You are on page 1of 5

PROXECTO CIENTÍFICO

“O ovo osmótico”

Nesta experiencia ides estudar un proceso moi curioso e interesante, a osmose.


Para comenzar temos que ter claro que:
- Unha disolución é unha mestura homoxénea de dous elementos, o disolvente (elemento
maioritario) e o soluto (minoritario).
A ósmose é o paso dun disolvente a través dunha membrana semipermeable (como a das
células), a cal permite o paso do disolvente pero non do soluto. Tratase dun proceso espontáneo no
que o disolvente sempre se dirixe a disolución máis concentrada, é dicir, a que ten maior
concentración de soluto.

Isto explica procesos como os da imaxe:

1
No primeiro caso, os eritrocitos están nun medio externo hipertónico, é dicir, máis
concentrado ca do medio interno, por exemplo, auga con moita sal. Nesta situación as células
perden auga e engúrranse. Este fenómeno denomínase plasmólise (crenación nos glóbulos
vermellos).
No segundo caso, os glóbulos vermellos introdúcense nun medio externo hipotónico (menos
concentrado ca o medio interno como pode ser auga da billa). Neste medio as células inchan porque
lles entra auga. Nos glóbulos vermellos chamase hemólise.
Na última situación, as células colócanse nun medio externo isotónico respecto ao medio
interno celular, é dicir, que teñen a mesma concentración. Neste caso a célula non modifica a súa
forma xa que non entra nin sae auga.

Unha vez que temos claro a teoría, imos realizar a experiencia:


Para elo, necesitamos:
- Un ovo
- Vinagre
- Sal
- Un vaso grande (ten que ser bastante máis grande que o ovo)
- Auga da billa.

Procedemento:
1º. No primeiro paso hai que eliminar a casca do ovo. Para iso, somerxese o ovo en vinagre
nun vaso durante 24 horas aproximadamente. Se pasadas as 24 horas non desapareceu toda a casca,
déixase unhas horas máis.

Ovo sen cascara


Vaso con vinagre e ovo.

2. Con moito coidado, pois agora o ovo é brando e é fácil que rompa, lávao sécao se tes una
balanza de cociña anota o seu peso. Se non tes pesa mide o seu tamaño cun metro ou calibre.

2
3. Limpa ben un vaso grande, introduce auga da billa e mergulla o ovo sen cascara.
Pésao a intervalos dunhas 12 horas. Podes facelo durante varios días. Se o vaso non é moi
ancho chegará un momento en que o ovo aumentaría de tamaño de tal maneira que quedará
encaixado sen poder sacarse do vaso. Se non tes pesa, observa que sucede co tamaño dun ovo. Para
elo, mide o contorno do ovo cun calibre ou cun metro.

4. Recolle os datos nunha táboa.

Tempo 0 horas 12 horas 24 horas 36 horas


Peso

5. Representa os datos obtidos:

3
6. Repite o proceso, pero esta vez, na auga na que mergulles o ovo inclúe unha cantidade
importante de sal (unhas cinco culleres de sal no vaso). Observa o que sucede, e se podes, recolle os
datos e completa unha táboa como a anterior.

Tempo 0 horas 12 horas 24 horas 36 horas


Peso

Representación dos datos obtidos:

4
Análise de datos:

1. Indica que os resultados esperados en cada experiencia:


- 1º Auga da billa

- 2º Auga con sal

2º. Os datos observados son os esperados. Se non é así indica posibles causas.

Cuestións:

1. Que lle sucedeu a ovo no primeiro caso (auga da billa)? Explica cal é a razón.

2. Que sucede no segundo caso (auga con sal)? Explica por que cres que sucedeu iso.

3. En que medio deberíamos somerxer o ovo sen cascara para non modificar o seu volume?

You might also like