You are on page 1of 14

11-10-2023

Sistemas informáticos
Traballo en rede

Carmen López Fernández


IES AS FONTIÑAS
Sistemas informáticos
Carmen López Traballo en rede

1.- Equipos informáticos


Un equipo informático é unha máquina capaz de inserir no seu sistema un conxunto de
datos, operar con eles en función dunhas instrucións almacenadas e devolver os resulta-
dos desas operacións.

Calquera equipo informático consta de dúas partes ben diferenciadas: o software e o hard-
ware.

1.1.- Elementos de hardware


O hardware é a parte física dun ordenador, o conxunto de compoñentes ou elementos físi-
cos dun equipo: procesador, discos duros, memoria, etc.

Elementos de hardware

Placa base Parte do equipo onde se conectan todos os demais compoñen-


tes, como o procesador, a memoria RAM, as tarxetas de ex-
pansión, etc.

Procesador (CPU) É o cerebro do ordenador, que interpreta e executa as instru-


cións.

Memoria RAM É a memoria volátil do equipo que o ordenador usa para alma-
cenar datos e instrucións temporalmente mentres se estea uti-
lizando.

Discos duros Son os dispositivos de almacenamento de datos, software e


sistema operativo.

BIOS É un circuíto integrado na placa base que controla as cone-


xións hardware e o arranque do sistema operativo.

Buses Son os cables (físicos ou serigrafiados na placa) polos que cir-


culan os sinais entre os elementos da CPU.

Aparte destes elementos, o equipo conta cunha serie de compoñentes periféricos que fan
posible o fluxo de datos de entrada e saída nun equipo informático. Os compoñentes
periféricos poden clasificarse en:

1|Páxina
Sistemas informáticos
Traballo en rede Carmen López

Tipos de periféricos

De entrada A súa función é introducir información no ordenador (teclado,


rato, lector de código de barras, escáner óptico, etc.).

De saída A súa función é mostrar a información das distintas operacións


realizadas no ordenador (monitor, altofalantes, impresora,
plotter, etc.)

De entrada/saída Son capaces tanto de introducir información no sistema como


de recuperala (memorias extraíbles, impresoras multifunción,
pantallas táctiles, etc.).

1.2.- Elementos software


O software é a parte lóxica do ordenador,
o conxunto de programas instalados no
ordenador e que permiten xestionar o sis-
tema informático. Sistemas operativos actuais
Entre os sistemas operativos máis
De entre todo o software, destaca princi-
palmente o sistema operativo, que pro- utilizados actualmente destacan
porciona unha interface que ten como mi- Windows e as distintas distribu-
sión axudar á/ao usuaria/o a xestionar o cións de Linux de licenza libre,
equipo de maneira transparente: este como Ubuntu, Mac, LinEx, etc.
programa encargarase de gardas os seus
ficheiros sen preocuparse do que interna-
mente sucede no hardware do ordenador.

O sistema operativo é o software que xestiona a interacción de todos os compoñentes dun


sistema informático, tanto das aplicación como o hardware, e que permite que a/o usua-
ria/o se comunique co equipo.

O resto do software dun equipo informático depende do uso que se lle vaia dar ao equipo;
pode ter programas can frecuentes como paquetes ofimáticos, aplicacións especializadas
en contabilidade, deseño gráfico, etc.

1.3.- Portos de comunicación


Un porto de comunicación é unha saída que ten o equipo informático na parte traseira
ou dianteira e que permite intercambiar datos cun dispositivo hardware.

Os portos máis comúns son:

2|Páxina
Sistemas informáticos
Carmen López Traballo en rede

Tipos de portos

Serie e paralelo Portos antigos de comunicación, actualmente desbanca-


dos polo USB. O porto paralelo dedícase case en exclusi-
vidade á impresora.

USB É o máis estendido actualmente para a conexión de peri-


féricos ao ordenador polas súas vantaxes de velocidade
de transmisión e a tecnoloxía plug and play (conectar e
listo).

FireWire Trátase dun porto serie que realiza comunicacións a alta


velocidade sen que sexa necesario un ordenador de inter-
mediario para a comunicación entre dispositivos. Pode
atoparse en cámaras de vídeo dixitais e discos duros ex-
ternos.

Audio e vídeo No caso do vídeo, existen o porto VGA para a conexión


do vídeo analóxico e o porto DVI e HDMI no caso de mo-
nitores dixitais (maior calidade de imaxe).

Para saídas de audio, hai tres conectores minijackd identi-


ficados polas súas cores: azul (entrada de audio), verde
(saída de audio) e rosa (micrófono).

