You are on page 1of 65

UNIDADE 2: ALIMENTACIÓN E

NUTRICIÓN
ALIMENTACIÓN
 A alimentación do ser humano sufriu múltiples
cambios ao longo da historia.
NUTRICIÓN E ALIMENTACIÓN
 Cales son as diferenzas?

 NUTRICIÓN
 Función vital que aporta materia orgánica e enerxía aos
organismos para desenvolver as súas actividades.
 Pode ser autótrofa ou heterótrofa segundo a fonte de
carbono e enerxía que empregan.
 É un proceso involuntario.
 Os seres humanos teñen unha nutrición heterótrofa
porque a fonte de materia orgánica son outros seres vivos.
NUTRICIÓN E ALIMENTACIÓN
 Cales son as diferenzas?

 ALIMENTACIÓN
 Un dos procesos que participa na nutrición dos seres
vivos e consiste en introducir alimentos na boca.
 É un proceso voluntario.
 Nos seres humanos é omnívora
ACTIVIDADE CADERNO
 Elixe, para cada caso, a opción correcta (alimentación
o nutrición)
 Aporta todos os nutrientes necesarios para o normal
desenvolvemento dos individuos.

 Clasifica os organismos en autótrofos e heterótrofos.

 Algúns animais teñen os dentes adaptados a triturar,


cortar ou moer.

 Antes dun adestramento as persoas deportistas consomen


hidratos de carbono para obter folgos.
ACTIVIDADE CADERNO
 Elixe, para cada caso, a opción correcta
(alimentación o nutrición)
 Aporta todos os nutrientes necesarios para o normal
desenvolvemento dos individuos. NUTRICIÓN

 Clasifica os organismos en autótrofos e


heterótrofos. NUTRICIÓN

 Algúns animais teñen os dentes adaptados a triturar,


cortar ou moer. ALIMENTACIÓN

 Antes dun adestramento as persoas deportistas consomen


hidratos de carbono para obter folgos. ALIMENTACIÓN
OS NUTRIENTES
 NUTRIENTES: Substancias
químicas orgánicas e
inorgánicas que se atopan nos
alimentos.

 FUNCIÓNS:
 Os nutrientes son utilizados por
las células para obter enerxía:
REACCIÓN DE CATABOLISMO
(ex. respiración celular).

 Os nutrientes son utilizados por


las células para fabricar sus
propias biomoléculas:
REACCIÓN DE ANABOLISMO
(ex. síntesis de proteínas).
OS NUTRIENTES
 METABOLISMO: conxunto de reaccións das células.
Inclúe: anabolismo, que é a síntese de materia
orgánica a partir de moléculas sinxelas polo que se
consome enerxía; e catabolismo, que é a degradación
de moléculas complexas para obter enerxía.
OS NUTRIENTES - CLASIFICACIÓN
 NUTRIENTES INORGÁNICOS: Formados por
elementos y compuestos químicos muy diversos.
Atópanse tanto nos seres vivos como na materia no
viva.
OS NUTRIENTES - CLASIFICACIÓN
 NUTRIENTES
INORGÁNICOS:

 AUGA: Biomolécula que


constitúe o principal
compoñente dos seres vivos.
Presente en todos os
alimentos en maior ou
menor medida.

Funcións:
 Actúa como termorregulador

 Medio onde se producen


todas as reaccións celulares

 Encárgase do transporte de
nutrientes e gases a través do
sangue.
OS NUTRIENTES - CLASIFICACIÓN
 NUTRIENTES
INORGÁNICOS:

 SALES MINERAIS:
biomoléculas inorgánicas
simples, como o sal común
(NaCl) ou o carbonato cálcico
(CaCO3)

Funcións:
 Estrutural: O calcio do
carbonato sódico participa no
tecido óseo.

