You are on page 1of 8

Repaso de redes

Configuración da rede ................................................................................................................... 2


Dirección IP................................................................................................................................ 2
Máscaras ................................................................................................................................... 3
Porta de enlace ......................................................................................................................... 4
Dispositivos de rede. Encamiñadores e segmentos de rede. Difusions. ................................... 4
Configuración do interface de rede en ubuntu ............................................................................. 4
Arquivo /etc/network/interfaces .............................................................................................. 4
Introdución aos cambios introducidos na versión 9 de debían ............................................. 5
Arquivo /etc/resolv.conf ........................................................................................................... 7
Arquivo /etc/hosts .................................................................................................................... 8

Páxina 1 de 8
Configuración da rede
Todo ordenador debe ter:

• Para comunicarse con outro ordenador: un Enderezo IP e unha máscara de rede.


• Para comunicarse co exterior: unha porta de enlace.
• Para resolver nomes de dominio a IPs: uns servidores DNS aos que preguntar para
resolver nomes de dominio a enderezos IP.

Dirección IP
Cada interfaz de rede (un equipo ou host pode ter varias interfaces) debe ter unha dirección IP
única. Esas direccións son números de 32 bits (4 bytes) na versión TCP/IP 4. Normalmente
escríbense como catro números decimais separados por puntos. Os números van dende 0 a
255. Exemplo: 140.10.17.205.

Existen varias clases de direccións:

Onde netid significa identificador de rede e hostid identificador de equipo.

Os rangos para cada clase son:

Clase A: 0.0.0.0 a Máscara: 255.0.0.0 Broadcast: X.255.255.255


127.255.255.255
Clase B: 128.0.0.0 a Máscara: 255.255.0.0 Broadcast: X.X.255.255
191.255.255.255
Clase C: 192.0.0.0 a Máscara: 255.255.255.0 Broadcast: X.X.X.255
223.255.255.255
Clase D: 224.0.0.0 a Direccións Multicast
239.255.255.255
Clase E: 240.0.0.0 a Direccións de Investigación
255.255.255.255

Páxina 2 de 8
Todos os equipos que estean dentro da mesma rede IP teñen que ter a mesma parte de rede
(netid) e de un a outro variará a parte de host (hostid).

Por exemplo, dada a dirección de rede 192.168.0.X de clase C:

• Direccións de host: dende a 192.168.0.1 ata a 192.168.0.254


• A primeira dirección está reservada para nomear toda a rede: 192.168.0.0
• A última dirección está reservada para facer envíos de información a todos os hosts da
rede: 192.168.0.255

Tipos de direccións:

• Direccións públicas: son enrutables cara Internet, é dicir cas que podemos ter aceso a
Internet.
• Direccións privadas: non as podemos usar para enrutar cara Internet. Son direccións
útiles para ser usadas en redes locais (LANs) en contornas domésticas ou corporativas.
Hai mecanismos que permiten traducir direccións privadas en públicas e á inversa, isto
coñécese como NAT.

Rangos reservados para uso privado:

o Clase A: 10.0.0.0 – 10.255.255.255


o Clase B: 172.16.0.0 – 172.31.255.255
o Clase C: 192.168.0.0 – 192.168.255.255

Direccións reservadas:

• 0.0.0.0 (ou a dirección .0 de calquera subrede): para referirse á rede.


• 255.255.255.255 (ou a dirección .255 de calquera subrede): dirección de broadcast.
Equivale a todos os terminais da rede.
• 127.X.X.X: rango de ip’s de loopback. Son para referirnos a nos mesmos (a nosa
máquina), tamén chamadas de diagnóstico.
• 127.0.0.1 (ou localhost): caso particular do anterior. E a mais usada para referirnos á
nosa máquina de maneira local. Todos os equipos de rede teñen esta dirección IP
interna que sempre está activa.

Máscaras
A máscara de rede dunha dirección é un patrón de 32 bits, onde os “n” primeiros están a “1” e
os seguintes a “0”. Sirve para delimitar a parte de rede (netid) e a parte de host (hostid). Para
iso ponse a “1” a parte de rede e a “0” a parte de host.

A máscara para cada clase son:

Clase A: 255.0.0.0
Clase B: 255.255.0.0
Clase C: 255.255.255.0

A máscara dunha dirección IP indícase con “/” seguido do número de bits (“1s”) da máscara ou
coa letra da clase. Exemplo: 192.168.0.3/C equivale a 192.168.0.3/24.

Páxina 3 de 8
Hoxe en día emprégase CIDR (Classless Interdomain Routing); un estándar que permite usar
máscaras de calquera número de bits. Exemplo: 192.168.0.128/25, ten de parte de rede os
primeiros 25 bits e de parte de host os 7 bits restantes.

