You are on page 1of 11

TEMA 3.

A BIOSFERA (I)
ECOSISTEMAS. FLUXO DE MATERIA E ENERXÍA

Tódolos seres vivos que habitan e desenvolven as súas funcións na Terra conforman a
chamada biosfera. Por suposto que non se trata simplemente dunha suma de seres senón que
constitúen o elemento vivo dun sistema complexo e organizado con calidades propias: a ecosfera.

1 OS ECOSISTEMAS
Enténdese por ecosistema un sistema formado po un conxunto de seres vivos que se
relacionan entre si e co medio inerte. O compoñente vivo do ecosistema recibe o nome de
biocenose, mentres que tódolos elementos inertes forman o biótopo.

1.1 O biótopo
Os principais compoñentes do biótopo son o medio e as súas propiedades físico-químicas
denominadas factores ambientais, tales como:
-A luz. Condiciona a proliferación dos organismos fotosintéticos.
-A auga. É imprescindible para tódolos seres vivos.
-A temperatura media e os seus cambios.
-A salinidade da auga.
-O pH da auga ou do solo.
A grandes trazos podemos distinguir dous tipos de medio segundo as súas grandes
diferenzas nos seus factores: acuático e terrestre.

1.2 A biocenose
A biocenose ou comunidade biolóxica dun ecosistema está constituída por diferentes
especies (denominadas poboacións) que establecen relacións entre elas.
A descrición da comunidade biolóxica implica en primeiro lugar a elaboración do censo de
poboacións que a constitúen, así como as características de cada unha. Ademais dos parámetros
cuantificables dunha poboación (individuos, densidade, biomasa), existen outras características
que tamén deben terse en conta.
Por suposto que cada poboación non é independente do seu entorno, polo cada unha precisa
dunhas condicións específicas ambientais que denominamos hábitat. Este inclúe todos aqueles
factores ou variables que permiten o desenvolvemento da poboación nese ecosistema.
Os factores limitantes son os factores ambientais que condicionan en maior medida a
capacidade dunha poboación para se desenvolver normalmente.
Segundo a tolerancia aos factores ambientais, as especies pódense
clasificar como:
 Especies eurioicas (eurys: ancho): teñen un intervalo de
tolerancia moi amplo para un ou varios factores ambientais.
 Especies estenoicas (stenós: estreito) teñen un intervalo de
tolerancia estreito para un ou varios factores ambientais.
Por outra parte, toda poboación necesita alimento, espazo vital,
lugar de reprodución, etc., e todos estes son recursos limitados no
ecosistema polos que se ve obrigada a interactuar e relacionarse
coas demais que a rodean; constitúese entón o nicho ecolóxico desa
especie. Así, o corvo mariño cristado aliméntase de sardiñas, xurelos e angulas; captura ese
alimento a unha profundidade de ata 16 m., especialmente en augas movidas; constrúe os niños na
parte baixa dos acantilados, con saíntes estreitos. Estas características, xunto con outras máis
conforman o chamado nicho ecolóxico do corvo mariño cristado. Podemos entón definir o nicho
ecolóxico como o conxunto de relacións co ambiente, conexións tróficas e funcións ecolóxicas que
definen o papel desempeñado por unha especie no ecosistema.
2 CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA NO ECOSISTEMA
O funcionamento dos ecosistemas obriga a unha continua circulación de materia e enerxía
entre os seus compoñentes. O principal motor desta circulación é a necesidade que teñen os seres
vivos de nutrírense, establecendo así relacións alimentarias ou tróficas entre eles.