 Reguladora: interveñen no
impulso nervioso, na
contracción muscular, no
transporte de osíxeno no
sangue…
OS NUTRIENTES - CLASIFICACIÓN
 NUTRIENTES
ORGÁNICOS:

Moléculas que
conteñen
principalmente
carbono e
forman parte
da materia
orgánica.
OS NUTRIENTES - CLASIFICACIÓN
 NUTRIENTES ORGÁNICOS:
 GLÍCIDOS OU HIDRATOS DE CARBONO
(CARBOHIDRATOS) :
 Biomoléculas simples: formados por moléculas sinxelas e de sabor
doce (azúcres).

 Biomoléculas complexas: formados pola unión de glícidos


sinxelos. Non teñen sabor doce.

Aparecen en alimentos como o azucre, a pasta, a pataca e


o pan.
 Funcións: Aporta enerxía de forma inmediata ás células.
OS NUTRIENTES - CLASIFICACIÓN
 NUTRIENTES ORGÁNICOS:

 LÍPIDOS: Biomoléculas formadas por


ácidos graxos ( graxas e aceites) ou
derivados do colesterol. NON son
solubles en auga.

Funcións:
• Aporta enerxía a longo prazo ás
células.
• Forma parte de estruturas
celulares. Ex fosfolípidos nas
membranas celulares.
• Aislantes térmicos como tecido
adiposo baixo a pel.

As prexudiciais son as graxas


saturadas (manteigas, graxas
animais). As insaturadas son máis
saudables (aceites, aguacate, pescado).
OS NUTRIENTES - CLASIFICACIÓN
 NUTRIENTES ORGÁNICOS:

 PROTEÍNAS: Biomoléculas esenciales e abundantes no


pescado, na carne, ovos, lácteos e legumes.
Funcións: formación e crecemento das células e tecidos.
OS NUTRIENTES - CLASIFICACIÓN
 NUTRIENTES ORGÁNICOS:
 VITAMINAS: Biomoléculas
esenciais que non se poden
sintetizar no noso organismo
polo que é importante
consumilas.
 Precisamos moi pouca
cantidade e existen uns
consumos recomendados.O seu
déficit ou exceso adoita estar
asociado a diferentes trastornos.
 Aparecen principalmente en
froitas e verduras

Funcións: Regulan
numerosas reaccións do
metabolismo celular e son
imprescindibles para o
correcto funcionamento do
organismo.
ACTIVIDADE CADERNO
 Indica para os seguintes alimentos cal é o nutriente
máis abundante:
ACTIVIDADE CADERNO
 Indica para os seguintes alimentos cal é o nutriente
máis abundante:
ACTIVIDADE CADERNO
 Dise que o leite é un alimento completo. Que quere
dicir esa expresión?

 O leite é un alimento completo. Ten nutrientes


inorgánicos: auga, calcio e fósforo; e nutrientes
orgánicos: glícidos, graxa, proteínas e vitamina
D.
ACTIVIDADE CADERNO
 Relaciona as dúas columnas seguintes:
1.GLÍCIDOS 2. AUGA 3. PROTEÍNAS
4.LÍPIDOS 5.SALES MINERAIS 6. VITAMINAS

a) Acumúlanse formando depósitos de reserva. Abundan no


touciño.
b) Necesítanse en pequenas cantidades. Están presentes en
produtos frescos.
c) Forman parte de ósos e dentes.
d) Nela disólvense todos os tipos de substancias.
e) Interveñen na formación e crecemento de células e tecidos.
Abundan en carne e peixe.
f) Son o principal combustible das nosas células. Abundan
nas patacas.
ACTIVIDADE CADERNO
 Relaciona as dúas columnas seguintes:
1.GLÍCIDOS 2. AUGA 3. PROTEÍNAS
4.LÍPIDOS 5.SALES MINERAIS 6. VITAMINAS

a) Acumúlanse formando depósitos de reserva. Abundan no


touciño. 4.LÍPIDOS
b) Necesítanse en pequenas cantidades. Están presentes en
produtos frescos. 6. VITAMINAS
c) Forman parte de ósos e dentes. 5.SALES MINERAIS
d) Nela disólvense todos os tipos de substancias. 2. AUGA
e) Interveñen na formación e crecemento de células e tecidos.
Abundan en carne e peixe. 3. PROTEÍNAS
f) Son o principal combustible das nosas células. Abundan
nas patacas. 1.GLÍCIDOS
ACTIVIDADE CADERNO
- Amósase a composición
de 100 g de leite de vaca.

