You are on page 1of 42

Ir ao índice 

COMO DESEÑAR
PRESENTACIÓNS EFICACES

Mario Mosquera Verea

3. PRINCIPIOS DO DESEÑO VISUAL


APLICADO ÁS PRESENTACIÓNS 1

1
Ir ao índice 

ÍNDICE

2
O PODER DO DESEÑO ............................................................................................................... 3
DISPOÑER OS ELEMENTOS ........................................................................................................ 5
1. CONTRASTE....................................................................................................................... 8
2. PERCORRIDO VISUAL. ...................................................................................................... 15
3. XERARQUÍA ..................................................................................................................... 18
4. UNIDADE......................................................................................................................... 21
5. ALIÑAMENTO. ................................................................................................................. 29
6. PROXIMIDADE. ................................................................................................................ 32
7. ESPAZO EN BRANCO........................................................................................................ 37

2
Ir ao índice 

O PODER DO DESEÑO
Aínda que como seres humanos modernos vivimos inmersos nunha contorna cultural
onde todo está deseñado, desde as paisaxes urbanas ata os produtos e experiencias
que consumimos, a miúdo pasamos sen darnos conta do deseño que nos rodea.

O editorial de mostraba un interesante artigo que describía como o deseño contribúe


a incrementar os ingresos. O design Council elaborou un estudo de 63 empresas
británicas onde o deseño era unha prioridade e de como conseguiran ampliar a súa
cota de mercado.

No editorial podíase ler: “Os estudos demostran que as empresas de calquera sector
que prestan atención ao deseño teñen mellores resultados que as que son máis
tradicionais e deixan o deseño nun segundo plano; é dicir, o deseño e a innovación van
da man co éxito económico”.

Da mesma forma, para ter éxito como presentador, é necesario pensar como un
deseñador. Todas as decisións que toma un deseñador teñen unha razón de ser. A
razón e a lóxica fundamentan a disposición dos elementos visuais. O significado
determina a orde e a xerarquía das ideas.
3

3
Ir ao índice 

No libro “The Non-designer's Presentations Book” (2009) de Robin Williams analízanse


os principios básicos do deseño visual e como poden aplicarse concretamente nunha
presentación. Dous anos despois Nancy Duarte trata este tema a fondo no libro
“Slide:ology”.

Os principios seleccionados e exemplos que se ofrecen a continuación están baseados


nestes dous libros e noutros autores recoñecidos.

4
Ir ao índice 

DISPOÑER OS ELEMENTOS
É moi probable que o que teña máis impacto na claridade visual dunha diapositiva sexa
a súa disposición. A disposición conta unha historia. Dependendo das decisións sobre a
disposición que tome un deseñador, unha diapositiva pode suscitar sensacións de
tensión, confusión e axitación; pola contra, pode potenciar ao máximo a claridade se
se empregan os seguintes principios:

Contraste
O público pode identificar a cuestión principal rapidamente.

Percorrido visual
O público sabe en que orde ha de procesar a información.

Xerarquía
O público identifica as relacións entre elementos.

Unidade
O público sente que a información constitúe un conxunto.
5
Aliñamento
Todo elemento debe ter polo menos un bordo conectado con outro elemento.

Proximidade
A colocación dos elementos transmite un significado.

Espazo en branco
O público ten espazo visual para relaxarse

Estas son as ferramentas á hora de elaborar o deseño dunha diapositiva. É difícil


organizar unha boa diapositiva sen prestar atención a cada unha destas características.
Por sorte hai conceptos intuitivos que xa deben de ser familiares para ti.

5
Ir ao índice 

As diapositivas empezan e acaba con ideas. A nosa tarefa é tomar estas ideas invisibles
e abstractas e determinar cal é a mellor forma para presentalas dunha maneira visual e
tanxible. A responsabilidade do presentador é asegurarse de guiar ao público por este
mundo invisible facendo que as ideas sexan fáciles de identificar.

Moitos presentadores non entenden a disposición como un principio. Poñen os


elementos nunha diapositiva e asígnanlle un mesmo valor. É esencial determinar que
elementos visuais deberían ser os máis importantes para que chamasen a atención
nun primeiro termo.

Deberás procurar que algúns elementos predominen e que outros queden en segundo
plano. É importante tomar decisións sobre a prioridade da información.

