You are on page 1of 17

Bioloxía e xeoloxía 1º ESO IES NOSA SRA.

DOS OLLOS GRANDES

Tema 3. A xeosfera

O chan que pisas é moito máis complexo do que


pensas. Descobre que se esconde no interior da
Terra.
Tema 3. A xeosfera Bioloxía e xeoloxía
(modificado) 1º ESO IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

1 A xeosfera

1 A xeosfera

A xeosfera é a esfera sólida que constitúe a Terra. Está formada por rochas
e minerais, que se distribúen en varias capas concéntricas.

A xeosfera é a capa sólida que conforma a Terra, ten un radio de 6.370 km e está formadapor distintas rochas e
minerais. Estes materiais dispóñense en distintas capas en funciónda súa densidade. Canto maior é a densidade de
material, a maior profundidade se encontra.

As tres capas en que se divide a xeosfera son a codia, o manto e o núcleo.

Unha esfera imperfecta


Do mesmo xeito que o resto dos planetas do sistema solar, dicimos que a Terra é esférica, pero isto non é
completamente certo. Se observamos o diámetro do noso planeta, veremos que é 21 km máis longo á
altura do ecuador, que á altura dos polos, se o medimos de Polo Norte a Polo Sur. Con todo, estes 21 km
son case imperceptibles se os comparamos co diámetro total da Terra, duns 12.742 km. Por iso dicimos
que A Terra é esférica.

A formación da xeosfera
A densidade é a relación entre a masa e o volume dunha sustacia. Para calculala hai que dividir a masa da substancia
entre o volumen.

Página 2 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

Densidade = . Se colocamos area nun vaso de auga veremos que se afunde, mentres que se vertemos
aceite o que observaremos é que flota. Podemos axitar o contido do vaso e mesturar os ingredientes, pero se os
deixamos repousar veremos que de novo a area cae ao fondo e o aceite flota. A característica que determina que un
material se afunda ou non é a densidade.

Le a información anterior sobre a densidade, fíxache na imaxe e a continuación vai ao noso curso en Edixgal e fai o
exercicio co nome "Tarefa densidade"
Cando se formou a Terra, hai uns
4.570 millóns de anos, a xeosfera
era unha masa de rocha fundida. Co
tempo, os materiais que constituían
o noso planeta foron distribuíndose
por capas debido á súa diferenza de
densidades.

Os materiais máis densos


desprazáronse cara ao interior da
Terra e formaron o núcleo;
mentres que os materiais menos
densos, ao flotar por riba do resto,
quedaron na superficie da Terra e,
ao arrefriar, formaron a codia
terrestre.

Todo o material que quedou entre o


núcleo e a codia agrupouse formando
o manto.

Distribución segundo a densidade

A Terra, na súa orixe, era unha esfera de rocha


líquida.

As capas da xeosfera
A xeosfera está formada por tres capas concéntricas, con distinto grosor e composición:

• A codia: é a capa máis externa e fina do planeta, e chega ata os 70 km de profundidade. Divídese en codia
continental, que é a parte emerxida, a rocha máis abundante e o granito, e codia oceánica, que é a que se atopa
cuberta por mares e océanos, é menos densa e máis delgada que a codia continental; a rocha máis abundante é o
basalto.

Páxina 3 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO
• O manto: é a capa que se atopa por baixo da codia. Chega ata os 2.900 km de profundidade e é a máis
grosa, xa que ocupa un 82 % do volume da Terra. Divídese no manto superior e o manto inferior:
• O manto superior: atópase a 1.500 ºC, o que provoca que as rochas que forman esta capa estean en estado
plástico. O manto superior chega ata os 700 km de profundidade.

• O manto inferior: atópase a 3.000 ºC. As rochas que o forman atópanse en estado sólido debido á presión que
sofren das capas superiores. O manto inferior chega ata os 2.900 km de profundidade.

• O núcleo: é a capa máis profunda da Terra e alcanza os 6.371 km de profundidade. Está formado por ferro e
níquel. Divídese en núcleo externo e núcleo interno:
• O núcleo externo: está formado por elementos metálicos, como o ferro e o níquel. Tamén contén grandes
cantidades de xofre. Os materiais atópanse fundidos, debido ás altas temperaturas e ás fortes presións.