Comunicación externa Están o porto RJ11, usado para conectar o cable de tele-
fonía, e o porto RJ45, para comunicar o noso ordenador
con outros equipos e dispositivos de comunicación me-
diante cables de rede de área local.

3|Páxina
Sistemas informáticos
Traballo en rede Carmen López

2.- Funcións básicas do sistema operativo


Windows 8.1
Xa vimos que o sistema operativo é o software máis importante dun equipo informático.
Hoxe en día existen no mercado dúas grandes vertentes en canto ao sistema operativo: os
sistemas con licenza Windows e os sistemas de software libre: Linux e os seus derivados.

Entre as funcións dun sistema operativo están:

 Coordinar o funcionamento de todo o equipo e xestionar os seus com-


poñentes hardware.

 Proporcionar ás/aos usuarias/os unha interface de comunicación fácil e


transparente co ordenador.

 Proporcionar o soporte necesario para o resto de aplicacións instaladas.

 Xestionar a memoria.

Imos presentar algunhas das partes máis importantes de Windows.

2.1.- Pantalla de Inicio


Ao arrincar Windows 8.1, o primeiro que se solicita é a identificación
da/o usuaria/o. Dado que é un sistema operativo multiusuario, xes-
tiona distintos perfís nun mesmo equipo, coas súas aplicacións
(apps) e as súas preferencias.

A novidade nesta versión de Windows é que poden crearse as/os


usuarias/os en local (creando unha/un usuaria/o para ese ordena-
dor, tal como se facía con versións anteriores) ou darse de alta
Pantalla Inicio
cunha conta Microsoft (a mesma que se utiliza para Skype, Outlook,
Xbox, etc.).

Unha vez que a/o usuaria/o se identifica, pasa á pantalla de inicio. É a pantalla onde se
atopa o necesario para realizar as tarefas máis habituais, de forma que están sempre a
man.

Como cada usuaria/o ten a súa propia pantalla de inicio, esta pode personalizarse como
se desexe, ancorando ou desancorando aplicacións, programas de escritorio, carpetas, no-
tificacións de correo, etc.

Para ancorar algo á pantalla de inicio faise clic co botón secundario do rato sobre a icona
e selecciónase Ancorar a inicio. Nunha pantalla táctil é igual de fácil, pero en vez do botón
secundario, déixase pulsado co dedo.

4|Páxina
Sistemas informáticos
Carmen López Traballo en rede

Para volver á pantalla de inicio dende outra parte de Windows, simplemente hai pulsar a
tecla co logo de Windows no teclado, haber clic no botón Inicio do escritorio ou utilizar a
Barra de acceso a tarefas frecuentes.

2.2.- Barra de acceso a tarefas frecuentes


Esta barra é unha maneira rápida de realizar as tarefas máis frecuentes. Para acceder a ela
debe premerse co dedo na parte superior dereita da pantalla do ordenador e móvese cara
a esquerda, ou ben hai que situarse na esquina superior dereita co rato e deslizar cara
abaixo. Tamén pode accederse co teclado premendo simultaneamente as teclas
<Windows>+<C>.

Ábrese un menú que ofrece cinco opcións:

Tarefas Funcións

Buscar Utiliza a busca intelixente de Bing (Microsoft), para realizar buscas


no equipo, na web e en OneDrive, ademais de nalgunhas aplicacións
e na tenda de Windows.

Compartir Poden compartirse elementos con outros contacto, por correo


electrónico, a través da nube ou a través de aplicacións tipo Ever-
note. Dende esta opción tamén pode agregarse algún elemento á
lista de lectura para poder consultalo máis tarde. Pode compartirse
un ficheiro, un vínculo, unha foto, etc. O máis sinxelo é telo aberto,
acceder ao menú de accesos e seleccionar Compartir.

Inicio Esta opción é unha das formas de volver á pantalla de Inicio.

Dispositivos Dende aquí poden seleccionarse os dispositivos aos que se quere


enviar información, por exemplo, unha pantalla, uns altofalantes
ou unha impresora. A forma de facelo é abrindo a pantalla e despois
accedendo a esta opción do menú e seleccionando o dispositivo.

Configuración Para cambiar as opcións de configuración máis comúns, como o


volume, a batería ou a conexión de rede, sen necesidade de entrar
no panel de control.

5|Páxina
Sistemas informáticos
Traballo en rede Carmen López

2.3.- Escritorio
O escritorio de Windows é o lugar onde se executan os programas e onde nel atópanse a
barra de tarefas e o botón Inicio.

Accédese ao escritorio dende a pantalla de inicio facendo clic sobre a icona escritorio ou
mediante o teclado, premendo a combinación de teclas <Windows>+<D>.

