You are on page 1of 6

Comentario rexións pesqueiras:

a) Enumere as 5 provincias das rexións levantina e surmediterránea segundo a fig.

1:

Alicante, Murcia, Almería, Granada, Málaga.

b) Comente os documentos:

 Identifique o tipo de documento da Figura 1; e na Figura 2 indica un caladoiro de

cada unha das rexións ou zonas pesqueiras da FAO (internacionais) (1 punto).

- Mapa corocromático-temático de España coa trama das provincias e Comunidades

Autónomas no que se reflicten as principais rexións e caladoiros nacionais.

- Noruega e Svalbard, Groenlandia, Gran Sol e Atlántico Norte, Terranova, Marrocos,

Mauritania e Senegal, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Costa de Marfil e Guinea Ecuatorial,

Atlántico interior, Angola e Namibia, Costa do Sur de Chile, Illas Malvinas, Illas Seychelles,

Illas Comores e Madagascar.


 Explique as principais características do sector pesqueiro en España e do

espazo pesqueiro español: caladoiros e rexións pesqueiras nacionais. (1 punto).

España é unha potencia pesqueira de segundo nivel no mundo, pero é a máis

importante da UE e a segunda do continente tras Noruega. Ten unha flota de 13.300

buques onde traballan unhas 60.000 persoas, e ao ano capturanse de 758.000

toneladas, con ingresos de 1.600 millóns de euros.

Mantívose unha antiga tradición pesqueira, o que se relaciona cun elevado consumo

de peixe (38 kg por persoa e ano), moi por riba da media europea e só inferior á do

Xapón, Noruega e Portugal.

O 90 % das capturas corresponden a peixes, que supoñen o 80 % do valor total da

pesca desembarcada, destacando a crecente importancia do peixe conxelado en mar

aberto (unha cuarta parte do total). As especies máis capturadas foron atún, bonito,

bacallau e pescada (un terzo do total), xunto á sardiña, arenque e anchoa. O restante

10 % das capturas correspondeu a crustáceos e moluscos, aínda que o seu valor de

venda ascendeu ao 20 % do desembarcado.

Non obstante, a pesca é unha actividade en declive, tanto polo número de mariñeiros,

coma polo número de capturas ou de barcos. Algúns dos principais problemas do

sector son:

- o carácter artesanal de boa parte da frota de baixura.

- a excesiva antigüidade dos buques.

- o envellecemento da poboación ocupada na pesca.

Todo isto obrigou a establecer políticas de apoio á actividade (que hoxe dependen da

Política Pesqueira Comunitaria (PPC) existente desde 1983) e a fomentar o

desenvolvemento da acuicultura (cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en

piscifactorías ou bateas flotantes. Destaca o cultivo de mexillón nas rías galegas.), que

resulta un complemento á pesca tradicional.


A actividade pesqueira organízase, principalmente, en dous tipos de espazos, os

caladoiros onde se realizan as capturas e os portos pesqueiros ( 312 no litoral español)

onde estas se desembarcan e,en ocasións, se transforman. Os portos onde están

matriculados o 75 % dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), PaísVasco,

Canarias e Andalucía, que son as rexións de longa tradición pesqueira. Nos grandes

portos xorden a miúdo outras actividades relacionadas como a industria conserveira,

os estaleiros para reparación de buques, fábricas de xeo,de redes e artes de pesca,etc.

En relación cos caladoiros ou áreas de captura, hai unha distinción básica:

- a maior parte da frota está composta por barcos de pequeno tamaño, que se dedican á

pesca de baixura nas augas do mar territorial (12 millas desde a costa) próximas a

costa. O espazo pesqueiro español, ou Caladoiro Nacional, esténdese desde a costa ata

as 200 millas náuticas (370,4 Km), que delimitan a Zona Económica Exclusiva (ZEE).

Atópase organizado en oito rexións: noroeste, cantábrica, tramontana, levantina,

surmediterránea, suratlántica, balear e canaria.

- hai 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, dos que falaremos máis

adiante.

Los principales problemas de los caladeros españoles son:

- A contaminación dalgunhas augas.

- Reducida plataforma continental

- O progresivo esgotamento dos caladeiros nacionais.

- Dependencia tradicional de caladeros extranjeros,

- Ampliación de las aguas jurisdicionales de los países ribereños a las 200 millas.

- La entrada de España a la Unión Europea ha obligado a un importante esfuerzo de

reconversión y adecuación de nuestra flota pesquera., que presentaba comoproblemas un

excesivo equipo pesquero pero envejecido en su mayoría.


Para solucionalo establecéronse normas que regulan as artes de pesca utilizadas, os

tipos de redes, as tallas mínimas das especies e as normas de repoblación das mesmas.

