras compactas, que non pesen, teléfonos
móbiles...

43
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

A INTIMIDADE E A MEMORIA SOCIAL


A finais do século XX o mundo da fotografía foise volvendo introspectivo,
subxectivo e revelador da intimidade, as portas da vida familiar abríronse, o máis
íntimo fíxose público. Primeiro as das casas de fotógrafos profesionais, coa
chegada das redes sociais, a maioría das persoas expóñense á mirada pública
nos seus ámbitos cotiáns. “Agora todo o mundo quere contar a súa vida e a túa
vida non é tan interesante. É interesantes para ti ou para a túa nai pero non
para os demais. Temos un interese desmedido en que coñezan o que facemos en
cada momento (...) a min me parece un coñazo”, opina Javier Teniente. Aínda que
ese ámbito é cada vez máis mostrable, débese recordar que dende os seus
inicios a fotografía estivo intimamente ligada ó doméstico e á esfera privada en
forma de entretemento.

Por outra parte, a relación entre as fotografías e a memoria funde a


identidade individual e a colectiva nun tempo narrativo familiar. Pero ese relato
construído non é máis ca iso, o reflexo da vida ideal que desexaríamos levar, por
iso, inconscientemente, posamos e nos preparamos. O álbum familiar, como tal,
está a desaparecer. O traballo de selección entre tanta cantidade de instantes é
demasiado amplo, antes se “facían unha selección porque había que pagar e logo
iso quedaba nun álbum de vinte, trinta, corenta fotografías que se podían ver. (...)
Cando ti traes mil fotografías dunha viaxe, como fas esa selección? Quen ten
tempo para pararse e seleccionar fotografías?” (Javier Teniente), polo que agora
son as redes sociais os que o están a compoñer. “O Facebook pode ser a
continuación do que podía ser a fotografía familiar” (Manuel Sendón).

As instantáneas son idealizacións que impoñen un filtro de sentimentalismo.


“Jonh Berger viu a dicir que se ten escrito moito sobre a fotografía substituirá á
pintura, ó debuxo, cando en realidade o que substituíu foi á memoria. (...) A
memoria normalmente esquece o que é negativo, o que é triste, e nos quedamos
sempre idealizando as cousas. Cos álbums de familia pasa o mesmo (...) o álbum
acaba contando unha historia que logo se toma como propia. Na memoria
sucede que cando pasa algo traumático, que cando tendemos a esquecer o
triste, iso traumático queda aí e non desaparece. Pois nestes álbums de familia
pasa moitas veces que ó velos, chámanos máis a atención a ausencia que a
presencia. é dicir, Porque aquí non está a foto? que pasou? alguén a arrincou
porque non servía para contar esa historia ou resulta que os álbums teñen vida
propia, como os que os xeran, se van deteriorando co paso do tempo e o propio
paso do tempo é o que fai que a foto desapareza. Queda o interrogante
aí” (Manuel Sendón)

A Xulio Villarino ocórrelle unha cousa curiosa, recorda mellor as cousas se


non as fotografía e se as saca inevitablemente recorda só o que sae retratado,
non o resto que sucedeu. “a foto acóutame demasiado (...) aínda que ó mellor
con algúns recordos os fago máis literarios, o meu cerebro o fai máis literario
porque todos necesitamos vivir e sobrevivir o día a día”.

44
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

O Instagram e programas semellantes de efectos vistosos á moda, son


unha ferramenta que axuda a idealización deses recordos e a fomentar a
percepción de profesionalidade nos aficionados. “Si, é fantástico, todo o mundo
sabe facer fotos de ese tipo pero ponte realmente a resolver unha situación de
outro tipo, faime unha foto que non sexa así, que me diga algo, que non sexa
con filtros. Precisamente aí ten que entrara capacidade do fotógrafo, a
capacidade do profesional” (Miguel Riopa). “Son filtros ó fin e o cabo estéticos,
melloran os contrastes, mellora saturacións, ponche colorinchos que non existen,
entón a nivel amateur penso que eses filtros son moi jugosos, son moi atractivos
porque melloran o sensible das imaxes pero claro, melloran desde un punto de
vista amateur. (...) Un xoguete como Instagram fai que claquera persoa se crea
fotógrafo. Eu creo que non temos que ter medo a iso porque os fotógrafos
temos que afrontar e competir con iso. (...) Aquela época de Kodak nos deu unha
lección que a temos que empregar para o tema de Instagram. É dicir, non todos
os que publican en Instagram nin moito menos son profesionais. Hai bastante
diferencia cando ves un profesional e toda a súa galería de Instagram que ten
unha coherencia e ten unha linguaxe visual moi diferente a calquera outra persoa
que saca fotos como churros por sacar” (Vítor Nieves)

