You are on page 1of 23

A MADEIRA

Breve introdución
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

ÍNDICE
A MADEIRA ........................................................................................................................................................... 2
1. OS MATERIAIS.............................................................................................................................................. 2
1.1. Clasificación dos materiais ..................................................................................................................... 2
1.2. Propiedades dos materiais ...................................................................................................................... 3
2. A MADEIRA ................................................................................................................................................... 6
2.1. Propiedades da madeira: ......................................................................................................................... 7
2.2. Proceso de obtención da madeira ........................................................................................................... 8
2.3. Tipos de madeira .................................................................................................................................. 10
2.4. Derivados da madeira .......................................................................................................................... 11
2.5. Outros derivados da madeira ............................................................................................................... 12
2.5.1. O papel ............................................................................................................................................. 12
2.5.2. O cartón............................................................................................................................................ 13
2.6. FERRAMENTAS................................................................................................................................. 14
2.6.1. Medida e trazado ......................................................................................................................... 14
2.6.2. Suxeición ..................................................................................................................................... 15
2.6.3. Lixado .......................................................................................................................................... 15
2.6.4. Corte ............................................................................................................................................ 16
2.6.5. Furado .......................................................................................................................................... 17
2.6.6. Arranque .................................................................................................................................... 18
2.6.7. Cravado ...................................................................................................................................... 18
2.6.8. Unión por elementos .................................................................................................................... 19
2.7. PEGADO.............................................................................................................................................. 20
2.8. ACABADOS ........................................................................................................................................ 21
2.9. IMPACTO AMBIENTAL ................................................................................................................... 22

Páxina 1
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

A MADEIRA

1. OS MATERIAIS

1.1. Clasificación dos materiais

Os materiais segundo a súa orixe pódense clasificar en:

a. Materiais naturais: Materiais que se atopan na natureza coma o algodón, a


madeira, o cobre... .

b. Materiais artificiais : Materiais creados polo home a partires de materiais


naturais, coma o formigón, o vidro, o papel, os plásticos,...

c. Outros materiais : En ocasións é necesario combinar propiedades de varios


materiais nun só. Un exemplo é o do tetrabrick, formado por capas de
material: plástico, cartón e aluminio. O plástico fai que sexa impermeable, o
cartón achega resistencia e o aluminio conserva os alimentos. Outros
materiais son fibra de vidro, fibra óptica,...

d. Aliaxes : Os materiais metálicos non se utilizan en estado puro, senón


formando aliaxes, composta pola mestura homoxénea de dous ou máis metais,
como o aceiro, o bronce, o latón,...

Páxina 2
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

1.2. Propiedades dos materiais

As propiedades dun material defínense como o conxunto de características que fan


que se comporte dun determinado xeito fronte a factores externos como a luz, a calor
ou a aplicación de forzas.

1. Propiedades eléctricas:

a. Condutividade eléctrica: capacidade dos materiais para permitir o paso


de corrente eléctrica. Si permiten o paso da corrente eléctrica
chámanse condutores e se o impiden illantes.

2. Propiedades ópticas: Capacidade dos materiais para permitir o paso da luz ao


incidir sobre eles:

a. Opacos: Non permiten ver a través deles.


b. Translúcidos: Permiten o paso de luz a través deles pero non deixan ver
con nitidez .
c. Transparentes: Os obxectos vense claramente a través deles.

3. Propiedades térmicas: Comportamento da materiais fronte á calor. As


propiedades máis importantes son a condutividade térmica, a dilatación, a
contracción e fusibilidade.

4. Propiedades mecánicas :comportamento dos materiais fronte á acción de


forzas exteriores.

a. Elasticidade: A elasticidade é propiedade do materiais de recuperase o


seu tamaño e forma orixinais cando deixan de actuar sobre eles a forza
que os deformaba.

b. Plasticidade :A plasticidade e a propiedade dos materiais para adquirir


deformacións permanentes cando actúa sobre eles unha forza.

c. Maleabilidade: É a capacidade dos materiais para estenderse en forma


de láminas.

d. Ductilidade: É capacidade dalgúns materiais para estenderse en forma


de fíos ou cables.

e. Dureza: É a resistencia que opón un material a ser raiado ou penetrado


por outro.