“Poñelo todo nunha diapositiva é


unha mostra de preguiza por parte
do presentador..”
6
Nancy Duarte ─

Abarrotar unha diapositiva complica a mensaxe

6
Ir ao índice 

1. CONTRASTE

7
Ir ao índice 

1. CONTRASTE
O público necesita contraste. Os espectadores enseguida perciben a diferenza entre os
atributos de dous ou máis elementos, e isto fai que presten atención.

“Sen contraste estás morto”


Paul Rand ─

A cita do famoso deseñador gráfico non podería ser máis certeira. O contraste é un dos
principios de deseño máis poderosos e a miúdo implica o uso doutros, xa que o
contraste é unha comparación de elementos. A súa función é axudar a identificar
rapidamente o punto principal dunha composición e que debe ser forte para cumprir
ese obxectivo. Como di Garr Reynolds:
8

“Os deseños con contraste forte


chaman a atención e axudan ao
observador para entender a imaxe. Un
contraste débil non só é aburrido senón
que tamén pode ser confuso.”
Garr Reynolds ─
.

Diferentes modos de crear contraste

Establecer unha relación contrastante entre os elementos dunha diapositiva é esencial


para a claridade dunha diapositiva. Un contraste efectivo pode lograrse de diversas
maneiras, fundamentalmente a través de conceptos antagónicos como os que seguen:

8
Ir ao índice 

“O contraste é creado cando dous 9


elementos son diferentes. Se os dous
elementos son algo diferentes, pero
non moito, entón non tes contraste, tes
conflito.”
Robin Williams ─

Se dous elementos non son exactamente iguais e non cumpren a mesma función,
fainos MOI diferentes.

As anteriores son algunhas maneiras clásicas de contrastar. A elas agréganse as


posibilidades que brindan as animacións e capacidades multimedia do software de
presentacións. As que seguen son aplicacións dalgúns deses distintos modos de xerar
contraste.

9
Ir ao índice 

10
Desta maneira, queda claro que o contraste non se limita só á cor, xa que pode
aplicarse a calquera elemento de deseño e mediante varios recursos. Por este motivo,
o contraste non só é un dos principios de deseño máis importantes; tamén é o máis
divertido, xa que ofrece múltiples opcións para explorar.

Fixar as relacións entre os elementos da diapositiva é un primeiro paso importante. O


contraste no tamaño do seguinte texto, por exemplo, determina que a vista se fixe no
texto máis grande como título ou como contexto. Sen importar onde se coloque, o
texto de maior tamaño percíbese como o máis importante.

Putpat, consed tio od San velenibh ex. Et


Lorem Ipsum Tat lum nit autpatem Vent wisl ulla feugue
Putpat, consed tio od Diamcommy.
Tat lum nit autpatem
Lorem Ipsum
Diamcommy. Lorem Ipsum Tionsequis nostrud.

Pódese crear contraste nun corpo textual co tamaño, pero tamén coa cor. Algunhas
versións da Biblia resaltan as palabras de Xesús en vermello. Abaixo unha cita de
Edward Tufte, autor de Visual Explanations, ten a frase crave resaltada en vermello.

10
Ir ao índice 

A estratexia de deseño de Tufte, na que utiliza diferenzas efectivas e sucintas, úsase


sensatamente pero de forma sutil e só cando é necesaria. Asegura: «...Trátase de
empregar só diferenzas notables, elementos visuais que establecen unha diferenza
clara pero nada máis: contrastes que son definidos, efectivos e mínimos».

Un dos erros máis comúns que cometen os presentadores é asignar contrastes sen
querer. Unha diferenza virtual ou estilística entre dous elementos suxire algo ao
espectador, xa sexa de forma consciente ou inconsciente. Un contraste involuntario no
mellor dos casos pode converter en confuso a mensaxe que queremos transmitir, e no
peor dos casos pode contradicirse con el. Lembre que todas as decisións estilísticas ten
o potencial de suxerir importancia, urxencia e valor. Por tanto, deberías basear todas
estas decisións nun obxectivo ben definido.

Outros exemplos prácticos

A seguinte imaxe é un exemplo da primeira diapositiva dunha presentación (extraído


do libro “The Non-designer's Presentations Book” de Robin Williams). Á esquerda 11
obsérvase a idea inicial, que inclúe dous elementos (título e autor) que apenas se
diferencian visualmente. Á dereita, unha proposta cun elevado contraste (tamaño, tipo
de letra e cor) que ademais prioriza o que queremos que a audiencia capte máis
facilmente: o título.