Cales dos seguintes son


nutrientes orgánicos e cales
inorgánicos?

- Nutrientes orgánicos: Glícidos


– Graxas-Proteínas- Vitamina
D
- Nutrientes inorgánicos: Auga –
Calcio - Fósforo
ACTIVIDADE CADERNO
 Fai unha táboa cos distintos tipos de nutrientes e
a función que realizan:
Nutrientes Función Exemplo
inorgánicos

Nutrientes Función Exemplo


orgánicos
Nutrientes Función Nutrientes Función
inorgánicos
orgánicos
Auga • Termorregulador Glícidos • Aporta enerxía de
• Medio onde se
forma inmediata
producen todas as
reaccións Lípidos • Aporta enerxía a
celulares longo prazo ás
• Transporte de células.
nutrientes e gases a • Forma parte de
través do sangue. estruturas
celulares. Aislantes
Sales • Estrutural: O calcio
térmicos como
minerais do carbonato sódico
tecido adiposo
participa no tecido
baixo a pel
óseo.
• Reguladora: Proteínas • Formación e
interveñen no crecemento das
impulso nervioso, na células e tecidos
contracción Vitaminas • Regular reaccións
muscular, no do metabolismo
transporte de celular
osíxeno no sangue.
Compara as etiquetas dunha tableta de chocolate negro
e branco.
Cal achega máis enerxía de forma inmediata? Por que?
ACTIVIDADE CADERNO
 VITAMINAS:
 Investiga sobre os
diferentes tipos de
vitaminas e elabora
unha táboa indicando en
que alimentos pódense
atopar, así como as
consecuencias dun
exceso ou deficiencia
dunha vitamina no
organismo.

WEB:
Bit.ly/sobre_vitaminas
OS ALIMENTOS
 ALIMENTOS: Son a fonte de nutrientes que utiliza
o corpo humano para realizar as súas funcións.
Un alimento, xeralmente, non proporciona un único
nutriente, senón que está constituído por varios deles en
maior ou menor medida.

 Os alimentos clasifícanse segundo a función que


desempeñan no organismo e os seus nutrientes
maioritarios en:

 Estruturais
 Reguladores

 Enerxéticos
OS ALIMENTOS
 ALIMENTOS ESTRUTURAIS: alimentos ricos en
proteínas que axudan a formar novas estruturas
celulares ou tecidos, ou a renovar as xa existentes.
Permiten o crecemento do organismo. Exemplos:
legumes, carnes, peixes, ovos, leite.

 ALIMENTOS REGULADORES: alimentos ricos en


vitaminas e sales minerais que participan no control
do metabolismo celular. Necesarios en cantidades
moi pequenas, pero imprescindibles Exemplo:
verduras, hortalizas, froitas.
OS ALIMENTOS

 ALIMENTOS ENERXÉTICOS: alimentos que conteñen


nutrientes que aportan enerxía ao organismo para
realizar as funcións vitais e as actividades diarias,
como son os glícidos e lípidos. Exemplos: pan, pastas,
cereais,manteiga.

 As proteínas tamén aportan enerxía, pero soamente en


condicións de xaxún.
OS ALIMENTOS: CANTA ENERXÍA PRECISAMOS?
 Unha Kcal (quilocalorías) é unha
unidade para medir a enerxía
dos alimentos que consumimos 1
kcal é a enerxía precisa para que 1
gramo de auga queza 1ºC.

 O gasto enerxético total (GET) é a


enerxía que precisamos e é a suma
de:
- Efecto térmico dos alimentos: producción
enerxía calorífica.