2.1 Relacións tróficas


Representan o mecanismo de transferencia de materia
1ª Lei da termodinámica:
e enerxía duns organismos a outros en forma de alimento. Calquera transformación ou
Segundo o papel ecolóxico que desenvolvan estas especies transferencia de enerxía ten
podémolas clasificar en diferentes niveis tróficos. balance neto cero.
2ª Lei da termodinámica:
2.1.1 Niveis tróficos Todo proceso de
Son os seguintes: transformación de enerxía
 Produtores. Constitúen o primeiro nivel trófico. O súa implica una degradación de
función e xerar a materia orgánica que vai ser utilizada parte da mesma en forma de
polos demais seres vivos. Para iso os produtores deben ser calor disperso.
organismos autótrofos, capaces de orixinar nova materia
orgánica a partir de substancias inorgánicas. Poden ser seres fotosintéticos (a inmensa
maioría) ou quimiosintéticos (caso dalgunhas bacterias) segundo a enerxía a obteñan da luz ou
de reaccións químicas oxidantes, respectivamente.
 Consumidores. Reciben este nome os restantes niveis tróficos que por seren heterótrofos o
seu papel limítase a utilizar a materia orgánica que circula polo ecosistema.
 Consumidores primarios. Obteñen o seu alimento das plantas (os chamados herbívoros)
ou en xeral dos organismos produtores.
 Consumidores secundarios. Son seres carnívoros que se alimentan dos consumidores
primarios.
 Consumidores terciarios, cuaternarios, etc. Constitúenos carnívoros que se alimentan
doutros carnívoros.
Entre os organismos consumidores existe unha ampla variedade de grupos que se
distinguen pola composición da súa dieta. Así temos os seres omnívoros que se alimentan
tanto de materia vexetal coma animal, os preeiros e necrófagos que se alimentan de
cadáveres, os detritívoros que consomen toda unha gradación de restos orgánicos, etc.
 Descompoñedores. Recibe este nome un grupo de organismos que se encargan da reciclaxe
dos nutrientes. Podemos distinguir dous grupos:
 Transformadores. Son organismos saprófitos, en concreto certas bacterias e fungos.
Efectúan unhas transformacións que dan como resultado final moléculas sinxelas, tanto
orgánicas coma inorgánicas.
 Mineralizadores. Pertencen a este grupo algunhas bacterias quimiosintéticas. Estes seres,
mediante a oxidación de determinados compostos (amoníaco, nitritos, sales ferrosas,
sulfuros, etc.) xeran outras sales inorgánicas que liberan ó medio quedando a disposición
dos produtores e pechando deste xeito o ciclo da materia.

2.1.2 Representación das relacións tróficas


As relacións tróficas poden representarse por distintos mecanismos, como:

 Cadeas tróficas. Unha cadea alimentaria está constituída por diversos niveis tróficos, e o
organismo de cada nivel aliméntase do organismo do nivel inmediatamente anterior (as frechas
indican o sentido da circulación da materia).

trevo → bolboreta → lavandeira

 Redes tróficas. Unha especie dun nivel trófico normalmente aliméntase de máis dun ser vivo e
serve como alimento tamén a máis dunha especie. Representando as distintas conexións
tróficas que poden darse nunha porción de ecosistema obtense unha figura complexa con
aspecto de rede.

2
2.2 O FLUXO DE ENERXÍA E O CICLO DA MATERIA
A circulación e transferencia da enerxía é unidireccional e aberta. Neste fluxo, por suposto
que a enerxía non se crea nin destrúe ó longo da cadea, senón que se vai xerando unha parte
inevitable de calor que se disipa. Como resultado desta diminución no fluxo de enerxía, o número
de elos da cadea ten que ser limitado.

A materia tende a reciclarse no ecosistema, circulando dende os produtores ata os


consumidores, e de todos eles chega ós descompoñedores que sintetizan compostos inorgánicos
utilizables polos produtores. É dicir, a circulación da materia nun ecosistema tende a ser pechada.
De todas maneiras existen algunhas perdas de nutrientes por gasificación, lixiviado, formación de
combustibles fósiles, etc.

2.2.1 Parámetros tróficos


Denomínanse parámetros tróficos ás medidas utilizadas para avaliar tanto a rendibilidade
de cada nivel trófico coma a do ecosistema completo.

 Biomasa
A biomasa é a cantidade en peso de materia orgánica viva ou morta (necromasa) de
calquera nivel trófico ou de calquera ecosistema.

3
A biomasa mídese en unidades de masa ou ben no seu equivalente en enerxía, con
respecto a unha superficie ou volume. É frecuente expresala deste xeito: gC/cm2, KgC/m2,
TmC/Ha, etc (C representa a materia orgánica).