(Fonte: Robin Williams “The Non-designer’s Presentation Book)

11
Ir ao índice 

Outro exemplo mostra como pode aplicarse o contraste para diferenciar unha
diapositiva en concreto (a do título) das demais, e os diferentes elementos de cada
diapositiva entre si. O texto agrandouse para que sexa máis lexible, e os títulos
especialmente para resaltalos. Tamén se xogou cos tipos de letra (título e texto).

12
(Fonte: Robin Williams “The Non-designer’s Presentation Book)

O que exista un gran contraste entre o texto e o fondo é fundamental, xa que os


equipos de proxección poden cambiar drasticamente as cores e o contraste respecto
do que nós vemos na pantalla do computador.

(Fonte: Robin Williams “The Non-designer’s Presentation Book)

12
Ir ao índice 

Outro exemplo sacado do blogue :

Esta diapositiva ten o título


composto en dúas tipografías moi
similares (Times e Cambria). As
etiquetas apenas se ven e o 3D é
confuso.

Un primeiro redeseño aumenta o


contraste de tamaño e o tipográfico
ao usar Arial en lugar de Cambria.

13

Nun segundo redeseño ao reducir a


paleta a dúas cores, podemos poñer
énfases no dato que nos interese
destacar e que doutro xeito se
perdería entre tanta diferenza.

Entón, non convén contrastar a eito senón a conciencia, con criterio. O obxectivo é
minimizar o ruído e maximizar o sinal, dirixindo a atención ao dato importante. En
resumo, o contraste cativa ao ollo e guía o mirada pero como vimos, require dos
deseñadores dúas calidades sen as cales non sería efectivo: decisión e criterio.

13
Ir ao índice 

2. PERCORRIDO VISUAL

14

14
Ir ao índice 

2. PERCORRIDO VISUAL.
A forma de lectura normal en Occidente é de esquerda a dereita e de arriba abaixo. Os
lectores tenden a empezar a ler a partir da parte superior esquerda e percorren o
contido facendo un camiño en forma de “Z” ata que procesaron a información.

Jerry Weissman, autor de Presenting to Win, chámao “salto de liña condicionado”,


porque é similar ao movemento dunha vella máquina de escribir.
15
Os lectores moven os ollos dun lado a outro pola diapositiva ata que identificaron
todos os elementos. Logo danlle un significado á información. Se, para presentar unha
idea, necesitamos que o gráfico teña un percorrido que non é natural para o
movemento do ollo, habemos de elaboralo de forma que aparezan elementos
condicionantes na orde en que queremos que o público procese a información. De
cando en vez, podemos usar un símbolo ou unha frecha que marque de forma clara o
lugar por onde empezar. O público debería ser capaz de comprender a orde no que
queremos que procese a información, sen que senta perdido ou atafegado.

Usar unha frecha para marcar o inicio O tamaño e a perspectiva indican que
chama a atención sobre o lugar onde nesta imaxe empézase pola parte
comezar. inferior.

15
Ir ao índice 

Deberiamos organizar as diapositivas para guiar a vista do público polo contido de


maneira natural. Este principio non só se aplica ao texto, senón tamén aos diagramas e
ás imaxes.

Cando uses imaxes de persoas, asegúrate de que están a mirar ao contido ou fuxindo del.

16

A primeira vista, o público debería ser capaz de determinar se ha de ler os datos de forma
horizontal ou vertical.

CONSEJOS

 Evita colocar máis de tres capas de información nun só plano.


 Crea puntos de interese (un principal e ata dous secundarios).
 Elabora un percorrido intencional na diapositiva.
 Escolle imaxes e diagramas cun percorrido claro.
 Selecciona imaxes que se dirixan cara ao punto principal da diapositiva ou cara
á seguinte diapositiva.

16
Ir ao índice 


 3. XERARQUÍA

17

17
Ir ao índice 

3. XERARQUÍA
O público procesa a xerarquía case tan rápido como o contraste. Dito de forma sinxela,
a xerarquía visual define a estrutura cando hai relacións entre varios elementos. Un
exemplo sinxelo é a relación entre un titular e un corpo de texto. En termos
xerárquicos, o titular é o pai e o texto é o fillo. Igual que nunha liñaxe familiar, cada
elemento dunha xerarquía é o fillo do elemento superior, ou o pai do elemento
inferior.

