You are on page 1of 5

Proxecto

Alimentación

Obxectivo
● Coñecer as claves dunha alimentación saudable.
● Interpretar as etiquetas nutricionais.
● Reflexionar sobre os hábitos nutricionais propios.
● Analizar a relación da sociedade coa alimentación: mitos, crenzas e dietas milagre.

A miña alimentación
Reflexionade sobre a vosa alimentación e os vosos hábitos mediante o seguinte cuestionario:

Preguntas Fai un círculo na resposta

Si Non
Cres que tes unha alimentación saudable?

Si Non
Adoitas almorzar?

0 1 2 3 4 5 >5
Cantas comidas realizas ao día?

0 1 2 3 4 5 >5
Cantos lácteos tomas ao día?

0 1 2 3 4 5 >5
Cantas veces á semana comes “comida rápida”?

Cantas veces á semana comes chocolatinas, patacas 0 1 2 3 4 5 >5


fritidas de bolsa ou outros snacks?

0 1 2 3 4 5 >5
Cantos vasos de auga bebes ao día?

0 1 2 3 4 5 >5
Cantas horas de exercicio físico realizas á semana?

1
Pirámides nutricionais antes e agora

España 2004

Tarefa 1: Comentario sobre os hábitos de alimentación saudables.


Observade as dúas pirámides e facede un comentario no que contempledes: as diferencias
entre elas, cal vos parece máis axeitada e cal se parece máis aos vosos hábitos. Reflexionade
tamén sobre o que respondíchedes na actividade anterior unha vez vistas estas pirámides.

2
Etiquetas nutricionais

Tarefa 2: Análise do etiquetado dos alimentos

Collede dous ou tres envases por persoa da casa e analizade se cumple con todos os requisitos,
se non é así indica que é o que debería mellorar.

Tarefa 3: Análise do contido en azucre dos alimentos.

Analizade o contido en azucre deses 2-3 alimentos por persoa que collíchedes: cantidade total
de azucre, porcentaxe dentro do total do alimento, cantidade total dentro do alimento e tamén
se ten azucre engadido ou non.

3
Alimentación e sociedade
Tarefa 4: Análise da publicidade

Durante unha semana anotade cantos anuncios relacionados coa alimentación aparecen en
televisión, redes sociais, pola rúa, revistas e periódicos… e cal é o alimento que publicitan.

Expresade en porcentaxe cantos anuncios son en cada medio de comunicación (lembrade


anotar onde o víchedes) e tamén cantos corresponden a alimentos “saudables” e cantos non.

Representade os datos nun diagrama de barras.

Tarefa 5: Os mitos sobre a alimentación

Escollede unha das seguintes frases, buscade información e investigade se realmente é verdade
(xustifica a resposta):

● So se deben tomar ovos dúas veces á semana porque suben o colesterol.


● Non se debe tomar froita para cear.
● Os produtos light son máis saudables que a súa versión “normal”.
● Os alimentos “ECO” son máis saudables.

Tarefa 6: As dietas “milagre”

Buscade a definición de dieta “milagre”.

Escollede unha das seguintes dietas e decide en que consiste e que posibles riscos ten levala a
cabo:

● Dieta Dukan
● Dieta Atkins
● Dieta disociada
● Dieta do grupo sanguíneo
● Dieta da “sopa milagrosa”

4
Proxecto final
Elaborade unha proposta de menú saudable para unha semana tendo en conta o aprendido
durante este proxecto.

De cara ás cantidades utilizade como guía o prato de Harvard, no que se representa canto
deberíamos comer de froita, verduras, proteína saudable (peixe, polo, legumes…) e gran integral
(pan, pasta, arroz…) utilizando as proporcións dun prato, así, por exemplo, a metade do que
comamos ao día debería corresponder a froita e verdura.

You might also like