You are on page 1of 3

Tema 3. O clima.

O mapa do tempo

1. Identifica:

▪ Centros de acción, marcados cunha A de anticiclón e unha B de


borrasca. Di onde se encontran no mapa e marca os mb ou hPa que che
permiten deducir se son anticiclóns ou borrascas. Marca con frechas o
sentido no que se move o aire en cada centro de acción.
▪ Frontes: están asociados a inestabilidade e precipitacións.
- Fronte cálida: márcaa en vermello. Represéntase cunha liña continua
con semicírculos adosados a ela.
- Fronte fría: márcaa en azul. Represéntase cunha liña continua e
triángulos adosados a ela.
▪ Fíxate na data do mapa e sinala a estación. Onde está o anticiclón das
Azores?

2. Predición:

▪ Debuxa sobre o mapa de isobaras o tempo que cres que fará.


▪ Identificas onde fará vento forte? Fíxate naqueles lugares onde as isobaras
aparezan máis xuntas: iso indica que as diferenzas de presión son
importantes e, como sabes, esa é a orixe dos ventos! Investiga que é o
gradiente de presión.
▪ Tendo en conta as frechas que marcache en cada anticiclón e en cada
borrasca, podes indicar que dirección ten o vento? É importante porque a
procedencia dos ventos vainos indicar se haberá chuvia ou non. Se o vento
procede do mar, recolle humidade e precipita. Se o vento procede do interior
dun continente, será un vento seco.

You might also like