18
O tamaño e a colocación úsanse para indicar Confeccionar puntos destacados máis grandes
unha significación decreciente desde a parte que o titular non se corresponde co percorrido
superior esquerda ata a parte inferior dereita. lóxico. Ao público custaralle comprendelo.

Non é estraño, por tanto, que a estrutura visual reflicta de forma precisa a estrutura da
información que representa. Por exemplo, os seguintes diagramas expándense a partir
do centro. O centro une os elementos e determina a relación pai-fillo. Se modificamos
o tamaño e a proximidade dos obxectos, cambiaremos o significado que subxace
nestas relacións e a explicación da súa importancia relativa.

18
Ir ao índice 

Elementos iguais Dominio del padre Dominio del hijo


Relato: todos temos que Relato: todos temos que Relato: todos debemos que
unirnos como equipo unirnos como equipo unirnos como equipo
contorna a un obxectivo contorna a un obxectivo contorna a un obxectivo, e
respecto do cal sexamos máis importante que as algúns equipos terán máis
igual de importantes. actividades do equipo ou as responsabilidade que
accións individuais. outros.

Ao acabar a presentación, queremos que o público se vaia sabendo cal é o seu labor.
Se non lle transmitimos intencionalmente a mensaxe, o público creará o seu propio
significado baseándose na súa interpretación da información.

Asegúrate de presentar de forma precisa a xerarquía gráfica da túa mensaxe. 19

19
Ir ao índice 

4.UNIDADE

20

20
Ir ao índice 

4. UNIDADE
Gonzalo Álvarez explica no seu blogue porqué aborrece as plantillas predeterminadas
do PowerPoint que nos son suxeridas ao crear unha nova presentación por numerosos
e variados motivos:

 As plantillas basean o seu deseño no uso de listas de viñetas, a peor forma


posible de transmitir información durante unha presentación.
 As plantillas, especialmente os deseños creados pola propia empresa, adoitan
presentar unha desafortunada elección de fondos que locen moi ben no
portfolio do artista que os creou, pero que normalmente se interpoñen entre o
presentador e a audiencia ao incluír gráficos que destacan en exceso e capturan
a atención, volvendo difícil o discernimento entre o texto e o fondo e
confundindo á audiencia facéndoa crer que existe contido onde só hai
decoración sen significado.
 A maioría das plantillas presenta unha relación sinal ruído baixísima. Pódeselles
chamar de todo menos simples.
 As plantillas corporativas típicas impiden crear presentacións con deseño de 21
calidade profesional, por exemplo con fotografías a sangue, respectando a
regra dos terzos, etc (verémolas en próximos capítulos).
 As plantillas típicas son ríxidas e inflexibles, limitan ou impiden a creatividade,
reducindo a miúdo a extremos absurdos a área útil dunha transparencia.

Significa que non hai que usar plantillas? Claro que non! Pero o recomendable é
crearse cada un a súa propia vixiando sempre non incorrer nos erros das plantillas
predeterminadas. As plantillas son necesarias para dotar de consistencia ás
diapositivas dunha mesma presentación e mesmo para transmitir unha imaxe
corporativa consistente ao longo de varias presentacións. Unha vez creadas, as
plantillas facilitan os cambios: basta realizalos no patrón e automaticamente
propagaranse a todas as transparencias que o adoptaron.

Sabes que unha presentación é consistente cando ao introducir nela unha


transparencia tomada doutra presentación canta ás leguas. En liñas xerais, a
consistencia esixe usar o mesmo fondo, a mesma tipografía con tamaños similares, o
mesmo tema, a mesma forma de incluír fotografías ou outros elementos multimedia,
os mesmos cores, a mesma aliñación dos obxectos nunha cuadrícula, as mesmas
animacións e transicións, o mesmo estilo de imaxes, en definitiva, dotar dun marcado
carácter persoal ao elemento visual da presentación.

21
Ir ao índice 

E esta unidade pódese conseguir a través da estrutura (cuadrícula), o aspecto (estilo


gráfico) e o tema (idea principal). Centrarémonos na cuadrícula.

