You are on page 1of 2

5.

A RELACIÓN ENTRE AS PAISAXES DA TERRA E AS PERSOAS

1. Que é unha paisaxe?


Unha paisaxe fai referencia ao aspecto dun terreo. Unha paisaxe é o resultado da
interacción de factores naturais e/ou humanos.

Hai distintos tipos de paisaxe:

• Paisaxes naturais. Son aquelas que non foron modificadas polo ser humano.
Resultan da relación entre o clima (p.e., a aridez dos desertos), o relevo (moita
poboación vive en zonas chás e preto da costa) e as augas (as persoas tenden a
vivir preto dos ríos).

• Paisaxes humanizadas. Son consecuencia das intervencións realizadas polas


persoas no medio natural. As sociedades con maior capacidade tecnolóxica
producen unha maior transformación da paisaxe.

2. Tipos de paisaxes
Imos clasificar as paisaxes segundo as zonas climáticas.

PAISAXES CÁLIDAS RÍOS VEXETACIÓN POBOAMENTO


ECUATORIAL Moi A calor e a humidade Pouco poboado (a calor e a
(Selva) caudalosos favorecen un bosque denso e humidade propagan
e regulares. frondoso sempre verde, debido enfermidades e a vexetación
Temperaturas altas todo o ano. ás altas temperaturas e ás dificulta a actividade humana).
Precipitacións moi abundantes e abundantes e constantes
uniformes. precipitacións.
TROPICAL Menos A existencia dunha estación A poboación concentrase nas
(sabana) caudalosos seca orixina unha paisaxe de costas e xunto aos ríos.
e sabana, formado por herbas Subsisten diversos pobos
Temperaturas elevadas todo o ano. irregulares. altas e verdes durante os tradicionais.
Precipitacións abundantes, meses de choiva e amarelas
concentradas na estación húmida. durante os meses secos.
DESÉRTICA Non hai A vexetación e a fauna son Practicamente deshabitados
(desertos) verdadeiros escasas. pois son zonas moi
ríos, senón desfavorables para a vida
Temperaturas elevadas (tamén hai uadís. (vive neles menos do 2% da
desertos fríos). poboación mundial). A maioría
Precipitacións escasas. son nómades.

PAISAXES TEMPERADAS RÍOS VEXETACIÓN POBOAMENTO


OCEÁNICA Caudal Abundante. Moi poboada e moi
elevado e Nas costas e nas áreas montañosas transformada.
regular hai extensas zonas de prados. Europa occidental é unha das
Temperaturas suaves (influenza todo o No interior, crecen os bosques de folla áreas con maior densidade de
do océano). ano. caduca (faias, castiñeiros, carballos...). poboación do mundo,
Precipitacións abundantes e En terreos pouco fértiles aparece a predominando as paisaxes
regulares. landa (arbustos e matogueiras coma o urbana e industrial. Isto supón
toxo e a xesta). problemas de contaminación.
MEDITERRÁNEA Caudal Adáptase á seca estival. A maioría das Poboadas desde fai moito
escaso e árbores son de folla perenne. tempo. Nelas desenvólvense
Temperaturas elevadas no irregular. As especies do bosque mediterráneo actividades económicas que
verán e suaves no inverno. son a aciñeira e a sobreira, no interior, e transformaron moito a paisaxe
Precipitacións non moi o piñeiro mediterráneo nas zonas natural:
abundantes e concentradas na costeiras. Tamén crecen matogueiras e No interior, agricultura de
primavera e no outono, cun arbustos (tomiño, romeu, lavanda...). trigo, vide e oliveira.
verán moi seco. Na costa, actividades
turísticas.
CONTINENTAL Caudal Dependendo da zona, está formada por Poboamento desigual: a taiga
Temperaturas: inverno longo e importante bosque boreal ou taiga (coníferas de e a estepa están bastante
frío e verán curto e caloroso. polo folla perenne: abeto e piñeiro), deshabitadas, a pradería está
Precipitacións moderadas e desxeo. praderías e estepas. máis humanizada.
concentradas no verán.

PAISAXES FRÍAS VEXETACIÓN POBOAMENTO


ALTA MONTAÑA Gradúase en pisos. A medida que se A vida na montaña é difícil.
ascende, diminúen as árbores e Nas zonas cálidas, as montañas
aparecen arbustos, matogueiras e están moi poboadas porque o
Temperaturas: diminúen coa altitude. prados. descenso das temperaturas mellora
Invernos fríos e verán frescos. as condicións de vida (p. e. altiplano
Precipitacións: aumentan coa altitude. andino ou montañas de Etiopía).
En inverno, neva. Nas zonas temperadas están pouco
habitadas.
POLAR Paisaxe dominada polo xeo e a neve. Deshabitada.
Nas zonas próximas ás zonas
Temperaturas moi frías. temperadas, cun curto verán, aparece a
Precipitacións escasas. tundra, composta por musgos e liques.

You might also like