You are on page 1of 14

TEMA 2:

1 .COMPOSICIÓN DA XEOSFERA:
1.1 A COMPOSICION DA XEOSFERA, OS MINERAIS:
A parte sólida do noso planeta ( XEOSFERA) , esta constituída por un conxunto de rochas de distinta
composición e estado ( depende da súas condicións ).
Todas as rochas están compostas por un ou mais MINERAIS ( constituíntes básicos da xeosfera).
Mais do 98% dos minerais están formados por elementos xeoquímicos ( se combinan entre si mediante enlaces
químicos ) O , Si, Al, Fe ,Mg, Ca ,Na ,K.

ESTRUCTURA CRISTALINA : DEF : forma xeométrica definida pola que están ordenados seguindo unas regras
espaciais os elementos básicos ou compoñentes dos minerais.
Rede trimensional : os elementos se repiten dun xeito ordenado.
Nodo : cada punto da rede .
Cela unidade : grupo mais reducido de nodos entre sí nas 3 direccions do espacio. Cada mineral ten unha
unidade cela caracteristica que ven determinada pola distancia e polos angulos entre os nodos .

Que é un mineral? Para que se considere mineral , cubre as seguintes características :


 Ser sólida
 Ser inorgánica: creadas por cunchas ou resinas , seres vivos.
 Ter orixe natural : sintetizadas por humanos
 Ter unha composición química definida e característica : expresada mediante unha formula . Algúns están
constituídos por un so elemento química ( EX: xofre )anque a maioría son compostos ( EX: cuarzo formado
por SiO2)
 Ter unha estrutura cristalina : os seus elementos básicos, átomos , moléculas ou ións ( deben de estar
ordenados internamente) , formando una estrutura tridimensional.
DEF; substancia sólida inorgánica de orixe natural , de composición química definida e con estrutura cristalina .
Polimorfos : minerais compostos por átomos de carbono , pero a súa rede cristalina é diferente .
( composicion igual , pero rede cristalina distinta ).

Isomorfos: composición de dous minerais diferentes, pero a súa ordenación espacial é idéntica ( mesma
estrutura cristalina ). ( composicion distinta pero mesma rede cristalina ) .

1.2 CRISTAIS E MINERAIS MASIVOS:


Cristal : mineral que se forma ao repetirse a cela unidade nas tres direccións do espazo . Externamente , ten unha
forma poliédrica ( caras , vértices e arestas / reflexo da súa estrutura cristalina /.

 Para que un mineral poida formar un cristal debe de haber un núcleo de cristalización ( unha impureza ou
outro cristal preexistente ), e cando este núcleo alcance un tamaño adecuado, poderá crecer e xerar un
cristal macroscópio.
 Unha mesma estrutura cristalina pode orixinar cristais de formas diferentes .
 Habito cristalino: tipo de forma xeométrica que presenta un cristal.
 Factores que inflúen na forma e no tamaño dos cristais :

1) O tempo: Unha cristalización lenta- forma grandes cristais e unha rapida - forma cristais mais
pequenos e as veces no da tempo a formar un cristal e aparecen mineraloides ( Teñen naturaleza a
amorfa, xa que compoñentes teñen unha disposición espacial desordenada ( EX: vidreos volcánicos ).

2) O espazo: Se dispon de suficente espazo , pode crecer illado dando lugar – grandes cristais e se
cristalizan moitos minerais ao mesmo tempo , poden interferir uns cos outros formando un agregado
( unha rocha ) ou unha macla ( cando os cristais dun mesmo mineral, se integran simetricamente).

3) O repouso : necesario para que que os compoñentes do mineral se poidan ir dispoñendo na rede
tridimensional que forma a estrutura cristalina.

 Se non se dan estos factores se forman cristais imperfectos ( defectos nas caras , nos vértices ou arestas ) .
 Mais frecuente é que os minerais sexan masivos( teñan formas irregulares , grans , escamas ou formas
indefinidas ) .
 Aínda que externamente non o mostren , os seus compoñentes teñen unha unha ordenacion interna ( EX :
cristais ).

2 CLASIFICACIÓN DOS MINERAIS :


Se clasifican seguen a su composición química , estruturas cristalina e as propiedades físicas y químicas

2.1 OS MINERAIS NON-SILICATADOS :

.Teñen unha composicións químico moi variable .

