You are on page 1of 4

TEMA 5.

- RESUMO DE ESTEQUIOMETRÍA DAS REACCIÓNS QUÍMICAS

1. AXUSTE DE ECUACIÓNS QUÍMICAS: existen dous métodos de axuste de ecuacións químicas:


tanteo e ión-electrón (unicamente para reaccións de oxidación-redución). Este ano repasaremos o
axuste por tanteo.

Axuste por tanteo: Exemplo: C4H10 (g) + O2 (g)  CO2 (g) + H2O (g)

1. Comézase polos átomos que non sexan nin H nin O: C4H10 + O2 → 4 CO2 + H2O
2. Os átomos de H deben ser os penúltimos en ser axustados:

C4H10 + O2 → 4 CO2 + 5 H2O

3. Comprobar que non se alteraron os axustes anteriores. De ser así, volver a axustalos.
4. Os átomos de osíxeno axústanse ao final: C4H10 + 13/2 O2 → 4 CO2 + 5 H2O
5. Para que a ecuación química quede axustada con números enteiros, se hai unha fracción de
2, multiplícase toda a ecuación por dous: 2 C4H10 + 13 O2 → 8 CO2 + 10 H2O

OLLO! No tema de Termodinámica, o axuste remata no cuarto paso, sen multiplicar por dous. Nos casos
de estequiometría unicamente se multiplica por dous por comodidade (para facilitar os cálculos).

2. PASOS A SEGUIR NA RESOLUCIÓN DUN PROBLEMA DE ESTEQUIOMETRÍA:

1.- Ler ben o enunciado e identificar cales son os reactivos (compostos puros e mesturas –minerais,
mesturas, disolucións…- das que proveñen) e cales os produtos. Tomar datos e anotar que é o que se
pide.

2.- Axustar a ecuación do proceso.

3.- Se hai reactivos impuros, calcular cal é a cantidade de composto puro (que participa na reacción) que
contén.

4.- Pasar todas as cantidades a moles.

5.- Determinar se existe un reactivo limitante (este paso levarase a cabo se no enunciado nos achegan
datos sobre a cantidade de dous reactivos; se non, non é necesario). Para facelo (se chamamos aos
reactivos A e B):

5.1. Escollemos un dos reactivos (por exemplo, A) e calculamos cantos moles do outro reactivo
(por exemplo, B) precisamos para que reaccione completamente o primeiro (A), empregando a
estequiometría da reacción.

5.2. Comparamos a cantidade de B calculada no apartado anterior coa cantidade da que


dispoñemos no enunciado da reacción:

 Se temos máis cantidade de B da que se precisa para que reaccione completamente o


reactivo A, daquela B está en exceso e A é o reactivo limitante.

 Se temos menos cantidade de B da que se precisa para que reaccione completamente o


reactivo A, daquela B é o reactivo limitante e A está en exceso.

NOTA: O reactivo limitante é aquel que se cosume antes e, polo tanto, determina que cantidade de
produto se vai obter (limita o avance da reacción).

6.- A partir do reactivo limitante, empregando factores de conversión preferentemente, facer os cálculos
mol-mol empregando os coeficientes estequiométricos da ecuación.
7.- Estes resultados consideran un rendemento do 100%, son cantidades teóricas. Se a reacción non é
completa (é o que acontece na vida real), aplícase un rendemento, que se calcula do seguinte xeito:

cantidade obtida Para reactivos: R 


cantidade teórica
Para produtos: R   100  100
cantidade teórica cantidade empregada

TRUCO: Cando nos piden calcular unha cantidade tendo en conta un rendemento, debemos ter en conta
o seguinte:

I.- Primeiro calculamos a cantidade de produto que obteriamos ou de reactico que emoregariamos
se o rendemento fose do 100% (é dicir, se a reacción fose completa). A esta cantidade chamarémola
cantidade teórica.

II.-Se nos preguntan qué cantidade de produto obteremos nunha reacción cun rendemento
menor do 100%, debemos ter en conta que se obterá menor cantidade do esperado. Polo tanto,
deberemos multiplicar a cantidade teórica por o valor do rendemento e dividilo entre 100. Por exemplo,
para un rendemento do 70%: cantidade real ( produto)  cantidade teórica  70
100

III.- Se nos preguntan qué cantidade de reactivo será necesario para que se produza unha
reacción (obtención dun produto ou reacción completa doutro reactivo que interveña na reacción),
deberemos ter en conta que, como parte do produto se perde porque a reacción non é completa, se
necesita maior cantidade de reactivo do esperado. Polo tanto, deberemos multiplicar a cantidade
teórica por 100 e dividila polo valor do rendemento. Por exemplo, para un rendemento do 70%:

100
cantidade real (reactivo)  cantidadeteórica 
70

Exemplo 1: Deséxanse obter 12 L de osíxeno en condicións normais por descomposición térmica de


clorato de potasio do 98,5% en peso de riqueza: a) Escribe a reacción que ten lugar. b) Calcula a
cantidade de clorato de potasio necesario. c) Calcula a cantidade de cloruro de potasio que se formará
na reacción.