Páxina 3
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

f. Resistencia mecánica: A resistencia mecánica é a propiedade dalgúns


materiais de soportar esforzos sen romper. Esta resistencia mecánica
varía segundo o tipo de esforzo que actúe sobre eles como compresión,
tracción ou flexión. A madeira soporta mellor a tracción que a
compresión, mentres que os materiais pétreos soportan mellor a
compresión que a tracción.

g. Tenacidade :É a resistencia que ofrece un material a romper cando se


golpeado.

h. Fraxilidade: É a facilidade ofrece un material a romper cando se


golpea.

5. Propiedades acústicas: É a resposta dos materiais fronte a estímulos


externos como o son.

Páxina 4
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

6. Propiedades físicas:

a. Densidade: É a relación entre o que ocupa un corpo é a súa masa.

d=m/V

b. Porosidade: Os materiais porosos presentan ocos (poros) onde pode


acumularse auga ou outro líquido. Esta propiedade está relacionada coa
densidade, canto máis poroso é un corpo, menor será a súa densidade. A
madeira e algúns materiais pétreos e cerámicos son porosos.

c. Permeabilidade: É a propiedade que presentan aqueles materiais que


deixan filtrar a través deles auga ou outros líquidos.

7. Propiedades ecolóxicas:

a. Reciclables: Son os materiais que se poden


reutilizar coma o vidro, o papel, o cartón, o
metal e os plásticos. A reciclaxe do materiais
contribúe a conservar os recursos naturais e
evita a acumulación de grandes cantidades de
residuos.

b. Tóxicos: Materiais nocivos para o medio ambiente, son venenosos para o


seres vivos ou contaminan.

c. Biodegradables: Co paso do tempo, a materia descomponse de forma


natural en sustancias máis simples. Os materiais que non se degradan de
forma natural denomínanse non biodegradables, e permanecen na
natureza practicamente para sempre.

d. Renovables: As materias primas renovables son aquelas que existen na


natureza de forma ilimitada polo tanto pódense rexenerar. A la, o
algodón, a seda, a madeira son materias primas renovables.

Páxina 5
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2. A MADEIRA

A madeira é unha materia prima de orixe vexetal. É a parte sólida e ríxida situada baixo
a cortiza dos troncos leñosos de árbores e arbustos. A madeira está formada por fibras
de celulosa, unha sustancia que constitúe o esqueleto dos vexetais, e lignina, sustancia
que lle proporciona rixidez e dureza.

Imos analizar cada unha das partes do tronco dunha árbore, desde a máis interna até
a máis externa:

• Medula. É a zona central do tronco. Posúe escasa resistencia, polo que,


xeralmente, non se utiliza na obtención de madeira.

• Duramen ou corazón. Nesta zona, a madeira é seca, dura, consistente e de cor


máis escura. É a parte que sostén á planta e a máis apropiada para a obtención e
uso da madeira. É madeira morta.

• Albura ou zona branca: É a madeira de máis recente formación. É de cor clara,


rica en auga e menos compacta e resistente que o duramen. Utilízase para
realizar traballos de escasas esixencias mecánicas e estéticas. É madeira que ten
células vivas e mortas.

• Cámbium: É unha capa fina e transparente que segue á albura. Ten como función
principal a formación da nova madeira no tronco da árbore deica o interior e
cortiza cara o exterior

• Cortiza: Capa máis exterior do tronco. Protexe á planta das agresións externas.

• Aneis de crecemento : Son as medras da árbore. Hai dous anuais, un en


primaveira (maior e outro en outono).

Páxina 6
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.1. Propiedades da madeira:

a. Densidade: Relación entre a masa e o volume dos corpos. A madeira é menos


densa que a auga, por iso flotan nela.

b. Dureza: A dureza da madeira vén determinada pola súa estrutura e co maior ou


menor contido en auga.

c. Resistencia a esforzos: É a propiedade máis importante á hora de elixir unha


madeira ou outra para unha determinada aplicación. A resistencia á tracción
depende da dirección en que se realice o esforzo, se o esforzo é paralelo á
dirección das fibras a madeira resiste moi ben o esforzo de tracción, con todo
esta resistencia é moi baixa se o esforzo é perpendicular ás fibras. O mesmo
ocorre co esforzo de compresión. Hai madeiras que presentan gran resistencia á
flexión como o faia, o piñeiro,...

d. Condutividade térmica e eléctrica: A madeira é mala condutora da calor e a


electricidade, por iso é polo que sexa moi boa para o illamento térmico..

e. Durabilidade: Hai madeiras moi duradeira e resistentes aos parásitos e fungos


coma a nogueira, teca, caoba,... e outras menos duradeiras como o piñeiro,
eucalipto,...