6 grupos cada grupo corresponde a un tipo de composto químico :

1. Elementos nativos : formados por un só elemento químico .Pode ser metal ou non .
EX: oro e plata

2. Haluros : compostos dun halóxeno e dun metal .


EX: Silvina cloruro , ou fluorita fluoruro.

3. Óxidos : combinan metais con oxigeno.


EX: Magnetita, hematite .

4. Sulfuros : combinan o sofre ( S) e un metal.


EX: Galenga ou Pirita

5. Carbonatos : combinación do grupo carbonato ( C03 2- ) e un metal.


EX: Calcita e Dolomita

6. Sulfatos: combinacións do ión sulfato ( So4 2-) con diferentes elementos .


EX: celestina ou Baritina

2.2 OS MINERAIS SILICATADOS :

. Compostos pola combinación do anión cos osíxenos nos vértices , con outros elementos que se unen ao osixeno ,
formándose polímeros ou grupos de tetraedros enlazados.

Mais abundantes , forman mas 90% de la codia e do manto terrestre


1 Neosilicatos : formados por tetraedros de silicio illados .
EX : Olivina .

2 Sorosilicatos: formados por parellas de tetraedros de silicio enlazados por outros elementos .
EX: epidota

3 Ciclosilicatos: formados por tetraedros de silicio enlazados por outros elementos , formando aneis .
EX: Berilio

4 Inosilicatos: constituídos por cadeas de tetraedros de silicio , sinxelas ou dobres . Piroxenos ; cando as
cadeas son sinxelas Anfíbolos: cando as cadeas son dobres .
EX : Auxita ( piroxeno) e Horblenda ( Anfíbolo)

5 Filosicatos: formados por laminas de tetraedros de silicio unidas entre si por outros elementos .
EX: O talco e moscovita

6 Tectosilicatos: compostos por unha armazón tridimensional compacta de tetraedros de silicio .


EX: O cuarzo e os feldespatos.

2 PROPIEDADES DOS MINERAIS :


Estas propiedades dependen da composición química e da estrutura cristalina , e poden variar por impurezas ,
mesturas ou defectos estruturais . Estas propiedades nos permiten idéntificar un mineral simple por inspección
visual ou mediante ensaios sinxelos.

2.1 PRINCIPAIS PROPIEDADES DOS MINERAIS :

2.1.1 Densidade:
DEF: relación entre a masa dun mineral e o volume que ocupa . Expresase : g/cm3
Minerais sinxelos : inferior a 2,5 gr/cm3 Minerais pesados : superiores 4 gr/cm3.

2.1.2 As propiedades magnéticas :

 Relaciónanse co contido en ferro do mineral.


 Ferromagnéticos : minerais con abundante ferro son fortemente atraídos por un imán . (EX:
magnetita ).
 Paramagnéticos : atraídos debilmente .( EX: Hematite ).
 Diamagnéticos : non conteñen ferro e non son atraídos polo imán.
( EX: O cuarzo).

2.1.3 As propiedades eléctricas :


 Condutividade ( DEF: facilidade dun mineral para transmitir a corrente eléctrica . )
 Maioría dos minerais NON bos condutores ( metais , sulfuros e os óxidos metálicos SI) .
 Piezoelectricidade: fenómeno que se produce cando algúns minerais ao ser sometidos a presión
adquiren cargas eléctricas de signo contrario nos seus bordes . ( EX: O cuarzo).
2.1.4 O brillo :
DEF: o aspecto que presenta a superficie do mineral cando reflicte a luz .
Pode ser ; Vítreo , metalico , adamantino , sedoso ...

2.1.5 A transparencia :
. Un mineral e transparente se deixa pasar a luz e permite ver o seu través .
Tipos : - Translucidos : deixan pasar a luz , pero no se aprecian as formas a través deles . Opacos : impiden
totalmente o paso da luz e non se pode ver a través deles.

2.1.6 A cor :

 A cor da superficie do mineral non sempre coincide co que vemos a simple vista ( a superficie adoita
sufrir alteracións >)
 A veces Para observárela hai ; romper , pulverizar , rallar o mineral...
EX : mesma cor ( azurita – azul ) , varias cores ( O cuarzo).
2.1.7 A luminescencia :
DEF: Propiedade de emitir luz cando se ilumina con luz ultravioleta .
EX : fluorita

2.1.8 A birrefrinxencia :
DEF: Propiedade que teñen algúns minerais de separar un raio luminoso en dous ( dobre refracción ) e ver
imaxines dobres a través del.