Porta de enlace
Para conectarse á rede una estación necesita, ademais dunha dirección IP e unha máscara de
rede, unha porta de enlace que é a dirección do interface do router de saída conectado á súa
mesma rede. A través desta porta de enlace, o equipo poderá comunicarse con outras redes.

Dispositivos de rede. Encamiñadores e segmentos de rede.


Difusions.
Un segmento de rede é un conxunto de equipos interconectados mediante hubs e switches
que constitúen un dominio de difusión. As tramas de difusión ou de broadcast que son
enviadas por un equipo esténdense a todo o segmento de rede.

Para interconectar segmentos de rede utilízanse encamiñadores ( routers). Un router é un


dispositivo que tipicamente ten dous ou máis portos. Cando recibe un paquete IP por un porto,
extrae a dirección IP destino, compáraa cos destinos da táboa de encamiñamento e decide o
porto de saída polo que a enviará e constrúe unha trama con destino ao seguinte router do
camiño ou ao host de destino final.

[O seu funcionamento é similar a un garda de tráfico imaxinario que estivese nunha rotonda
sen sinalizar. Preguntaría ao condutor de cada coche que entrase na rotonda polo seu destino;
e segundo este, enviaríao por unha ou outra saída]

Configuración do interface de rede en ubuntu


Arquivo /etc/network/interfaces
Editar con:

sudo nano /etc/network/interfaces

# Este ficheiro describe as interfaces de rede dispoñibles no sistema


# e como activalas. Para máis información: man interfaces.
# A interface de rede loopback
iface lo inet loopback
address 127.0.0.1

Páxina 4 de 8
netmask 255.0.0.0

 Para IP estática:

auto lo
iface lo inet loopback

auto eth0 (nome do interface a configurar)


iface eth0 inet static
address 172.16.43.70 (dirección IP que corresponda)
netmask 255.255.0.0 (máscara correspondente)
gateway 172.16.255.201 (porta de enlace que corresponda)

 Para IP dinamica:

auto lo
iface lo inet loopback

auto eth0 (nome do interface a configurar)


iface eth0 inet dhcp

Introdución aos cambios introducidos na versión 9 de debían


Na versión 9 de debian introdúcense varios cambios no que atinxe á xestión da rede.

Isto é debido á versión 197 do xestor de servizos systemd. A partir desa versión a orde de
arranque dos contralodores é impredicible. Por tanto un ordenador con 2 tarxetas de rede
ethernet podería nomear a unha tarxeta como eth0 nun arranque e no seguinte como eth1.

Para evitar iso crearonse unhas políticas de nomeado de interfaces baseadas no hardware do
equipo. Estas regras coñécense como Predictable network interface device

 0º.- Os nomes incorporaran información baseada no tipo de interface:


o en — Ethernet
o sl — serial line IP (slip)
o wl — wlan
o ww — wwan
 1º.- Os nomes incorporaran números de orde dos dispositivos da placa nai. P.e. eno1
o b<number> — BCMA bus core number
o c<bus_id> — bus id of a grouped CCW or CCW device, with all leading zeros
stripped [s390]

Páxina 5 de 8
o o<index>[n<phys_port_name>|d<dev_port>] — on-board device index
number
o s<slot>[f<function>][n<phys_port_name>|d<dev_port>] — hotplug slot index
number
o x<MAC> — MAC address
o [P<domain>]p<bus>s<slot>[f<function>][n<phys_port_name>|d<dev_port>] —
PCI geographical location
o [P<domain>]p<bus>s<slot>[f<function>][u<port>][..][c<config>][i<interface>]
— USB port number chain
o v<slot> - VIO slot number (IBM PowerVM)
o a<vendor><model>i<instance> — Platform bus ACPI instance id
 2º.- Os nomes incorporaran números de orde dos slots das PCI Express hotplug. P.e.
ens1
o s<slot>[f<function>][n<phys_port_name>|d<dev_port>] — hotplug slot index
number
 3º.- Os nomes incorporaran números de orde da ubicación físca do conector hardware.
P.e. enp2s0
o [P<domain>]p<bus>s<slot>[f<function>][n<phys_port_name>|d<dev_port>] —
PCI geographical location
 4º.- Os nomes incorporaran as direccións MAC hardware. P.e. enx78e7d1ea46da
 5º.- Se non é aplicable ningunha das anteriores: O clásico nomeamento: eth0
Por defecto, o sistema trata de nomear usando a directiva 1. Se non se pode aplicar a 1, trata
de aplicar a 2, e senón a 3 e finalmente a 5. A política 4 está por se o usuario desaxa forzar a
que as interfaces se nomeen usando a MAC.
Outros cambios que se introducen na versión 9 son:

Outros cambios que se introducen na versión 9 son:

 Retirada da utilidade de configuración de rede ifconfig (que logo será instalada) por
considerala obsoleta e usar o comando ip para xestionar as interfaces e a
configuración da rede.
 Representación das máscaras usando o formato CIDR
(https://es.wikipedia.org/wiki/Classless_Inter-Domain_Routing). P.e. as máscaras que
se amosan a continuación represéntanse en función do números de 1 (uns) que ten a
máscara:
o 255.0.0.0 -> /8
o 255.255.0.0 -> /16
o 255.255.255.0 -> /32

 NOTAS:
o No canto de eth0 pode que a interface de rede estea nomeada tal e como se
explica enriba. P.e. enp0s3
o No canto de usar o parámetro netmask, pódese representar: address
172.16.5.2/24

Exemplos de configuración:

auto interface: a interface indicada iníciase no momento de acender o


ordenador

Páxina 6 de 8
iface eth1 inet dhcp: Configurar o interface eth1 co protocolo
IPv4(inet) e que obteña a IP por DHCP
iface eth0 inet static: Igual ao anterior salvo que a IP especifícase
manualmente.
[Observar como eth1 non se vai iniciar cando se inicie o sistema, pois
non está auto eth1 no ficheiro /etc/network/interfaces]

Arquivo /etc/resolv.conf
Almacena a configuración DNS cliente, isto é, cal/es é o/s dominio/s, cales son os servidores
DNS, etc. Se o servidor DNS se obtén dinamicamente mediante DHCP as entradas no ficheiro
resolv.conf sobrescribiranse coa configuración obtida por DHCP.

Sintaxe:

search nomededominio.net
nameserver 10.0.0.36
nameserver 4.2.2.2
Exemplos de configuración:

search: engade o dominio nomededominio.net ás consultas para tentar


resolver os nomes dentro da nosa rede. Por exemplo, se o noso dominio
é nomededominio.net e tentamos facer un ping ao equipo pc1 dentro da
nosa rede, non será necesario teclear o nome completo, é dicir, ping
pc1. nomededominio.net, senón que automaticamente realizarase unha
consulta DNS para saber a IP de pc1. nomededominio.net se tecleamos
ping pc1.
nameserver: especifica os servidores DNS que se usarán para resolver
nomes a direccións IP. Pode haber varios servidores DNS e
consultaranse na orde especificada.
Importante en Ubuntu Desktop:

A partir da versión 12.04 de Ubuntu o ficheiro /etc/resolv.conf só é un ficheiro dinámico que


contén a configuración DNS do equipo.

Este ficheiro é xestionado polo NetworkManager, por tanto, calquera configuración que nel se
introduza vaise perder.

Se a versión que se usa de Ubuntu é 12.04 ou posterior, este instala no propio equipo un
servidor lixeiro de DNS (dnsmasq
(http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/es/software/software-general/638-
servidor-dns-sencillo-en-linux-con-dnsmasq)) e por tanto o contido de /etc/resolv.conf vai
conter a entrada nameserver 127.0.0.1, isto é, pregúntase a si mesmo.

O NetworkManager ten configurado o servidor DNS en: /etc/NetworkManager/system-


connections/<nome da conexión>, que será a quen se lle pregunte se dnsmasq non resolve.

Se non se desexa que o equipo use dnsmasq comentar a entrada dns=dnsmasq do ficheiro
/etc/NetworkManager/NetworkManager.conf e reiniciar o servizo (service NetworkManager
restart) ou o equipo. Agora resolv.conf terá a configuración desexada.

Páxina 7 de 8
Tamén se pode fixar unha configuración DNS no ficheiro: /etc/resolvconf/resolv.conf.d/tail do
mesmo xeito que sempre.

Arquivo /etc/hosts
Almacena a lista de hosts locais: nomes locais asociados a IPs (locais ou non). Cando o
computador tenta achar o enderezo IP dun equipo, primeiro acudirá a este ficheiro antes que
ao servidor de nomes DNS. Se a dirección IP está no ficheiro /etc/hosts o DNS non se usará
(isto pode cambiarse editando o ficheiro /etc/nsswitch.conf e cambiando a orde en que se fai
a busca). A diferencia de Windows, o cliente de DNS de Linux non almacena os resultados
obtidos do DNS en caché.

Sintaxe:

127.0.0.1 equipo localhost


69.50.12.40 x xunta equipo.ola.veran

Exemplos de configuración:

127.0.0.1 equipo localhost, tanto se se fai ping ao equipo como a


localhost, a resolución de nomes vai dar como IP 127.0.0.1
69.50.12.40 x xunta equipo.ola.veran, neste caso tanto os nomes x,
xunta, equipo.ola.veran teñen asociada a IP 69.50.12.40

Páxina 8 de 8

You might also like