Ligado ó Instagram apareceu a moda do vintage, a morriña por obxectos


que fai non tanto atopábanse en cada recuncho e que uns anos antes eran
considerados vellos ou anticuados, agora son considerados obxectos de
coleccionista e dignos de admiración. Isto impulsou a volta de produtos que xa
se deixaran por obsoletos. “Normalmente o vintage sempre é algo que chama a
atención é algo moi efectista e moi esteticista tamén para publicar (...) Penso que
se debe a estratexias sobre todo de comunicación e de márqueting de empresas
moi potentes que controlan a arte da comunicación en Internet” (Vítor Nieves).
Non se pode escribir a historia da fotografía tendo en conta só a estética, nin
sequera a técnica. Hai que ter en conta os beneficios que xerou esta industria
para comprender por que chegou a ser o que é.

45
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

OS PROBLEMAS DA PROLIFERACIÓN DE INFORMACIÓN


En xeral, os medios de comunicación fixeron que a xente reparase máis á
hora de ser fotografada. Moreiras di que queren ser fotografados só cando
queren eles, coma os famosos, que se lucran das fotografías persoais pero se
nese momento non lles interesan arremeten contra os fotógrafos. Mercedes
Moralejo opina que a xuventude se ofrece máis a ser retratada, “á xente maior
segue sendo bastante remisa nun primeiro momento, tes que gañala”. Santoro
precisa que ó seu estudio no chega a xente relaxada por moito que se fagan
fotos constantemente “As fotos son que se fan normalmente na rúa son de
cachondeo, sobre todo na xuventude”. Miguel Riopa, pola súa parte, divide este
tema en dúas partes: “Hai unha falta de pudor no teu entorno e polo outro lado
hai ese terror de que te saquen unha foto e non saibas a onde vai a parar”
“Curiosamente a xente é cada vez máis exhibicionista (...) Creo que ten que ver
menos ca fotografía e máis coa televisión. É como que a xente perdeu moita
inocencia nese sentido (...) canto máis avanza a sociedade creo que nos
volvemos máis desconfiados da imaxe (...) Ves demasiados intereses” por esta
razón, Xulio Villarino cambiou o obxectivo da súa obra, “a min agora resúltame
moito máis difícil fotografa á xente (...) agora gústame moito máis fotografar as
pegadas que deixa a xente”. Carlos Puga, sen embargo, opina que “ás veces é
culpa do fotógrafo, da maneira en que se acerca á xente a sacarlle as fotos”.
Para facer unha fotografía dunha persoa Juan Pablo Moreiras non chega e a
saca, fala coa xente sen preocupacións, só cando está a piques de irse pide
tomar unha instantánea. Desta maneira o suxeito móstrase non como quere,
senón como é.

Volvendo á importante problemática do mundo contemporáneo da


proliferación de imaxes, existen varios puntos que atender. Por unha parte, “hai
tanta saturación de imaxes, sobre todo na rede, que é moi difícil cando hai algo
bo que saia. (...) Hai certas imaxes que como que te atrapan máis pero vexo
agora unha que me atrapa e dentro de cinco vexo outra e o seu impacto en min
é menos por acomodación (...) agora é tal a avalancha que case te inmuniza a
que haxa algo aí que te marque tanto”, considera Andrea Costas. Pero Javier
Teniente di que é como a televisión, por exemplo, cada vez hai máis contidos
pero iso non quere dicir nin que os haxa mellores nin peores. “Paréceme máis
fácil, moita xente se achega á fotografía, todo o mundo se cre fotógrafo pero iso
é mentira. Segue habendo moi poucos bos fotógrafos porque é moi difícil
conseguir unha boa fotografía (...) Hai millóns de imaxes cada día na rede pero a
maioría son unha porcallada. Non son fotografías que poidan significar algo
interesante, moito menos un cambio”.