• O núcleo interno: é unha esfera sólida formada por ferro e níquel. Do mesmo xeito que no manto
inferior, as grandes presións ás que está sometido o núcleo interno fan que os materiais que o forman
estean en estado sólido, a pesar dos seus máis de 6.000 ºC.

Crea
A representación da xeosfera

Normalmente as
representacións que vemos do
interior da Terra non se axustan
á realidade, xa que de cando
en cando están feitas a escala.
Para ter unha idea exacta do
aspecto e o grosor das capas
da xeosfera, realiza un debuxo
ou unha maqueta a escala que
respecte as súas proporcións.
Non esquezas incluír unha
lenda onde figure a escala que
elixiches.

2 Os minerais
Os minerais non adoitan atoparse illados na natureza, senón formando parte de rochas. Os minerais que forman as
rochas a miúdo poden distinguirse a simple vista pola súa cor, por exemplo. Pero noutras ocasións, as partículas
minerais son tan pequenas que non se poden diferenciar.

Todos os minerais son sólidos, non existen minerais líquidos, e moitos deles presentan formas xeométricas que
chamamos cristais. Outra característica que os define é que son inorgánicos, é dicir, non forman parte da materia viva.

Cada mineral caracterízase por ter unha composición química determinada, é dicir, os elementos que o constitúen
están combinados entre si dunha forma específica, propia de cada mineral. Estes elementos, ademais, están
distribuídos no espazo de maneira ordenada.

En resumo:

• Son sólidos, isto quere dicir que os líquidos e os gases non son minerais.

• Teñen orixe natural, isto exclúe calquera obxecto fabricado polo home.

• Son inorgánicos, isto significa que non poden formar parte dos seres vivos

• Posúen unha estrutura química específica, é dicir, os átomos que forman un mineral son sempre do mesmo
tipo e atópanse sempre nas mesmas proporcións. Así, por exemplo, o cuarzo está formado pola combinación
de átomos de silicio e osíxeno, cumpríndose que sempre hai o dobre de osíxeno que de silicio.

Páxina 4 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO
• Dispoñen dunha estrutura cristalina característica. Os átomos que forman os minerais ordénanse e distribúense
de forma ordenada e regular. A estrutura interna pode manifestarse externamente con formas xeométricas
características. Os cristais son os minerais nos que a estrutura interna está perfectamente ordenada. A maioría
dos minerais aparecen en forma de cristais, visibles cando menos ao microscopio.

As propiedades dos minerais

Os minerais posúen propiedades físicas e químicas específicas, como o brillo ou a densidade, que permiten
identificalos. Na maioría dos casos, a medición de dúas ou tres destas propiedades permite distinguilos.
Algunhas das súas propiedades físicas son as seguintes:

• A raia: é a cor da pegada que deixa o mineral ao ser fregado sobre unha superficie branca de
porcelana porosa. A cor da raia é moito máis característico que a cor
do propio mineral. Así, a augamariña, que é de cor verde azulado, deixa unha raia branca. Cando
un mineral é demasiado duro como para deixar unha marca de cor, ráiase o propio mineral cun
punzón máis duro ca el e obsérvase a cor que queda na súa superficie. En prácticas diremos que
os minerais que non deixan raia sobre a porcelana teñen raia branca.

• O brillo: é o modo en que a superficie do mineral reflicte a luz.O máis importante é distinguir entre
brillo metálico e non metálico:
• Minerais con raia negra ou coloreada oscura: brillo metálico.

• Minerais con raia branca ou coloreada clara: brillo non metálico

• A dureza: chámase así a resistencia que presenta un mineral a ser raiado por outro. A dureza mídese
utilizando a escala de Mohs. Para identificalos utilizaremos o seguinte criterio:
• Minerais que se raian coa uña: dureza < 2,5 (o símbolo < significa menor).

• Minerais que se raian coa navalla: dureza entre 2,5 e 5,5.

