You are on page 1of 3

UD 1.

- Dispositivos dixitais e sistemas operativos Educación Dixital


3º ESO

1.- Explica que é e para que serve un ordenador.

2.- Indica cinco actividades diarias nas que se utilice o ordenador.

3.- Cando se di que un ordenador é unha ferramenta versátil, a que nos estamos referindo?

4.- O ordenador está formado por dúas partes claramente diferenciadas: o hardware e o software. Cres
que sería posible ter un ordenador cunha soa delas? Razoa a túa resposa.

5.- Indica se os seguintes elementos pertencen ao hardware ou ao software do ordenador:


Micrófono Rato
Navegador de internet Fotografía dixital
Tarxeta de memoria RAM Messenger
Microsoft Word Canción en mp3
Vindows 8 Disco duro
Monitor Impresora
Escáner Lector de código de barras
OpenOffice Impress Antivirus Panda

6.- Busca no seguinte crucigrama cinco dispositivos hardware do ordenador:

D G U I N M V G T
E G U A V O Q M E
A Ñ R E W D J F C
E S C A N E R F L
U E E O T M H A A
D V B R E O U O D
E R Y G Y S N H O
D I S C O D U R O

7.- Indica que compoñentes hardware forman parte da CPU.

8.- Que é e para que serve a placa base do ordenador?

9.- Enumera os compoñentes da CPU que se conectan á placa base.

10.- Cando mercamos un ordenador debemos fixarnos nas características do microprocesador. Por que
crees que é tan importante?

12.- O microprocesador instálase na placa base baixo o ventilador, por que crees que é necesario un
ventilador xusto enriba do microprocesador?

13.- Contesta ás seguintes cuestións relacionadas coa memoria RAM:


a) Para que serve a memoria RAM?
b) Que pasa cando un ordenador ten pouca memoria RAM?
c) Que ocorre coa memoria RAM cando se apaga o ordenador?

14.- Cal é a función do disco duro?

1
UD 1.- Dispositivos dixitais e sistemas operativos Educación Dixital
3º ESO

15.- O disco duro almacena datos, igual que a memoria RAM. Entón, en que se diferencian?

16.- Para que se soen utilizar as memorias ópticas?

17.- Que son e para que serven os portos do ordenador?

18.- Nos seguintes debuxos, identifica o tipo de porto e indica que dispositivos se poderían conectar.

19.- Nas seguintes fotografías de ordenadores reais, identifica os distintos portos e indica que
dispositivo conectarías a cada un deles.

2
UD 1.- Dispositivos dixitais e sistemas operativos Educación Dixital
3º ESO

20.- Que son e para que serven as tarxetas de expansión? Cres que hai algunha tarxeta de expansión que
sea imprescindible para o bo funcionamento do ordenador? En caso afirmativo, indica cal ou cales e o
porque.

21.- Cres que poderiamos utilizar o ordenador sen periféricos? Razoa a túa resposta.

22.- Relaciona os periféricos da esquerda co grupo ao que pertencen:

Altofalante
Monitor
Micrófono Periférico de entrada
Escáner
Lector de código de barras
Impresora Periférico de saída
Módem
Disqueteira
Teclado Periférico de entrada/saída
Cámara fotográfica dixital
Pantalla táctil

23.- Explica para que serven os seguintes periféricos: canón proxector, escáner, micrófono, monitor,
pantalla táctil, router.

24.- Enumera as principais funcións do sistema operativo.

25.- Indica se os seguintes programas son un sistema operativo ou unha aplicación. En caso de ser unha
aplicación, busca a súa utilidade (procesador de textos, deseño gráfico, navegador de internet,
comunicacións, etc.).
a) Real Player
b) WordPerfect
c) Ubuntu
d) Mozilla Firefox
e) LibreOffice Writer
f) Android
g) AutoCAD
h) DivX Player

You might also like