Esta continua presencia da imaxe debería de facer que inconscientemente


estivésemos aprendendo dela, “a nosa cultura visual agora é infinitamente maior
que hai trinta anos, cincuenta anos, cen anos. É moito maior e estamos

46
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

perpetuamente adestrados na imaxe fixa”. (Andrea Costas). Pero a pesar desta


situación, Vítor Nieves pensa que a fotografía “se segue utilizando igual que antes
de que existira esa democratización da fotografía, non vai parella a que se
aprenda a fotografar ou que se aprenda teoría da imaxe ou a compoñer unha
imaxe” ó fin é o cabo apréndese estudando. “Non se aprende só facendo fotos,
se aprende sobre todo vendo desde planos de cine ata cadros de Velázquez”.
Para Manuel Sendón tampouco hai relación entre estar rodeados de imaxes e a
educación do ollo “en cantas materias vos falaron na educación obrigatoria de
algo que tivese que ver coa imaxe, educación visual? Que pasa por fotografía,
pasa por televisión e pasa por cine. Practicamente é inexistente”

O aumento de imaxes leva implícito o crecemento da cantidade de


información recibida e espallada, pero tamén á diminución do impacto ante ela.
Juan Pablo Moreiras, opina que a información sempre é boa, o que pasa é que
xa non interesan certas cousas ou en certos momentos. Pero se unha fotografía
ten unha historia detrás, se transmite sentimentos, o impacto vai a ser o mesmo
esteamos rodeados de moitas imaxes ou sexa a primeira que vexamos. “Eu
prefiro que haxa moita información e non a ignorancia, o problema é ter a
capacidade de selección (...) pero polo menos tes aí a información” (Javier
Teniente) “A ver, ignorancia... algo intermedio, na xusta medida, nin demasiado nin
demasiado pouco” si Mercedes Moralejo, porque depende do día, ás veces non
quere nin ver as noticias por sentirse cargada emocionalmente. Ricardo Grobas
sofre, pero “se ocultásemos os accidentes en coche ou en moto, sabes que
pasaría? que non se sabería o que pasa e na carreteira todo o mundo iría... é
unha forma de pensar miña, creo que se mentaliza a xente do que é a estrada,
do que é bo ensinar”. Pode parecer que cantas máis imaxes de atroidades
vexamos, menos nos afectan pero el reafírmase: “Non creo que sexas insensible
(...) iso telo aí, no subconsciente”. Para Xulio Villarino non é nada novo: “Xa había
nos periódicos hai vinte anos montón de fotos de escenas duras (...) Si, estamos
insensibilizados pero xa o estábamos hai vinte anos. Probablemente xa o
estábamos cando a revista Live empezaba coas súas historias” dende a guerra
de Vietnam durou pouco a inocencia. Logo cita a un fotógrafo que non recorda
o nome para dicir que “eu conto as cousas para que ti non poidas dicir que non
o sabías”.

O maior problema a este cambio no consumo da información e nos


intereses é que está morrendo o periodismo como tal e como o coñecemos.
“Non hai interese. Se ti miras as revistas dominicais que era onde antes
publicaban os grandes reportaxes, hoxe en día xa non os hai. Hai reportaxes
doutro tipo de temática, sobre todo de fotografías da prensa de famosos. (...)
Parece que á xente lle interesa máis que ter coñecemento do que está
sucedendo por aí. Como se valora iso é outro tema. (...) Ós medios non queren
ese tipo de reportaxes ou porque non lles interesa ou porque ás casas que
pagan a publicidade, que son as que de verdade manteñen eses semanario, non

47
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

queren ver esas fotografías ó lado das súa publicidade. En fin, está todo un
pouco confuso xa.” (Javier Teniente) “Que publicidade lle poñemos ó lado?” Esa é
a temida pregunta por Juan Pablo Moreiras cando mostra unha fotografía ós
xornais. Xa non interesan as historias reais, as denuncias, senón mostrar o luxo
que aínda queda no país.

Finalmente, Andrea Costas prevé que estes continuos cambios e o fervente


consumismo que leva o dixital consigo, que constantemente aparecen novos
produtos ou características inauditas, “chegará un momento en que quizais se
estabilice dalgunha maneira ese furor porque paréceme que todo é tan novo,
tan accesible e tan rechamante que a xente ten como urxencia por aprender iso.
(...) A xente fai tantas fotos que non as mira”. Pero Vítor Nieves discrepa: Internet
“está sempre en constante evolución polo que non creo que se estabilice nunca”.

“Moitas pequenas tendas desapareceron, grandes laboratorios


desapareceron. Todo o mundo ten unha cámara, fan unhas fotos estupendas,
marabillosas, están deseñadas para iso pero non teixa de ser unha trampa”.
“Vivimos nunha época de excesos” (Vari Caramés)

48
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

COEXISTENCIA DE AMBOS SISTEMAS

“A xente ten moitos prexuízos, podes vivir co de antes e co de


agora” (Carlos Puga). Pero pode chegar un momento no que o mercado decida
que definitivamente a industria química fotográfica non é rendible e sen ela, sen
eses produtos indispensables para o revelado, a fotografía química desaparece,
polo menos para a gran maioría da poboación. De momento calquera dos
procesos existentes pode ser practicado por quen lle interese con máis ou menos
facilidade. “Se un día desaparece o negativo, morre o proxecto ou... a min dáme
igual porque a fotografía segue. Eu sigo como autor, como fotógrafo creativo. O
que quero son imaxes, o que quero son proxectos”, comenta Carlos Puga de
maneira positiva.