2.1.9 A dureza :
DEF: resistencia que ofrece a superficie dun mineral a ser raiada .
Escala de Mohs : utilizase para cuantificar a dureza , toma de referencia 10 minerais e asígnalles un valor do
1 ao 20 , de forma que cada mineral é raiado por todos os de maior dureza .

2.1.10 A fractura :
DEF : rotura dun mineral ao longo dunha superficie irregular.
Exfoliación : DEF propiedade pola que un mineral rompe a favor dalgunha das súas caras : en laminas ( EX:
As micas ) , en romboedros ( EX: na calcita ) ou en cubos ( EX: a galena ) .
Esta propiedade esta ligada a estrutura cristalina .

2.1.11 Outras propiedades mecánicas :


Tenaz : cando o mineral opón resistencia a rotura ou deformación.
Fráxil: se rompe con facilidade .
Maleable : se lamina mediante golpes .
Dúctil : se pode estirar en forma dun fío.

4 O MAGNETISMO E AS ROCHAS MAGMÁTICAS:


4.1 OS PROCESOS XEÓLOXICOS:
 As rochas son agregados naturais dun o de varios minerais .
 Clasifícanse utilizando como criterio o seu proceso de formación : rochas magmáticas , rochas metamórficas
e rochas sedimentarias .
 Sometidas a acción dun conxunto de procesos xeolóxicos , por los cales las rochas se forman e se destrúen
de xeito continuo.
Ciclos de rochas : conxunto de procesos , divídense en dous grupos

 Procesos xeolóxicos exóxenos ; Prodúcense na superficie terrestre e xorden da interacción das


rochas coa hidrosfera e coa atmosfera . Responsables de : destrución das rochas da codia terrestre ,
do modelado da súa superficie e da formación de novas rochas . ( Meteorización ,Erosión ,
transporte , sedimentación e díaxénese .)
 Procesos xelóxicos endóxenos : Prodúcense como consecuencia da enerxía externa terrestre .
Responsables da formación de novas rochas e da deformación de rochas preexistentes .
( Magnetismo , metamorfismo e procesos tectónicos).
4.2 O MAGMATISMO :

DEF : conxunto dos procesos xeolóxicos nos que interveñen magmas que ao arrefriarse e solidificarse , xeran
as rochas magmáticas .

O magna

 Formase en zonas profundas da codia terrestre e do manto superior ( danse as condicións necesarias
para que as rochas se fundan ) , polos fluxos ascendentes de materiais desde as capas mais internas ,
producidos pola enerxía xeotérmica , e as interaccións entre as placas tectónicas .

Isto produce que as rochas se encontren en temperaturas elevadas , o que permite a súa fusión

 Os movementos tectónicos poden provocar a diminución da presion a que estan sometidas as


rochas e a entrada de agua , o que dismué os puntos de fusión dos minerais , facilitando o proceso.

 O magna fluído ten unha densidade menor ca as rochas que o rodean ,polo que tenden a ascender
as rexions mais superficiais . En ocasiones o magna ascende ata a superficie terrestre ,
transformandose en lava .

 Cando o magma se arrefria e solidifica da lugar a formación de rochas magmáticas .

O tipo de rocha que se forma depende da composición química do magma e do lugar onde se produce o
arrefriamento e a solificación , que determina que este sexa lento ou rápido.

 Teremos distintos tipos de rochas plutónicas ; orixinadas en profundidade por un arrefriamento


lento e rochas volcánicas ; orixinadas na superficie por un arrefriamento rápido da lava.

4.3 OS PROCESOS DE EVOLUCIÓN DOS MAGMAS :


Evolución do magma ; DEF; conxunto de procesos que alteran a composición química dun magna durante o ascenso
e arrefriamento , e pode dar como resultado unha masa de rochas fundidas diferente á inicial.
Principais procesos;

1. A cristalización dos magmas :


Durante o arrefriamento do magma prodúcese unha cristalización fraccionada :
1) Cristalizan os minerais que teñen un maior punto de fusión .
2) Os minerais formados encóntranse somerxidos nun fluído residual, co que poden reaccionar.
3) Desta forma ten lugar unha subestacións progresiva dos minerais xa formados por outros de nova
formación .
EX ; no caso nos minerais silicatados , cristaliza en primeiro lugar a olivina tras o que aparecen outros
minerais como os piroxenos , os anfibolos e a .
Os plaxioclasos cálcicos son substituídos por plaxioclasios sodicos , a medida que disminué a temperatura .
Os últimos minerais en cristalizar son as micas e o cuarzo.

