You are on page 1of 1

Descomposición do baleiro

Se queremos falar da descomposición do baleiro, primeiro temos que


falar do estado de baleiro, máis en concreto, no falso baleiro.
Imaxínache que hai un outeiro cun val abaixo. No alto dunha cume hai
unha pelota, esta pelota ao estar nese val está inestable porque a súa
enerxía potencial é moi alta e ao baixar da cume cara ao outro val, a
súa enerxía potencial estabilízase, quedando nun estado que se
denomina estado de baleiro.

Dedúcese que todolos campos (pelotas) están no seu estado de


baleiro, fóra de quizais un, o campo de Higgs. Que tamén está no val,
pero á súa vez, hai un val máis pequeno detras dunha cume que hai
ao seu lado, a cal tapa a súa baixada cara ao outro val. A isto
chámaselle metaestabilidad e dise que ese campo atópase nun estado
de falso baleiro.

Ao non estar no seu punto máis baixo, a súa estabilidade é alta. Neste
escenario hai algo chamado “efecto tunel”, que consiste en que o
campo (pelota) crea un tunel que lle permite baixar cara a ese val e
así como un misto preto dun bidon de gasolina, ao caer esta pelota
liberaría tal cantidade de poder que a faría explotar, así como a
todolos outros campos, que ao explotar, fan que exploten outros, etc…
Unha esfera de campo de Higgs estable (ou baleiro verdadeiro)
crecería á velocidade da luz en todalas direccións, absorbendo todo o
que atope, eliminandoo da existencia.

En definitiva, este escenario sería tan catastrofico que ata cambiaría


as leis da física e a química tal como coñecémolas, o que impediría
totalmente a creación de vida no Universo. E se despois de escoitar
isto preocupáseche a túa existencia, tranquilo. Este escenario é só
hipotético, non esta demostrado nin moito menos observado e se
pasase, nós non estariamos aquí para velo, xa que o efecto tunel
mencionado anteriormente, a estas alturas da creación do Universo,
aínda non habería nin empezado.

You might also like