- Actividade física do organismo.

- Tasa do metabolismo basal (TMB) tamén


chamado gasto enerxético basal (GET) :
Actividade metabólica que mantén a vida, as
funcións vitais.
OS ALIMENTOS: CANTA ENERXÍA PRECISAMOS?
 A tasa do metabolismo basal (TMB)
varía e función de:

 A idade, as persoas co maior idade teñen unha


TMB menor que as máis novas.

 O sexo, os homes teñen unha TMB maior que


as mulleres.

 Unha persoa con maior cantidade de masa


(músculos ou tecido adiposo) terá unha maior
TMB que unha persoa de menor tamaño.

 O efecto térmico dos alimentos: o clima


tamén determina a cantidade de enerxía
que require unha persoa, pois é necesaria
para manter a temperatura corporal.

 As diferentes actividades físicas


que realiza o organimo ( camiñar,
correr, subir escaleriras, estudar etc.)
tamén precisa de enerxía.
 A MAIOR TRABALLO FÍSICO E CLIMA MÁIS
FRIO, REQUÍRESE MÁIS ENERXÍA.
OS ALIMENTOS: CANTA ENERXÍA PRECISAMOS?
- Canta enerxía precisamos?
depende da idade e de como sexamos (peso, altura)
pero sobre todo de que actividade diaria fagamos.

Inxesta calórica promedio recomendada pola


OMS
ACTIVIDADE CADERNO
 Que diferenza hai entre alimentos e nutrientes?
Da seguinte lista, indica cales son alimentos e
cales son nutrientes: tomate, glícidos, carne, auga,
touciño febra, castañas, proteínas, mazás, lípidos,
laranxas, sales minerais e vitaminas.
ALIMENTOS NUTRIENTES
 NUTRIENTES: substancias químicas que os seres vivos
necesitan para obter enerxía e sintetizar a súa propia
materia. Encóntranse nos alimentos e clasifícanse en
orgánicos (glícidos, lípidos, proteínas e vitaminas) e
inorgánicos (auga e sales minerais).

 ALIMENTOS: substancias que inxerimos e que nos


proporcionan os nutrientes que necesitamos. Poden ser
naturais ou elaborados e clasifícanse en enerxéticos,
estruturais e reguladores.

ALIMENTOS NUTRIENTES

tomate, carne, glícidos, auga,


touciño febra, proteínas, lípidos,
castañas, mazás sales minerais e
e laranxas. vitaminas.
ACTIVIDADE CADERNO
 Completa a tabla cos seguintes alimentos: tomate, aceite,
pataca, leituga, pasta, queixo, cenoria, pan, carne,
laranxa, pera, peixe, mazá, mel, cabaza, ovos, cabaciña,
manteiga, froitos secos e leite.
Proporcion Forman células Achégan vitaminas, sales
an enerxía e estruturas do minerais, auga e fibra
noso corpo
A RODA DOS ALIMENTOS
 Recurso gráfico no que os alimentos aparecen representados en diferentes sectores
dependendo da súa función, os nutrientes que posúen e a proporción coa que
deben aparecer na nosa dieta. Ademais, contén un sector específico e central
dedicado á auga e ao exercicio físico como base dunha dieta sa e equilibrada.
GRUPO II: Alimentos enerxéticos.
GRUPO I: Alimentos Aceites, manteiga e outras graxas.
enerxéticos. Produtos derivados
de cereais (pasta, fariña), patacas
e azucre. GRUPO III: Alimentos
estruturais. Carne, peixe,
ovos, froitos secos e legumes.

GRUPO IV: Alimentos


estruturais. Leite e
produtos lácteos.

