You are on page 1of 2

A atmosfera e as súas capas

A atmosfera está formada por diferentes capas, cada unha con características diferenciadas.
No seu conxunto, regulan a temperatura terrestre: impiden que a Terra se arrefríe polas noites
e son as responsables de que, durante o día, a calor circule desde as zonas cálidas ata as
frías.
 A troposfera é a capa inferior da atmosfera e ten contacto directo coa superficie do
noso planeta.
Exténdese desde o solo terrestre (nivel do mar) ata os 12 quilómetros de altitude.
Nesta capa é onde se producen a meirande parte dos fenómenos meteorolóxicos.
A temperatura dentro da troposfera cae a medida que aumenta a altura.
 A estratosfera é a capa que está a continuación da troposfera.
Nesta capa é onde se atopa o gas denominado ozono.
Este gas protexe á Terra fronte ás radiacións ultravioletas, que son prexudiciais para a vida na
Terra.
 A mesosfera é a capa que vai desde o final da estratosfera ata 80 quilómetros sobre o
nivel do mar.
É a capa máis fría da atmosfera.
 A termosfera é a capa situada xusto despois da mesosfera .
Ten as temperaturas máis altas da atmosfera.
 A exosfera atópase tras a termosfera e esténdese ata o espazo exterior

You might also like