You are on page 1of 11

Tarefas programadas.

Unha tarefa é un programa que se executa automaticamente a unha hora


determinada, sen intervención do usuario. Programador de tareas é a ferramenta
incluída en Windows para crear e xestionar tarefas, que nos permite executar calquera
programa de Windows, aínda que loxicamente, aproveitará máis aqueles programas
que estean preparados para realizar as súas accións de forma automática, xa sexa
mediante parámetros na liña de comandos ou a través das propias opcións de
configuración do programa.

Unha das características máis interesantes é que unha tarefa é capaz de activar un
ordenador que está en modo suspendido, xa que logo, podemos perfectamente deixar
o ordenador aceso en modo suspendido, sen consumir apenas enerxía, e que se acenda
automaticamente cando se activa a tarefa.
Nota: No caso das máquinas virtuais con VirtualBox non sempre é posible deixalas en
modo suspendido.

O Programador de tareas execútase dende Panel de


Control>Herramientas Administrativas na vista por iconas. Tamén podemos
executalo poñendo Programador de tareas no recadro Buscar programa y
archivos do menú de Inicio. Ao abrilo e mostra unha fiestra como a seguinte,
coa lista de tarefas.

O Programador de tarefas está divido verticalmente en tres áreas: unha árbore de


consola á esquerda, un panel de accións á dereita é un panel de detalles que amosar a
información no centro.
Tareas Programadas 2

A árbore de consola indica o ordenador no que estamos a traballar (o equipo local ou


un equipo da rede) e unha biblioteca del programador na que se gardan as tarefas
definidas actualmente. Podemos crear carpetas novas para organizar as tarefas que
creemos ou utilizar as que xa existen.
Ao abrir o programador o panel central amosa unha introdución que podemos
pechar facendo clic no rotulo, un informe do estado de tódalas tarefas que se
executaron nas últimas 24 horas e un resumo das tarefas activas e un resumo de
tódalas tarefas actualmente activas.

Nada máis instalar Windows 7 xa se definen un gran número de tarefas activas. Para
saber o que fai unha tarefa debemos buscala dentro da biblioteca e dentro da ficha
General podemos atopar unha descrición da tarefa.

1 Crear unha tarefa programada.


Para crear unha tarefa programada comezarmos por crear unha nova carpeta para
gardalas. No panel de accións debemos seleccionar a opción Nueva carpeta no panel
dea accións (debemos ter seleccionada a carpeta pai na biblioteca de tarefas).

Xa situados na nova carpeta seleccionaremos Crear tarea básica... no panel de


accións. Agregar tarefa programada. A continuación comeza un asistente que nos guía
a través dos pasos necesarios para
crear unha tarefa nova:

1- Nome e descrición da tarefa:


debemos indicar o nome que
queremos asignarlle, e que será o
que aparecerá na lista de tarefas
activas e a descrición.
Tareas Programadas 3

2- Desencadeante: é o evento que activará a tarefa. Pode ser unha hora ou un evento
do sistema. Unha tarefa pode ter varios desencadeantes. O tipo de desencadeantes son
os que se aprecian na imaxe.

3- Para cada tipo de desencadeante elixiremos un calendario distinto, no caso das


tarefas días é o que aparece na imaxe.

As opcións son bastante obvias, salvo Sincronizar zonas horarias que se pode
marcar para que a tarefa se execute seguindo a hora UTC (a hora universal
coordinada) en lugar da zona horaria local do ordenador.

Falase de desencadear unha tarefa por programación cando o facemos diariamente,


semanalmente, mensualmente ou unha vez. Outros tipos de desencadeantes son ao
iniciar sesión, ao iniciar o equipo ou cando se produce un evento. Se creamos unha
tarefa por fora do asistente tamén podemos indicar outros desencadenantes, como
cando se bloquea o equipo.
Tareas Programadas 4

4- Acción: as accións posible son iniciar un programa, enviar un correo electrónico ou


amosar unha mensaxe.

Cada tipo de acción require unha configuración diferente.


• Iniciar un programa
Debemos indicar o ruta completa ao
executable do programa que
queremos lanzar. Podemos facer clic
no botón Examinar... para atopalo.
Podemos indicar opcións se o
programa as admite e indicar a
carpeta na que se inicia o programa.