Non é algo do que se poida falar con demasiada concreción, cada un fala
segundo as súas experiencias e a súa visión dos sistemas. Gago Pesqueira
experimentou largo e tendido con eles, é un gran amante dos acabado e a
calidade química pero é consciente de que “a fotografía analóxica non tería
consistencia se se intentara levar ó plano comercial porque o material é caro. (...)
É posible que dure pola nostalxia que temos e a calidade que dá. Moitos dos
que se pasaron ó dixital pensando que era unha marabilla, máis nítida, pouco a
pouco, a base de facer e facer déronse conta de que non chegan ó que daban
antes”. Santoro tamén pensa que convivirán, “máis que nada pola durabilidade do
traballo”. Sen embargo, para Xulio Correa “non vai a coexistir durante moito
tempo. -A fotografía analóxica- Vive agora un momento dourado, un momento
digamos vintage, que eu penso que se vai a manter aí en un estado latente para
unha serie de minorías amantes do arte fotográfico, amantes do discurso
fotográfico, que queren engadir un pouco de metalinguaxe, falar das fotografías
coas fotografías, ou que quere cultivar unha determinada estética (...) Non vai a
volver a ser popular nunca máis. O popular vai a ser incluso que as cámaras,
como tales cámaras, vaian languidecendo en función desas cámaras asociadas a
outros dispositivos”.

Un campo de crecemento da fotografía química é o que comprende a


aqueles que naceron na era dixital e que queren coñecer o ámbito analóxico.
Para Gago Pesqueira é pola incomparable calidade desta pero tanto Xulio Correa
como Manuel Sendón, que están máis en contacto con esa xeración pola súa
calidade de profesores, opinan que iso é por descubrir a fotografía dende o seu
interior, por controlar o proceso dende o inicio e de maneira máis directa, máis
íntima. Para Manuel Sendón o analóxico ten os días contados, pois hoxe os que
seguen traballar con el son persoas que se moven “no espacio discursivo da arte
ou da galería de museo”. Sen embargo “Na Facultade de Belas Artes si que se
segue usando o analóxico porque é máis experimental, porque tes o control do
proceso dunha forma directa” curiosamente, canto máis avanza o dixital, máis
interesa o analóxico entre os alumnos”.
49
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

“O cambio é importantísimo pero non considero que as cámaras definan o


que é a fotografía” (Javier Teniente). Aínda que poden influír na toma, nin as
cámaras nin os soportes fan que unha fotografía sexa mellor ou peor. Pero sobre
todo, o importante é que “a situación do dixital hoxe en día, en situación do que
era a película en filme, non é máis que que un estado de desenrolo tecnolóxico
que ademais é efémero. No futuro vai haber algo que substitúa ás actuais
cámaras que utilizamos. O importante non é o método para realizar o traballo, é
para que o utilizas. (...) Se vai haber fotografía no futuro é evidente que si. Non
hai elementos de comunicación que enterren a outros, son novos elementos que
permiten á humanidade crecer na súa capacidade emocional e comunicacional.
Non desapareceu a radio, non desapareceu o cine, cambiou” (Xulio Correa).

“Haberá que pensar noutras formas de traballar se queremos sobrevivir en


todo isto” (Vítor Sierra)

50
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

APRECIACIÓNS XERAIS DOS PROFESIONAIS

A FOTOGRAFÍA
“O dixital non é que teña máis auxe é que hoxe en día, para min, é a
fotografía” (Vítor Nieves)

A fotografía é o arte das contradicións. Se ben é certo que “na pintura


non se fan obras de arte por casualidade, na fotografía si” 7, o casual debe estar
cargado de significado, iso é o que engancha pero tamén para que un fotógrafo
logre unha imaxe única debe saber aliñarse co tempo e o espacio, desenrolar
unha intuición necesaria para capturar momentos únicos. “O concepto por si, se
non hai un encadre e un clic posterior non hai nada, é como vivir no mundo das
ideas (...) o encadre sen concepto previo é unha mera casualidade pero a
realidade sempre te sorprende” (Xulio Villarino).