GRUPO VI: Alimentos


reguladores: Froitas

GRUPO V: Alimentos
reguladores. Verduras
e hortalizas.
A RODA DOS ALIMENTOS
 ALIMENTOS ENEXÉTICOS: Grupos I (glícidos) e II (lípidos). Debemos consumir más I.
 ALIMENTOS ESTRUCTURAIS (proteínas): Grupos III (carne, peixe, legumes, froitos secos, ovos) Grupo IV
(lácteos). Debemos consumir máis III.
 ALIMENTOS REGULADORES (Vitaminas) Grupo V (hortalizas e verduras) e Grupo VI (froitas). Debemos
consumir moito de ambos.
GRUPO II: Alimentos enerxéticos.
GRUPO I: Alimentos Aceites, manteiga e outras graxas.
enerxéticos. Produtos derivados
de cereais (pasta, fariña), patacas
e azucre. GRUPO III: Alimentos
estruturais. Carne, peixe,
ovos, froitos secos e legumes.

GRUPO IV: Alimentos


estruturais. Leite e
produtos lácteos.

GRUPO VI: Alimentos


reguladores: Froitas

GRUPO V: Alimentos
reguladores. Verduras
e hortalizas.
ACTIVIDADE NO CADERNO
 Calcula a enerxía que che subministraría un almorzo
composto por 50 g de cereais, 200 g de zume de laranxa,
200 g de leite e 10 g de azucre, sabendo que a enerxía
proporcionada polos alimentos do almorzo é, en kcal/100
g: zume de laranxa 46, azucre 408, leite 65, cereais 416.

Podes usar a calculadora.


ACTIVIDADE NO CADERNO
 Calcula a enerxía que che subministraría un almorzo
composto por 50 g de cereais, 200 g de zume de laranxa,
200 g de leite e 10 g de azucre, sabendo que a enerxía
proporcionada polos alimentos do almorzo é, en kcal/100
g: zume de laranxa 46, azucre 408, leite 65, cereais 416.

50 g cereais x 416kcal/100g = 208kcal


200 g zume x 46 kcal/100g =92 kcal
200 g leite x 65 kcal/100g = 130 kcal
10 g azucre x 408 kcal = 40,8 kcal

TOTAL ALMORZO 208+92+130+40,8 = 470,8 kcal


ACTIVIDADE NO CADERNO EDIXGAL
 Accede ao libro dixital Que comemos? que aparece na Unidade 2:
Alimentación e nutrición.
 Localiza o apartado Necesidades enerxéticas e realiza a
actividade 2.
A DIETA
 DIETA: Conxunto de alimentos que inxire diariamente unha
persoa.
 DIETA SAUDABLE E EQUILIBRADA:
 Unha dieta VARIADA (inclúe todos os tipos de nutrientes e nas cantidades
necesarias).
 Debe SATISFACER AS NECESIDADES ENERXÉTICAS DE CADA
PERSOA. Ditas necesidades varían dependendo da idade, época do ano ou
actividades que se realizan.
 A BEBIDA FUNDAMENTAL debe ser auga.
 Debe incluír EXERCICIO FÍSICO.

 RECORDAS A RODA DOS ALIMENTOS??

O balance enerxético
https://www.youtube.com/watch?v=k9QMz
Kwx07Y&ab_channel=EuropeanFoodInfor
mationCouncil
A DIETA SAUDABLE E EQUILIBRADA
 O PRATO DE HARVARD: é unha forma de representación
visual que nos facilita crear menús saudables e equilibrados.
É moi útil xa que permite visualizar como sería o reparto de
alimentos no prato.

GRANS: O consumo de cereais e tubérculos


deberá ser do 25%. Priorizaremos sempre o
gran integral fronte ao refinado ( arroz e
pan brancos), xa que o proceso de refinado
fai que se perdan gran parte das
propiedades nutricionais.

FROITAS E VERDURAS:
Deben ocupar o 50% da
alimentación diaria.
PROTEÍNAS SAUDABLES: Deben
ocupar o 25% da alimentación diaria. É
importante limitar o consumo de
carnes vermellas, embutidos e
productos procesados. É importante
incrementar o consumo de carne
branca (polo, pavo, coello etc.) é
proteínas vexetais como os legumes
ou froitos secos.
A DIETA SAUDABLE E EQUILIBRADA
 Non existe unha dieta saudable universal, porque cada unha
dependerá da actividade física, idade, clima ou onde vive cada persoa.
 Segundo a OMS, as recomendacións para unha dieta saudable
son:

 Lograr un equilibrio calórico e un peso saudable.

