You are on page 1of 5

Incluír un equipo Ubuntu 14.

04 nun dominio Active


Directory de Windows

Fontes:
http://donnierock.com/2014/08/04/incluir-un-equipo-ubuntu-14-04-en-un-dominio-active-directory-
de-windows/

http://www.kiloroot.com/add-ubuntu-14-04-lts-server-to-a-windows-active-directory-domain-
fullest-integration/

Esquema de rede

Vamos a unir un equipo Ubuntu Desktop 14.04 dentro dun dominio Active Directory (no exemplo
un Windows Server 2008R2 Enterprise) utilizando PowerBroker Identity Services Open Edition.

Posteriormente debemos

Os datos do dominio para o exemplo son:


Dominio: INSTITUTO00.local
Controlador de dominio: WSERVER-00.INSTITUTO00.local
IP: 10.0.2.100
Incluír un equipo Ubuntu nun dominio Active Directory 2

Antes de comezar debemos comprobar que os nomes das máquinas e a súa configuración IP son as
correctas.
En Linux:

Cando edites o ficheiro /etc/hostname lembra cambiar tamén o ficheiro /etc/hosts.

En Windows:
Incluír un equipo Ubuntu nun dominio Active Directory 3

Comezaremos por descargar o script de instalación de PIBS 8.3 para distribución Debian/Ubuntu
con kernel 2.4/2.6 de 64 bit. A páxina de descarga é http://download1.beyondtrust.com/Technical-
Support/Downloads/PowerBroker-Identity-Services-Open-Edition/?Pass=True

Unha vez descargado debemos situarnos no directorio de Descargas e darlle permisos de execución:
chmod +x pbis-open-8.3.0.3287.linux.x86_64.deb.sh

Agora xa podemos executar o script de instalación de PIBS, o que debe facerse como root:

sudo ./pbis-open-8.3.0.3287.linux.x86_64.deb.sh

Antes de unir o equipo ao domino en Ubuntu 14.04 é necesario desinstalar un servizo chamado
avahi (tamén coñecido como Bonjour) que permite descubrir equipos na rede. Para facelo
executaremos a seguinte orde:
~$ sudo apt-get remove avahi-daemon

Despois de instalar PIBS xa podemos unir o equipo ao dominio, para o que precisaremos o nome e
contrasinal dunha conta de usuario do dominio que teña os privilexios necesarios para unir un
equipo ao dominio:

~$ sudo domainjoin-cli join INSTITUTO00.LOCAL administrador


Joining to AD Domain: INSTITUTO00.LOCAL
With Computer DNS Name: t6eq00.instituto00.local

administrador@INSTITUTO00.LOCAL's password:
Warning: Some services require manual restart

Could not restart sshd

Warning: System restart required


Your system has been configured to authenticate to Active
Directory for the
first time. It is recommended that you restart your system to
ensure that all
applications recognize the new settings.

SUCCESS

Se non queremos que apareza o erro ao non poder reiniciar o ssh podemos executar a orde coa
opción --disable ssh:
~$ sudo domainjoin-cli join --disable ssh INSTITUTO00.LOCAL
administrador

Tamén podemos unir o equipo utilizando unha ferramenta gráfica para o que executaremos:
~$ sudo /opt/pbis/bin/domainjoin-gui
(neste caso pode ser necesario instalar antes unha librerías:~$ sudo apt-get install
libglade2.0-cil)
Incluír un equipo Ubuntu nun dominio Active Directory 4

Despois de unir o equipo ao dominio é necesario reinicialo.


E dende a consola configuramos máis datos para o acceso, recordade cambiar o dominio polo que
corresponda en cada caso:

sudo /opt/pbis/bin/config UserDomainPrefix INSTITUTO00


sudo /opt/pbis/bin/config AssumeDefaultDomain true
sudo /opt/pbis/bin/config LoginShellTemplate /bin/bash
sudo /opt/pbis/bin/config HomeDirTemplate %H/%U

Actualizamos a configuración de DNS. Se non queremos ver un erro debemos crear a zona inversa
para a rede 10.0.2 xa que por defecto non se creou no servidor DNS.
sudo /opt/pbis/bin/update-dns

Borramos a caché de usuarios e grupos de AD.


sudo /opt/pbis/bin/ad-cache --delete-all

NON É NECESARIO EN UBUNTU 14.04


Temos que corrixir un pequeno erro no módulo PAM (un módulo de autenticación utilizado por
PBIS). Necesitamos modificar o ficheiro de configuración:

sudo nano /etc/pam.d/common-session


Atopar a liña “session optional pam_lsass.so” e cambiala por:

session [success=ok default=ignore] pam_lsass.so

Facer que os usuarios do dominio podan executar o comando sudo debemos engadir a seguinte liña
ao ficheiro /etc/sudoers

%linuxadmins ALL=(ALL:ALL) ALL

Gardaremos os cambios e reiniciaremos o equipo para iniciar sesión con un usuario do dominio que
pertenza que xa teremos configurado como membro do grupo linuxadmins.
Incluír un equipo Ubuntu nun dominio Active Directory 5

Para configurar as carpetas que cargarán os usuarios no inicio de sesión seguiremos a


documentación das seguintes ligazóns:

http://manuais.iessanclemente.net/index.php/Acceso_dende_os_clientes_Linux_
%C3%A1s_carpetas_compartidas_por_Samba3:_pam_mount#Montaxe_de_recursos_en_funci.C3.
B3n_do_usuario_que_inicie_a_sesi.C3.B3n:_pam-mount

http://techcommons.stanford.edu/topics/miscellaneous/mounting-active-directory-windows-cifs-
file-share-ubuntu-linux

You might also like