You are on page 1of 9

Pro

xec
to
do
CEI
P
Plu
Xustificación:

A biblioteca escolar do centro precisa dunha forte renovación así como dunha promoción
dentro da comunidade educativa, que revitalice a oferta bibliográfica, fomente o hábito
lector e permita a adquisición das competencias básicas. Para todo iso, é necesaria unha
forte inversión con modificación e reformas que implican cambios tanto cuantitativos como
cualitativos, así coma unha renovación de espazos, mobiliario axeitado, novos
exemplares, actualización de termináis, de programas informáticos, catalogación máis
precisa dos fondos que hai no centro… Pero, sobre todo, o plan de mellora da biblioteca
debe implicar un cambio de mentalidade en toda a comunidade educativa, que vexa a
biblioteca escolar coma eixe vertebrador dos procesos de ensino-aprendizaxe. Por todo
isto, é imprescindible un forte compromiso sobre todo do profesorado, para que sexamos
os primeiros en impulsar e ofrecer unha biblioteca e uns servizos de calidade a toda a
comunidade educativa.

Análise da situación de partida da biblioteca e o seu contexto:

Na actualidade, no centro existen 2 bibliotecas escolares, unha de infantil situada no


edificio de dita especialidade e unha de primaria ubicada na planta Baixa do edificio de
primaria, a carón da porta de acceso a 1º, 2º e 3º

A biblioteca de infantil conta con

A biblioteca de primaria conta con

Hai un equipo de dinamización da biblioteca cun mestre ao seu cargo, que se encargarán
da organización e funcionamento da biblioteca. É un espazo aberto a todos, cun servizo
de préstamo informatizado, aínda que a escasa participación do profesorado fai que a
clasificación e rexistro de exemplares se ralentice. Á vez hai unha gran cantidade de libros
que contan con moitos anos, polo que haberá que realizar unha expurga de todo aquel
material anticuado, desfasado ou en moi mal estado.

Precísase unha renovación e crear diferentes espazos, así coma mobiliario adaptado ás
diferentes idades. Hai unha grande cantidade de material propio que se atopa espallado
polos diferentes espazos do centro que se tentarán xuntar e organizar para deixar todo
rematado durante o presente curso escolar.

Análise das necesidades de renovación e actualización dos fondos documentais:


Na actualidade é precisa unha renovación de moitas das colección existentes, posto que
as inversión realizadas nos últimos anos, foron insuficientes. Tamén se necesita unha
actualización dos fondos documentais, xa que as novidades do mercado sn moi atraíntes
e altamente motivadoras para o alumnado que se quere iniciar no hábito lector

Tamén se fai necesaria a inclusión da biblioteca no mundo das TIC’s, para o cal se
precisa un novo ordenador para levar a cabo o rexistro dos exemplares existentes e
rexistro de préstamos, así coma de ordenadores para dar acceso a Internet. Precísase da
instalación dunha pizarra dixital para realizar lecturas en pequeño grupo e así contribuir a
desenvolver as competencias básicas e a facilitar a consecución dos obxectivos
plantexados no proxecto lector de centro.

Será necesario suscribirse a revistas de renovación pedagóxica para o profesorado así


coma as revistas infantís, e así crear o hábito lector informal.

Precísase dun investimento importante na creación de publicación trimestrais para dar a


coñecer á comunidade educativa, as normas de biblioteca, os horarios de visita, as
novidades…

Xunto ao exposto, é necesaria unha renovación do espazo así coma do mobiliario


existentes: paneis con rodas, novos estantes abertos sen portas, estantes baixos, novas
mesas de lectura, sofás para a lectura informal…

Obxectivos:

 Reordenar as bibliotecas existentes do centro de xeito que inclúan todo o material