A fotografía mostra e expresa pero para que o faga debe ser vista.
“Conceptos como o encadre, pois creo que son importantes para que a fotografía
teña ese valor estético que pode facer que atraia máis, que sexa máis persuasiva
para a xente, que diga “mírame”. Normalmente iso está no concepto estético,
depende en que tipo de imaxes. Ten que haber unha estética para chegar a máis
xente”, pero “moitas veces nin sequera sabes que foi o que funcionou para que
unha fotografía mereza a pena. Tes que pararte a analizala. Si, hai moitos
conceptos, hai composición, encadre, as luces, o non sei que, pero realmente,
por que unha fotografía é boa e outra non?”. “Eu creo que todo é difícil. O difícil
é facer unha boa fotografía. Partindo de aí, todo inflúe á hora de que a
fotografía conte algo, ten que aportar algo máis. A min hai algo que me gusta
que son as atmosferas. A min me gusta moito a fotografía que está rodeada de
certa atmosfera que te sitúa no lugar, que creen máis interrogantes” (Javier
Teniente)

Referíndose ó fotoxornalismo pero ó meu parecer transferible ó resto das


disciplinas fotográficas, Juan Pablo Moreiras expón: “Transmitir a emoción dun
xeito universal, ó contrario do que pasa con demasiada frecuencia coa fotografía
de autor (ou a arte moderna), paréceme a min. Por iso me parece interesante
que as fotos, concibidas como unha ferramenta útil para contar historias, sexan
intelixibles por un amplo abanico de espectadores, que transcendan ó publico
especializado e sexan capaces de chegar ó gran público. Non por iso deben
perder calidade formal (...) O problema é que a miúdo se confunde iso coa
banalidade ou a vulgaridade, dando lugar a fotografías de consumo que non

7 Colaborador no documental “Los genios de la fotografía”.


51
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

aportan nada ademais da información á que aluden. Eu coido que hai un camiño
intermedio”.

“Non é o mesmo facer unha foto interesante que unha foto bonita. Unha
foto bonita todos sabemos como a hai que facer e como pode gustar a moita
xente, a unha maioría. Agora, facer unha foto que propoña outras historias, esa
foto non lle vai a gustar a todo o mundo” (Vari Caramés) “Eu son dos que
aposta polo contido da imaxe, pero ollo, no contido da imaxe como no contido
da escritura, non se poden cometer faltas de ortografía” (Xurxo Lobato)

“O futuro vai ser analóxico ou dixital? Analóxico está claro que non pero
dixital probablemente tampouco (...) as cousas están cambiando a unha
velocidade que non sei como será a fotografía dentro de cincuenta anos.”

52
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

OS FOTÓGRAFOS:
A figura do fotógrafo é particular. Por moito que o seus status social
deixara de ser o de antes, que non sexa impoñente nin algo inalcanzable, esta
profesión segue a ser admirada e ben considerada. Pero selo supón ter certas
calidades, sobre todo certas sensibilidades que inda que non as admitan ou se
dean conta delas, exprésanas en cada unha das súas obras. “Os que vivimos da
observación temos que ser moi curiosos” (Vari Caramés). “A maioría dos
fotógrafos sempre lles encantou facer fotografías, ver o mundo a través da
cámara, fragmentalo, descifralo, entendelo a través das imaxes” (Andrea Costa).
Cada un ten unha visión diferente do mesmo. A fotografía desvinculouse
totalmente do mito do espello da realidade pero do que si é espello é da
personalidade e cada autor, os seus intereses están inevitablemente implícitos na
súa ollada. “A min me gusta o meu sentimento, o que sinto nese momento,
necesito disparalo (...) digamos que os meus proxectos son case todos
interiores” (Carlos Puga).

“A técnica é algo moi importante que ten que saber todo fotógrafo pero
que hai que sabela para esquecela, para ter unha base e despois traballar sobre
todo o concepto (...) Tes que aprender o que é un diafragma, o que é o
obturador, ata que o interiorices e te esquezas de todo iso porque o máis
importante é pois a teoría da imaxe, a composición, é o que queiras transmitir, a
mensaxe porque se nos baseamos só na técnica calquera persoa pode aprender
técnica (...) en cambio non por ter unha cámara ou por ler o libro de instrucións
e saber utilizar o obturador ou a xogar coas distancias focais se sabe facer fotos
ou se é fotógrafo. Ser fotógrafo é unha cousa completamente distinta” (Vítor
Nieves).