Páxina 7
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.2. Proceso de obtención da madeira

O proceso que se segue desde a extración da madeira dos bosques, como materia prima,
até a obtención de taboleiros, como material para ser traballado, é o seguinte:

1. Corta: Realízase na explotación con serras mecánicas ou máquinas colleitadoras


que tamén realizan póda e descortezado.

2. Poda: Unha vez derrubadas as árbores, córtanse as súas ramas con serras
mecánicas.

3. Transporte: Para levar a cabo esta operación, constrúense deslizadores de gran


pendente que conducen por gravidade os troncos a zonas de fácil acceso. Tamén
se utilizan grandes máquinas que elevan os troncos. Estes son transportados por
estrada, ferrocarril ou por auga ao seu destino.

https://www.youtube.com/watch?v=PXWPj2ON2BM

Páxina 8
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

4. Descortezado. O descortezado dos troncos realízase na cadea de rodetes. Esta


operación e as seguintes teñen lugar na serrería ou serradoiro.

5. Tronzado: Os troncos córtanse en anacos, segundo a lonxitude desexada, con


serras circulares. Despois, os anacos son cortados en táboas ou taboleiros de
determinadas medidas, segundo planos paralelos ao seu eixo.

6. Cepillado: É a última operación. Elimínanse as irregularidades e dáse á madeira un


bo acabado e as medidas adecuadas.

7. Secado: A madeira sécase en maior ou menor grao dependendo do tipo e emprego


posterior. Pode ser natural ou forzado.

Páxina 9
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.3. Tipos de madeira

A) Duras: Son as procedentes de árbores de crecemento lento, polo que son mais
caras, e debido á súa resistencia, adoitan empregarse na realización de mobles de
calidade. Aquí temos exemplos de madeiras duras:

• Carballo: É de cor pardo amarelado. É unha das mellores madeiras que se


coñecen; moi resistente e duradeira. Utilízase en mobles de calidade,.
• Nogueira: É unha das madeiras máis nobres e apreciadas en todo o mundo.
Emprégase en moble e decoración de luxo.
• Cerdeira: A súa madeira é moi apreciada para a construción de mobles. É moi
delicada por que é propensa a sufrir alteracións e ao caruncho.
• Aciñeira: É de cor escura. Ten unha gran dureza e é difícil de traballar. É a
madeira utilizada na construción de caixas de cepillo e garlopas.
• Oliveira: Úsase para traballos artísticos e en decoración, xa que as súas
fibras teñen uns debuxos moi vistosos(sobre todo as que se aproximan á raíz).
• Castiñeiro: emprégase, actualmente, na construción de portas de mobles de
cociña. A súa madeira é forte e elástica.

B) Brandas: Son as que proceden basicamente de coníferas ou de árbores de


crecemento rápido. Son as máis abundantes e baratas. Aquí temos exemplos de
madeiras brandas:

• Álamo: É pouco resistente á humidade e ao caruncho. En España existen dúas


especies: O álamo branco (de cortiza prateada) e o álamo negro, máis coñecido
co nome de chopo.
• Bidueiro: Árbore de madeira amarelada ou branco-avermellada, elástica, non
duradeira, empregada na fabricación de pipas, caixas, zuecos, etc. A súa
cortiza emprégase para fabricar calzados, cestas, caixas, etc.
• Amieiro: A súa madeira emprégase en ebanistería, tornería e en carpintaría,
así como na fabricación de obxectos de pequeno tamaño. Da súa cortiza
obtéñense taninos.

Páxina 10
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.4. Derivados da madeira

Xeralmente os mobles non están fabricados de madeira maciza. O interior faise de


madeiras artificiais e soamente utilízase a madeira natural na parte exterior en forma
de láminas.

Os taboleiros artificiais caracterízanse por:


o Son máis económicos que a madeira natural e aprovéitase o 100% da
árbore.
o Son máis planos e lisos.
o Os seus tamaños poden ser maiores que no caso da madeira natural.
o Non se deforman, nin podrecen, nin son atacados polo caruncho.