• Minerais que non se raian coa navalla: dureza > 5,5 (o símbolo > significa maior). Se o mineral ten
unha dureza maior que 5,5 podemos facer outra proba: intentamos raira unha placa de vidrio co
mineral, se non a raia a dureza está entre 5,5 e 6,6, se raia a placa de vidrio a dureza será igual ou
maior que 6,5.

• A cor: algúns minerais presentan cores características relacionadas coa súa composición química, como
a malaquita, que é de cor verde brillante. Nestes casos, a cor éútil para identificalos. Con todo, o máis
habitual é que presenten unha serie de cores variadas, debido á presenza de impurezas. Por exemplo, o
cuarzo puro é incoloro, pero pode presentar tamén unha cor branca, morada, amarela, etc., debido a
pequenísimas partículas doutros materiais incluídas no cristal durante a súa formación.
3
• A densidade: cada mineral ten unha densidade determinada; por exemplo, a do cuarzo é 2,65 g/cm ,
3
mentres que a da pirita é 5,2 g/cm . En xeral, os minerais en cuxa composición hai metais, son máis densos.
3 3
A densidade é o cociente entre a masa e o volume. Exprésase en g/cm ou en Kg/m .

• A exfoliación: é a propiedade dalgúns minerais de romperse deixando caras planas ou separarse en


follas ou láminas. A mica ten exfoliación en láminas ou follas, a galena, cando son golpeados por un
martelo, ten exfoliación en cubos.

A escala de Mohs está formada


por dez minerais ordenados de
menor a maior dureza. Cada
mineral pode ser raiado por outro
que se atope por riba del na
escala.

Páxina 5 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

• A fractura: Algúns minerais non presentan exfoliación, pero si


rompen ao seren golpeados. A forma, o brillo e a textura destas
roturas, chamadas fracturas, axúdannos a identificar os
minerais.

O ouro, por exemplo, presenta unha fractura ganchuda con


bordes afiados e puntas dentadas; a calcopirita, pola súa parte,
presenta unha fractura desigual cunha superficie tosca e
irregular.

A fractura tamén pode ser útil no estudo das rochas. Por


exemplo, a obsidiana (vidro volcánico) como a da imaxe, ten Obsidiana: fractura concoidea
unha fractura concoidea característica.

• Outras características:
Os minerais presentan outras moitas características que nos poden axudar a diferencialos. Algunhas delas
son:

• Hábito: fai referencia á forma externa dun mineral. Moitos minerais presentan formas xeométricas
características, como cubos, prismas, pirámides... Interésanos distinguir dous tipos de hábitos:

1. Cristalizado: presenta caras planas, polo menos unha.

2. En masa: non presenta caras planas, aspecto irregular.

Exemplos de hábitos cristalizados

• Transparencia: é a capacidade que teñen os minerais de deixar pasar a luz a través deles. Se deixan pasar
a luz e podemos ler algo escrito situado detrás deles diremos que son transparentes, se deixan pasar a luz,
pero non podemos ler algo escrito situado detrás deles diremos que son traslúcidos e se non deixan pasr a
luz a través deles son opacos.

• Sabor: propiedad que teñen algúns minerais, para saber se teñen sabr molla o dedo con saliva, toca o mineral
e próbao. Fai esto soamente cando cho diga o profesor.

• Ademais destas propiedades, os minerais tamén se poden identificar polas súas propiedades químicas. A
máis coñecida é a reacción co ácido clorhídrico, utilizada para recoñecer os carbonatos. Cando poñemos
unha pinga deste ácido na superficie dun mineral e observamos a aparición de burbullas, sabemos que nos
atopamos ante un carbonato.

Páxina 6 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

Os tipos de minerais
Os minerais clasifícanse en función da súa composición química, é dicir, segundo os compostos químicos que
os constitúen. A maioría de minerais están formados por combinacións de dous ou máis elementos e, moi
poucos, por un só elemento. Así, distinguimos os seguintes grupos:

• Os elementos nativos: dentro deste grupo inclúense os minerais formados por un só elemento químico e
que se atopan en estado libre na natureza. Por exemplo o ouro, a prata ou o diamante.

O diamante é o mineral máis duro de todos. Está formado por un só


elemento químico chamado carbono. Na imaxe, diamantes sen puír.

