You are on page 1of 5

Comentario de mapa de tempo en superficie: advección do oeste

Tipo de representación: Trátase dun mapa temático de isoliñas que


mediante isóbaras, liñas que unen puntos de igual presión, e liñas de
fronte, superficies de contacto entre masas de aire de características
distintas, representa o estado da atmósfera sobre Europa Central e
Occidental e Norte de Africa .

Defínese o tempo como o estado da atmosfera nun lugar e momento


preciso. Do estudo do tempo encárgase a Meteoroloxía.

No mapa pódese identificar os seguintes centros de acción:


 Centros de acción anticiclónicos: Aqueles onde a presión é superior
a 1013 hPa, a máxima presión atópase no centro e vai diminuído
cara a periferia de catro en catro hPa e o vento xira ao seu redor no
sentido das agullas do reloxio. Neste mapa atopamos un anticiclón
frente as illas Canarias cunha presión de 1024mb. Dado que este
anticiclón está situado nunha latitude baixa non afecta á Península,
pero si ao arquipélago das Canarias, e a costa Occidental do
continente Africano.

 Centros de acción depresionarios: Aqueles onde a presión é inferior


a 1013 hPa, a máxima presión atópase na periferia e vai diminuído
cara o núcleo da depresión de catro en catro hPa e o vento xira ao
seu redor no sentido contrario das agullas do reloxio. Obsérvase
unha familia de borrascas no Atlántico Norte asociada a un fronte
ocluído e outra borrasca ao oeste de Irlanda con unha presión no
núcleo de 980 mb.
O gradiente de presión entre os centros, que indica a forza do vento é
bastante elevada.

As frontes, que son as zonas de contacto entre masas de aire con


características distintas, son as seguintes: Unha fronte ocluída que enlaza
os dous centros de baixa presión. Unha fronte fría asociada á borrasca
situada no Oeste de Irlanda, atravesa Europa de Oeste a Leste. Unha
fronte cálida no norte de Africa, e outros dúas frontes frías, un rozando a
costa occidental do Norte a Africa e outro a costa occidental da Península
Ibérica.

A fronte fría representada por liñas dentadas azuis cara abaixo, indica o
avance dunha masa de aire frío e descenso térmico ao seu paso. Orixina
chuvascos intensos, pero de pouca duración.
As frontes cálidas represéntanse con semicírculos vermellos cara arriba, e
indica o avance dunha masa de aire cálido que provoca chuvias de certa
duración, treboadas locais e ascenso térmico ao seu paso.

As frontes ocluídas represéntanse cunha liña con dentes e semicírculos


apuntando na mesma dirección. Indican a liña de encontro entre unha
fronte fría e outra cálida. Indican que a fronte tende a desaparecer. Pode
producir aumentos ou descensos da temperatura (segundo predomine a
masa de aire cálida ou fría) e provocar tanto chuvias como chuvascos
débiles.

Esta disposición dos centros de acción corresponde en altura a una


traxectoria zonal da corrente en chorro que da lugar en superficie ao
denominado tempo de Oeste, caracterizado pola sucesión de borrascas
atlánticas e frontes. No inverno, a Circulación Xeral Atmosférica descende
en latitude, e a Península queda baixo a influencia do Frente Polar, zona
de contacto da masa de aire tropical e polar marítimas. Esta situación
atmosférica é propia das estacións equinociais e de inverno.

A Península Ibérica atópase nunha zona de fluxo de Oeste. A costa


Mediterránea e as illas Baleares vense afectadas por unha fronte fría, polo
que o tempo será frío e con precipitacións intensas coa excepción da costa
do SL, se se atopa ao abrigo das precipitacións polo relevo das cordilleiras
Béticas. Nas próximas horas, a chegada dunha fronte fría situada na costa
atlántica de Galicia, cruzará o territorio de Oeste a Leste dando lugar a
temperaturas frías e precipitacións xeneralizadas acompañadas de ventos
fortes de componente Oeste. As precipitacións diminuiran de Oeste a
Leste a medida que a masa atlántica vaia descargando a humidade ao
longo da súa traxectoria. As illas Canarias atópanse nunha situación
anticiclónica polo que o tempo será estable, seco e soleado e con
temperaturas suaves.