No escritorio poden crearse accesos directos aos programas, carpetas ou ficheiros que se
utilicen con máis frecuencia. Tamén pode personalizarse con temas predefinidos ou ben
crear novos, dende o panel de control.

As aplicacións móstranse en ventás que poden minimizarse ou pecharse dende a esquina


superior dereita. Se os botóns non aparecen, hai que mover o rato ata dita esquina. Moitas
veces están ocultos.

2.4.- Barra de tarefas


A barra de tarefas está situada na parte inferior do escritorio e mostra os programas e
aplicacións que se están a executar no equipo. Se se desexa, poden ancorarse á barra de
tarefas.

2.5.- Moverse por Windows 8.1


En Windows 8.1 poden facerse as mesmas tarefas de distintas formas: co dedo, co rato e co
teclado.

Acción Co dedo Co rato Co teclado

Abrir os accesos Deslizando rapida- Movendo o pun- Premendo a tecla do


mente o dedo dende teiro do rato á es- logotipo de
a dereita da panta- quina superior ou <Windows>+<C>
lla inferior dereita.
Cando aparezan
os acceso, hai que
subir ou baixar
polo bordo para
facer clic na que
desexemos

Mostrar os co- Deslizando rapida- Facendo clic con Premendo a tecla do


mandos dunha mente o dedo dende botón dereito da logotipo de
aplicación o bordo superior ou aplicación <Windows>+<Z>
inferior da pantalla

6|Páxina
Sistemas informáticos
Carmen López Traballo en rede

Acción Co dedo Co rato Co teclado

Cambiar á última Deslizando rapida- Movendo o pun- Premendo a tecla do


aplicación mente o dedo dende teiro do rato á es- logotipo de
a esquerda da pan- quina superior es- <Windows>+<Tabula-
talla querda da pan-ta- ción>
lla e facendo clic

Ver unha lista de Deslizando rapida- Movendo o pun- Premendo a tecla do


aplicacións re- mente o dedo dende teiro do rato á es- logotipo de
centes o bordo esquerdo e, quina superior es- <Windows>+<Tabula-
sen levantalo da querda da pan-ta- ción>
pantalla, arrastrán- lla e logo cara
doo de novo cara a abaixo polo bordo
dito bordo

Cerrar unha apli- Arrastrando a apli- Desprazando o <Alt>+<F4>


cación cación dende a punteiro do rato á
parte superior ata a esquina superior
parte inferior da dereita da panta-
pantalla lla e facen-do clic
co botón Cerrar

Zoom Tocando a pantalla Premendo <Ctrl> á <Ctrl>+<+> ou <Ctrl>+<->


don dou ou máis vez que se xira o
dedos e des-pois botón da roda
achegándoos para
afastar (reducir) ou
separándoos para
achegar (ampliar)

3.- Outros sistemas operativos. Linux


Linux é un sistema operativo libre, de forma que é posible utilizalo, modificalo e redistri-
buílo libremente. Todas as modificacións do sistema operativo base denomínanse distri-
bucións e quedan acollidas á mesma licenza, xeralmente denominada GNU (General Pu-
blic License).

As distribucións están formadas polo propio sistema operativo máis un software xeral e
unha serie de programas específicos sobre educación, música, etc. Así, a/o usuaria/o pode
elixir a distribución que mellor se adapte ás súas necesidades.

7|Páxina
Sistemas informáticos
Traballo en rede Carmen López

3.1.- O entorno de traballo Ubuntu


Ubuntu é unha das distribución máis estendidas e populares. A súa interface gráfica basé-
ase na pantalla principal ou escritorio, así como nun conxunto de ventás, menús e cadros
de diálogo cunha estética e unha forma de traballo moi similares ás de Windows. O escri-
torio de Ubuntu divídese en tres partes: panel superior, ventá principal e panel inferior.

O panel superior é unha barra situada na parte superior do escritorio e que equivale á
barra de tarefas de Windows.

A ventá principal ofrece as seguintes opcións:

Opcións da ventá principal

Menú Aplicacións Para ver os programas organizados por categorías

Menú Lugares Equivale ao menú Este PC de Windows

Menú Sistema Ofrece a configuración e administración do equipo

Accesos directos Mostra os programas ancorados no panel superior

Aplicacións residentes Accesos directos a utilidades e aplicacións tales como o


son, a data, actualizacións dispoñibles, etc.

Saír Apagado do equipo, cambio de usuaria/o ou broqueo da


pantalla

O panel inferior é unha barra situada na parte inferior do escritorio. No centro aparecen
acceso das aplicacións abertas.