2. A diferencia magmática
.A diferenciación magmática.DEF :É unha consecuencia da cristalización fraccionada do magma.
 Prodúcese cando os cristais que se van formando se separan do fluído residual.
 Os cristais pódense depositar gradualmente no seo da cámara magmática.
 Cando o magma en cristalización se comprime, o fluído residual tende a escapar a través de fracturas e
intersticios, cristalizando, posteriormente, noutra localización.
 O fluído residual ten una composición química diferente a magma orixinal (empobrecida nos elementos
químicos que constitúen os cristais xa formados) polo que a súa solidificación dará lugar a rochas
magmáticas de diferente composición.

3 A asimilación
DEF :proceso polo que a elevada temperatura do magma provoca a fusión das rochas que o rodean,
denominadas rochas encaixantes. Este proceso ten lugar a medida que o magma ascende à rexións máis
superficiais e provoca a alteración da súa composición química, que dependerá da natureza da rocha
asimilada.

4 A mestura de magmas.
.Prodúcese cando un magma xa diferenciado recibe novas achegas de magma primario, orixinándose un magma de
composición química diferente.

4.3 O VULCANISMO :

DEF ; conxunto de procesos xeolóxicos asociados ao ascenso de magma ata a superficie terrestre , a través de gretas
ou fisuras na litosfera , orixinando un volcán .

. Unha erupción volcánica : prodúcese cando se produce unha presión excesiva na cámara magmática ( por
acomulación de gases ou pola entrada de dioxido de carbono).

. O magma ascende á superficie : a traves de gretas o fisuras na litosfera , formando ; a chimena do volcán e lava
sae ao exterior por un punto determinado da codia terrestre , orixinando un crater .

. O arrefriamente da lava é rapido , polo que os procesos de cristalización son excasos .

Os Procesos volcánicos :
Durante a erupción volcánica emítense gran cantidade de materias , procedentes da cámara magmática, que poden
encontrarse nos tres estados da materia

 Os gases
 Son de natureza química moi variada.
 Os máis abundantes son o vapor de auga e o dió×ido de carbono, ademais doutros gases, como óxidos de
sofre e de nitróxeno, amoníaco, sulfuro de hidróxeno, etc.

 A lava.
 DEF ;o compoñente fluído do magma, que ascende pola cheminea, sae polo cráter e circula pola superficie.
 A composición química da lava determina a súa viscosidade (súa capacidade para fluír).
As lavas de composición química básica son poco viscosas, polo que flúen con facilidade pola superficie,
formando coadas.
As de composición ácida son máis viscosas, o que dificulta o seu fluxo en superficie.

 Os piroclastos.
 Son materiais que solidifican antes de que o magma alcance a superficie, polo que se emiten en estado
sólido.
 Dependendo do tamaño clasifícanse en bombas volcánicas, de diámetro maior a 64 mm; lapilli, cando o seu
diámetro está comprendido entre 2 e 64 mm, e cinzas e po volcánico, inferiores aos2 mm de diámetro.

PRINCIPAIS ROCHAS VOLCANICAS :


 Rochas volcánicas fórmanse na superficie terrestre, cando o magma sae a exterior e se transforma en lava.
 Estas rochas tenen texturas hipocristalinas, vitreas ou vacuolares,
 NO SE SOLEN observan cristais ou estes son de moi pequeno tamaño.

Algunas das rochas volcánicas;


♦ O basalto
 Carácter básico e cor moi escura.
 Formada : por plaxioclasios, piroxeno e, en ocasións, olivina.
 Textura é vítrea ou hipocristalina.

♦ A pumita
 Carácter ácido e cor clara.
 Formada por cuarzo, feldespato e plaxioclasios.
 Rocha moi lixeira, que flota na auga, debido á súa textura vacuolar.

♦ A andesita
 Composición química intermedia e cores claras.
 Formada fundamentalmente por plaxioclasios e outros minerais, ( o cuarzo.)