 Produción
Este concepto representa a cantidade de enerxía por unidade de tempo que flúe ó través de
cada nivel trófico. Pódese cuantificar das seguintes formas:
o Produción primaria bruta. É a enerxía total fixada polos organismos autótrofos. Será
utilizada polo nivel trófico para desenvolver a súa actividade vital xunto co excedente
que será incorporado a súa propia materia corporal.
o Produción secundaria bruta. É a total correspondente ó resto dos niveis tróficos.
o Produción neta (primaria ou secundaria). É a enerxía que pasa a formar parte da
materia orgánica que constitúe o propio nivel trófico. Potencialmente está dispoñible
para ser transferida ós seguintes niveis tróficos. Representa o aumento de biomasa por
unidade de tempo e obtense restando da produción bruta a enerxía consumida no
proceso respiratorio de automantemento.
Pn = P b - R

Sóese expresar en gC/m2.día, kcal/ha. ano, etc. Por outra parte, a norma xeral é que
aproximadamente só o 10 por 100 da enerxía dispoñible dun nivel pasa a incorporarse ó seguinte
nivel trófico: Regra do 10%.

 Produtividade
A produtividade é a relación que existe entre a produción e a biomasa. Serve para indicar a
riqueza dun ecosistema ou nivel trófico, xa que representa a velocidade coa que se renova a
biomasa, polo que recibe tamén o nome de taxa de renovación.
Pv = P n / B

 Tempo de renovación
É o período que tarda en renovarse un nivel trófico ou un sistema. Mídese en unidades de
tempo: días, anos, etc.

T r = B / Pn

 Eficiencia
Esta noción representa o rendemento dun nivel trófico mediante a relación saídas/entradas.
Podemos valorala dende distintos puntos de vista:
o A eficiencia dos produtores calcúlase mediante a relación enerxía asimilada/enerxía
incidente, que acada valores inferiores ó 2%. Este valor corresponde só á produción bruta.
o Se calculamos o cociente Pn/Pb, estaremos medindo a cantidade de enerxía incorporada a
cada nivel respecto do total asimilado, e neste caso estaremos constatando as perdas
respiratorias, que referidas ó caso do fitoplancto son do 10 ó 40 por 100, rebordando o 50
por 100 na vexetación terrestre.

2.2.2 Pirámides tróficas


Represéntanse mediante unha serie de barras horizontais superpostas que teñen unha
altura constante e unha lonxitude proporcional ó parámetro medido. Tipos de pirámides tróficas:
o Pirámides de enerxía. Representan o contido enerxético por unidade de tempo
correspondente a cada nivel. A súa forma e sempre dunha verdadeira pirámide, xa que
deben cumprirse os principios da termodinámica.
o Pirámides de biomasa. Están elaboradas en función da biomasa acumulada en cada
nivel. Poden presentarse en forma dunha pirámide real ou ben de pirámide invertida.

4
o Pirámides de número de individuos. Realízanse mediante o reconto do número de
individuos que constitúen cada nivel. É frecuente que se presenten en forma invertida.

2.3 Factores limitantes da produción primaria

2.3.1 A luz
É imprescindible para o crecemento vexetal. Tanto a intensidade da luz como incluso a
gama (lonxitude de onda) condicionan a capacidade fotosintética dos medios acuáticos pois a auga
filtra en profundidade a luz incidente.
Nos ecosistemas terrestres a intensidade luminosa non adoita ser limitante salvo en aqueles
ecosistemas de selva onde os estratos inferiores da vexetación reciben a escasa luz que non foi
retida polos niveles superiores.

2.3.2 A temperatura
O aumento de temperatura vai ligado nun principio a un aumento proporcional da produción,
ata certo límite no que se produce la degradación dos compoñentes celulares. Non obstante, a
temperatura tamén orixina un aumento na respiración celular, e polo tanto unha menor produción
neta.

2.3.3 A auga
Ademais de ser imprescindible para as funcións vitais xerais das células, a auga constitúe
un compoñente principal da fotosíntese, polo que constitúe un factor limitante en certos
ecosistemas terrestres. Por debaixo de certo cantidade, os estomas das follas péchanse para
impedir a perda de auga, pero tamén reducen o intercambio gasoso e a incorporación de CO2.

2.3.4 Os nutrientes
O reciclado dos nutrientes por parte dos organismos descompoñedores vese dificultado
pola distancia entre o lugar de produción de materia orgánica e o de degradación da mesma. O
aumento desa distancia tradúcese nunha necesidade de enerxía externa maior e no aumento do
tempo de reciclado.
 No océano a fotosíntese está condicionada pola presenza de luz, realizándose nos primeiros
metros, mentres que a degradación da materia orgánica ocorre nos fondos. A gran distancia
superficie/fondo dificulta o retorno dos nutrientes, limitando a produción primaria (tal como
ocorre especialmente co P e o N).
En certas zonas, denominadas de afloramento, a auga ascende desde o fondo arrastrando
os nutrientes que fertilizan o fitoplancto. As plataformas costeiras son tamén produtivas pois
a ondada axita os fondos e existen, ademais, aportes continentais de nutrientes que foron
transportados polas augas continentais.