• Enviar un correo electrónico

Debemos indicar tódolos datos


para enviar o corre e o servidor
dende o que se enviará.
Tareas Programadas 5

• Amosar unha mensaxe


No caso das mensaxes só é
necesario indicar o texto da
barra de título e o texto.

5- Finalizar sen abrir propiedades: A última fiestra do asistente simplemente mostra


as opcións elixidas e inclúe unha recadro que no caso de marcar, abre as Propiedades
da tarefa ao terminar o asistente. Ao finalizar aparece unha nova tarefa creada na na
carpeta que se indicou no panel da esquerda. As propiedades poden abrir en calquera
momento dende o menú contextual dunha tarefa.

2 Propiedades dunha tarefa.

Las propiedades dunha tarefa, determinan tódalas características e o comportamento


da mesma incluíndo opcións que non se poden definir a través do asistente que crea
unha tarefa.

Unha vez que seleccionamos unha tarefa podemos ver as propiedades, ben elixindo
Propiedades no menú contextual ou facendo dobre clic sobre a tarefa , aparecerá unha
fiestra con varias fichas:
Tareas Programadas 6

• Ficha General: Establece o seguinte:

Podemos cambiar co que se executa unha tarefa cando xa temos varios usuarios
creados.

Aqueles programas que non requiran abrir unha fiestra é posible executalos aínda se
non se iniciou sesión.

Ejecutar con los privilegios más altos fai que a tarefa poda executarse con privilexios
de administrador se o usuario ten eses privilexios.

As tarefas ocultas poden verse se activamos a opción correspondente no menú Ver do


Programador de tareas.
Tareas Programadas 7

• Ficha Desencadenadores:

É posible configurar máis dun desencadeante para que se active unha acción.

Ao editar un das opcións podemos deshabilitala temporalmente para que non se


aplique.

Deben cumprirse as condición marcadas na ficha das condicións.


Tareas Programadas 8

• Ficha Acciones:

É posible definir máis dunha acción por cada desencadeante, de calquera dos tres
tipos: iniciar programa, enviar correo electrónico e amosar mensaxe.

Cando se definen varias execútanse de forma secuencial, cada acción nova comeza
ao rematar a anterior.

Se o acción require privilexios administrativos é necesario ter marcada a opción


Ejecutar con los privilegios más altos na ficha General.
Tareas Programadas 9

• Ficha Condicciones: as condicións son requisitos adicionais que, xunto co


detonador, deben cumprise para que se execute a tarefa. Por exemplo, unha
condición pode ser que o ordenador estea conectado á corrente no caso dos
ordenadores portátiles.

Entendese que ordenador está inactivo cando:


• O ordenador executa o protector de pantalla.
• Se no hai ningunha pulsación de teclado ou momento do rato durante 15
minutos, e apenas houbo actividade no disco duro e na CPU durante ese
tempo.

Se o equipo está en modo suspendido é posible configurar que se active o equipo


para executar a tarefa.
Tareas Programadas 10

• Ficha Configuración

A primeira opción é para permitir executar a tarefa aínda que non se cumpra o
desencadeante e as condicións. Podemos executala dende o menú contextual da propia
tarefa.

• Ficha Historial:

É necesario activar o historial para tódalas tarefas para poder ver os eventos
relacionados coa execución dunha tarefa.
Tareas Programadas 11

Actividades:

Nas tarefas programas facer que as horas e días da tarefa sexa a continuación de
crealas para comprobar que funcionan. Carear unha carpeta para gardar
tódalas tarefas programas que probamos.

a)Crear unha tarefa que se execute o bloc de notas a unha hora determinada
tódolos días.

b) Cambiar as propiedades da tarefa do apartado a para que se execute tamén a


outra hora dous días concretos da semana.

c)Crear unha tarefa que amose unha mensaxe ao iniciar sesión.

d) Modificar a tarefa do apartado anterior para que amose a mensaxe ao


bloquear a sesión.

e) Cambiar a configuración do protector de pantalla para que se active pasado


pouco tempo. Crear unha tarefa que se lance só se o equipo está inactivo.

f) Crear unha tarefa que abra a calculadora. Configurar dous desencadeante


con un minuto de diferenza. Como faremos para que a calculadora só se abra a
segunda vez se o usuario pechou a que calculadora que iniciou a primeira vez?
Como faremos para que se execute dúas veces?

g) Como faremos para programar unha tarefa que se execute só unha vez e que
se borre despois de executarse.

You might also like