♦ A obsidina : ( VIDRO VOLCÁNICO)


 Carácter ácido e col negra verdosa moi característica.
 Formada fundamentalmente por silicatos.
 Considerase un mineraloide.(NON ten estrutura cristalina) .
 Textura: vitrea.( VIDRO VOLCÁNICO)

4.5 O MAGMATISMO PLUTÓNICO:

DEF : conxunto dos procesos xeolóxicos asociados á consolidación do magma en zonas profundas da litosfera, que
forman plutóns DEF intrusións de rochas plutónicas nas rochas encáixantes .
Os plutóns fórmanse no interior da litosfera, por un arrefriamento lento, asociado a un grao importante de
cristalización, polo que nestas rochas se poden observar cristais de gran tamaño.

Os tipos de plutóns ( PODEN SER ):

Os plutóns Son concordantes ou tabulares , SI estrutura é paralela á rocha encaixante, e son:

 Os sills, DEF : corpos intrusivos de forma tabular, paralelos á rocha encaixante. Aínda que o seu espesor é
pequeno, poden alcanzar grandes superficies.
 Os lacólitos, DEF: estruturas de forma lenticular, de base plana e teito empenado.
 Os lopólitos, DEF : plutóns de forma lenticular invertida, cunha depresión no seu centro.

Os plutóns son discordantes ou masivos , cando o seu contacto coa rocha encaixante é irregular e son:

 Os batólitos, DEF :corpos plutónicos de grandes dimensións formados en profundidade, con forma de
cúpula. Poden alcanzar miles de quilómetros de extensión.
 Os diques,DEF : corpos de forma tabular, que cortan a rocha encaixante. Poden alcanzar lonxitudes de miles
de quilómetros e encontrarse illados ou formando grupos chamados enxames.

AS PRINCIPAIS ROCHAS PLUTONICAS :


 Textura holocristalina, nas que se observan cristais de gran tamaño de diferentes minerais.

As principais :
♦ A peridotita :
 Rocha moi básica, cun contido en sílice inferior ao 40 %,de cor escura.
 Formada por olivina e piroxenos.
 É o principal compoñente do manto terrestre.

♦ O grabo :
 Carácter básico e cor escura.
 Formada: por piroxeno e plaxioclasios en proporcións simiares.

♦ A diorita:--.
 Rocha cun contido intermedio en sílice e de cores máis claras.
 Formada :por abundantes plazioclasios e algo de piroxeno.

♦ O Granito:
 Carácter ácido e cores claras.
 Formada : cuarzo, feldespatos e mica

5 O METAMORFISMO E AS ROCHAS METAMÓRFICAS :

5.1. O METAMORFISMO

DEF : conxunto dos procesos xeolóxicos, debidos á acción de factores, como a presión e a temperatura, e á acción de
fluídos quimicamente activos, polos que as rochas en estado sólido se transforman en rochas metamórficas.

As transformacións metamórficas;

Durante o proceso de metamorfismo, as rochas sofren unha serie de transformacións en estado sólido, que teñen
como resultado a aparición dunha nova rocha.
As transformacións metamórficas más importantes son:

1. As transformacións mineralóxicas.
Consecuencia dos cambios de presión e temperatura, os minerais da rocha deixan de ser estables, e transfórmanse
noutros minerais.
As transformacións poden deberse a:
 A descomposición duns minerais noutros, como a descomposición de carbonatos en óxidos.
 A transformación duns minerais noutros polimórficos.
 A reacción entre minerais para dar outros novos ( EX : o cuarzo e a dolomita reaccionar para dar piroxeno).

2. A reorientación dos minerais.


Un aumento de presión produce cambios da disposición estrutural dos minerais, que se redistribúen en superficies
perpendiculares á dirección do esmagamento, xerando os planos de xistosidade.

3. A recristalización.
Un aumento da temperatura incrementa a mobilidade das partículas, que poden reorientarse e agruparse,
aumentando o tamaño dos cristais da rocha.
EX ; a calcita recristaliza formándose en mármore.

4. O Metasomatismo.
Prodúcese cando a rocha interacciona con fluídos exóxenos, a elevadas presións e/ou temperaturas. Ademais de
cambiar a composición mineralóxica e a textura da rocha, cambia a composición química global. O metasomatismo é
tamén é un tipo de metamorfismo.

(RECORDA QUE )

5.2. Tipos de metamorfismo


Dependendo dos factores do metamorfismo (presión e temperatura), distinguense;

1 O metamorfismo de contacto ou térmico:


 Producese por un incremento de temperatura, debido a una intrusión de rochas magmáticas, moi quente,
que xera un aumento de temperatura nas rochas encaixantes.
 A transformación das rochas ten lugar arredor da intrusión magmática, formando auréolas de
metamorfismo.
 Grao de transformación é maior preto da intrusión e menor a medida que nos afastamos dela.
 Prodúcense transformacións mineralóxicas, pero non texturais ( excepción dun aumento no tamaño dos
cristais dos minerais).
 As rochas formadas non presentan foliación.