5
 Nos ecosistemas terrestres requírese menor gasto de enerxías externas para a reciclaxe, xa
que as distancias entre produción e descomposición son menores.

3 OS CICLOS BIOXEOQUÍMICOS

Os ciclos bioxeoquímicos comprenden os diferentes camiños de circulación da materia


entre a biosfera e os demais subsistemas terrestres (atmosfera, hidrosfera, solo, xeosfera).
Tales ciclos están axustados por diversas realimentacións e neles atópanse implicados,
entre outros, o ciclo da auga, o ciclo xeolóxico e moitos procesos vitais como a fotosíntese ou a
respiración.
O tempo de permanencia dos elementos nos distintos medios é moi variable,
denominándose almacén ou reserva aquel lugar onde dita permanencia é máxima.
As actividades humanas tenden a acelerar os ciclos bioxeoquímicos, poñendo en perigo os seus
delicados mecanismos de autorregulación

3.1 O ciclo do carbono


O carbono presenta a súa reserva principal na atmosfera en forma de CO2. Os seres
fotosintéticos captan este dióxido de carbono que é devolto a ela a través do proceso respiratorio
realizado por animais e plantas.
O CO2 atmosférico está en equilibrio co da hidrosfera e, dentro dela, existen equilibrios coas
formas bicarbonato e carbonato. Parte do carbonato é empregado polos seres vivos para a
fabricación de cunchas calcarias, mentres que outra parte precipita dando lugar a rochas calcarias,
que constitúen unha importante reserva de carbono.
O enterramento de restos de seres vivos en condicións anaerobias dará lugar ós depósitos
de carbón e petróleo. Cando o ser humano rescata os combustibles fósiles para a obtención de
enerxía, libera novamente CO2 á atmosfera (tendo en conta ademais que se trata dun gas de
efecto invernadoiro).

CO2 ATMOSFÉRICO

HIDROSFERA

Rochas Arrecifes
carbonatadas coralinos

Produtores Consumidores

Mineralización Descompoñedores
Acción bacteriana Combustión

Carbón, gas e
Vulcanismo petróleo

3.2 Ciclo do nitróxeno


Tamén atopa a súa principal reserva na atmosfera. Non obstante trátase dun gas pouco
reactivo, polo que a súa incorporación ós ecosistemas faise lentamente e so mediante organismos
moi específicos.

6
o Fixación. Trátase da transformación do N2 en outros compostos asimilables polo metabolismo.
Os organismos fixadores son maiormente bacterias e cianobacterias que converten o N2
atmosferico en amonio (NH4+). Moitas delas viven en simbiose nas raíces de certas plantas
como leguminosas, coas que comparten este nitróxeno fixado a cambio de moléculas orgánicas
sintetizadas pola planta.
o Nitrificación. Consiste en reaccións oxidativas que transforman o amoníaco en nitritos
(Nitrosomonas) e os nitritos en nitratos (Nitrobacter). Estas bacterias reciben por elo o nome de
nitrificantes.
o Desnitrificación. Existen tamén bacterias desnitrificantes, que transforman os nitratos en N2
que difunde cara á atmosfera.

A nivel atmosférico tamén teñen lugar reaccións polas que o N2 dá lugar espontaneamente a
óxidos de nitróxeno (NOx). Estes reaccionan coa auga formando HNO3 que cae coa choiva.

A humanidade tamén intervén no ciclo do nitróxeno de varios xeitos:


o Os procesos de combustión a altas temperaturas (en motores de automóbiles, etc) forman NO2,
que se libera á atmosfera. Alí reacciona co vapor de auga formando ácido nítrico (HNO 3) que
cae coa choiva dando lugar ó fenómeno da chuvia ácida.
o A fixación industrial do nitróxeno atmosférico para convertelo en amoníaco e fertilizantes.
o O abonado excesivo dos cultivos provoca unha liberación de N2O á atmosfera, o que por outra
parte contribúe ó efecto invernadoiro).