• Os silicatos: están formados por silicio, osíxeno e outros elementos químicos. Son os máis abundantes no
noso planeta, xa que constitúen o 95 % da codia terrestre. Entre eles, atopamos o cuarzo, o feldespato, a
O diamante é o mineral máis duro de todos. Está
olivina, o topacio ou a leucita.
formado por un só elemento químico chamado
carbono. Na imaxe, diamantes sen puír.

O cuarzo é o mineral máis A leucita é un silicato que contén O topacio é un mineral que se usa
abundante da codia terrestre. aluminio. como pedra preciosa e ás veces
Podemos atopalo en cor confúndese co diamante.
transparente ou nunha gran
variedade de tonalidades.

O topacio é un mineral que se


usa como pedra preciosa e ás
veces confúndese co diamante.
A leucita é un silicato que contén Páxina 7 de 17
O cuarzo é o mineral aluminio.
máis abundante da
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

• Os sulfuros: son minerais compostos polo elemento químico do xofre, combinado con outros elementos
químicos. Pertencen a este grupo a pirita, a galena ou a blenda.
• Os sulfatos: están formados por xofre, osíxeno e outros elementos químicos. Pertencen a este grupo
o xeso e a barita.

A pirita é un mineral cunha cor parecida ao do ouro, por


iso se lle chama “o ouro dos parvos”. Preséntase en O xeso é un mineral que se utiliza na construción.
forma de cristais cúbicos.

• Os haluros ou haloxenuros: conteñen algún dos elementos chamados halóxenos, como flúor, cloro, bromo
A pirita é unoumineral
iodo. Por exemplo,
cunha a halita ao
cor parecida está
doformada por cloruro de sodio,
O xeso e a silvina,
é un mineral que por cloruronadeconstrución.
se utiliza potasio.
ouro, por iso se lle chama “o ouro dos parvos”.
Preséntase
• Os en óxidos:
forma de cristais
están cúbicos.
formados por osíxeno combinado con algún outro elemento. Por exemplo, o corindón ou
a casiterita.

O corindón é un mineral formado


A halita é un mineral branco polo óxido de osíxeno e aluminio.
transparente e de sabor salgado. Éo máis duro, despois do
diamante. A súa variedade de cor
vermella chámase rubí, e a de cor
azul, zafiro.

O corindón é un
mineral formado polo
óxido de osíxeno e
aluminio. É o máis duro,
despois do diamante. A
súa variedade de cor Páxina 8 de 17
vermella chámase rubí,
e a de cor azul, zafiro.
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

A azurita é un mineral formado por cobre, osíxeno e


carbono. Ten una cor azul característica e adoita A turquesa é un mineral formado por osíxeno,
atoparse xunto a outros minerais do grupo fósforo, aluminio e cobre. Utilízase con fins
dos carbonatos. ornamentais, debido á súa cor inigualable.

•A azurita é un mineral
Os nitratos: formado
son minerais por cobre,
formados por osíxeno, nitróxeno e outros elementos. Un exemplo é o salitre.
osíxeno e carbono. Ten unha cor azul
característica e adoita atoparse xunto a outros

3 As rochas
minerais do grupo dos carbonatos.

As rochas son materiais compostos de minerais que se formaron a partir de procesos xeolóxicos. As rochas
son agregados de minerais compostos por un ou varios minerais. Por exemplo, o granito é unha rocha
formada por tres minerais: cuarzo, feldespato e mica; mentres que o mármore
A turquesa estáformado
é un mineral formado por un único
mineral chamado calcita. por osíxeno, fósforo, aluminio e
cobre. Utilízase
As rochas diferéncianse polo tipo de minerais que as compoñen e o aspectocon que
fins presentan. A súa
ornamentais, debido
composición é variable, por iso non se clasifican segundo este criterio, como no á caso
súa cor
dos minerais, senón
en función do proceso xeolóxico que lles deu orixe. inigualable.
As rochas clasifícanse en tres grupos diferentes segundo o proceso de formación: rochas
sedimentarias, rochas magmáticas ou ígneas, e rochas metamórficas.