2 O metamorfismo estático ou de enterramento:


 Prodúcese por un aumento de presión.
 Xerase nas concas de sedimentación, como resultado do peso que exercen os sedimentos depositados en
capas sucesivas.
 As rochas situadas a maior profundidade sofren un aumento de presión e de temperatura ( responsables de
cambios mineralóxicos e texturais.)
 As rochas formadas presentan foliación, a orientarse os minerais en planos de xistosidade paralelos entre si
e perpendiculares á presión exercida polos sedimentos.

3 O metamorfismo rexional :
 Producese por un aumento de presión e de temperatura ao mesmo tempo.
 Afecta a grandes extensións da codia terrestre, onde as rochas están sometidas a cambios de presión e
temperatura durante longos periodos de tempo, como consecuencia da subdución ou da colisión das placas
litosféricas.
 As condicións de presión e temperatura son moi variables dunhas a outras
 Responsable da formación dunha gran variedade de rochas metamórficas, que corresponden a diferentes
graos de metamorfismo.
 A maioria das rochas formadas presentan foliación.

4 O metamorfismo de presión ou dinámico:

 Actua a presión.
 Producese as fallas de compresión, onde os materiais se desprazan e son esmagados e triturados, como
consecuencia fricción entre os bloques que se desprazan.
 As rochas que se forman deformadas e trituradas e adoitan presentar foliación.

AS ZONAS DO METAMORFISMO ;

Metamorfismo de presión en fallas transformantes.

Metamorfismo rexional en oróxenos de bordos converxentes.


Metamorfismo de enterramento nas capas sedimentarias.

Metamorfismo rexional, debido a un aumento de presión e de temperatura simultáneos.

Abrangue grandes extensiónse zonas de subdución.

Metamorfismo térmico, debido fundamentalmente a un aumento de temperatura polas auréolas ou bolsas de


magna

5.3 AS ROCHAS METAMÓRFICAS :


o Composicións químicas e texturas moi variadas ( dependendo da natureza da rocha de orixe e das
transformacións metamórficas que sufrise)
o Un dos criterios más utilizados para a súa clasificación : é a súa textura. Segundo este criterio;

PRINCIPAIS ROCHAS FOLIADAS


Fórmanse en presenza de altas presións, o que orixina súa textura foliada, na que se observan os planos de
xistosidade

 As lousas:
 Textura ; luosenta de gran moi fino, nas que os planos de Xistosidade, forman superficies planas.
 Conteñen ; Cuarzo, micas e moscovita.
 Fórmanse ; pola transformación de arxilas en condicións de baixa presión e temperatura.
 A recristalización é escasa.

 Os gneis :
 Textura ; gnéisica,
 Formadas ; con grandes cristais distribuídos en bandas claras( cuarzo e os feldespatos,) bandas escuras ,
( micas).

 Os xistros :
 Textura; foliadaxistosa
 Formada : con planos de xistosidade irregulares, e gran groso, con abundantes cristais de cuarzo, feldespato
e micas.
 Proceden do metamorfismo intenso de arxilas.

 As filitas :
 Textura ; luosenta de gran fino,
 Formada ; con planos de xistosidade regulares, con pequenos cristais ( cuarzo e moscovita) .
 Fórmanse; a partir de arxilas, en condicións de metamorfismo máis intenso, polo que aparece un grao maior
de recristalización,

PRINCIPAIS ROCHAS NON-FOLIADAS


Orixínanse como consecuencia de procesos nos que non interveñen presións importantes.
NON presentan textura foliada.

 As corneanas
 Textura ; cristaloblástica,
 Presentan mosaicos de cristais de tamaño variable, de gran fino, de diferente composición química
( dependendo da rocha de orixe) .
 Orixinanse; recristalización, debido a aumento de temperatura que ×eran os procesos magmáticos nas
zonas próximas a magma.
 As anfibolitas :
 Textura: cristaloblástica de gran groso,
 Formadas ; fundamentamente por anfibolos.
 Orixinanse; pola transformación de rochas ígneas de carácter básico( gabros e basaltos).