bibliográfico existente no centro, diferenciando espazos para as diferentes etapas e
ciclos de infantil e primaria.
 Rexistrar a totalidade do material bibliográfico existente tanto en soporte libro coma
noutro de calquera tipo convertido á biblioteca no centro neurálxico do cole.
 Solicitar formación especializada sobre o funcionamento e organización de bibliotecas
escolares para os membros que forman o equipo de biblioteca e outros mestres
interesados.
 Utilizar a biblioteca coma centro de recursos que permita adquirir as competencias
básicas así coma recurso de apoio ao plan lector do centro
 Involucrar ao alumnado en actividades motivadoras e atractivas que favorezan o
emprego da biblioteca escolar (creación de marcapáxinas, elaboración de traballos
sobre temas específicos, premios aos máis lectores, sesión de contacontos…)
 Implicar ao profesorado no funcionamento e promoción da biblioteca escolar,
contando coa colaboración do equipo directivo, dos ciclos e outros equipos de
dinamización presentes no centro.
 Aportar material editorial ao profesorado que facilite a súa tarefa docente.
 Colaborar coa Equipa de Normalización Lingüística, ofertando actividades que
promovan o emprego do galego.
 Facer aportacións á Equipa de Actividades Complementarias e Extraescolares, sobre
as diferentes celebración e actividades nas que a biblioteca escolar participe e teña
cabida (Samaín, Día da paz, Entroido, Día do libro, Letras Galegas…)
 Colaborar e contar coa colaoración do Departamento de Orientación do centro,
facilitando recursos a posible alumnado con ANEAE
 Promover actividades puntuais para docentes, alumnado e familias. Xornadas de
portas abertas, xornadas de contos para alumnado, contos de risa, xornadas de
reciclaxe, xornadas de reparación de libros…
 Facilitar a consecución dos obxectivos do programa PROA, facilitando os recursos
existentes na biblioteca.
 Buscar a colaboración de entidades externas ao centro que faciliten a labor da
biblioteca.
 Participar en actividades de formación que permitan mellorar a calidade, eficacia e
eficiencia da biblioteca escolar.
 Ofertar os servizos da biblioteca a toda a comunidade educativa.
 Incluír as actividades da biblioteca nos documentos oficiais do centro.
 Crear un espazo de lectura en idiomas extranxeiros.
 Crear espazos para a lectura informal e para traballos grupais: talleres de lectura,
reparacións de libros, traballos puntuais…
 Crear un espazo de “Novidades lectoras”

Tipo de organización e funcionamento:

É imprescindible un compromiso de todo o profesorado para lograr unha boa


organización e funcionamento, así coma a colaboración do profesorado.

Haberá unha hora semanal asignada a cada aula para asistir á biblioteca do cole, onde
os titores ou mestre responsable leven ao alumnado á biblioteca. Tódolos mestres serán
coñecedores do funcionamento do programa da biblioteca para realizar o servizo de
préstamo.

Este horario estará exposto na porta da biblioteca para dalo a coñecer a toda a
comunidade educativa.

Xunto a esas horas asignadas a cada grupo, haberá horas que quedarán libres, que se
poderán cubrir completar polos mestres que as soliciten aos responsables da biblioteca.

Ademais do citado arriba, o servizo de biblioteca voltará a estar disponible nos recreos
para o vindeiro curso coa “nova normalidade” e elaborarase unha lista de gardas de
biblioteca formada por todo o profesorado que irá rotando ao longo do curso, o que
implica un coñecemento do funcionamento da biblioteca.

O responsable da biblioteca xunto co grupo de apoio serán os responsables da


elaboración dos horarios da biblioteca, así coma de formar ao profesorado sobre o
funcionamento da biblioteca, normas e servizos de préstamo. A elaboración e posta en
práctica de tarefas, actividades, xornadas e todo tipo de propostas que faciliten a
consecución dos obxectivos deste plan, así coma a motivación cara a lecturado
alumnado do centro.

Actuacións por trimestres:

1º TRIMESTRE:

 Incluír no boletín informativo que se entrega a principio de curso ás familias, o


funcionamento da biblioteca.
 Elaborar horarios de biblioteca e dalos a coñecer á comunidade educativa.
 Actualizar a documentación necesaria para pór en marcha o sistema de préstamo de
libros.
 Elaborar paneis informativos sobre normas de uso e fucionamento da biblioteca.
 Seleccionar e adquirir mobiliario axeitado para os novos espazos a crear na
biblioteca.
 Seleccionar e adquirir mobiliario axeitado para os novos espazos a crear na
biblioteca.
 Elaborar tríptico informativo sobre as actividades da biblioteca para este trimestre.
 Participar en cursos de formación referentes a organización e funcionamento de
bibliotecas escolares.
 Promocionar a biblioteca a través de diferentes medios (páxina web do cole, ABALAR
ás familias…)
 Crear un novo blogue da biblio
 Explicar ao alumnado de 5º e 6º o funcionamento da biblioteca escolar.
 Divulgar entre o profesorado o listado de libros e exemplares dispoñibles no centro,
coa recomendación das idades para as que están aconsellados.
 Suscribirse a revistas de corte pedagóxico como Maestra Infantil, Maestra de
Primaria, Reportero DOC) para a consulta do profesorado.
 Aportar xornal diario de La Voz de Galicia e Faro de Vigo
 Continuar e realizar o seguemento do “Libro viaxeiro” do centro a partires do próximo
curso escolar.
 Solicitar actividades promocionais da lectura a organismos públicos e editoriais.
 Ofertar ás familias listados de libros apropiados para datas puntuais tales coma
Nadal, vacacións de verán…
 Dar a coñecer a mascota da biblioteca través de imaxes, concursos, o propio blogue e
a súa figura presente na biblio de primaria.

2º TRIMESTRE:

 Continuar coa catalogación de libros e material existente.


