You are on page 1of 2

A auga, o noso tesouro

Experimento científico:

1. PREGUNTA: ¿A calidade da nosa auga é a idónea para o nosa saúde?


Partindo desta pregunta tentaremos comprobar mediante a análise da auga no
mesmo punto do mesmo río de xeito semanal para ver a calidade da mesma e
analizando tamén as plantas e animais que se atopan na contorna. Teremos en
conta a cor e a análise do PH
2. HIPÓTESE: A calidade é mala debido a atoparnos poucos km de Ponteareas,
un pobo que contamina bastante
3. MATERIAL E MÉTODO: Medidor de PH mediante tiras reactivas ou con
aparellos que miden a densidade e a temperatura. Faremos unha medición
semanal procurando que sexa o mesmo día e á mesma hora durante varias
semanas.
4. RESULTADOS: Recolleranse en táboas amosando os gráficos e variacións e,
de ser posible, creando un proxecto de ciencia cidadá para analizar parámetros
similares noutros puntos de Galicia para ver cómo inflúe a zona na
temperatura, acidez e contaminación
5. CONCLUSIÓN: Habería que establecela ao final do proxecto

Proxecto de enxeñería:

Dado que sería a nosa 1ª vez con este experimento e sería grupo pequeño e fora da
casa, faremos un medidor de humidade con sistema de rego para aforrar auga que é
escasa reducindo o consumo de auga do río e facilitando a súa depuración natural. Así
mesmo, teremos un sistema de filtrado natural feito con cinza, pedras e área para
filtrar a auga dos seus principais lodos que x atemos feito na aula. O sistema de rego
teriamolo que montar nas semanas que quedan de curso.

1. DEFINICIÓN DO PROBLEMA: Despilfarro de moita auga, especialmente no


rego que así mesmo reduce o caudal dos ríos, reducindo as súas posibilidades
de autodepuración natural
2. MONTAXE DO PROTOTIPO: Cunha placa Microbit que programaremos con
Makecode, con cables cocodrilo e un sensor de humidade montaremos o noso
sistema de análise e logo conectarémolo a un motor de bombeo que abra ou
peche o nivel de auga preciso para as plantas.
3. MATERIAL UTILIZADO: Placa Microbit, cables cocodrilo, sensor de humidad,
bomba de auga (posibilidade de facela con 2 tapóns)
4. MELLORAS POSIBLES: Mellorar a análise da humidade e o control do motor
de bombeo

You might also like