Por outra parte, resaltar como figura é moi complicado, pero sempre o foi,
non é cousa da proliferación de imaxes da era moderna. “Hai moita xente que
cun traballo ó mellor puntual, que marcou, foi un fito na Historia da fotografía
pero en realidade son aficionados, non gañaban cartos con iso (...) Non está
supeditado a facer o que che piden, nin a estar ó servizo dunha estética que é
a que vende.” (Andrea Costas) “A maioría dos grandes fotógrafos son coñecidos
por unhas cantas fotografías, nunca máis de cinco ou seis. Todo inflúe. E cantas
hai que se quedan aí e nunca miran a luz, incluso vendo a luz e despois non
teñen a repercusión que deberían é cuestión de sorte incluso niso”, di Javier
Teniente que non hai unha fórmula estática e se a hai el non a coñece. Para
Juan Pablo Moreiras a calidade da fotografía é o que a fai transcender, pero non
é habitual que un fotógrafo sexa coñecido fóra do círculo profesional. Isto xera
endogamia, envexas e competencia desleal que hai que asimilar e tolerar con
compracencia. “Hai que estar moi cargado de moita seguridade en ti mesmo, dun
amor propio, dunha confianza no que fas e de que a alguén lle vai a interesar e
de que vale a pena” di Andrea Costas, polo mesmo que Juan Moreira exclama
“Eu estou namorado da miña fotografía, senón non a faría nin a podería vender”.

53
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

A FOTOGRAFÍA EN GALICIA
“De saúde está ben, nunca estivo mellor” opina Vari Caramés sobre a arte
fotográfica, “Creativamente ben, vexo que hai moitas propostas, moita inquietude,
moita xente nova con moito interese, ilusión e futuro. Hai madeira. (...) Agora, no
senso de poder facer exposicións, facer proxectos, vender a fotografía e tal, moi
mal. É unha sensación agridoce.” El persoalmente ten “a parte poética, íntima,
persoal, entrañable, está cuberta pero a parte prosaica non se activa”. A crise
económica que estamos vivindo conforma un momento moi duro para a
supervivencia dos artistas, ten que haber un certo equilibrio para comer e tamén
para poder seguir traballando. “Se non hai un apoio económico, unha mínima
estrutura, é difícil”. Por outra parte ultimamente nota que “a unha sala de
exposicións non vai ninguén, van catro ó día da inauguración pero despois
dilúese completamente”. Andrea Costas secúndano pero confesa que a ela mesma
lle pasa, ó ter todo en Internet non se despraza a outras cidades, procura a
obra na rede e xa. Ás veces inda que non teña nin que desprazarse, vaino
deixando e remata por pasar o tempo da exposición. “Con Internet e os medios
xa parece que o tes todo aí, xa non saes tanto. Se supedita a experiencia física
pola virtual”. Santoro pensa que “en Galicia sempre houbo un nivel alto” inda que
engade “hoxe en día non se fan congresos, non vai ninguén porque a xente xa o
sabe todo (...) e se vas tes que velo a través dunha pantalla” así non aprendes, a
demostración ten que ser in situ.

Respecto ó resto do panorama español, segundo Vari “En todas partes


cocen fabas” pero “o País Vasco é o que mellor funciona en España. (...) Que
conste que en Cataluña tamén hai moita tradición e moi bos fotógrafos e en
Madrid igual. Sacando os tres puntos, o demais está todo moi disperso”.

Vítor Sierra di que “está igual que o resto. O mundo da fotografía é moi
amplo” demóstrano cos datos das redes, do uso do Instagram en comparación
con países emerxentes economicamente é igual ou superior. Unha das iniciativas
que están a desenrolar dende o Outono fotográfico é impulsar a fotografía
galega no Brasil, aproveitando a crecente economía deste e o achegamento
lingüístico que posuímos.

A crise, como en todo, está afectando a todos os ámbitos da fotografía,


“boto de menos que haxa axudas públicas para que se conserve como
coñecemento humano” replica o alumno e Pesqueira, Ricardo Alcalde. Manuel
Sendón en cambio o que bota en falta é “que en Galicia non se chegara a
construír un centro, unha casa da fotografía, unha institución específica da
fotografía porque aínda que a fotografía estea na arte, aínda que vexamos imaxes
fotográficas no MARCO, no CEGAC, nos diferentes museos que poida haber, hai
outro tipo de funcións na fotografía que non son propias dun centro de arte

54
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

contemporánea, como pode ser a fotografía histórica, incluso a fotografía


xornalística, (...) . Aínda que as fronteiras hoxe en día desapareceron”. “Como
somos un país pobre que parece que non saímos adiante, o que é o arte e a
fotografía é algo como secundario (...) é menosprezada entón é un handicap para
os fotógrafos e para a profesión” (Ricardo Grobas).

