You are on page 1of 3

Guión de prácticas

Adentrándose no mundo microscópico


Práctica 1. Observación microscópica de células de epitelio bucal

Introdución

Todos os seres vivos, incluído o ser humano, están formados por células. Nos organismos
pluricelulares existen distintos tipos celulares que funcionan coordinadamente e se atopan
organizados en tecidos, que a súa vez conforman órganos, aparellos e sistemas de
diversa complexidade. Cada tipo celular presenta unhas características e funcións
determinadas nun tecido ou órgano concretos. No caso que nos ocupa, imos observar ao
microscopio óptico células animais do epitelio bucal humano, un tecido de revestimento
que tapiza e protexe a superficie interna da nosa boca.

Material

• Microscopio óptico • Pipeta Pasteur

• Portaobxectos e cubreobxectos • Placa de Petri

• Papel de filtro • Chisqueiro

• Bastonciños ou palillos • Colorante azul de metileno

Método experimental

1. Coloca un papel de filtro limpo e seco sobre o teu posto de traballo.

2. Raspa suavemente a cara interna das meixelas cun bastonciño ou cun palillo ata
cando observes un acúmulo branco e mucoso sobre o bastonciño/palillo.

3. Coloca unha pequena gota de auga sobre un portaobxectos limpo e deposita sobre
a mesma a mostra extraída co bastonciño/palillo.

4. Realiza un frotis empregando o bastonciño/palillo. Neste caso, realizar un frotis non


é máis que estender a gota de auga coa mostra pola superficie do portaobxectos.

5. Acende o chisqueiro e realiza pequenos pases da preparación sobre a chama, o


que permitará secar e fixar a mostra ao portaobxectos. A mostra non debe entrar
en contacto directo coa chama e os pases deben ser de curta duración.
6. Coloca a preparación sobre unha placa de Petri e engade sobre a mostra unhas
gotas de azul de metileno. Deixa repousar 5 minutos.

7. Pasados 5 minutos, lava o exceso de colorante coa axuda do frasco lavador.


Debes aplicar un chorro suave de auga sobre un extremo do portaobxectos, de
xeito que esvare sobre a preparación. Deixa repousar a preparación ata que seque.

8. Unha vez seca, coloca o cubreobxectos sobre a preparación suavemente. Xa


podes observar a preparación ao microscopio óptico.

Práctica 2. Observación microscópica de células epidérmicas de cebola

Introdución

As plantas son organismos pluricelulares integrados por células vexetais. Ao igual que
acontece nos animais, as células das plantas atópanse organizadas en tecidos e órganos,
aínda que menos complexos que os presentes na maioría dos animais. Ademais, existe
unha menor diversidade de tipos celulares e as diferenzas entre os mesmos adoitan ser
menos notorias que no caso dos animais. A continuación ides preparar unha mostra de
tecido epidérmico de cebola co obxectivo de observar as células que o integran ao
microscopio. Ao igual que no caso anterior, o tecido epidérmico é un tecido protector de
revestimento, neste caso recubrindo as numerosas capas do bulbo da cebola.

Material

• Microscopio óptico • Frasco lavador

• Portaobxectos e cubreobxectos • Pipeta Pasteur

• Papel de filtro • Placa de Petri

• Pinzas • Colorante verde de metilo

Método experimental

1. Coloca un papel de filtro limpo e seco sobre o teu posto de traballo.

2. Abre unha cebola e, coa axuda dunhas pinzas, separa unha fina membrana
adherida á cara interna das capas do bulbo.

3. Coa axuda dunha pipeta Pasteur, deposita unha gota de auga sobre un
portaobxectos e pon sobre o mesmo a membrana extraída no paso anterior. Coloca
a membrana con cuidado, evitando a formación de pregos e rugosidades.
4. Coloca a preparación sobre unha placa de Petri e engade sobre a mostra unhas
gotas de verde de metilo. Deixa repousar 5 minutos.

5. Pasados 5 minutos, lava o exceso de colorante coa axuda da pipeta Pasteur.


Continúa ata que a mostra non solte máis colorante.

6. Coloca suavemente un cubreobxectos sobre a preparación, evitando que se


formen burbullas e rugosidades na membrana. Xa podes observar a preparación
ao microscopio óptico.

You might also like