3.3 Ciclo do fósforo

O fósforo non ten reservas atmosféricas apreciables, atópase maioritariamente


inmobilizado nos sedimentos oceánicos formando parte da litosfera. O seu proceso de liberación é
moi lento por depender do ciclo xeolóxico (105 - 108 anos), razón pola que constitúe o principal
factor limitante, considerándose por iso un recurso non renovable.
Trátase dun constituínte importante das biomoléculas que ademais está presente en
estruturas ríxidas como cunchas e ósos.

7
Entre as accións biolóxicas sobre o fósforo está a que desenvolven as plantas, que asimilan
fosfatos inorgánicos para os seus procesos de biosíntese aportando así fósforo aos demais niveis
tróficos. As aves mariñas xeran grandes depósitos de guano que conteñen unha importante
cantidade de fósforo. Certas bacterias poden reciclar fosfatos orgánicos a inorgánicos.

Acción humana:
- Extracción de fósforo en depósitos sedimentarios e aplicación de fosfatos para os
cultivos.
- Enriquecemento en fosfatos nas augas onde desembocan redes de sumidoiro, granxas
para o engorde animal ou áreas de cultivo.

3.4 Ciclo do xofre


Entre os procesos máis salientables están:
 As plantas e certas bacterias incorporan o sulfato que transforman en outras formas de xofre
orgánico para utilizalo na biosíntese vexetal e tamén poder ser transferido ós demais niveis
tróficos. Os seres vivos, ó morrer, libérano e por descomposición convértese en H2S pasando á
atmosfera e a outros sistemas terrestres.
 Na atmosfera o H2S oxídase rapidamente formando H2SO4 que coa choiva devolve xofre ó mar.
 Os volcáns incrementan a cantidade de SO2 que se oxidará a H2SO4, contribuíndo de maneira
natural á chuvia ácida.
 A acción humana libera SO2 na atmosfera mediante a queima de combustibles fósiles,
oxidándose a ácido sulfúrico.

CUESTIÓNS:
1. No seguinte ecosistema costeiro aparece
claramente unha distribución por zonas das
diferentes poboacións. ¿Cal pode ser o factor
ambiental que. determina esta distribución?.
¿Que poboacións se verán máis restrinxidas a
causa de dito factor?.

2. No mar atópanse substancias en disolución (sales) que son empregadas para a alimentación
das algas microscópicas constituíntes do plancto vexetal (fitoplancto). Xunto ó plancto vexetal
existe unha gran cantidade de animais microscópicos ou zooplancto, que se alimentan do
fitoplancto. Os mexillóns e outros organismos filtradores recollen da auga o plancto (animal e
vexetal) pois é a súa mantenza. As estrelamares abren as cunchas dos mexillóns e outros moluscos,
devorándoos. Indica a que nivel trófico pertence cada unha das especies citadas. ¿Falta algún
nivel?. Indícao.
3. “Na baía xaponesa de Minamata, durante a década de 1950, unha misteriosa epidemia afectou a
familias enteiras, principalmente de pescadores. Os numerosos enfermos sufrían graves
trastornos do sistema nervioso que se manifestaban por danos na vista e o oído, problemas de
locomoción ou da fala e perdas da razón, contándose case un cento de mortos. A citada
enfermidade tamén afectaba ós gatos. Tanto persoas como animais nutríanse sobre todo de
peixe. Tras longas investigacións deduciuse que a orixe de tal doenza era o mercurio vertido ó
mar por unha fábrica local”.
a) A partires deste e outros casos semellantes estableceuse o termo bioacumulación. Cal

8
pode ser o seu significado?.
b) Será a mesma concentración de toxina nos niveis tróficos baixos que nos altos? Por que?
c) Elabora a cadea trófica pola que circula o mercurio ata chegar ó ser humano .
4. Na rede trófica que se ilustra indica a que nivel trófico corresponden as diferentes poboacións.
O visón americano é un animal
carnívoro pertencente ó grupo
dos mustélidos, tales como a
doneciña, furón ou teixugo.
Actualmente, o visón é criado en
granxas de Europa para a
industria da peletería, non
obstante, cada ano escapan
moitos exemplares ata os
montes próximos. ¿Que
problema supón a introdución
desta especie foránea nos
montes europeos?. ¿Cal será o
posible resultado ó cabo de
certos anos?.