55
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

CONCLUSIÓNS
A fotografía é un arte expresivo relativamente novo, os sistemas dixitais
moito máis pero as súas propias características son as que fan que en seguida
se asente no interior dos fogares e polo tanto que os debates e controversias se
multipliquen e aumenten. Isto non deixará de ser así, os elementos de
representación e o seu consumo evolucionan constantemente e adaptalos e
normalizalos ó sistema social leva tempo. Solucionarase un e conformarase outro.
Pasa o mesmo no cine, a pintura, a música...

A figura do fotógrafo, como calquera outro traballador dos conceptos,


inevitablemente está atinxida ó mercado. Pode sucumbilo ou non, dependendo da
súa situación persoal. A representación do mundo pode ser máis ou menos
subxectiva, ser fiel ou non ós feitos, estar manipulada e incluso desfigurada pero
dalgunha maneira reflexa o momento no que foi feito, os valores imperantes.

Segundo os fotógrafos profesionais, o futuro é incerto pero as cousas non


están tan mal como pode parecer, polo menos en Galicia, que aínda que non
sexa unha referencia mundial, está en boa posición. Hai iniciativas de diversa
índole, ganas de traballar e un crecente interese pola fotografía, o que é bo inda
que todo teña dúas vertentes. A mala é que os oficios se teñen que adaptar, a
boa é que xorden cousas novas a todos os niveis.

As transicións son duras para a toda a sociedade, pero en canto a


costume nos acomoda, non hai quen volva cara atrás. Tan só os románticos
poden con iso. Aínda que a morriña nos inunde, a economía non a favorece e a
limpeza e a rapidez que a tecnoloxía nos aporta tampouco. Como calquera outra
artesanía, a fotografía analóxica quedará relegada a iso, verase en feiras,
volverase a ver como algo máxico que unha imaxe apareza da luz pero nunca
deixará de ser parte de nós, da nosa Historia, da nosa fascinación.

Vivimos uns momentos convulsos social e economicamente. De cambios, de


recortes, de inxustizas e desigualdades. Pero para iso está o arte en todas as
súas vertentes, para evadirnos, para concienciarnos, para sacarnos desta
realidade inestable. Como di Vari Caramés “O arte é unha mentira moi ben
contada”. Axúdanos a sobrevivir polo menos psicoloxicamente, o resto depende
da nosa vontade.

Uxía Piñeiro Barcia

Pontevedra, 5 de maio de 2013

296
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

BIBLIOGRAFÍA
LISTER, Martin (ed.), La imagen fotográfica en la cultura digital, Paidós Ibérica -
Multimedia 6, Barcelona, 1997.
Joan Fontcuberta habla con Cristina Zelich, La Fábrica, Madrid, 2001.
FONTCUBERTA, Joan, La cámara de Pandora: La fotografí@ después de la
fotografía, Gustavo Gil, Barcelona, 2010.
FONTCUBERTA, Joan, El beso de Judas. Fotografía y verdad, Gustavo Gil,
Barcelona, 1997.
FONTCUBERTA, Joan (ed.), Estética fotográfica, Gustavo Gil, Barcelona, 2003.
FONTCUBERTA, Joan, Ciencia y fricción. Fotografía, naturaleza y artificio, Mestizo,
Murcia, 1998.
PICAUDÉ, Valérie & ARBAÏZ, Philippe, La confusión de los géneros en fotografía,
Gustavo Gil, Barcelona, 2001.
SUSPERREGUI, Jose Manuel, Fundamentos de la fotografía, Jose Manuel,
Universidad del País Vasco, Vizcaya, 1988.
MOMEÑE, Eduardo, La visión fotográfica. Curso de fotografía para jóvenes
fotógrafos, Madrid, 2007.
DUBOIS, Philippe, El acto fotográfico. De la Representación a la Recepción, Paidós
Comunicación, Barcelona, 1983
PICAZO, Glòria & RIBALTA, Jorge (eds.), Indiferencia y singularidad. La fotografía
en el pensamiento artístico contemporáneo”, Libre de acerca ART. Museo d’Art
Contemporani de Barcelona, Barcelona, 1997.
FERNÁNDEZ, Maruxa, LISTA, Enrique, SENDÓN, Manuel & SUÁREZ, Xose Luis,
Ausencia e memoria Canal, Centro de Estudos Fotográficos, Grupo de
Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo, Vigo, 2004.
AZPIROZ, Elena (ed.), Fotografía in juve, VVAA, Instituto de la Juventud, Servicio de
Cultura, Madrid, 2004
ANGIER, Rosewell, Saber ver: el retrato fotográfico, Omega, Barcelona, 2008.
JEFREY, Ian, Como leer la fotografía: Entender y disfrutar los grandes fotógrafos:
de Stieglitz a Doisneau, Electra, Madrid, 2011.
AF. Arte fotográfico, publicación periódica.