As rochas esóxenas
As rochas esóxenas son as que se forman na superficie da Terra debido á acumulación e sedimentación
de materiais provenientes doutras rochas, que foron erosionadas por axentes externos como a auga ou o
vento. As rochas esóxenas tamén se chaman rochas sedimentarias.

O proceso de formación das rochas sedimentarias comeza cando a choiva, o vento, os ríos, os seres vivos,
etc., erosionan as rochas da superficie terrestre. Entón, os anacos de rocha desgástanse e son levados a
outro lugar, onde se acumulan e forman as rochas sedimentarias. Este proceso chámase diaxenese:
Diaxénese
Proceso de facerse pétreo, de facerse "rocha". Proceso mediante o cal os sedimentos (os sedimentos son
materiais soltos, tales como areas, cantos, etc) se converten nunha rocha sedimentaria. Consta de dúas fases:

Compactación: os sedimentos situados en capas superiores exercen presión sobre os que están debaixo
compactándoos, o espazo entre os grans diminúe.

Páxina 9 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO
Cementación: a auga con sales disoltos infíltrase entre os sedimentos, os sales deposítanse e actúan como
un cemento unindo os grans.

Proceso de diaxénes: na primera imaxe vemos os minerais separados, na segunda


máis xuntos tras a compactación e na terceira os minerais están unidos por un
cemento.

Os sedimentos que forman estas rochas non sempre proveñen de rochas erosionadas, senón que tamén
poden orixinarse a partir de determinados procesos químicos ou da transformación de restos orgánicos. As
rochas sedimentarias clasifícanse segundo a orixe dos seus sedimentos en rochas detríticas e non
detríticas.

Recorda
Os fósiles son restos orgánicos de organismos mortos que se atopaban
na superficie terrestre durante o momento da sedimentación. Estes restos
petrificáronse e así formaron parte das rochas sedimentarias.

As rochas sedimentarias detríticas


As rochas sedimentarias detríticas están formadas por detritos, que son fragmentos de rocha
erosionados. En función do tamaño dos detritos que as compoñen, clasifícanse en conglomerados,
areniscas e lutitas:

• Os conglomerados están formados por fragmentos chamados gravas, de tamaño superior a 2 mm, e
material máis fino, como area ou arxila, que se introduce entre os fragmentos de rocha, unindo uns con
outros por un cemento. Se os fragmentos son redondeados a rocha chámase pudinga e se son angulosos
chámase brecha.

Pudinga Brecha

• As areniscas están formados por anacos ou grans de area compactados, cuxo tamaño varía entre 2
mm e 1/16 mm. Os grans pódense observar a simple vista.

Páxina 10 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

• As lutitas son as rochas de grans de moi pequeno tamaño, menor a 1/16 mm, conque non se ven a
simple vista. A arxila é un tipo de lutita.

As areniscas teñen Arxila, un exemplo de lutita


frecuentemente cor vermello.
Os grans de tamaño da area
aprecianse a simple vista.

As rochas sedimentarias non detríticas


As rochas sedimentarias non detríticas son aquelas que non se forman pola sedimentación de
fragmentos doutras rochas, senón mediante un proceso químico. Así, as rochas non detríticas
clasifícanse, segundo o proceso químico que as orixina e os compoñentes que teñen, en evaporíticas,
carbonatadas e orgánicas:

• As evaporíticas: son as rochas que se forman pola evaporación da auga que contén sales
disoltos e mesturados con arxilas. Ao evaporarse a auga, en zonas de intensa calor, os sales
precipitan e forman estas rochas. Algúns exemplos son o xeso e a halita, que se forma pola
evaporación da auga salgada. Da halita extráese o sal común.

• As carbonatadas: son as rochas que conteñen carbonato de calcio, que pode provir da
precipitación ou da acumulación de esqueletos calcarios. Algúns exemplos son a calcaria e a
dolomita. As estalactitas que penden do teito dalgunhas grutas fórmanse polo goteo e
posterior evaporación de augas que conteñen carbonato de calcio disolto.