 Indique as principais características dos caladoiros e rexións pesqueiras

europeas e internacionais. Explique a rexión pesqueira do Noroeste (1 punto).

- Na actualidade existen 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, tanto

en augas da Unión Europea, como en caladoiros internacionais.

Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas

comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da

península da Terra Nova, en Canadá (bacallau e fletán). Pero tamén faenan nas

proximidades do Sáhara occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao

Atlántico suroriental (Angola, Namibia, etc.). Nas corrente fría que discorre pola costa

oriental de Canarias, o chamado Banco Sahariano.

As crecentes restriccións de pesca fai que os barcos españois teñan frecuentes

conflitos con países africanos limítrofes (Marrocos, Mauritania...), polo que se precisa

chegar a novos acordos. Estas dificultades, o aumento da demanda de peixe e

marisco, e a crecente competencia doutras frotas, obrigou nos últimos anos a que

certos buques conxeladores operen incluso no océano Índico.

- A rexión noroeste inclúe todas as costas galegas. Conserva a súa primacía en

España, pois aporta un terzo das capturas e casi a metade do emprego pesqueiro. O

porto de Vigo é o máis importante.

Seguiu unha evolución paralela á do resto de España, cunha redución notable da pesca

desembarcada e numerosos conflitos. Participa, xunto coa frota cantábrica, da pesca en

augas adxacentes (sardiña, pescada), nos caladoiros comunitarios do Atlántico (atún,

pez espada) e en augas moi alonxadas (fletán, bacallau, atún), pois dispón dunha

excelente frota conxeladora. Tamén é importante a acuicultura centrada no mexillón e

outros crustáceos.
Ten unha importante tradición pesqueira e elevado consumo. Son tamén importantes

as actividades derivadas: estaleiros de buques, industria conserveira, empresas

distribuidoras...

A evolución en canto á ocupación da poboación activa é semellante a do resto de

España, aínda que segue a ocupar un lugar relevante na economía galega. A redución

da poboación ocupada xenera diversos problemas.

Outras opcións que poden aparecer en vez da rexión noroeste (Galicia).

Resto de rexións atlánticas:

A rexión cantábrica extendese dende o Eo ao Bidasoa (Asturias, Cantabria, Euskadi). É

a segunda en tonelaxe de pesca desembarcada e a terceira en valor económico. Os

portos de Pasaia, Ondarroa, Bermeo, Donostia e Xixón serven de base a moitos barcos

que faenan en augas cominitarias. Desembarcase atún, sardiña, bacallau...

A rexión suratlántica, coincide co litoral atlántico andaluz (Cádiz e Huelva), e destacan

os portos de Huelva, Cadiz e Alxeciras. Posúe a segunda frota máis numerosa despois

da rexión noroeste. Caracterízase pola importancia da súa pesca de baixura, de carácter

artesanal. Péscase no seu litoral, en augas de Marrocos, de Portugal e en caladoiros do

Atlántico suroriental.

En conxunto, experimentou unha traxectoria descendente pola diminución das capturas

nun mar sobreexplotado e pola dificultade do acceso a aguas alleas, sobre todo a raíz de

que España non renovara os acordos pesqueiros con Marrocos, xa que parte da súa frota

faenaba no banco subsahariano, obtendo especies de alta cotización económica

(langostinos, calamar). Aquí tamén cobrou unha gran importancia a acuicultura.

A rexión canaria tivo a súa idade de ouro entre os anos 1961 y 1980, e sigue sobresaindo

o porto das Palmas (3º do país en importancia). A súa significación pesqueira radicou e
radica na pesca de altura e gran altura no banco sahariano, moi favorecido pola

corrente de Canarias. O cambio de coxuntura no mar privoulle dos caladoiros tradicionais

e convertiu os seus portos en base de operacións das frotas do Atlántico suroriental.

Mediterráneo:

O litoral mediterráneo, ten portos pesqueiros pouco activos. Captúranse especies como

o lirio ou o salmonete. Na actualide se ten chegado a uns niveis mínimos no volme de

capturas polo esgotamento das pesquerías. A frota está obsoleta, predominando a pesca

de baixura e o Mediterráneo preséntase como un mar preocupante polo estado de

conservación dos seus recursos.

- Tramontana: Dende a fronteira francesa ata cabo de Nao (Cataluña e Comunidade

Valenciana). Destacan os portos de Barcelona e Tarragona.

- Levante: Dende cabo de Nao a cabo de Gata (Alicante e Murcia). Destacan os portos de

Santa Pola e Alicante.

- Sur-mediterránea: Correspondese ca costa mediterránea andaluza. Actividade bastante

reducida. Os portos máis importantes son Almería, Adra e Málaga.

- Baleares: Na actualidade ten pouca impotancia. Destaca o porto de Palma.

You might also like