Dado que todas as empresas, presentadores e profesores son únicos, a cuadrícula que
usemos debería representarnos a nós ou á nosa organización.

“Un sistema con cuadrícula


proporciona unha forma flexible de
organizar o contido.”
Nancy Duarte ─

Para estruturar a organización do contido, crea zonas rectangulares onde colocar os


elementos. Cada rexión é o continente dun elemento, xa sexa un texto ou unha imaxe.

Colocar os obxectos nunha cuadrícula fixa os elementos individuais de forma que non 22
estean espallados nin dean a impresión de que se colocaron ao azar. Esta estabilidade
axuda ao público para identificar os patróns na disposición do contido. Se
determinamos que o texto e os gráficos aparezan no mesmo lugar, relacionados cos
mesmos referentes, axudaremos ao público para anticipar onde xurdirá o contido.
Ademais as cuadrículas garanten que a través de varias diapositivas similares non
pareza que os elementos salten.

Por exemplo, se en tres diapositivas consecutivas hai gráficos, a posición dos eixos
debería permanecer igual a pesar de que cambien os datos.

Unha vez que ideases unha cuadrícula que che guste, decide onde queres colocar as
imaxes, o texto e os obxectos. Asegúrate de deixar recadros libres para que haxa
espazo en branco. Despois, traza as liñas da cuadrícula na aplicación da presentación,
colócaa na diapositiva orixinal, e non te esquezas de eliminala cando acabe o proceso
de deseño. Para que no futuro poidas axilizar o desenvolvemento de presentacións,
garda a cuadrícula pegándoa nun novo arquivo ou gárdaa nunha diapositiva nalgún
lugar que estea a man.

As cuadrículas de abaixo creáronse a partir de catro patróns de cuadrícula diferentes.


As cuadrículas laranxas con recuadros grises serven como patrón para as diapositivas
de abaixo.

22
Ir ao índice 

23
(Fonte: Nancy Duarte “Slide:ology”)

Estas diapositivas son uniformes porque a rexilla as provee dunha estrutura

No libro “The Non-designer's Presentations Book” de Robin Williams tamén trata este
tema da unidade definíndoo como o Principio de repetición.

“Repetindo elementos ou algunha característica ao longo de toda a presentación,


conseguimos unha idea de unidade”

Debemos contrastar o que é diferente, pero á vez conservar aspectos comúns para que
todas as diapositivas parezan partes da mesma presentación, e non un “cosido” rápido
de diapositivas colleitas de aquí e alá. Pódense repetir palabras, texto, cores, imaxes, a
disposición dos elementos...

No seguinte exemplo pódense ver varias diapositivas dunha presentación que


cumpren o principio de repetición (mesmo estilo de título e texto, por exemplo), pero
cun aspecto anodino, “soso”. Ademais, descoidouse a colocación dos elementos con
saltos de liña variables que non cumpren ningún propósito concreto, e o tipo de fonte
(sen remates e con aspecto moderno), non cadra moito co contido da presentación:
“Introdución ao Renacemento”. A segunda versión mellora moito: un fondo e unha
fonte para o título con personalidade lle dan esa consistencia e unidade que buscamos
co principio de repetición. A terceira versión é aínda mellor: o título ten agora un

23
Ir ao índice 

contraste importante co resto da diapositiva, e o tamaño do texto, que era pequeno


sen motivo, se aumentou.

24

24
Ir ao índice 

Outro exemplo que se ilustra o uso simultáneo dos principios de contraste e repetición
é o da seguinte figura. Trátase dunha presentación sobre o uso de xogos na educación.
As diapositivas orixinais poden mellorarse en moitos aspectos, sobre todo eliminando
o texto que pensaba lerse literalmente. Ademais, as imaxes empregadas son
inconexas: mesturáronse clip-arts debuxados “a man”, outros feitos co computador, e
fotografías. Na figura pode verse o cambio proposto: en primeiro lugar, creáronse
diapositivas diferentes como cabeceiras de cada sección. Estas cabeceiras inclúen unha
fotografía que logo se repite na marxe esquerda de todas as diapositivas desa sección.
Desta forma, a cabeceira contrasta co resto, indicando o cambio de capítulo; ademais,
as fotografías repetidas dan consistencia e unidade a cada capítulo. O texto resumiuse
e distribuído en múltiples diapositivas, pero... ¡son gratis!