 Reducir a inxesta calórica procedente de graxas (substituír graxas


saturadas por insaturadas).

 Aumentar o consumo de froitas, verduras, legumes, cereais


integrais e froitos secos.

 Reducir a inxesta de azucres libres, é dicir, aqueles que se lle engaden


aos alimentos.

 Reducir a inxesta de sal, calquera que sexa a súa fonte e garantir que o
sal consumido sexa iodado, evitando así carencias.

 Beber auga
TIPOS DE DIETAS
 A DIETA ATLÁNTICA: Típica de zonas do
Atlantico (Galicia, Francia). Comparte bastantes
elementos coa dieta mediterránea.

 É rica en cereais (pan), patacas e leguminosas


(fabas e garabanzos). Estes alimentos, ademais de
garantir o aporte enerxético, aportan fibra que
axuda a regular o tránsito intestinal.
 A utilización do aceite de oliva, xunto co consumo
elevado de peixes e mariscos, aporta un alto
contido en ácidos graxos insaturados. Estas
graxas evitan enfermidades cardiovasculares.
 Inxesta abundante de lácteos e de espiñas de
peixes pequenos (enteiros ou enlatados) tamén
aportan calcio (Ca).
 O alto consumo de froitas (mazás e cítricos),
xunto co consumo medio de hortalizas (verzas,
coliflor, grelos, xudías, cebolas, cenorias ou
chícharos) aportan vitaminas. O consumo de
froitos secos tamén aporta graxas insaturadas,
ademais de vitamina E.
 O consumo abundante de peixe, carne e ovos,
aporta un alto contenido de proteínas ao noso
organismo.
TIPOS DE DIETAS
 A DIETA MEDITERRÁNEA: Típica de
países como España. Aimentación
herdada de xeración en xeración, combina
a agricultura local e receitas propias do
Mediterráneo (España, Italia, Francia,
Grecia...).
 A utilización do aceite de oliva e
esencial, aporta un alto contido en ácidos
graxos insaturados. Estas graxas evitan
enfermidades cardiovasculares.
 Inxesta de lácteos en moderación.
 Alto consumo de produtos frescos
(verduras, froitas, legumes, cereais) que
aportan as vitaminas e glúcidos necesarios
para o organismo.
 Consumo abundante de peixe e de
carne e ovos en moderación.
TIPOS DE DIETAS
 A DIETA VEXETARIANA:

 Baséase no consumo de alimentos de orixe vexetal. Evitan consumo de carne e


peixe.

 Segundo o tipo, tamén evitan alimentos de orixe animal: ovos, leite, mel.

NON
TIPOS DE DIETAS
 COMPARATIVA ENTRE A DIETA MEDITERRÁNEA E A
ATLÁNTICA:
ACTIVIDADE SUBIDA A EDIXGAL
 Actividade « INVESTIGAR
A MIÑA DIETA»:
 1. Anota todo ou que
comes e bebes durante 3
días en cada unha das
comidas do día. Debes
cubrir a táboa
autoeditable A miña dieta
( só cobre os datos para 3
días)
 a) Indica o peso aproximado de
cada un dos alimentos.
 b) Busca as kcal ás que equivale
cada 100g.
c) Calcula as kcal totais de cada
unha das comidas.
 d) Calcula as kcal totais ao final
do día.
ACTIVIDADE SUBIDA A EDIXGAL
 Actividade « INVESTIGAR A MIÑA DIETA»:
https://www.fatsecret.es/calor%C3%ADas-
nutrici%C3%B3n/gen%C3%A9rico/jud%C3%ADas-verdes
ACTIVIDADE SUBIDA A EDIXGAL
 Actividade « INVESTIGAR A MIÑA
DIETA»:
 2. Elabora unha táboa e anota a
actividade deportiva que fas cada un
deses días.
 a) Calcula as kcal que puideches gastar coa
actividade deportiva ( indicar a fonte coa que o
calculas).
Ex. Persoa de 65 kg que anda rápido durante 1 hora
= 0,06 kcal/kg/mn x 60mn x 65kg = 234 kcal
 b) Calcula o teu gasto enerxético diario (sumar á

media según a túa idade e sexo o gasto en


exercicio).