2.‐
Atendendo aos documentos, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Localice as provincias numeradas do 1 ao 4 (Figura 2), indicando cales
están en alta e cales están en baixa presión (1 punto).
Provincias:
1: Sta. Cruz de Tenerife: alta presión
2: Cidade Real: alta presión
3: Navarra: baixa presión
4: Teruel: baixa presión
b) Comente o documento (Figura 1) seguindo as seguintes cuestións:
 Identifique o tipo de documento, as figuras isobáricas, frontes e a
localización -a grandes trazos- destes (1 punto). Estamos diante dun
mapa meteorolóxico de superficie, no que se expresa a presión
atmosférica en isóbaras e se localizan diferentes centros de presión, así
como outras figuras isobáricas (frontes cálidas, frías e ocluídas).
Distinguimos no mapa dous centros de altas presións, un sobre o
continente africano e outro sobre o Océano Atlántico, ao Oeste das illas
Azores -con 1024 mb de presión no seu centro-; e dous centros de baixas
presións ubicados no Atlántico Norte, ao Noroeste de Irlanda -con 956 e
960 mb de presión no seu centro, respectivamente-. Asociados aos
centros de baixa presión temos unha cadea ou familia de frontes, con
alternancia de frontes cálidas, frías e ocluídas. Sobre o Mediterráneo
constátase a presenza dunha fronte fría procedente do Oeste, que xa
varreu a Península Ibérica, e que atrapou a fronte cálida para constituír
unha ocluída sobre o continente europeo e as Illas Británicas -fronte
ocluída asociada ao centro de baixas presións máis profundo, o de 956 mb
no seu centro-. A punto de chegar á Península Ibérica, a continuación da
fronte fría que vimos de citar, e procedente do Oeste, temos unha fronte
cálida que está a punto de atravesar o litoral portugués; máis ao Oeste,
sobre o Atlántico, outra fronte fría que xa se converte en ocluída no ollo
da depresión de 960 mb, enlazada con outra fronte cálida procedente do
Sur e outra fronte fría do Noroeste que se localizan no centro do Atlántico.

 Masas de aire e ventos dominantes nas distintas áreas de España (1


punto). Nesta situación conflúen dúas masas de aire de características
contrastadas (a masa de aire polar marítimo, procedente da depresión de
Islandia -habitualmente fría e húmida- e a masa de aire tropical marítimo -
orixinada nos anticiclóns subtropicais -cálida e húmida-) e á penetración
de aire frío procedente do Norte, coado mediante unha profunda valgada
asociada aos centros de baixas presións. Produciranse ventos intensos do
Oeste debido ao forte gradiente de presión.

 Situación meteorolóxica e tipos de tempo que cabe esperar nas


comunidades de Galicia e de Canarias, significando as diferenzas de
temperatura, humidade e precipitación (1 punto). Con este mapa de
isóbaras, cabe esperar un tipo de tempo estable, con temperaturas suaves
tendendo a cálidas, e ausencia de nubes, nas illas Canarias, sometidas á
influencia do anticiclón das Azores. O grao de humidade, sendo
relativamente elevado polo carácter insular das illas, será menor que en
Galicia -debido á influencia estabilizadora das altas presións-.

Por contra, Galicia, sometida a ventos do Oeste-Suroeste, con baixas


presións e forte gradiente de presión debido á proximidade das isóbaras,
terá un tempo inestable e húmido, con ceos cubertos e maiores
precipitacións na costa occidental e nas superficies montañosas a
barlovento. As temperaturas son suaves relacionadas coa fronte cálida
que está a chegar.

You might also like