You are on page 1of 4

CIFP Politécnico de CM de Operacións de laboratorio

1ª folla de 4
Santiago Operacións de análise química
Preparación dunha disolución patrón de ácido
Práctica Nº 2 Data:21/11/2017
clorhídrico

OBXECTIVOS
 Familiarizarse coa aplicación de técnicas volumétricas de análise.
 Preparar e estandarizar disolucións patrón, para o seu uso posterior nas análises.

BIBLIOGRAFÍA
1. “Técnicas de laboratorio químico 2.2. Análise química cuantitativo e
cualitativo”; José Mª Casas e Tomás García; Editorial Bruño-Edebé.
2. “Fundamentos de química analítica”; Skoog, West e Holler; Editorial Reverté,
S.A.

INTRODUCIÓN
Frecuentemente unha disolución estandarízase determinando o volume exacto que se
require para reaccionar cun peso coñecido de sustancia de pureza coñecida (en xeral
100% pura, aínda que non necesariamente)
Nesta reacción ten lugar a reacción entre un ácido e unha base, unha reacción ácido-base
ou tamén chamada de neutralización. Determínase a concentración exacta do ácido cun
patrón primario que é unha base, é o que se chama unha acidimetría. Algunhas sustancias
alcalinas aptas para tal valoración son: Na 2CO3, KHCO3, Na2C2O4 e CaCO3 (espato de
Islandia). No procedemento que segue utilizarase Na 2CO3 anhidro. Para iso, hai que
desecar o carbonato sódico durante unha hora en forno, a unha temperatura comprendida
entre 270 e 300ºC, para eliminar a humidade e descompoñer o bicarbonato sódico que
puidese acompañar ao carbonato.
A reacción ácido-base que ten lugar é:
Na2CO3 + HCl  2 NaCl + (H2CO3)  2 NaCl + CO2 + H2O (1)
Os indicadores adecuados serán aqueles cuxo intervalo de viraxe ou cambio de cor teña
lugar a un pH baixo, posto que nesta zona áchase o punto de equivalencia. Adoitan
utilizarse:

INDICADORES pH INTERVALO DE VIRAXE


Alaranxado de metilo 3,0 – 4,8 rosado - amarelo
Vermello de metilo 4,4 – 6,0 rosado - amarelo
Azul de bromofenol 3,0 – 4,6 amarelo - azul

MATERIAL
- Bureta de 25 mL
- Matraz aforado de 500 mL
- Tres vasos de precipitados ou matraces erlenmeyer de 100 mL.
- Vaso de 250 mL
- Pesasustancias.
- Pipeta graduada ou probeta.
- Balanza analítica.
- Espátula.
CIFP Politécnico de CM de Operacións de laboratorio
2ª folla de 4
Santiago Operacións de análise química
Preparación dunha disolución patrón de ácido
Práctica Nº 2 Data:21/11/2017
clorhídrico

- Frasco lavador.
- Acido clorhídrico comercial.
- Carbonato sódico.
- Alaranxado de metilo; ao 0,1% en auga, é dicir, que se prepara disolvendo 0,1 g de
devandita substancia en 100 mL de auga.

PROCEDIMENTO EXPERIMENTAL
a) Normas a seguir durante a práctica.

1. A disposición da bureta, disolución e indicador para levar a cabo unha


valoración represéntanse na seguinte figura:

2. As buretas, antes de ser utilizadas, deben lavarse a fondo e enxaugarse varias


veces con auga destilada. Antes de iniciar a valoración enxaugase a bureta co
líquido que vai conter, xa que as pingas de auga alteran a concentración do
reactivo, e por tanto o resultado final.

3. A bureta debe encherse de forma que a parte inferior (debaixo da chave) estea
completamente chea e sen ningunha burbulla de aire.

4. O enrase debe facerse de forma que o menisco do líquido que contén sexa
tangente ao cero da escala.

5. A caída de pingas de reactivo ao vaso ou erlenmeyer será sempre lenta


(exceptuando algunha valoración como sucede co dicromato de potasio que
debe ser rápida), e máis ao achegarse ao momento de equivalencia.

6. Para apreciar mellor o punto exacto da viraxe do indicador, colócase debaixo


do vaso ou erlenmeyer un anaco de papel de filtro branco.
CIFP Politécnico de CM de Operacións de laboratorio
3ª folla de 4
Santiago Operacións de análise química
Preparación dunha disolución patrón de ácido
Práctica Nº 2 Data:21/11/2017
clorhídrico

7. Unha vez chegado ao punto de equivalencia, anótanse os mL consumidos e


calcúlase a concentración da disolución problema.

b) Proceso de preparación e valoración do HCl.

Seguirase o seguinte esquema:


CIFP Politécnico de CM de Operacións de laboratorio
4ª folla de 4
Santiago Operacións de análise química
Preparación dunha disolución patrón de ácido
Práctica Nº 2 Data:21/11/2017
clorhídrico

c) Toma de datos.

Para tomar os datos realizarase unha plantilla como a seguinte:

Ensaio mcarbonato (g) VHCl (mL) NHCl Nmedia




 REACCIÓNS E CALCULOS: Nesta valoración prodúcese a reacción 1. No punto de


equivalencia mestúranse cantidades equivalentes das sustancias que participan na
valoración, problema e valorante. Por tanto, cúmprese que:

nº de equivalentes de ácido clorhídrico = nº de equivalentes de carbonato sódico.

Debemos agora relacionar, por unha banda o número de equivalentes de carbonato


coa cantidade pesada do mesmo; e por outro, o número de equivalentes coa
normalidade da disolución de ácido clorhídrico.

 Cuestións:

1. Calcula os mL necesarios para preparar 1 litro de disolución 0,1 N a partir de ácido


clorhídrico comercial.
2. Por que é necesario estandarizar o ácido clorhídrico?
3. Por que hai que secar no forno o carbonato de sodio?
4. Poderíase utilizar a balanza granataria para pesar o carbonato de sodio? Por qué?
5. É necesario medir a auga na que disolvemos o carbonato con precisión? Por qué?
6. Cos datos obtidos na práctica calcula a concentración do ácido clorhídrico.

You might also like