Estes taboleiros artificiais poden ser de varios tipos:

✓ Contrachapado.- Obtéñense de capas finas de madeira pegadas entre si e


colocadas de maneira que as fibras dunha capa sexan perpendiculares ás fibras
da capa seguinte. Desta maneira conseguimos unha resistencia uniforme do
material. O número de capas é sempre impar para que as vetas sexan paralelas.
Para pegar as chapas de madeira emprégase cola.

✓ Aglomerado.- Fabrícase a partir de labras ou anacos de madeira mesturados a


presión e encolados. O produto resultante prénsase e déixase secar. O acabado
do aglomerado pode ser sen cubrir, plastificado ou chapado con madeira natural.

✓ Prensado ou de fibra.- Obtense a partir de fibras de madeira seca, comprimida a


alta presión e temperatura, e unidas mediante resina sintética. O resultado é
dunha textura fina e uniforme con cantos perfectos. Comercialmente coñécese
como taboleiros DM. É dura, fácil de traballar e pintar. Se en lugar de resina
sintética emprégase como elemento de unión a propia resina das fibras da
madeira, o producot obtido chámase tablex.

Páxina 11
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.5. Outros derivados da madeira

2.5.1. O papel

O papel é unha fina capa de fibras vexetais entrelazadas entre si formando un pano
resistente, perdurable no tempo, higroscópico (absorbe auga), lixeiro e illante da calor e
a electricidade. Para fabricar papel:

a. Descortízase o tronco e sepárase a celulosa dos outros compoñentes da madeira.


Para iso, tritúrase a madeira e mestúrase con gran cantidade de auga, obtendo a
pasta de papel.
b. Engádense reactivos químicos para blanquear a pasta de papel(cloro).
c. A pasta obtida repártese despois en forma homoxénea sobre unha grella metálica
que permite o escurrido da auga.
d. Pásase por uns rodetes quentes que axudan a secar a pasta.
e. Por último envóvense formando bobinas de papel.

Páxina 12
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.5.2. O cartón

Obtense a partir de láminas grosas de pasta de papel, ou por pegado de varias capas.
A forma comercial máis común é o cartón ondulado, composto de lámina de papel interior
con forma de ondas, reforzada por dous exteriores lisas adheridas con cola. Esta
disposición proporciona ao cartón gran lixeireza e resistencia. Unha das súas aplicacións
máis importantes son os envases e embalaxes de produtos. É reciclable, limpo e admite
distintos acabados.

Páxina 13
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.6. FERRAMENTAS

2.6.1. Medida e trazado

Metro de carpinteiro.- xeralmente de madeira e cun


mecanismo que permite dobralo e despregalo con facilidade.

Flexómetro.- Formado por unha cinta metálica graduada que


se envolve en espiral mediante un mecanismo que permite
mantela envolta. Pode levar un freo para medir con
facilidade.

Escuadro.- Folla metálica graduada unida en ángulo recto,


90º, con outra peza metálica. Utilízase para comprobar
ángulos de 90º ou para marcar liñas paralelas ou
perpendiculares. Tamén liñas a 45º.

Compás de puntas.- Utilízase para marcar liñas curvas ou


circunferencias na madeira. Consta de dúas patas con
puntas metálicas. É de aceiro.

Lapis de carpinteiro.- Para marcar e trazar en madeira.

Páxina 14
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.6.2. Suxeición

Sarxento.- Sirve para fixar as pezas a mesa de traballo ou para


suxeitar pezas con cola.

Parafuso de banco: Para suxeitar pezas

2.6.3. Lixado

Úsanse normalmente para lixar a man.

Lixadora eléctrica.

A escofina é unha ferramenta de abrasión, fricción e


pulido. Úsase para perfilar a madeira rebaixándoa de
maneira basta.

A lima permite retirar madeira de forma máis precisa.


Non ten dentes.

Páxina 15
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.6.4. Corte

Serra de contornar- Dispón dun bastidor para


manter en tensión a serra ou pelo e un mango
para suxeitar a ferramenta. Emprégase para
cortar madeiras finas.

Serrucho.- Consta dunha folla longa e flexible e


un mango de madeira ou plástico para facilitar o
seu manexo. Emprégase para cortar pezas en
madeira de maior grosor.

Serra de cota.- Caracterízase por levar na


parte superior da folla unha pesada franxa de
aceiro ou latón, que serve para manter a folla
recta e facilitar o corte. Emprégase para
realizar cortes precisos e rectos.