4.- Traballo en rede


Unha rede de ordenadores é un conxunto de equipos informáticos interconectados entre
si mediante cables ou ondas.

A finalidade dunha rede é compartir información, recursos e servizos entre todos os or-
denadores que a compoñen, optimizando os recursos humanos e económicos da entidade
propietaria da rede.

As redes locais, tamén chamadas redes LAN (Local Area Network), se a comunicación é
mediante fíos, ou redes WLAN (Wireless Local Area Network), se a súa tecnoloxía de comu-
nicación é sen fíos.

8|Páxina
Sistemas informáticos
Carmen López Traballo en rede

Clasificación das redes


Por alcance

Local (LAN e WLAN) Metropolitana De área extensa (WAN)

Limitado a 1 quilómetro Menor de 100 quilómetros Superior a 100 quilómetros

Por topoloxía

Bus Estrela Anel

4.1.- Compoñentes dun sistema en rede


As redes de área local están formadas por estes compoñentes:

 Servidores: ordenadores da rede con hardware de alto nivel e un soft-


ware específico para centralizar e controlar a rede Están controlados
polo persoal administrador da rede. Prestan servizos tales como con-
trolar o acceso a Internet, a seguridade dos ficheiros, contas e contrasi-
nais das/os usuarias/os, etc.

 Estacións de traballo: son os equipos informáticos utilizados polas/os


usuarias/os da rede. A información chega de unha a outra a través dos
medios de transmisión.

 Medios de transmisión: é a forma de comunicación (fíos ou ondas).

 Dispositivos de conexión: hardware que permite compoñer a rede e dis-


tribuír os sinais, como fíos, tarxetas de rede, etc.

 Software da rede: programa instalado co sistema operativo que per-


mite configuras os parámetros necesarios para o funcionamento da

9|Páxina
Sistemas informáticos
Traballo en rede Carmen López

rede. A/O usuaria/o accede ás distintas estacións de traballo a través do


software de rede dunha maneira transparente.

 Periféricos: comunícanse con todas as estacións de traballo para evitar


duplicar recursos. Este é o caso, por exemplo, de impresoras, escáneres,
etc.
4.2.- Windows en rede

O sistema operativo ten incorporado todo o


software necesario para traballar en rede. De-
pendendo da versión de Windows que se teña
instalada, o sistema estará máis orientado ao
traballo como servidor ou como cliente.

Unha vez instalada a rede fisicamente (to-


poloxía, fíos, puntos sen fíos, tarxetas de
rede, dispositivos de comunicación, etc.), é
necesario pasar a configurar os parámetros
para establecer o protocolo de comunica-
ción de forma correcta. O sistema operativo
inclúe na súa instalación o software necesario
para configurar a rede. Entre este software
está a instalación do protocolo TCP/IP, que
é o máis utilizado.

Para o funcionamento correcto da rede só hai que configurar os parámetros deste proto-
colo e dar nome tanto ao equipo como ao grupo de traballos. Todas as estacións de traba-
llo dunha rede de área local deben ter un nome único que as identifique dentro da rede.
Así mesmo, débese por un nome ao conxunto de estacións (grupos de traballo) para faci-
litar o traballo en rede. Unha vez realizadas estas operacións poderán compartirse recur-
sos.

Para conectarse a unha rede con Windows 8.1 hai que ter un cable Ethernet conectado a un
router ou a un concentrador, ou ben un equipo provisto con Wifi. Se a opción elixida é a
segunda, o administrador da rede debe indicar cal é o contrasinal de Wifi.

Nos dous casos, unha vez conectado á rede, en función da configuración de seguridade,
poden pasar dúas cousas:

1ª.- Que haxa un servidor DHCP que asigne automaticamente un enderezo


IP.

2ª.- Que sexa necesario configurar unha IP válida proporcionada polo ad-
ministrador.

10 | P á x i n a
Sistemas informáticos
Carmen López Traballo en rede

5.- Seguridade
Na sociedade actual cada vez utilizamos máis os recursos online. A seguridade non só
afecta aos datos económicos ou monetarios, xa que a información poder ser igual ou máis
valiosa que o diñeiro.

Para combater esas ameazas existen tres ferramentas:

Firewall Windows ten o seu propio firewall (ou cortalumes), cuxa misión é de-
ter os ataques de vermes e hackers ao ordenador mediante o control
dos portos software que permanecen aberto ao conectarnos a unha
rede. Xeralmente está activado por defecto.

Pode existir algún caso excepcional no que haxa que abrir o acceso
para un programa específico, ou que haxa que abrir un porto con-
creto para realizar algún proceso. Unha vez rematado, debe volver
a pecharse.