 Os marmores :
 Textura : cristaloblástica
 Formadas: por cristais de tamaño medio a grande.
 Orixen : por recristalización da calcita e da dolomita que constitúen as calcarias e as dolomías.
 Adoitan presentar bandeados de diferentes cores, ( impurezas).

 As cuarcitas ;
 Textura ; cristaloblástica,
 Formadas; por cristais de cuarzo de tamaño medio ou grande.
 Orixen ; recristalización a partir de pedras de gra ricas en cuarzo.

* As series metamórficas
 Moitas rochas metamórficas formanse a partir da mesma rocha orixinal, e son o resultado dun avance do
proceso de metamorfismo, Que vai producindo diferentes rochas, a medida que as condicions de presión e
temperatura son máis elevadas. É dicir, as rochas metamórficas pódense transformar en rochas cun maior
«grao de metamorfismo».
 Granito de anatexia: DEF : rocha magmática que se orixinan cando una rocha se funde se o proceso
metaforfico segue avanzando .
 EX : serie pelitica, que procede do metamorfismo das arxilas , á que pertencen a lousa, a flita, o xisto, o
gneis e a migmatita .

6 A FORMACIÓN DAS ROCHAS SEDIMENTARIAS


DEF : formanse en lugares da codia terrestre onde se producen a sedimentación e a diaxénese.

6.1. A SEDIMENTACIÓN E AS CONCAS SEDIMENTARIAS

A sedimentación:
DEF : acumulación de sedimentos na superficie terrestre.

. Os sedimentos son partículas sólidas soltas

. Xeradas polos axentes xeolóxicos externos.

Clasificanse, segundo a súa orixe, en:

Sedimentos detríticos. ( Fragmentos doutras rochas)

Poden ser de tamaño grande (bloques e gravas), mediano (areas) ou pequeno (limos).

Sedimentos químicos ou bioquímicos. ( Sales minerais disoltos en auga que cando as condicións fisicoquímicas de
medio cambian, poden precipitarse )

Por otra parte, algúns seres vivos, como bacterias e invertebrados, tamén son Responsables da precipitación
bioquímica de substancias, como o carbonato cálcico ou a sílice, que pasan a formar parte dos sedimentos.
• Sedimentos orgánicos. (Restos de seres vivos que morreron na conca sedimentaria ou foron transportados e
sedimentados nela, converténdose en fósiles durante a diaxénese) .

As concas sedimentarias

DEF : zonas deprimidas da litosfera, situadas en zonas baixas e de forma cóncava, onde os axentes xeolóxicos
exóxenos acumulan os sedimentos.

Debido a peso dos sedimentos, nas concas sedimentarias prodúcense:

A subsidencia, é o progresivo afundimento da litosfera que permite que se sigan acumulando sedimentos.

A diaxénese, e é a transformación dos sedimentos máis profundos en rochas sedimentarias .

Tipos de concas sedimentarias


As concas sedimentarias ou ambientes sedimentarios pódense clasificar :

 Continentais, como glaciares e fluvais.

• Mariñas, como, a plataforma continental, o noiro continental, e a chaira abisal.

• De transición, como os deltas , as praias e a zona intermareal.

6.2. A DIAXÉNESE
DEF : conxunto de procesos físicos, químicos e bioquímicos que transforman os sedimentos en rochas sedimentarias.

Todos os mecanismos da diaxénese tenen lugar a presións e temperaturas relativamente baixas

Os Principais procesos diaxenéticos:

 A compactación. Prodúcese polo incremento de presión que se exerce , sobre as capas profundas de sedimentos
a depositarse novas capas na superficie.

Como consecuencia redúcese o tamaño dos poros entre partículas e elimínase parte da auga e do aire que se
acumulaba neles.

• A disolución dalgúns minerais do sedimento. Algúns minerais tenden a disolverse na auga. Así, estes mine-

rais desaparecen dos sedimentos e as augas subterráneas que ocupan os poros enriquécense nos ións que estes
contiñan.

 A cementación dos sedimentos. Consiste na precipitación química de certas substancias, disoltas en auga, nos
poros e ocos do sedimento, de forma que actúan como cemento, o que diminúe a porosidade e a
permeabilidade da rocha transformándoa nun material máis coherente. Os principais cementos son carbonatos
e silicatos.
• A recristalización de minerais. Aumenta o tamaño dos cristais, sen cambiar a composición da rocha.
• As transformacións mineralóxicas. Débense a:
 A interacción con fluxos de auga que conteñen ións capaces de reaccionar cos minerais do sedimento
Por exemplo, as rochas calcarias pódense transformar en dolomías, cando o catión calcio da calcita
(carbonato cálcico) se intercambia polo de magneSiO.
 Transformacións polimórficas, nas que algúns minerais se transforman no seu polimorfo más estable
nas novas condicións.
 Cristalización de novos minerais nos poros do sedimento.

