You are on page 1of 2

BIOLOXÍA BLOQUE 2: BASE MOLECULAR E FISIOQUÍMICAS DA VIDA.

ENLACES:

Enlaces covalentes, enlace iónico, forzas de Van Der Waalls, enlaces ou Pontes de hidróxeno.

ENLACE COVALENTE

É un tipo de enlace que se forma cando dous átomos comparten un ou máis pares de electrones. Se comparten 2
electróns, un cada átomo, é un enlace simple; se comparten 4, dous cada un, o enlace é dobre e se son 6, o enlace é
triple.

Este enlace ten lugar entre átomos que teñen alta electronegatividade.

Cando os átomos unidos teñen unha electronegatividade similar, o enlace chámase APOLAR.

Cando os átomos son diferentes, o máis electronegativo atraerá con máis forza os electróns compartidos, creando
unha polaridade, é dicir, a molécula terá zonas con carga eléctrica positiva e outras con carga negativa. Este enlace
covalente é POLAR.

ENLACE IÓNICO

Este enlace ten lugar entre átomos que teñen distinta electronegatividade.

Un dos átomos ten moita tendencia a gañar electróns para completar a súa capa de valencia: fórmase un ión
negativo; o outro ten moita tendencia a perdelos e fórmase un ión positivo. A unión entre eles é debida a atracción
electrostática entre ións de carga oposta.

Os compostos iónicos forman redes cristalinas.

FORZAS DE VAN DER WAALS

Son forzas moi débiles e para ser efectivas as moléculas teñen que estar moi próximas. Explican fenómenos como a
difusión ou a tensión superficial.

Participan nas unións encima-substrato e Ax-Ac.

ENLACES DE HIDRÓXENO

Son enlaces débiles que se deben a maior ou menor electronegatividade dos elementos que participan nun enlace
covalente.

Prodúcense entre moléculas que conteñen un átomo de hidróxeno unido a O, F, N.

A alta electronegatividade e o pequeño tamaño destes átomos fai que os electróns compartidos se sitúen máis preto
deles xerando un exceso de carga negativa. Sobre o átomo de H haberá un exceso de carga positiva. Este enlace é
responsable de moitas das propiedades da auga.

You might also like