You are on page 1of 1

ACTIVIDADE 2.

ISOSTASE

A isostase é unha teoría que mantén que a codia terrestre está flotando sobre o manto nunha
situación de equilibrio. A flotación prodúcese porque a codia é menos densa que o manto. No
momento no que a codia se sobrecarga, afundirase ata recuperar a situación e equilibrio. Do
mesmo xeito, se a codia se descarga vaise levantar, unha vez máis para recuperar o equilibrio.
Ese equilibrio do que falamos é coñecido como equilibrio isostático.

A carga e descarga da codia pode estar producida pola acumulación de xeo en épocas
glaciares e o seu desxeo nas épocas interglaciares. Pero ademais a codia sube e baixa cando
debido a procesos tectónicos faise máis grosa, ou cando debido á erosión na superficie da
Terra faise máis delgada.

Con esta práctica imos estudar ese fenómeno.

Imos supoñer que a codia son uns tacos de madeira que flotan sobre o manto, que neste caso
será auga. Partimos de bloques de diferentes medidas. A actividade consiste en ir colocando os
bloques de madeira, un a un, moi a modo, e medir que altura de madeira queda por enriba e
por debaixo da auga en cada caso. Tendes que facer un esquema de cada un dos casos e
apuntar ben os datos.

Despois de facer varias combinacións: que podedes dicir sobre o equilibrio isostático? Cal é a
tendencia dos bloques de madeira?

You might also like