Inxesta calórica promedio recomendada pola OMS


ACTIVIDADE SUBIDA A EDIXGAL
 Actividade « INVESTIGAR A MIÑA DIETA»:
 3. Elabora un informe da túa dieta coa seguinte información.
 a) Indica se a túa dieta é equilibrada ou non.
 b) Indica que grupos de alimentos están en exceso ou faltan comparándoo co
recomendado na roda de alimentos.
 c) Indica se a túa dieta aseméllase máis á mediterránea, atlántica, vegetariana ou
outra.
 d) Indica se as kcal consumidas adecúanse á túa actividade física.
 e) Que alimentos crees que deberías eliminar ou engadir para mellorar a túa
dieta?

Data límite de entrega venres 28 de outubro. Debe


subirse o informe en pdf co apartado 2 e 3 e a táboa
autoeditable do apartado 1.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
1. MALNUTRICIÓN: problemas sobre alimentación que en
moitos casos dependen da área xeográfica e do
desenvolvemento dos países. Diferenciamos:
a) SOBREALIMENTACIÓN: inxesta desproporcionada
dalgúns nutrientes, máis frecuente en países
desenvolvidos.
b) DESNUTRICIÓN: débese a falta de nutrientes, como por
exemplo:
Raquitismo:
 Causado por inxesta insuficiente de Ca e P.
 Diminúe o crecemento e provoca deformidade nos ósos.
 É máis frecuente en países pobres pola carencia de alimentos.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
2. OBESIDADE: exceso de graxa corporal debido ao
consumo excesivo de alimentos enerxéticos, sobre todo de
grasas saturadas.

