You are on page 1of 2

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

NOTA REPASO 3.1


3º ESO
NOME: ________________________________________________ DATA DE ENTREGA: ___________

APARATO DIXESTIVO

O aparato dixestivo e o conxunto de órganos implicados na transformación dos alimentos en nutrientes coa
forma e o tamaño axeitado para poder chegar a tódalas células do corpo. Distinguimos dúas partes no
aparato dixestivo: o TUBO DIXESTIVO e as GLÁNDULAS ANEXAS.

O tubo dixestivo e un conduto formado fundamentalmente por músculo e tecido epidérmico que o recubre
polo seu interior. Este epitelio participa directamente no proceso de nutrición mentres que os músculos
participan no proceso de transporte. O tubo dixestivo está formado por: BOCA, FARINXE, ESÓFAGO,
ESTÓMAGO, INTESTINO DELGADO E INTESTINO GROSO.

As glándulas anexas son órganos que sintetizan sustancias que participan nos procesos dixestivos e que
verten p seu contido en diferentes puntos para axudar o proceso de dixestión. As glándulas anexas ó tubo
dixestivo son: GLÁNDULAS SALIVARES, FÍGADO e PÁNCREAS. O fígado e o páncreas teñen outra funciones
relacionadas coa dixestión ademais das anteriores.

Ademais dos órganos nomeados, son moi importantes no proceso dixestivo as válvulas que regulan o paso do
alimento nas súas diferentes fases de degradación. Estás válvulas son: EPIGLOTE, CARDIAS e PÍLORO. A
función da epiglote e impedir que o alimento chegue as vías respiratorias. A función do cardias e o píloro e
impedir o retorno do quimo e o quilo respectivamente ao esófago e o estómago.

O PROCESO DIXESTIVO

O proceso dixestivo e o conxunto de accións que se producen sobre o alimento desde que entra pola boca
hasta que os restos non aproveitables se expulsan nas feces. Distinguimos 4 fases: INXESTIÓN, DIXESTIÓN,
ABSORCIÓN e FORMACIÓN DAS FECES. En cada unha desta fases o mecanismo de transformación dos
alimentos pode ser MECÁNICO ou QUÍMICO, resultando unha combinación de ambos o que permite unha
correcta dixestión dos alimentos.

A DIXESTIÓN

A dixestión é o conxunto de reaccións que se producen no tubo dixestivo para obter os nutrientes presentes
nos alimentos. As enzimas son proteínas cuxa función é romper os enlaces químicos das diferentes moléculas
que compoñen os alimentos. Diferéncianse polo tipo de molécula sobre o que actúan, o órgano ou glándula
que os secreta e o punto do tubo dixestivo no que actúan. As enzimas que actúan en cada porción do tubo
dixestivo actúan sobre substratos distintos e proveñen das glándulas anexas o do propio epitelio interno.

ACTIVIDADES DE REPASO.

1. Completa seguinte táboa sobre as glándulas anexas.

GLÁNDULA NÚMERO PRODUCEN…. ACTÚA EN…

gecastrosanmiguel.com 1/2 CURSO 2019/20


REPASO 3.1 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

2. Completa a seguinte táboa sobre o proceso dixestivo.

FASE QUE OCORRE? QUE SE OBTÉN? CANTO TEMPO DURA? *

INXESTIÓN

DIXESTIÓN exercicio 3

ABSORCIÓN -------

FORMACIÓN DE
FECES

* Busca na internet se o precisas. Os valores son estimados, poden variar.


3. Completa a seguinte táboa sobre o proceso de dixestión dos alimentos. Se o precisas, busca información
na internet.

ONDE SE SOBRE QUE QUE MOLÉCULAS


ENZIMA ONDE ACTÚA?
FORMA? MOLÉCULAS ACTÚA? SE PRODUCEN?

AMILASA SALIVAR

AMILASA
PANCREÁTICA

PEPSINA

TRIPSINA

QUIMOTRIPSINA

PEPTIDASAS

RIBONUCLEASAS

ÁCIDO
-------
CLORHÍDRICO *

ZUMES BILIARES *

* Non son enzimas, pero participan na dixestión.

gecastrosanmiguel.com 2/2 CURSO 2019/20

You might also like