25

25
Ir ao índice 

Outros exemplos:

26

 Accede a esta presentación de Dudley Herschbach

26
Ir ao índice 

27

 Accede a esta presentación de Igor Campillo e Gonzalo Álvarez

27
Ir ao índice 

5. ALIÑAMENTO

28

28
Ir ao índice 

5. ALIÑAMENTO.
“Nada debe estar colocado na pantalla de forma arbitraria. Todo elemento debe ter
polo menos un borde conectado con outro elemento.”

O aliñamento entre os elementos da diapositiva dan unha sensación de estrutura e


coherencia, e aínda que é un efecto sutil, aumenta a claridade da nosa presentación. O
seguinte exemplo ilustra este principio:

29

Se aliñamos texto e imaxes poderemos facilitar a comprensión, achegar claridade,


evocar sensacións, crear conexións visuais e xerar atractivo. Unha característica dun bo
aliñamento é a súa invisibilidade. A maioría da audiencia non será consciente del pero
a súa ausencia é sempre moi evidente.

No seguinte exemplo pode comprobarse como a diapositiva superior parece máis


complexa e desorganizada que a inferior, e a única diferenza é o aliñamento dos
elementos (á esquerda móstranse explicitamente os bordes con liñas vermellas).

29
Ir ao índice 

30
No seguinte exemplo pode comprobarse como na primeira diapositiva a disposición
dos bloques de texto parece arbitraria e descoidada. Na seguinte o redeseño usa a
aliñación esquerda do texto para emparellala coa espiga de trigo.

30
Ir ao índice 

6. PROXIMIDADE

31

31
Ir ao índice 

6. PROXIMIDADE.
Cando aparece máis dun elemento ou persoa nunha escena, a súa localización con
relación aos demais xa nos conta unha parte da súa historia. Colocar os elementos
aleatoriamente pode dar unha impresión diferente da que queremos.

Proximidade espacial
Colocaremos os elementos relacionados entre eles cunha intención clara. Non
deixemos nada ao azar. A forma como dispoñamos os elementos transmitirá
antagonismo ou protagonismo, caos ou orde, caída ou auxe, etc.

En última instancia, o noso obxectivo é evitar que o público interprete os elementos


dunha maneira que non desexamos.

32

Unidade – Dispersión

Orden – Caos

Igualdade – Desigualdade

32
Ir ao índice 

Outras relacións
simetría • asimetría
equilibrio • desequilibrio
consistencia • inconsistencia
claridade • oscuridade
amplo • estreito
secuencial • aleatorio
subestimado • sobreestimado
atractivo • repulsivo
profundidade • superficialidade
estático • dinámico
repartido • concentrado
cercano • lexano

Proximidade espacial
No teatro, os directores aproveitan a localización dos actores sobre o escenario para
enriquecer a historia. Por exemplo, observe as diferentes posicións das persoas nas
seguintes imaxes. Cada localización transmite un significado, mesmo se non hai 33
contexto ou non sabemos cal é a súa función na historia. Para os seguintes conceptos,
inspirámonos na obra fundamental de Robert Horn, Visual Language.

(Fonte: Nancy Duarte “Slide:ology”)

33
Ir ao índice 

O suxeito situado no extremo dereito ou esquerdo adoita percibirse como máis débil en
relación co que está máis preto do centro.

O seguinte exemplo (igualmente do libro “The Non-designer's Presentations Book” de


Robin Williams) ilustra esta idea: a diapositiva orixinal da esquerda inclúe catro liñas
separadas igualmente, pero en realidade son dous elementos diferenciados, un título
“Introduction to Photoshop?...” e o seu autor. Aproximando as tres primeiras liñas do
título e separándoas á súa vez da última, conséguese mostrar máis claramente o que
se pretendía. Incluso alguén que non entenda inglés poderá darse conta realmente de
que se trata dun título e un autor.