5. A seguinte táboa representa os valores dun ecosistema acuático.

a) Debuxa a pirámides de biomasa e de BIOMASA PRODUCIÓN


enerxía correspondentes. (kg/km2) (kg/km2.ano)
b) Como se explica que a biomasa dos
Fitoplancto 8000 18000000
produtores sexa inferior á dos consumidores
primarios.
Zooplancto herbívoro 16000 100000
c) Calcula a produtividade e o tempo de
renovación (medido en días) para cada nivel. Zooplancto carnívoro 4000 8000

Peixes 1800 900

6. Un barco naufraga fronte ás costas dunha illa descoñecida, cun solo rochoso e duro, desprovisto
de vexetación.
A tripulación logra salvarse e consegue levar a
terra unhas poucas ovellas e varios sacos de trigo.
Ante a supervivencia non conseguen poñerse de
acordo na alimentación.
¿Poderías decidir ti por eles para que a súa
supervivencia sexa o máis longa posible?.

7. Algúns expertos din que se a poboación mundial segue medrando como agora, as persoas
deberán cambiar os costumes alimentarios e facerse vexetarianos. ¿Cres que isto ten algún
fundamento? ¿Pensas que a situación dos países superpoboados como a India ou China sería
mellor se a súa dieta se fundamentase nos alimentos de orixe animal?.

9
8. Enche o seguinte encrucillado cos termos que se definen a continuación:

CUESTIÓNS DE SELECTIVIDADE

1. ¿Como se denominan este tipo de gráficas? ¿Por que? ¿Que nome


reciben os compartimentos que aparecen na gráfica?
¿Por que hai unha forte diminución da enerxía nos
compartimentos a medida que estes están más próximos ó cume?
¿Por que o número de elos é tan reducido?
¿Que ocorre coa enerxía de cada compartimento da gráfica que
non é aproveitada polo seguinte? Razoa a resposta

2. ¿Que tipos de pirámides ecolóxicas coñeces? ¿A cal corresponde a da figura? Comenta a información que achega a
pirámide.
¿O número de niveis tróficos dun ecosistema pode ser ilimitado? Xustifica a túa resposta.
¿Podería existir un ecosistema sen o nivel trófico dos descompoñedores? Razoa a resposta.

10
3. A seguinte figura mostra o ciclo do fósforo. ¿Como afectan ó ciclo do fósforo o abuso de fertilizantes químicos e o
uso de deterxentes con fosfatos?
¿Como pode afectar a pesca ó ciclo do fósforo?
¿Por que se considera o fósforo un recurso non
renovable?

4. Nun ecosistema, ¿a produción neta (Pn) dun nivel trófico determinado pode ser superior á produción neta do nivel
trófico anterior? Razoa a resposta.
O ciclo bioxeoquímico do xofre é un dos máis alterados polo home. ¿Cal é o principal modo en que se produce esa
alteración, e cales son os seus efectos sobre os ecosistemas?

5. ¿Cal é a causa de que nun ecosistema exista menos biomasa de mamíferos carnívoros que de herbívoros?
¿Por que procesos naturais se incorpora o carbono desde a biosfera ata a atmosfera?, ¿e á inversa? Realiza unha
breve explicación.

6. ¿Que importancia ten a fotosíntese nun ecosistema? Enumera os factores limitantes.

7. Na rede trófica que se esquematiza, distingue dúas cadeas tróficas, unha de


tres niveis e outra de catro, e indica, razoando a resposta, cál delas recibe
máis enerxía no último elo.
¿En que se diferenza un organismo produtor dun consumidor? Clasifica nun
ou outro grupo aos diferentes organismos da rede trófica que se esquematiza.
Explica que consecuencias tería, na rede trófica que se esquematiza, a
desaparición dos produtores. Explica tamén as consecuencias que tería a
desaparición dos carnívoros finais.

8. ¿Como afecta ao ciclo do fósforo o abuso de fertilizantes químicos e o uso de deterxentes con fosfatos?
¿Cal é a diferenza entre unha rede e unha cadea trófica? Cita un exemplo de cada unha delas
¿Podería existir un ecosistema sen o nivel trófico dos descompoñedores? Razoa a resposta.

9. Calcula a taxa de renovación (en % anual) e o tempo de renovación (en anos) medio de cada ecosistema (emprega
só as columnas de valores medios, non a de rango de variación).
Interpreta as diferenzas nas taxas de renovación (ou en tempos de renovación) atopadas entre bosques, matogueiras
e océanos.
¿Por que son tan baixos os valores na produción Primaria Neta e na Biomasa oceánica?

11

You might also like