Antivirus Programa que detecta e elimina os virus, que son programas que se
autorreproducen e ocasionan danos nos datos ou rouban informa-
ción. Pode utilizarse o antivirus Windows Defender, que ven co sis-
tema operativo, ou descargar outro de Internet de licenza libre.

Funcionan escanando o contido do PC cada certo tempo, así como


a información que entra e sae. Mentres o fai, compara fragmentos
de ficheiros cunha base de datos que se vai actualizando periodica-
mente dende Internet, para detectar trazas de código sospeitoso.

Antimalware Programa que protexe contra o software non desexado, intrusivo,


hostil ou molesto que mostra publicidade non desexada e desace-
lera o equipo. Son máis habituais os que limpa o malware xa insta-
lado que os que protexen en tempo real. De todas formas, hai que
ter coidado, porque moito software que asegura ser antimalware é re-
almente malware.

Aparte da protección ofrecida por estes tres elementos, os na-


vegadores como Internet Explorer permiten unha configura-
ción personalizada para garantir unha maior seguridade. Ta-
mén o propio software que se utiliza a través de Internet, como
o portal de correo electrónico ou o portan dunha caixa ou
banco, inclúe as súas propias medidas de seguridade. Pero, ao
final, a mellor medida de seguridade é o sentido común.

11 | P á x i n a
Sistemas informáticos
Traballo en rede Carmen López

A maior parte das ameazas que entran nos equipos é responsabilidades das/os usua-
rias/os. Hai que desconfiar de anuncios en Internet demasiado rechamantes, non instalar
programas que non procedan de fontes de confianza, como visores para acceder ao con-
tido multimedia sen pagar dereitos de autor ou programas crakeados, xa que soen incluír
troianos. Ao abrir dispositivos de almacenamento USB, debe analizarse antes con un an-
tivirus actualizado.

Compartir carpetas dun equipo


Para compartir carpetas nun equipo informático con Windows 8.1 debemos seguir o se-
guinte procedemento:

1º.- Acceder, na barra de acceso, a Tarefas frecuentes. De seguido facemos clic


en Configuración y logo en Redes. Despois facemos clic co botón secun-
dario do rato –ou mantemos o dedo– seleccionando o nome da rede á
que se estea conectado.

2º.- Ábrese unha ventá que ofrece dúas opcións. Hai que elixir a opción que
di Si, activar o uso compartido e conectarme aos dispositivos.

3º.- A conexión á rede xa permite compartir recurso na rede. Agora selec-


cionaremos o recurso que se queira compartir; é dicir, a carpeta do or-
denador á que se quere que podan acceder o resto de usuarias/os da
rede.

4º.- Dende o escritorio, coa carpeta desexada aberta, facemos clic co botón
secundario do rato sobre a súa icona na barra de tarefas. Seleccionamos
Compartir con e aí poderemos seleccionar as/os usuarias/os que terán ac-
ceso a este recurso. Pode ser un a un ou ben podemos decidir compartilo
con todas/os.

5º.- Accedemos dende outro equipo que estea conectado á mesma rede e
comprobamos se se pode acceder ao recurso que compartirmos.

Preparar un ordenador para compartir dispositivos


Para poder compartir dispositivos –por exemplo: unha impresor–a, e ficheiros, dentro
dunha rede que opera baixo Windows 8.1, previamente debe configurarse o ordenador para
que o permita. Para elo hai que seguir o procedemento que se indica a continuación:

1º.- Acceder á configuración do equipo; para elo debemos situar o cursor do


rato sobre o extremo inferior dereito da pantalla ata que apareza a barra
de acceso a tarefas frecuentes –se utilizamos unha pantalla táctil, des-
lizaremos o dedo dende o bordo dereito da pantalla–.

2º.- Na barra de acceso, facemos clic en Configuración e, na ventá que se abre,


en Configuración de PC.

12 | P á x i n a
Sistemas informáticos
Carmen López Traballo en rede

3º.- Facemos clic –ou prememos co dedo– en Conexións. Mostraranse as co-


nexións de rede. Facemos clic na conexión desexada e, na ventá que se
abre, activamos Buscar dispositivos e contidos.

Esta configuración permite que o equipo se conecte a dispositivos da rede, pero cambia a
configuración do firewall para que a comunicación poida levarse a cabo, o que pon en pe-
rigo ao equipo. Por elo convén desactivala no caso de utilizar redes públicas –Wifi aber-
tas– ou se non se confía nas/os usuarias/os ou equipos conectados á rede.

13 | P á x i n a

You might also like