• As orgánicas: son as rochas formadas a partir da transformación de restos orgánicos, que se


acumulan tras a morte dos organismos e, debido á presión e ás altas temperaturas, se
transforman en rochas. Exemplos destas rochas orgánicas son o carbón e o petróleo.
A continuación, observa distintos exemplos de rochas sedimentarias de España neste vídeo [ver].

De esquerda a dereita: halita (evaporítica), dolomita (carbonatada) e hulla, un


tipo de carbón.

Páxina 11 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

As rochas endóxenas
As rochas que se forman no interior da codia terrestre denomínanse endóxenas. Orixínanse pola
acción das elevadas temperaturas e presións existentes nas capas profundas da codia.

As rochas endóxenas clasifícanse en dous grupos: as magmáticas, que son aquelas formadas polo
arrefriamento do magma do interior da Terra, e as metamórficas, que proveñen da transformación
doutras rochas.

As rochas magmáticas ou ígneas


A codia terrestre atópase flotando sobre o manto, que está formado por unha mestura de rocha
fundida a altas temperaturas e gases denominada magma. Cando o magma atopa unha fractura
na codia, ascende, arrefría e solidifícase, o que forma as rochas magmáticas ou ígneas.

As rochas magmáticas poden ser de distintos tipos segundo a


parte do volcán na que se solidifiquen. As plutónicas fórmanse nas
cámaras magmáticas (base do volcán); as filonianas, nas
ramificacións da cheminea; e as volcánicas no exterior do volcán.

Segundo a forma e o lugar onde se solidifica o magma, estas rochas clasifícanse en plutónicas, filonianas e
volcánicas:

• As plutónicas: son aquelas que se forman en zonas profundas da codia a partir do magma encerrado nas
As rochas magmáticas
cámaras poden unhas
magmáticas, ser decavidades
distintos tipos
situadas baixo os volcáns. Neste caso, o arrefriamento do magma é
segundo a parte do volcán na que se solidifiquen.
moi lento, o que permite a formación de cristais As grandes. Algúns exemplos deste tipo de rochas son o gabro,
plutónicas fórmanse nas
o granito e a sienita.cámaras magmáticas (base do
volcán); as filonianas, nas ramificacións da cheminea; e as
volcánicas no exterior doou
• As subvolcánicas volcán.
filonianas: son as rochas que se forman ao solidificarse o magma que ascende por
unha cheminea dun volcán. Este tipo de rocha magmática preséntase como un filón que atravesa outras
rochas, porque o magma introdúcese nas gretas e fisuras dunha rocha existente. Posto que o magma
arrefría máis rápido, os cristais son de pequeno tamaño; polo xeral, atópanse algúns grandes rodeados
doutros pequenos. Algúns exemplos son a pegmatita e o pórfiro.

• As volcánicas: son rochas que se forman nas erupcións volcánicas, cando o magma contido na cámara
Páxina 12 de 17
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO
magmática atopa unha saída ao exterior. A lava do volcán arrefría moi rápido, e non dá tempo a que se
formen cristais de tamaño apreciable. Algúns exemplos son o basalto, os piroclastos e a obsidiana.

De esquerda a dereita: granito rosa (plutónica), pórfiro vermello (filoniana) e


basalto (volcánica). Observa que no granito os cristais son grandes; no pórfiro
hai algúns cristais grandes xunto a outros máis pequenos; e no basalto, non se
observan cristais a primeira vista.

As rochas metamórficas
A arxila que se utiliza en traballos manuais é unha rocha sedimentaria. Pódese modelar, pero ao aumentar a súa
temperatura, seca e vólvese ríxida. Do mesmo xeito que a arxila, todas as rochas poden transformarse noutro tipo de
rocha con características diferentes debido ás altas temperaturas, á elevada presión ou a ambas simultaneamente.

O proceso polo que unha rocha se transforma noutra distinta debido ao efecto da presión e a temperatura no interior
da codia terrestre, denomínase metamorfismo e pode durar millóns de anos. As rochas resultantes chámanse
metamórficas.

As rochas metamórficas fórmanse cando as rochas da superficie quedan sepultadas baixo estratos de
sedimentos, que exercen presión sobre elas e fan que aumente
a temperatura. Sen chegar a fundirse, a rocha orixinal transfórmase nunha rocha metamórfica con novas
características.

