You are on page 1of 3

CM OPERACIÓNS DE LABORATORIO

MOSTRAXE E OPERACIÓNS UNITARIAS DE LABORATORIO

UD 6. Operacións difusionais sobre as mostras. Actividades.


1. Contesta ás seguintes preguntas tipo test:
1.1. Na extracción líquido-líquido emrpégase un funil:
a) Cónico.
b) Büchner.
c) De decantación.
1.2. A axitación do funil de decantación pode producir:
a) Baleiro no recipiente.
b) Sobrepresión, se se liberan gases.
c) Ningunha das anteriores.
1.3. Se se quere extraer un colorante da auga mediante unha extracción líquido-líquido
cun disolvente orgánico, este debe ser:
a) Completamente insoluble no disolvente orgánico.
b) Máis soluble en el disolvente orgánico que na agua.
c) Menos soluble no disolvente orgánico que na agua.
1.4. A eficacia da extracción líquido-líquido mellora con:
a) Unha gran cantidade de disolvente.
b) Unha cantidade minúscula de disolvente.
c) Varias extraccións sucesivas.
1.5. A solubilidade dos gases aumenta cando:
a) Aumenta a súa presión parcial.
b) Se se atopa mesturado con outros gases.
c) Se se incrementa a temperatura.
1.6. As resinas de intercambio iónico son capaces de adsorber analitos:
a) Polares.
b) Apolares.
c) Con carga, cationes o aniones.
1.7. Dous analitos poderán separarse en cromatografía de elución en columna sempre
que:
a) Sexan compostos coloreados.
b) Os seus tempos de retención sexan diferentes.
c) Utilízese unha mestura de disolventes para a súa elución.

UD 6. Operacións difusionais sobre as mostras. Actividades.


CM OPERACIÓNS DE LABORATORIO
MOSTRAXE E OPERACIÓNS UNITARIAS DE LABORATORIO

1.8. Se o factor de retención dun analito nunha placa cromatográfica é 1, o analito:


a) Foi retido fortemente na placa cromatográfica.
b) No se moveu do punto de aplicación.
c) Non se reteu na placa cromatográfica.
2. Realiza un esquema das separacións difusionais. Explica brevemente en qué consiste
cada unha delas.
3. Cáles son os pasos a seguir para conseguir unha boa extracción?
4. Qué dúas etapas se dan nunha extracción?
5. En qué se basea unha extracción líquido-líquido? Explica brevemente.
6. Qué nos indica o coeficiente de reparto nunha extracción líquido-líquido?
7. Qué é máis eficiente unha extracción múltiple ou unha simple? Explica brevemente
en qué consiste cada unha delas.
8. Cáles son os pasos a seguir para o manexo dun funil de decantación?
9. En qué consiste unha extracción sólido-líquido?
10. Cómo se chama o equipo que se utiliza para realizar unha extracción sólido-
líquido?
11. Disólvense 5 g de aspirina en 70 ml de auga. Qué cantidade se extraerá axitándoa
con 40 mL de éter? K = 3’8.
12. Ó axitar unha disolución que contén 50,3 g de aspirina en 350 ml de éter con 93 mL
de auga, extráense 5,2 g de aspirina. Calcula o coeficiente de reparto da aspirina entre
o éter e a auga.
13. Deséxase efectúar unha extracción líquido-líquido a partir de 10 ml dunha
disolución que contién 9 g de soluto. Dispóñense de 30 ml de disolvente. ¿Qué é
mellor: facer unha única extracción utilizando os 30 mL de disolvente ou ben efectuar
3 extraccións utilizando 10 mL en cada unha? K = 2.
14. Disólvense 3 g de aspirina en 75 ml de auga. Se temos 27 ml de éter e facemos 3
extraccións usando 9 ml de cada vez, averigua a cantidad de soluto que se extrae. K =
2.
15. Mediante que técnica basada en procesos de difusión poderíamos controlar de
forma sinxela o avance dunha reacción? Explica cómo se faría.

UD 6. Operacións difusionais sobre as mostras. Actividades.


CM OPERACIÓNS DE LABORATORIO
MOSTRAXE E OPERACIÓNS UNITARIAS DE LABORATORIO

16. Interpreta onde quedaría retido un analito nunha placa cromatográfica se o seu
factor de retención fose: 0; 0,5; 1.
17. Os conservantes en mostras de carne analízanse por cromatografía de capa fina.
Como eluínte úsase éter, que recorre 17 cm sobre unha placa cromatográfica de
20×20. Os analitos de dúas mostras analizadas localízanse sobre a placa cromatográfica
baixo luz UV a unha distancia de 14,6 cm e 7,8 cm. ¿Qué conservantes contén a carne?

Conservantes Ácido Ácido Ácido Ácido Ácido


p- salicílico clorobenzoico benzoico sórbico
Hidroxibenzoico
Rf 0,05 0,46 0,75 0,86 0,94

UD 6. Operacións difusionais sobre as mostras. Actividades.

You might also like