You are on page 1of 2

O debate sobre a capacidade de separar a obra do artista constitúe un dos temas recorrentes máis relevantes,

tanto nas redes sociais como nos medios de comunicación. Con todo, aínda que nos últimos anos
experimentou un notorio auxe debido ao desenvolvemento das novas tecnoloxías e a accesibilidade a unha
multitude de fontes de información, esta cuestión xa estaba a ser discutida desde o nacemento da creación
artística.

Primeiro de todo, cabe destacar que unha vez que a obra é creada, esta adquire unha vida propia,
independente ás intencións ou á vida do propio artista. A autonomía da obra débese á infinidade de
interpretacións e puntos de vista que os demais teñen sobre ela, o que dá lugar a que sexa algo independente
ao autor, capaz de xerar emocións e reflexións por se mesma. Polo tanto, a interpretación aberta da obra é un
elemento esencial que respalda a separación da obra do artista, e permite a cada individuo establecer un
vínculo único coa obra.

Non obstante, a pesar de que a produción artística sempre é ficción, mesmo cando está baseada en feitos
reais, non podemos esquecer que moitas delas consisten no reflexo do propio autor e as súas experiencias
persoais. É por iso, que en ocasións esta distinción resulta case imposible, xa que estas vivencias e ideas
inflúen de gran maneira no proceso creativo. Ademais, a separación do autor e a súa creación tamén pode
parecer un feito inviable naqueles casos nos que se cuestiona se é apropiado gozar da obra dun artista
mentres se ignoran as súas accións inmorais ou criminais.

En conclusión, a cuestión moral sobre se é posible separar a obra do artista, é un dos debates máis complexos
na actualidade, dado á inexistencia dunha resposta absoluta. Por tanto, dita decisión consistirá nunha elección
persoal baseada nos valores morais de cada un.

You might also like