Así mesmo, as rochas metamórficas poden provir de rochas sedimentarias, magmáticas e, mesmo, doutras rochas
metamórficas. Dependendo da rocha de orixe, obterase un tipo distinto de rocha metamórfica.

Existen dous grandes grupos de rochas metamórficas, as que teñen aspecto laminar, como a lousa, orixinada polo
metamorfismo dunha rocha sedimentaria chamada arxila; e as cristalinas, que non presentan ningún tipo de
laminación, como o mármore, produto do metamorfismo doutra rocha sedimentaria, a calcaria.

A lousa (esquerda) ten aspecto laminar e pódese dividir


con facilidade en follas. O mármore (dereita) ten textura
compacta e cristalina.
Páxina 13 de 17
O ciclo xeolóxico das rochas
A formación dos diferentes tipos de rochas e a transformación dunhas noutras obsérvase no ciclo xeolóxico
das rochas.

O ciclo empeza co magma das capas internas da Terra. Debido a procesos xeolóxicos internos (volcáns ou
terremotos), o magma ascende cara á codia e solidifícase formando as rochas magmáticas ou ígneas.

Se chegan a aflorar á superficie terrestre, as rochas magmáticas son erosionadas polo vento, a auga ou os
seres vivos. Os fragmentos son transportados a outros lugares onde sedimentan. Debido ásedimentación de
detritos ou ásedimentación por procesos químicos, fórmanse as rochas sedimentarias, que se acumulan
formando estratos onde as capas máis antigas se sitúan debaixo das máis modernas.

As rochas sedimentarias ou as rochas magmáticas poden formar parte dos estratos inferiores. A presión
dos estratos superiores e o aumento de temperatura fan que estas rochas sufran un proceso de
metamorfismo que as transforma en rochas metamórficas. Á súa vez, as rochas metamórficas tamén
poden sufrir metamorfismos e variar as súas características.

A erosión non só afecta ás rochas magmáticas, senón tamén ás sedimentarias e metamórficas da superficie
terrestre. Por último, as capas máis profundas da codia terrestre acaban fundíndose, debido á calor interna
da Terra, e volven transformarse en magma, o que inicia outra vez o ciclo.

Visita esta ligazón da Universidade Complutense de Madrid para observar os tipos de rochas e un gráfico sobre o
ciclo das rochas [ver].

4 A obtención de minerais e rochas


Os minerais extráense da codia terrestre e procésanse para darlles diferentes usos. Algúns, como o xeso, son
moi utilizados na construción. Outros, chamados preciosos, semipreciosos ou xemas porque destacan pola
súa beleza, son empregados en xoiería, como o zafiro ou o diamante.

Outros moitos minerais son compostos que conteñen algún elemento metálico, por este motivo extráense e
procésanse para illar o metal. Este é o caso, por exemplo, da calcopirita, da que se obtén o cobre; a galena, da
que se extrae o chumbo; e a hematita, da que se extrae o ferro. O conxunto de procesos aplicados á extracción
de minerais denomínase minería.

Página 14 de 17
Os minerais que se atopan dispersos son moi difíciles de extraer, por iso as extraccións adoitan levarse a cabo en
zonas que presentan grandes acumulacións dun determinado mineral. Estas zonas denomínanse filóns.

A explotación dun filón chámase mina. Unha mina pode ser subterránea, se o xacemento se atopa baixo
terra, ou a ceo aberto, cando está na superficie.

Na mina, un mineral adoita estar acompañado doutros. Chámase mena o mineral principal, obxecto da
explotación, e ganga os materiais que o acompañan, pero que non teñen utilidade. Un proceso fundamental
consiste en separar a mena da ganga.

As rochas extráense das canteiras, que son explotacións a ceo aberto. A continuación, observa como se
extraen e procesan as rochas ornamentais e as utilidades de rochas sedimentarias como as arxilas .

Cando os minerais
están en zonas
profundas
fanse minas
subterráneas.
Nelas vanse
abrindo túneles
a medida que se
perfora a rocha.

5 O uso das rochas e os minerais


As rochas e os minerais constitúen a materia prima coa que
están feitos moitos dos obxectos que usamos a diario.