6.3. A S ROCHAS SEDIMENTARIAS


En función da súa composición e orixe, as rochas sedimentarias pódense clasifica: .

AS ROCHAS SEDIMENTARIAS DETRÍTICAS

 Orixinase : a partir da consolidación de fragmentos de materiais detríticos (clastos), procedentes doutras rochas.
 Teñen textura clâstica.
 Distinguense tres compoñentes: os clastos ( fragmentos de maior tamaño) , a matriz (fragmento de moito
menor tamaño) e o cemento ( substancia que precipita entre os clastos e que os mantén unidos)
 A forma e o tamaño dos clastos e da matriz infórmanos do tipo de rocha de orixe e da distancia de transporte ( o
cemento do ambiente sedimentario)
 Segundo o tamaño dos seus clastos;

 Os conglomerados
 Caracterízanse ; clastos grandes( gravas).
 Segundo o tamaño e a forma dos clastos;
 As pudingas; clastos son redondeados, o que indica un proceso de transporte longo; (o dun río).
 As fendas ; clastos son angulosos, o que Indican procesos de transporte curtos; (o dun torrente).
 As pedras de gra :
 Caracterízanse ; conter clastos de tamaño medio ( areas.) .
 As principais son:
 As ortocuarcitas. Teñen clastos de cuarzo e cementos s ilíceo.
 As arcosas. Teñen abundantes clastos de cuarzo e feldespato , e cemento calcáreo.
 As grauvacas. Os clastos de cuarzo combínanse con fragmentos doutras rochas e cun cemento arxiloso.
 As arxilas
 Caracterízanse ;conter clastos de pequeno tamaño ( limos) .
 Son impermeables, suaves al tacto e cando absorben humidade vólvense plasticas.
 As principais son;
 As limolitas. As suas partículas miden entre 0,004 e 0,06 mm.
 As pelitas. Os seus clastos teñen un tamaño menor de 0.004 mm.

Lulitas ; pelitas estan poco consolidadas .

AS ROCHAS SEDIMENTARIAS NON-DETRITICAS

 Orixinanse ; por precipitación de substancias disoltas.


 Textura hipocristalina.
principais rochas non-detríticas

 As rochas carbonatadas
 Compóñense de carbonatos e adoitan conter fósiles.
 As calcarias.
 Formadas por calcita
 Orixinanse ; por precipitación do ión bicarbonato (HCO.),cando cambian as condicións
fisicoquímicas, de maneira que se libera parte do CO, disolto na auga. Así se formanase
estalactitas e estalagmitas, os travertinos e as tobas calcáreas.
 As dolomías
 Formadas ; por dolomita (carbonato de calcio e magnesio).
 Orixínanse; a partir de calcarias por substitución de ións de calcio por ións magnesio.

 As rochas salinas
 Compóñense ; dun só mineral, que coincide co seu nome, comoo Xeso (CaSO; 2H,0), a halita(NaCI) ou a
silvina (KC)
 Moi poucas impurezas.
 Fórmanse ; por precipitación asociada a una elevada evaporación, polo que son típicas de climas áridos e
concas sedimentarias endorreicas (mares e lagoas interiores).
 No caso de que existan varios sales disoltos, estas precipitan formando estratos, de forma que os inferiores
corresponden aos sales de menor solubilidade.

7 AS ROCHAS E OS MINERAIS NA NOSA VIDA:


As rochas e os minerais son recursos naturais , imprescindibles na nosa vida cotiá , dos que o ser humano extrae
materias primas e enerxia para a contrucion a industria , a tecnoloxia e a ormentación .

Xacementos xeóloxicos ; lugares da codia terrestre onde se achan as rochas , minerais , gases ou fosiles . Para que o
xacemento sexe rendible a cantidade , a calidade e a accesibilidade das rochas e dos minerais debe de ser moi alta ,
de maneira que a súa explotación sexa variable coas tecnoloxías actuais .

7.1. As rochas como recurso natural

Alguns usos das rochas ;

Rochas para a industria e contrucion ;

- Arxilas
- Calcarias
- Graves e areas

You might also like