You are on page 1of 4

ANÁLISE DUNHA DIETA

Nome: …………………………………………………………………………… Grupo: …….. Nº: ……


PESO ENER. Macronutrientes Micronutrientes
COMIDAS
NETO TOTAL (anotar cantidade en gramos) (indicar soamente o tipo)
ALIMENTOS Gramos Kcalorías Glícidos Lípidos Proteínas Vitaminas Minerais Fibra
ALMORZO

Total almorzo
MERENDA MAÑÁ

Total merenda
COMIDA

Total comida
MERENDA

Total Merenda
CEA

Total Cea
TOTAL
DIETA

1. Durante un día anota todos os alimentos inxeridos sen esquecer o sal, o aceite e a auga.
Debes separar os distintos alimentos dunha comida. Por exemplo non podes poñer bocadillo de xamón e
queixo, debes por nunha fila pan, noutra queixo e noutra xamón. (Cantidades aproximadas).
ANÁLISE DUNHA DIETA

Debes responder razoadamente todas as cuestións, e no caso das actividades que impliquen cálculos
matemáticos debes incluír todas as operacións ata chegar ao resultado final.

2. a) Calcula o valor do teu I.M.C. ( I.M.C. = PESO (kg) / ALTURA (m)2)


Sexo:___ (* M = Muller // H = Home) Idade:____ Altura (m):_____ Peso (kg):_____
IMC:

2. b) Segundo o valor do teu I.M.C. estás en:


baixopeso normopeso sobrepeso obeso obesidade mórbida

3. Calcula o teu gasto metabólico basal (GMB) (fórmulas de clase, anota cálculos e unidades):

4. a) Indica cal foi a túa actividade física durante o día (inclúe o tipo de actividade e o tempo que a
realizaches):

4. b) Calcula o teu gasto por actividade física (GAF), é dicir, a enerxía empregada nas actividades
anteriores:

5. Calcula o teu gasto total de enerxía (inclúe os cálculos e as unidades):

6. Dirías que é adecuada a inxesta correspondente a esta xornada en relación coa actividade realizada?
Por que? Razoa a túa resposta. (Se non sabes que poñer pregunta a túa profesora)

7. a) Calcula a porcentaxe enerxética (quilocalorías) correspondente a cada unha das inxestas do día:

Almorzo:

Merenda recreo:

Xantar:

Merenda:

Cea:
ANÁLISE DUNHA DIETA

7. b) Tendo en conta que as necesidades calóricas diarias deben distribuírse: 20% no almorzo, 10%
merenda media mañá, 35% no xantar, 15% na merenda e 20% na cea, indica se é correcta a distribución.
Razoa a túa resposta, e propón como poderías mellorar.

8. a) Calcula a porcentaxe de enerxía (quilocarías) que te aporta cada grupo de macronutrientes:


Total proteínas = Aporte enerxético =
% de kcal de proteínas =

Total lípidos = Aporte enerxético =


% de kcal de lípidos =

Total glícidos = Aporte enerxético =


% de kcal de glícidos =

8. b) Sabendo que a distribución calórica debe proceder: 50-55% dos glícidos, 30-35% dos lípidos e 10-15%
das proteínas, dirías que é adecuada a túa inxesta?

9. a) Sabendo que as necesidades proteicas diarias dun adolescente son aproximadamente de un gramo
por cada kg. de peso e día, foi adecuada a túa inxesta? Fai os cálculos e razoa a túa resposta.

10. a) Calcula a porcentaxe dos gramos de proteínas que obtiveches de orixe animal e vexetal:

10. b) Sabendo que 1/3 das proteínas deben ser de orixe animal e o resto de orixe vexetal, foi adecuada a
túa inxesta? Razoa a túa resposta.
ANÁLISE DUNHA DIETA

11. Con toda a información que aprendimos en clase, e a recollida nesta actividade, realiza un informe
cunha reflexión sobre a túa dieta na que debes ir contestando as seguintes preguntas mentres expós a
túa opinión:
- Sigo unha dieta equilibrada? A que se debe?
- De non seguila, que produtos debería consumir en maior cantidade?
- Tería que reducir o consumo dalgún tipo de alimento? Por que?
- Realizo as 5 comidas diarias recomendadas?
- Realizo unha actividade física adecuada? Como podo mellorar?
- Se desexamos corrixir a dieta anterior debería…

You might also like