297
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

VIDEOGRAFÍA

“Los genios de la fotografía”, Tim Kirby, 2007


“La sombra del Iceberg”, Hugo Doménich & Raúl M. Ribenbauer, 2007.

WEBGRAFÍA

http://www.xatakafoto.com
http://www.quesabesde.com
http://www.prisaediciones.com/uploads/ficheros/libro/primeras-paginas/201209/
primeras-paginas-roba-como-un-artista.pdf
http://altfoto.com/2011/07/peliculas-sobre-fotografia
http://www.fontcuberta.com
http://sientateyobserva.com
http://www.papelsalado.es
http://www.google.es
http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

Javier Teniente:
http://www.javierteniente.com
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/08/14/mirada-javier-teniente-
instala-vigo/674262.html
http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2010/06/15/javier-teniente-fotografo-
agencia-arrasa/393606.html

Xurxo Lobato:
http://www.xurxolobato.es/
http://es.wikipedia.org/wiki/Xurxo_Lobato
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/23/galicia/1298492556.html

Xulio Villarino:
http://archivo.xuliovillarino.com/
http://www.quesabesde.com/noticias/xulio-villarino-entrevista,1_9373
http://www.margencero.com/villarino/villarino_presenta.html

298
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

Ricardo Grobas:
http://www.ricardogrobas.com/
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2009/12/15/travesia-visual-mundo-mar/
395393.html

Miguel Riopa:
http://www.miguelriopa.com/
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/12/22/vigues-miguel-riopa-premio-
foto-nikon/730919.html
http://www.archive.worldpressphoto.org/search/layout/result/indeling/detailwpp/
form/wpp/start/28/q/ishoofdafbeelding/true/trefwoord/year/2007

Carlos Puga:
http://fotoxoguete.blogspot.com.es/
http://acasavelladafotografia.blogspot.com.es/
http://www.tallereslightbox.com/autor/70-qxogando-coa-fotografiaq.html

Andrea Costas:
http://www.cefvigo.com/galego/galeria_andrea.htm
http://www.andreacostas.com/
http://elrincondegalicia.com/blog/index.php/cocinando-ao-pe-da-letra-con-andrea-
costas/

Juan Pablo Moreiras:


http://www.juanmoreiras.es/
http://www.quesabesde.com/noticias/juan-pablo-moreiras-con-texto-fotografico,
1_5277
http://www.quesabesde.com/noticias/juan-pablo-moreiras-con-texto-fotografico,
1_5675
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/3230/juan-pablo-moreiras-fotografo-
fotografia-herramienta-contar-historias/191827.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/08/19/gorilas-aprendi-serenidad-
transmite-mirada-son-felices/572627.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2008/08/19/juan-pablo-moreiras-
fotoperiodista-medio-ambiente-muestro-hombre-destrozando/251736.html

299
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

Manuel Sendón:
http://manuelsendon.wordpress.com/
http://www.marcovigo.com/es/content/manuel-sendon
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/09/14/1988908.shtml?
utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/05/22/0003_7733113.htm
http://es.mc2coruna.org/2009/04/crebas.html

José María Santoro:


http://www.homines.com/fotografia/jm_santoro/curriculum.htm
http://www.fotoplatino.com/fp395
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/10/25/0003_8060093.htm

Gago Pesqueira:
http://www.fotografiaquimica.com/
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2007/11/27/0003_6353390.htm

Vítor Nieves:
http://vitornieves.outonofotografico.com/
http://www.sermosgaliza.com/artigo/arte-imaxe-patrimonio/outono-fotografico-leva-
a-brasil-os-seus-30-anos-de-experiencia/20121020110041006633.html
http://dispara.org/?p=810

Xulio Correa:
http://www.xuliocorrea.com/
http://www.xcacomunicacion.com/
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2008/08/10/xulio-correa-tienes-idea-camara-
movil-puedes-fotos/212626.html

Vari Caramés:
http://www.varicarames.com/
http://www.20minutos.es/noticia/1741550/0/vari-carames/ritmo/mareiro/
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/03/05/galicia/1362489152_381354.html
300
A DIXITALIZACIÓN DA FOTOGRAFÍA! ! UXÍA PIÑEIRO BARCIA

http://www.landra.es/es/biografias/vari-carames/
http://www.rainalupa.com/galeria/artistas/vari-carames/
http://nodisparenalartista.wordpress.com/2012/07/19/vari-carames/
http://www.revistaojosrojos.com/vari-carames/
http://www.nosotros-art.com/artistas/vari-carames-y-el-efecto-tuymans

301

You might also like