Produce outras enfermidades coma a diabetes, a hipertensión


ou a aterosclerose (acúmulo de graxa e colesterol nas paredes
arteriais, dificultando o fluxo de sangue. Pode producir infartos.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
3. TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA:
Enfermidades psicolóxicas nas que as persoas temen
aumentar de peso
a) ANOREXIA NERVIOSA:
 Se reduce a inxestión e se acaban rexeitando os alimentos.
 As persoas anoréxicas teñen unha imaxe distorsionada da realidade. Poden verse
con gordura, aínda estando moi delgadas.
 Síntomas: estrema fraqueza, deterioro físico, anemia, perda ou irregularidade
da menstruación ou diminución dos niveis de testosterona.
 Algúns casos extremos poden desencadear a morte.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
3. TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA:
Enfermidades psicolóxicas nas que as persoas temen
aumentar de peso
b) BULIMIA: caracterízase porque ocasionalmente se inxiren
cantidades inxentes de alimentos e para evitar o aumento de peso,
as persoas bulímicas provocan vómitos ou empregan
medicamentos como os laxantes ou diuréticos.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
4. ALERXIAS ALIMENTARIAS: Non teñen que ver cunha
alimentación incorrecta, se non co dano que un
alimento concreto (en perfecto estado) pode
causar (por factores xenéticos)
 ALERXIA: reacción do corpo (do sistema inmune) a algúns
compoñentes dos alimentos, os alérxenos. Poden ser reaccións
instantáneas ou tardar varias horas. Teñen efectos graves que
poden chegar a desencadear un choque anafiláctico e/ou
hospitalizacións.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
5. INTOLERANCIAS Incapacidade de
ALIMENTARIAS:
dixerir algúns alimentos (glute de cereais ou lactosa)
producindo alteracións gastrointestinais como a
diarrea ou dor abdominal.
 INTOLERANCIA: a reacción do corpo aos compoñentes dos alimentos é
menos intensa que nas alerxias e máis lenta.
a) INTOLERANTE A LA LACTOSA
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
5. INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS:
b) CELIAQUÍA OU INTOLERANCIA AO GLUTE : É un trastorno do
aparato dixestivo que adoita manifestarse principalmente na
infancia. O glute é un complexo de proteínas que se atopan
nalgúns cereais, como o trigo. Nas persoas que padecen este
trastorno, o glute provoca a destrución das micropelosidades
intestinais, coa consecuente redución da absorción de
nutrientes. Entre os seus síntomas, destacan cansazo, diarreas
e vómitos.
 PRECAUCIÓN:
 Exclusión da dieta dos cereais que conteñen glute e dos
produtos elaborados a partir deles.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
6. CARENCIA DE NUTRIENTES: Alteracións producidas pola
ausencia dalgún nutriente na dieta, como a falta de vitaminas
que produce hipovitaminose. Por exemplo, carencia de
vitamina C produce escorbuto.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
7. INTOXICACIÓN
ALIMENTARIA:
Prodúcense cando se toma
un alimento
contaminado por
microorganismos ou a
as súas toxinas. Dase
sobre todo con alimentos
crús, con desinfección
deficiente ou mal
cociñados. Polo tanto,
evita os alimentos
(sobre todo os de orixe
animal) crus e lava ben
as mans os alimentos.
a. SALMONELOSE:
ocasiónase ao tomar
alimentos contaminados
pola bacteria
Salmonella, típicamente
presente en alimentos mal
conservados elaborados
con ovo. Causa vómitos,
diarrea.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
7. INTOXICACIÓN
ALIMENTARIA:

b. ANISAQUIASE: Polo
nematodo anisaquis,
presente en peixes crus
(Sushi). Causa dor
abdominal, vómitos e
diarrea.
ENFERMIDADES ALIMENTARIAS
7. INTOXICACIÓN ALIMENTARIA:
c. BOTULISMO: prodúcese por consumir conservas en mal estado con la
bacteria Clostridium botulinum.
ACTIVIDADES NO CADERNO EDIXGAL

 Accede ao libro dixital


Que comemos? que
aparece na Unidade 2:
Alimentación e
nutrición.

 Localiza o apartado
ENFERMIDADES
ALIMENTARIAS
realiza as actividades
1 e 2 e toma nota de
como se calcula o
IMC e indica a partir
de que valores
falamos dunha
persoa demasiado
delgada e cando
falamos de obesidade
TRABALLO EN GRUPO ENFERMIDADES ALIMENTARIAS

1. GRUPOS DE 4 O 5
2. INVESTIGACIÓN SOBRE UNHA ENFERMIDADE ALIMENTARIA
3. ELABORACIÓN DUN DOCUMENTO ONDE SE TRATEN COMO
MÍNIMO OS SEGUINTES PUNTOS:
a) AUTORES DO TRABALLO
b) DEFINICIÓN DA ENFERMIDADE
c) CAUSAS
d) POBOACIÓN MÁIS EXPOSTA
e) SÍNTOMAS
f) PREVENCIÓN
g) IMAXES, ESQUEMAS, GRÁFICOS ETC.
h) BIBLIOGRAFÍA/WEBGRAFÍA.
4. ELABORAR UNHA PRESENTACIÓN QUE CONTEÑA TODOS OS
APARTADOS ANTERIORES (entre 4 e 6 minutos máximo). NESTA
AVALIACIÓN 2/ 3 PERSOAS ENCÁRGANSE DE ELABORAR O
DOCUMENTO E O RESTO DOS MEMBROS A EXPOSICIÓN.
5. SUBIR A EDIXGAL O DOCUMENTO E A PRESENTACIÓN ANTES
DO LUNS 14 DE NOVEMBRO.

You might also like