34

Un erro común que vai en contra do principio de proximidade é o aliñamento do texto


e as imaxes. É habitual que o texto estea aliñado á esquerda, se se coloca á esquerda
dunha imaxe, quedará un espazo en branco que separará a ambos tanto fisicamente
como no sentido intelectual: percibirémolos como elementos diferentes. A solución é
moi sinxela: aliñar o texto co bordo da imaxe. O seguinte exemplo ilústrao moi ben:

34
Ir ao índice 

35

35
Ir ao índice 

7. ESPAZO EN BRANCO

36

36
Ir ao índice 

7. ESPAZO EN BRANCO.
O espazo en branco non ten que ser necesariamente branco: refírese ás áreas da
diapositiva que non se utilizan. Podería tratarse das áreas baleiras que hai entre
elementos separados ou a énfase que se xera cando se coloca un elemento no medio
dun gran espazo. Ata agora consideramos a importancia da xerarquía, o percorrido
visual e a proximidade, pero a función do espazo en branco quedou implícita.

Os presentadores sen experiencia adoitan pensar que o espazo en branco é


prescindible, sobre todo cando necesitan incorporar unha gran cantidade de contido
que é “demasiado importante” para resumilo ou simplificalo, a pesar de que é
tremendamente denso. Despois de todo, o espazo en branco, por definición, non
transmite información algunha; así pois que hai de malo en enchelo? O problema é
que ao público custaralle máis procesar as diapositivas.

O espazo en branco é un elemento tan importante nunha diapositiva como o titular, os


destacados ou os diagramas. O bo ou o mal uso do espazo en branco determina en
gran medida a efectividade dunha diapositiva.

Xeralmente, todas as diapositivas que sacrifiquen espazo en branco para incorporar


contido quedarán demasiado abarrotado. Cando queremos que unha diapositiva
37
presente máis información da que pode conter de forma natural, é que non é o medio
adecuado para o que queremos facer.

Pregúntate: de que podo prescindir sen que cambie o significado? Ou: Como podo
desagregar o contido para presentalo en máis dunha diapositiva?. Ten en conta que o
valor dunha diapositiva depende da claridade con que transmite unha mensaxe e
non da cantidade de información que poida conter.

“É bo deixar espazo en branco. A


densidade é un fracaso do deseño.”
Nancy Duarte ─

Distribuír o contido en tres diapositivas é moito máis efectivo que presentar unha
diapositiva caótica e esperar que o público interprete os datos directamente. Repartir

37
Ir ao índice 

a información en tres diapositivas non só resolve o problema da densidade, senón que,


ao expoñer os elementos secuencialmente, guiamos ao público a través da
información.

ANTES: A diapositiva
contén unha
información densa que
custa procesar. A falta
de espazo en branco
entre varios
elementos fai que sexa
difícil desentrañar o
significado do contido.
Dividimos o contido
desta diapositiva nas
tres diapositivas de
abaixo.

38

DESPUÉS: Ao distribuír os elementos en


varias diapositivas, cada unha recibe a
atención que merece e o público pode
comprender mellor os conceptos.

38
Ir ao índice 

Dispositivas que recollen a idea de sinxeleza tanto na súa composición como na


mensaxe.

39

39
Ir ao índice 

40

40
Ir ao índice 

Para saber más

Espazo en branco, espazos baleiros ou a relación sinal-ruído son algúns dos artigos nos
que Gonzalo Álvarez aborda este tema:
 Lao Tse y los vastos espacios vacíos en las transparencias de tus presentaciones
 Mucha información confunde más que orienta
 ¿Dónde está Wally en tu presentación?
 Maximiza la relación señal a ruido en tus presentaciones
 Diseño de transparencias: 5 consejos de un estudio de diseño y comunicación
gráfica

Outros artigos sobre os principios do deseño do blogue www.presentastico.com


 10 principios de aprendizaje multimedia que todo ponente debería conocer
 Diseña tus diapositivas respetando el principio de contigüidad espacial
 Diseña tus diapositivas respetando el principio de coherencia
41
E no blogue www.powerpointninja.com atopamos os seguintes artigos:
 PowerPoint principio de diseño Nº 1: Consistencia
 PowerPoint principio de diseño Nº 2: Control
 PowerPoint principio de diseño Nº 3: Contraste

E no blogue www.presentable.es atopamos os seguintes artigos:


 Diseña tus presentaciones como un auténtico diseñador gráfico: las grillas

Na web “Before & After Magazine” poden atopase multitude de consellos e exemplos
gratuítos de deseño visual que podemos aplicar ás nosas presentacións.

41
Mario Mosquera Verea
Director da Área de Xestión do Coñecemento e o Talento
Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)
linkedin.com/in/mariomosquera

You might also like