No caso das rochas, adoitan utilizarse sobre todo en dous


ámbitos:

• a construción: moitas rochas sedimentarias, como a


arenisca, as calcarias ou os conglomerados, utilízanse na
construción de edificacións. Así, podemos atopalas en
vivendas, escolas ou outro tipo de edificios institucionais.
Outras, como as metamórficas ou as volcánicas, utilízanse
máis na ornamentación de espazos. Por exemplo, o granito,
o mármore ou a lousa son moi usados para adornar os
nosos fogares.

• a enerxía: as rochas sedimentarias de orixe orgánica úsanse


O granito é un material moi usado nos
moito como combustible. Así o pon de manifesto o alto
mesados das cociñas.
consumo de carbón e petróleo na nosa sociedade.

Os minerais que adoitan utilizarse como materia prima na elaboración de produtos cotiáns denomínanse minerais
de interese económico. Estes teñen distintas aplicacións:

• obtención de metais: a partir dos minerais metálicos obtéñense moitos dos metais que se usan a miúdo
Página 15 de 17
na construción ou a industria. Por exemplo, da galena extráese o chumbo; da siderita, o ferro; e do
cinabrio, o mercurio.

• construción: o xeso, por exemplo, é moi usado nas edificacións.

• obxectos cotiáns: o grafito utilízase, por exemplo, para elaborar as minas dos lapis.

• alimentación: a halita é o sal que usamos a diario.

• fonte de enerxía: os chamados minerais enerxéticos serven como combustible. Este é o caso, por exemplo,
da uranita, da que se extrae o uranio, usado como fonte de enerxía nos reactores nucleares.

• pedras preciosas: moitos minerais utilízanse polo seu valor como pedras preciosas ou xemas. Dentro deste
grupo atopamos o topacio, o diamante, os granates ou as ágatas, entre outros.

O grafito utilízase, entre


outras cousas, para elaborar
as minas dos lapis.

A xestión sustentable das rochas e minerais


As rochas e os minerais son recursos non renovables que se extraen directamente da codia terrestre. Para
conseguilos ábrense grandes minas onde se escava o chan a gran profundidade. Estas escavacións xeran
un grande impacto sobre o terreo.

Na extracción de minerais tamén hai que ter en conta o impacto


ambiental xerado polos procesos posteriores á extracción. Por
exemplo, en moitos casos, para lavar ou extraer os minerais
valiosos das rochas utilízanse substancias que xeran refugallos
tóxicos e que son prexudiciais para o medio ambiente e a saúde.

Ademais do impacto ecolóxico, a sobreexplotación mineira


tamén é a causante de determinados problemas sociais.

Gran parte das rochas e minerais proveñen do continente


africano, onde son extraídos por traballadores en pésimas Nas minas utilízanse grandes máquinas que
condicións laborais. Doutra banda, os grandes beneficios que permiten escavar a granprofundidade.
provocan estas explotacións, son detonantes nalgúns casos de
inestabilidades políticas e conflitos armados.

Página 16 de 17
Por este motivo, debemos coñecer moi ben a historia que se atopa detrás de cada rocha e cada mineral que se
utiliza, e realizar unha boa xestión destes materiais para que poidan ser reaproveitados ao máximo.

Por exemplo, os compoñentes electrónicos conteñen uns metais que poden ser recuperados e ser usados de novo.
Así que é importante levar estes compoñentes electrónicos (televisores, computadores, radios, electrodomésticos)
aos correspondentes puntos de recollida.

Reflexiona
Paga a pena pagar o prezo do ouro?

O ouro é un metal moi prezado que comunmente se atopa incrustado nos


minerais. Para extraelo utilízanse grandes cantidades de compoñentes tóxicos
que poden provocar problemas no medio ambiente e na saúde.

No seguinte vídeo [ver] móstrase unha campaña en contra dunha


macroexplotación mineira de ouro que se quería desenvolver en Galicia.
Visualízao e reflexiona se paga a pena pagar o alto prezo que supón a extracción
do ouro. Expón os teus argumentos de forma ordenada nun artigo de opinión.

Página 17 de 17

You might also like