Exemplo 2: Para saber o contido en carbonato de calcio dunha calcaria impura fanse reaccionar 14 g da
calcaria con ácido clorhídrico do 30% en peso e de densidade 1,15g/mL, obténdose cloruro de calcio,
auga e dióxido de carbono. Sabendo que as impurezas non reaccionan con ácido clorhídrico e que se
gastan 25 ml do ácido, calcule: (a) A porcentaxe de carbonato de calcio na calcaria. (b) O volume de
dióxido de carbono, medido en condicións normais, que se obtén na reacción.

Exemplo 3: Que volume de ácido clorhídrico 2 M é necesario para neutralizar unha mostra acuosa que
contén 20 g de hidróxido de calcio?

Exemplo 4: O cloruro de hidróxeno é un gas que se pode preparar no laboratorio por reacción entre o
cloruro de sodio e o ácido sulfúrico concentrado, obténdose tamén sulfato de sodio. a) Escribe a
ecuación química axustado do proceso que ten lugar. b) Se partindo de 20,0 g de cloruro de sodio se
obteñen 5,60 g de cloruro de hidróxeno, cal foi o rendemento da reacción? c) Se se disolven os 5,60 g de
cloruro de hidróxeno en auga, obtendo 1 litro de disolución, cal é a concentración da mestura?

Exemplo 5: Nun xerador portátil de hidróxeno fanse reaccionar 30,0 g de hidruro de calcio con 30,0 g de
auga, segundo a reacción sen axustar: CaH2 + H2O  Ca(OH)2 + H2. Despois de axustar a reacción,
calcula: a) que reactivo sobra e en que cantidade; b) o volume de hidróxeno que se produce a 20 ºC e
745 mmHg; c) o rendemento da reacción se o volume real producido foi 34 litros.

Exemplo 6: 10 gramos dun mineral que contén un 60% de cinc fanse reaccionar con 5mL dunha
solución de ácido sulfúrico do 96% e densidade igual 1,823 g/mL. Calcula: a) gramos de sulfato de cinc
producido. b) Volume de hidróxeno obtido se as condicións do laboratorio son 25 ºC e 740 mmHg de
presión. c) Repite os cálculos anteriores se o rendemento da reacción fose do 75%.
TIPOS DE REACCIÓNS

Moitas veces, nos enunciados, descríbese a reacción química. Outras veces, temos que deducir algún
dos reactivos ou produtos que interveñen na mesma. Algúns tipos de reaccións que debedes coñecer
son:

1. COMBUSTIÓN: Unha substancia reacciona con osíxeno e dá lugar aos óxidos dos
elementos que a forman. Por exemplo:

a. Combustión do metano: CH4 + 2O2  CO2 + 2H2O

b. Combustión do carbón: C + O2  CO2

2. REACCIÓNS DE SUBSTITUCIÓN:

a. Substitución simple: Cando un ácido reacciona con un metal, o metal substitúe ao


hidróxeno do ácido e fórmase o sal do anión do ácido e o metal e despréndese
hidróxeno gas: Zn + H2SO4  ZnSO4 + H2

b. Substitución dobre: Intercambio de ións na reacción de dous sales, entre un sal e


un ácido ou entre un ácido e unha base:

i. AgNO3 + NaCl  NaNO3 + AgCl

ii. CaCl2 + Na2CO3  CaCO3 + 2 NaCl

iii. CaCO3 + 2HCl CaCl2 + H2CO3  CaCl2 + CO2 + H2O

Neste exemplo formaríase ácido carbónico, que é tan inestable que se


descompón, sempre, en dióxido de carbono e auga.

3. DESCOMPOSICIÓN TÉRMICA: Por aplicación de calor, a partir dun único composto,


obtéñense dúas ou máis substancias menores (elementos ou compostos):

CaCO3  CaO + CO2; KClO3  KCl + 3/2 O2

OLLO!! Neste tipo de reaccións, o osíxeno nunca participa como reactivo.

+
4. REACCIÓNS ÁCIDO-BASE: Un ácido é unha substancia que cede protóns (ións H ) a outra
substancia, que os acepta e se denomina base. Unha substancia pode comportarse como un
ácido ou unha base dependendo de con quen reaccione, pero, en xeral, chámase ácido ás
substancias que ceden protóns á auga e bases ás que aceptan protóns da auga.. Este tipo de
reaccións estúdanse máis en profundidade. De momento:

- Consideramos ácidos os compostos que se nomean como tal e máis o ión amonio.

- Consideramos bases os hidróxidos e o amoníaco.

- Cando un ácido e unha base reaccionan entre si prodúcese unha reacción de neutralización, na
que se forma sal e auga (trátase dunha reacción de dobre substitución). Por exemplo:

HCl + NaOH  NaCl + H2O

Ácido + base  Sal + auga


5. REACCIÓNS REDOX. Nelas se produce un intercambio de electróns entre elementos
químicos, producíndose cambios nos seus estados de oxidación. Estudaranse en profundidade o
vindeiro curso.

You might also like