 Elaborar tríptico informativo sobre as actividades da biblioteca para o trimestre
 Organizar actividades puntuais referidas a celebración incluidas na PXA para o
trimestre.
 Actualizar o blogue da biblio
 Traballar dende a biblioteca de forma anticipada as posibles actividades que se
oferten desde o centro.
 Colaborar coa Equipa de Normalización Lingüística na elaboración de carteis para
datas sinaladas ou para as diferentes conmemoracións do trimestre
 “Celebración do Día da Paz” ofertando libros axeitados para cada idade. Os mestres
voluntarios lerán unha parte do libro escollido á clase que se lle asigne. A
continuación, cada titor/a abrirá un debate refirido á lectura anterior co seu alumnado.
 “Celebración do Día da Árbore”. O alumnado redactará unha frase ou palabra que
simbolice ou resalte aspectos positivos do coidado, beneficios… que aportan as
árboles.
 “Celebración do Entroido”. O alumnado de 3º ciclo creará unha exposición con carteis
e muráis sobre aspectos alusivos ao Entroido tradicional galego.
 “Sesión de contacontos”. O alumnado e familias dispostos a participar contarán
contos escollidos por eles a alumnado de cursos inferiores.
 “Semana da interculturalidade” Tendo en conta a cantidade de alumnado existente no
centro doutros países, preténdese con esta actividade achegar a toda a comunidade
educativa costumes, formas de vida…
 “Celebración do Día do Libro e a Semana da Prensa”. Esta actividade deseñouse
para darle continuidade á labor de fomento da lectura coma fonte de información, co
obxectivo de traballar a prensa en formato impreso e dixital como nova vía de
adquisición e tratamento de datos.

3º TRIMESTRE:

 Elaborar tríptico informativo sobre as actividades da biblioteca para este trimestre.


 Continuar coa catalogación de libros e material existente.
 Organizar actividades puntuais referidas a celebración incluidas na PXA para este
trimestre.
 Actualizar o blogue
 Traballar desde a biblioteca de forma anticipada, as posibles actividades que se
oferten ao centro.
 Colaboración coa Equipa de Normalización Lingüística na elaboración de carteis para
datas sinaladas, ou para as diferentes conmemoracións do trimestre.
 “Taller de recuperación”. Ao longo do 3º trimestre levarase a cabo este taller no que
participarán os mestres implicados co alumnado correspondente coa finalidade de
recuperar o material en mal estado
 “Celebración do Día do libro”. Tratarase de que alguna das editoriais coas que
traballamos ou organismo público invite a un contacontos, que coa maxia dos
mesmos axude máis á promoción do hábito lector.
 Celebramos o Día Internacional das bibliotecas escolares.

Tarefas e funcións:

COORDINADOR:

Nome: José Vilar López. Titor de Educación Primaria


Dispoñibilidade semanal: 2 horas

Tarefas e funcións:

 Elaborar a programación anual da biblioteca escolar e a memoria final.


 Colaborar co deseño e posta en marcha do proxecto lector de centro.
 Organizar e coordinar o equipo da biblioteca, catalogacións, clasificación, actividades
de promoción da lectura, servizo de préstamo…
 Informar ao claustro das actividades da biblioteca.
 Convocar reunións e levantar acta das mesmas.
 Asistencia a xornadas do PLAMBE, así coma otras xornadas de formación
 Formar parte da Comisión de Coordinación Pedagóxica

MEMBROS DO EQUIPO:

Nomes e dispoñibilidade semanal:

Tarefas e funcións:

 Asistencia a reunións convocadas polo responsable da biblioteca escolar.


 Recoller propostas de profesorado e plantexalas na reunión de biblio
 Cooperar no funcionamento xeral da biblioteca.

Criterios e procedementos de avaliación:

A avaliación da organización e funcionamento da biblioteca levarase a cabo tendo en


conta os seguintes aspectos:

 A utilización da biblioteca nas horas asignadas.


 grao de funcionalidade do servizo de préstamo.
 As suxestións dos diferentes usuarios.
 grao de implicación tanto dos componentes do equipo coma do resto do claustro.
 As actividades propostas: a súa organización, temporalización, recursos, espazos…
 O grao no que se conseguen obxectivos do proxecto lector.
 A funcionalidade da biblioteca.
 A utilización en tempos de recreo (cando se dea por finalizada a pandemia)
Coma posibles instrumentos de avaliación, elaboraranse enquisas que faciliten a
recopilación da información para avaliar os aspectos aquí expostos. Será precisa unha
avaliación continua, na que se analizarán as actividades realizadas, o funcionamento, o
sistema de préstamo, os espazos, os servizos ofertados, horarios… Tdo isto quedará
rexistrado na memoria final, coa finalidade de buscar posibles solucións e melloras do
servizo que se pretende ofertar.

You might also like