Serrucho de punta.- A folla vai en diminución


terminando en punta. Emprégase para realizar
cortes curvos

Serra de calar.- Ferramenta eléctrica que se


utiliza para cortar calquera tipo de taboleiro e
madeira maciza. Ten diferentes tipos de follas
que permiten cortar madeira, metais e
plásticos.

Caixa de ingletes: Sérvenos para facer cortes


guiados, tanto a 90 como a 45 graos.

Páxina 16
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.6.5. Furado

Barrena.- Composta por un mango de


madeira e unha punta helicoidal que permite
retirar a madeira que se vai cortando.
Utilízase para facer pequenos buracos que
serven de guía para tradear ou introducir
un parafuso ou tirafondos.

Berbiquí.- Trade manual composto dunha


manivela ou empuñadura, que serve para
facer virar unha broca aloxada no
portabrocas, e un soporte para suxeitalos..

Trade eléctrico

Trade de columna

Brocas: Mércanse por o seu diámetro.

Páxina 17
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.6.6. Arranque

O formón: É unha ferramenta de arranque


de labra formada por un mango, xeralmente
de madeira e unha folla de aceiro que acaba
nunha zona afiada. Están deseñados para
realizar cortes e rebaixes en madeira e
outros materiais brandos

Gubia: Parecida ao formón. A forma final da


madeira vai a ter a forma do tipo de gubia.

2.6.7. Cravado

Martelo : Para clavar.

Martelo de chapa: O golpear non marca a


madeira

Páxina 18
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.6.8. Unión por elementos

Desaparafusador

Parafusos de madeira ou tirafondos.- Pezas de metal de


sección cilíndrica que dispoñen dunha rosca helicoidal
que termina en punta e unha cabeza de formas
variadas.

Pernos.- Parafusos que permiten a colocación de porcas


ou palomillas. Empréganse cando se quere realizar unha
unión desmontable.

Páxina 19
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.7. PEGADO

Cola de carpinteiro. Para encolar debemos ter en conta


que a superficie estea limpa, sen vernices nin pinturas.
As pezas deben estar a presión mentres se seca. O
exceso de cola ten que limparse cun trapo húmido antes
de que se seque.

Cola termofusible. Debes ter en conta que a cola sae


quente. Non poñas exceso de cantidade.

Páxina 20
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.8. ACABADOS

Tapa poros: Serve para pechar os poros da madeira, e


facer que teñamos mellores acabados cando vernizamos
ou pintamos.

Tinguido de madeira.- Realízase con tinguiduras que


poden intensificar a cor da madeira ou darlle o ton
desexado. Poden ser:

Tinguiduras á auga.- Véndense en forma de po e


dilúense en auga. Son baratos e deben aplicarse
xenerosamente. Tardan moito en secar.

Tinguiduras ao alcol.- De venden en po ou en líquido.


Secan rapidamente e presentan unha ampla gama de
cores.

Vernizado.- A verniz é unha mestura de resinas e un


disolvente que se evapora durante o secado da peza.
Adoita protexer a madeira da auga e cambia a
sensación ao tacto da madeira.

Acabado á cera.- Adóitase empregar cera de abella,


que pode levar a tinguidura incorporada. Débese aplicar
cun trapo en pequenas cantidades e deixar secar
durante un día, antes de aplicar a seguinte capa.

Pintado.- No mercado existen gran número de pinturas


á auga ou con disolventes que cobren a madeira cunha
película.

Páxina 21
2ºESO A MADEIRA CELANOVA 2018/2019

2.9. IMPACTO AMBIENTAL

A madeira é un material que apenas produce contaminación, é biodegradable e pódese


rexenerar plantando novas árbores. A madeira e os seus derivados pódense reciclar.

Con todo, a explotación e o uso de madeira tamén xera unha serie de inconvenientes
como:

o Tala : Desaparición do hábitat de determinadas especies animais . Impacto


paisaxístico. Desertización e erosión do terreo. Incremento do CO2 na
atmosfera . Pódese solucionar facendo cortas parciais.

o Papel : A fabricación do papel require o uso de produtos químicos para


descompor a madeira e blanquear o papel e necítse gran cantidade de auga. A
auga en contacto co produto químicos contamínase. Débese reciclar o papel e
usar reciclado.

Páxina 22

You might also like